Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

21 abril, 2010

III ACTO DE GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO ENTRE OS CASTRO VERDES IBÉRICOS




BREVE RESUME DO
III ACTO DE GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO
ENTRE OS
CASTRO VERDES IBÉRICOS

(XX Quinzena Cultural Primavera do Campo Branco)

Día 16:

Recepción dos Castroverdes participantes, inauguración da exposición “Abril” coa participación da Banda Filarmónica 1º de xaneiro. Logo de cear, Concerto “Mai” con Rodrigo Leao. Temos que comentar que este acto foi seguido por moito público e con unha atención e participación esquisita. O grupo e voces foron dunha calidade extraordinaria, empregando nas letras das cancións desde a lingua potuguesa, pasando polo castelán, francés, inglés, ruso, se é que non se nos escapou algún idioma.

Día 17:

Acto de protocolo dos CastroVerdes coa intervención do; Sr. Presidente da Câmara de Castro Verde, D. Francisco J. Caldeira e pola Fregresia de Castro Verde, Dona M.ª Manuela Florencio, polo concello de Castrovede de Campos; Don Cecilio Lera e o presidente da Asoc. Castrum Viride, Sarvelio Villar e, polo noso Castro Verde, D. Xosé Mª Arias e un servidor. Todos coincidimos na necesidade de potenciar as relacións non só institucionais, que xa se conseguiron, senón das persoas; escolas, familias, a sociedade en xeral, que sería un segundo paso. Logo, houbo unha proxección da historia dos Irmandamentos e unha explicación por parte de Miguel Rego, do proxecto de crear unha páxina Web dos CastroVerdes da P. Ibérica.

Seguidamente, inauguración da exposición “Artes de Castroverde” dos nosos artistas: Nati Penado, D. Baldomero Pestana, Juan Vila e Paco Pestana.

Pola tarde, animación na Praza da República con Feira de Vellarías e Produtos da Terra coa intervención de grupos de cantores da Terra, entre eles, os Ganhoes. A continuación Concerto do Coro do Conservatorio e Banda Filarmónica 1º de xaneiro, na Basílica Real de Castro Verde, cunha acústica excepcional. Aquí temos que comentar, novamente, a cultrua musical que ten este pobo, cun silenzo absoluto e cunha participación de nenos, rapazas e rapaces, cerca de duascentas persoas, sendo a maioría moi novos. Esta é a grande diferenza cos outros Castroverdes. Este Castro Verde, ten xente moza, ten futuro.

Día 18:

Visita á Freguesía (“Parroquia”) de Castro Verde, cunha proxección sobre o Museo da Lucerna e Basílica Real.
Mentras, o Sr. presidente da Câmara, o Sr. Alcalde de Castroverde de Campos e un servidor participamos nunha exposición de futuros proxectos, incidindo no que xa se comentara na mañá do sábado e, que non imos adiantar aquí.

Manolo Muñiz. Saúde e Terra. Abril de 2010



BREVES PALABRAS DE AGRADECEMENTO

MOI BO DÍA SEÑORES / SEÑORAS, AMIGOS E AMIGAS DE CASTRO VERDE, CASTROVERDE DE CAMPOS E SENTIMOS QUE NON ESTEAN CONNOSCO OS DE CASTROVEDE DE CERRATO.

ESTAMOS MOI LEDOS, DE QUE CONTINUASE ESTA IDEA DE ECONTRARNOS OS POBOS, OS POBOS DOS CASTROVERDES, DESTA VEZ CORRREPONDEULLE A CASTRO VERDE DO ALENTEJO.

QUEREMOS DARLLES AS GRAZAS, ESPECIALMENTE POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON A PRIMEIRA VEZ, EN ABRIL DE 2006, PERMITÍDEME QUE EXPRESE UN AGRADECEMENTO MOI ESPECIAL, A PAULO MADUREIRA, PORQUE FOI O PRIMEIRO CONTACTO EN CASTRO VERDE, AÍNDA LEMBRO A APERTA QUE NOS DEMOS, NADA MÁIS VERNOS E SEN COÑECERNOS DE NADA. AGRADECIDOS TAMÉN AO SR. PAULO NASCIMENTO E, GRAZAS A TODOS OS QUE VIÑERON AO NOSO CASTROVERDE EN AGOSTO DE 2007 (SRS. FERNANDO, BRITO, SRA. PAULA E O SEU MARIDO), TAMÉN A TODOS OS QUE NOS RECIBISTES EN 2007, ESPECIALMENTE AO SR. PRESIDENTE, QUE ERA DAQUELA, D. FERNANDO SOUSA E ACTUALMENTE A TODOS VOSTEDES.

AMIGOS DE CASTROVERDE DE CAMPOS, AGRADECEMENTOS ESPECIALES PORQUE FOI O PRIMEIRO CASTROVERDE QUE VISITAMOS, SE NON LEMBRO MAL, EN FEBREIRO DE 2006, NAQUEL PRIMEIRO ENCONTRO, TAMÉN ESTIVERA O REPRESENTANTE DE CERRATO, SR. ALCALDE, D. JOSÉ LUÍS.

GRAZAS AOS REPRESENTANTES POLÍTICOS, TOMÁS, ALBERTO SARVELIO E FAMILIA E, AO SR. ALCALDE, D. CECILIO LERA E A SÚA SRA. QUE NOS TEÑEN AGASALLADO VARIAS VECES NA SÚA CASA- NO SEU RESTAURANTE. GRAZAS A TODO O POBO DE CASTROVERDE DE CAMPOS POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON O PASADO AGOSTO DE 2008.

LOGO DE TODO ISTO, DIGAMOS:

Nós unificamos os povos, não os Estados.

Nosotros unificamos los pueblos, no los Estados.

Nós unificamos os pobos, non os Estados.

Fazer a Europa, é fazer a paz.

Hacer Europa, es hacer la paz.

Facer Europa, é facer a paz.

(Jean Monnet)


ESTAMOS AQUÍ EN CASTRO DE NOVO E É ABRIL AMIGOS E AMIGAS TODOS.

PARECE UN SOÑO, MAIS MALO DO QUE NON SOÑA. UN SOÑO QUE NACEU HAI UNS CATRO OU CINCO ANOS.

SOÑAR É CREAR E FACER O PROPIO FUTURO E AÍNDA O FUTURO COMÚN DOS POBOS.

SOÑAR É DESCUBRIR.

HAI QUE SOÑAR O AMOR,

HAI QUE SOÑAR A VIDA,

HAI QUE SOÑAR A TERRA,

HAI QUE SOÑAR O FUTURO

PARA QUE LOGO NON O DESCOÑEZAMOS.

E HAI QUE SOÑAR PARA DESPERTAR.

HAI DO QUE XA NACEU DESPERTO!

HAI QUE SOÑAR PARA MERECER SER DA TERRA, DA TERRA DE TODOS, DA TERRA DE CADA UN DE NÓS.

É ABRIL É PRIMAVERA.

ESTAMOS NA QUINCENA CULTURAL DA PRIMAVERA DO CAMPO BRANCO DE CASTRO VERDE. VIVA CASTRO VERDE, VIVAN OS CASTROVERDES.

VIVA A UNIÓN DESTES NOSOS POVOS / PUEBLOS / POBO!!!


SAÚDE E TERRA – CASTRO VERDE, 17 DE ABRIL DE 2010

No hay comentarios: