Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 abril, 2007

Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde


Corridas do galo e Tribunais da Pascua

-XIII-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

Tribunal da Pascua constituído para xulgar a unha boneca chamada

Blanca Flor.

Defensora, unha muller. Asombroso naquela época, pero constitúe unha proba máis, de rango documental, cultural, da importancia e da categoría que sempre se lle deu á muller nesta bisbarra de Castroverde.

Defensora
A contestar la demanda – de la joven Blanca Flor,

y a las órdenes de ustedes, - aquí está Rosa Campoamor.

Del expediente instruído – muy bien me he enterado:

Está lleno de mentiras, - al menos el Atestado.

Aclararé punto a punto – el error del Atestado

cuando tenga por delante – al Acusador Privado.

Acusador
Con el permiso de todos. – De pié, y ante la Sala ,

aquí está el Abogado – de la acusación privada.

Como me llamo no importa. – Soy Acusador Penal,

y sostengo la acusación – de este crimen sin igual.

A esta niña de la defensa, - señorita Campoamor,

las piernas le temblarán – delante del Acusador.

Defensora
Ya se ve que la ignorancia – suele ser muy atrevida;

aunque soy del sexo débil – no le tengo cobardía.

Acusador
Esa mujer engañó a un hombre – diciendo que lo quería,

y desde que se casó, – con otros chicos ella dormía.

Defensora
Ese hombre la abandonaba – sin cumplir con su deber.

¡Quien no valga para casado – no debe engañar mujer!

Acusador
Para chuparle la plata – pronto se casó con él,

y luego se divorció – sin cumplir con su deber.

Defensora
Hizo bien en divorciarse – teniendo una causa justa,

que para eso está la Ley. - ¡No crea que me asusta!

Acusador
No me diga que es legal, - muy en serio se lo digo,

una mujer que de casada – envenena a su marido

Defensora
Muchos más hombres se han muerto – que nadie envenenó;

A este se le acabó el arriendo – y el pobre, de viejo, se murió.

Acusador
Además es comunista, - de filiación declarada,

y por estas necedades – debe ser castigada.

“Necedades”, “necios”, eran os cualificativos que empregaban os Curas para referirse á xente de esquerdas.

Defensora
Porque sea comunista – no hay derecho a castigarla;

¡uno tiene el ideal – que le dá su real gana!

Acusador
Esta debe quemarse, - como quemó los conventos,

para así, de esa manera, - hacer los escarmientos.

Defensora
Obran con doble intención – los que queman los conventos;

y luego embrollan lo que quieren – para cubrirse con ello.

O Autor recolle aquí a dialéctica que se suscitou sobre algunhas queimas sospeitosas ou nunca ben demostradas as imputacións.

Acusador
Además, según se prueba, - solicitó a un casado;

delito que en conciencia – debe ser muy castigado.

Defensora
Bien poco debe valer, - aunque éso fuera verdad,

el hombre que se domina - de una menor de edad.

Neste inveterado respecto á muller entraba a escrupulosidade e os miramentos coas máis novas. Nesta zona non se deron, normalmente, abusos deshonestos con menores.

Acusador
Para que usted se convenza – de sus grandes extravíos,

ya verá lo que aquí declaran – algunos de los testigos.

Defensora
Jóvenes que me escuchais – acercaros a mi lado.

¡No debemos consentir – este machismo declarado!

Blanca Flor no se quema – porque sea una mujer:

¡Aquí estamos las de su sexo – que la vamos a defender!

No encuentro para el castigo – causa alguna conocida.

¿O es que la mujer no tiene, – también, derecho a la vida?

A “claque”, entre o público, produce un gran alboroto, que por suposto estaba programado.

Defensora
Calmaos, jóvenes lindas; - pido que tengais paciencia,

y esperemos, confiadas, - al fallo de la Sentencia.

Outra “Pascua”, tamén chamada Blanca Flor. (O que non se me alcanza é o moito desta reiteración nominal; pareceríalles expresivo, pero non se observa plaxio coa anterior).

Nesta interveñen: Gardas, testemuñas, acusador privado, defensor, xuíz e un notario.

Atestado
A todos pido silencio, - y un poco más de atención,

para que oigan y se enteren – de esta mi declaración.

Se trata de un caso grave – lo que voy a manifestarles,

pues esta chica incurrió – en tremendas responsabilidades.

Se llama Blanca Flor, - y de nación asturiana,

de la pintoresca villa – de Pola de Laviana.

Abandonó a sus padres – cuando sólo quince años tenía,

y se marchó a un pueblo – de la provincia de Sevilla.

Enseguida que llegó – muy pronto empleó su arte:

¡En unión de otra gitana – dedicábanse al pillaje!

Empleando sus embustes – se hizo pasar por honrada,

engañando a una familia – que la tomó de criada.

Entonces allí vivía, - felizmente, un matrimonio,

pero al poco tiempo, - señores, había las del demonio.

Muy pronto de su marido – la señora se llegó a mosquear,

porque el diablo de la criada – le solía acariciar.

Con este hombre siguió – hasta lograr y conseguir

que él dejara a su mujer – para con ella convivir.

No tenía aún con ello – satisfechos sus deseos,

pues no sólo con este hombre – terminaron los jaleos.

Las señoras de otro barrio, – donde fueron a vivir luego,

muy pronto se encontraron – con sus maridos en juego.

Pero estas sevillanas – pronto le aplicaron medidas:

¡La devolvieron a Asturias – para quedarse tranquilas!

A Garda Civil, a petición das “forzas vivas” de cada lugar, trasfegaba de continuo nos xitanos devolvéndoos ó lugar da súa procedencia.

Cuando vino la Revolución – se ha hecho miliciana,
y en las filas enemigas – se sabe que fue Comisaria.

Parece que se refire á Revolución de Asturias do ano 1.934

Cuando por tales fechorías – la buscaba la Justicia ,
ha burlado a los Agentes – internándose en Galicia.

En el pueblo donde vivía – pronto le siguieron la pista,

pues ella aquí actuaba – de indecente strapelista.

Refírese ó “affaire” ou corrupción do xogo, no bienio 1.933/36. A acepción vulgar deste termo veu despois da Guerra.

Sus vecinos dan conocimiento –enseguida a la justicia;
la buscaron mis Agentes – y aquí está detenida.

Hechas las diligencias – quedo todo bien comprobado,

y que es la verdad, señores, - lo demuestra al Atestado.

Terminado mi Informe – esperaré por aquí, al lado,

Puesto que prisa no tengo, - ¡hasta ver el resultado!

Xuíz
Admito como Acusador Privado – al Letrado Sr. Pajerto,

quien tiene ya la palabra, - ¡y que Dios nos dé acierto!

Pero también se le nombra – de Oficio un Defensor:

Aquí tenemos otro Abogado, - que es don Jacinto Igualador

...

A intervención dos Avogados, no capítulo seguinte.

_____

Amigos do Patrimonio de Castroverde acolle o manifesto de ADEGA pola defensa da Devesa de Escairón

PARQUE MULTIAVENTURA na devesa de Escairón.

Dende ADEGA e ante a cuestión suscitada da instalación dun parque multiaventura na Devesa de Escairón como parte da “Proposta e creación de novos produtos turísticos no entorno dos ríos Miño e Sil na Ribeira Sacra” queremos facer constar o seguinte:

1º ADEGA solicita do Concello, da Xunta, dos diferentes grupos políticos ou de calquera tipo de institución ou asociación pública ou privada que ao amparo da Lei 9/2001 da Conservación da Natureza e do Decreto 67/2007 polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras inicien os trámites pertinentes para que se inclúa esta Devesa dentro dunha figura específica de protección natural. Deste xeito estará protexida e libre de determinadas actuacións dende o noso punto de vista insensatas e fóra de lugar. Do mesmo xeito, este tipo de protección daría pé para a recepción de axudas para a súa conservación, mellora e protección.

2º Así mesmo, ADEGA vén de solicitar do concello que no trámite aberto de elaboración do PXOM se faga unha catalogación dos espazos naturais cos que conta o concello para a súa protección posterior a través de figuras como o ENIL (Espazo Natural de Interese Local), figura que pode xurdir a través da iniciativa propia do concello.

3º No concello do Saviñao, ademais dunha riqueza etnográfica sobresaínte conta cunha riqueza ambiental excepcional; coas características similares á Devesa de Escairón temos o Campo da Festa de Aiaz, o Campo da feira de Currelos ou a Devesa da Pena de Marrube por citar algúns exemplos e que deberan tamén contar cunha figura de protección específica.

En Lugo a 23 de abril de 2007. Daniel López Vispo e Lois Manoel Toirán Vázquez. ADEGA-LUGO.

Asociación para a Defensa Ecolóxica de GAliza
Rolda Das Fontiñas, 180, entrechán. 27002 LUGO

Tlfn: 982 240299/ 619808662 / 639664924
www.adega.info
adegalugo@adega.info

O roteiro do mes de Abril

Breve resume do roteiro de As igrexas románicas, castros, muíños e mazos

Sábado, 21 de abril de 2007

Nunha mañá fermosa desta primavera, a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, xunto coa Asociación Arcas de Sarria, fixemos o percorrido, do que vimos denominando como roteiro de; As igrexas románicas, castros, muíños e mazos.

Igrexas teñen aínda en pé todos os lugares. Dicir que comezamos camiñando desde o Camiño Ancho, e as explicacións tiveron o seu comezo, na parroquia de Espasande, onde D. Jaime Delgado, a quen lle dámos sinceramente as grazas desde aquí, por ternos acompañado. Explicounos permenorizadamente o románico nesta igrexa, todos os seus elementos carcterísticos, que xunto coa de Uriz, son as que mellor conservan os trazos orixinais deste estilo. Logo continuamos camiño de Goi onde visitamos o castro, coas seus enterramentos antropomórficos que se remontan arredor do ano novecentos. Este Castro ten unha fermosa vista deste val. Desde aquí baixamos facer unha breve visita ao muíño de Goi, vimos ao de lonxe os mazos de Goi, en situación ruinosa un, e outro que só quedan restos de pedras. Dicir que aquí o río ten unha fermosa ribeira.

Subimos a Tórdea, a súa igrexa, en palabras de D. Jaime, é un minimuseo, estando totalmente de acordo, salientariamos as tres épocas que ten: Prerrománica, pola súa fiestra ou ventá “lobulada”, Románica, fiestra similar ás de Espasande, Uriz, Cellán ou a Pumarega, e a última época Barroca, do mil setecentos e pico, que foi a súa última reforma, tal como se conserva hoxe. Pero é un minimuseo, porque á parte do sinalado, ten outros sinais na portas e paredes. Faltaría por salientar aínda, as súas pinturas de arredor do ano mil cincocentos.

Saíndo de Tórdea, camiño de Uriz, visitamos o muíño que temos entre un camiño e estrada, en total abandono. En Uriz completamos as explicacións do románico, porque esta igrexa, conserva a cúpula do presbiterio, pero aquí temos unha xoia única, unha pía bautismal “visigótica” única ou case única, segundo o especialista.

Finalmente no percorrido da mañá visitamos a igrexa e pazo de Cellán, coas características xa aludidas, onde, seica D. Jaime propuxo “dar un berro ben grande que se oíse en todo o Concello de Castroverde”, por estar aquilo na situación en que se encontra, estando aínda recuperable. Diciamos seica dixo D. Jaime, porque outro grupo viñemos camiñando desde Uriz a Cellán pola zona de Sucastro. Aquí rematamos, vendo desde fóra, a fachada do pazo de Cellán. Faltándonos por ver na zona: castros, a igrexa, a casa grande de Pumarega, e a capela de Faxilde, no medio dos toxos, que xa poucos saben dela.

Pola tarde, continuamos o percorrido pola zona entre Cellán de Mosteiro, O Vilar, Cellán de Calvos e volta a Cellán de Mosteiro. Salientar aquí as fermonsas carballeiras, soutos milenarios e muíño abandonado baixando de Cellán de Calvos. Dicir que desde que andamos cos percorridos, vemos como se devastan as nosas carballeiras. Nesta zona, temos que dicir, que é a cuarta ou quinta carballeira que caeron nestes últimos anos.

Dar as grazas, desde aquí, aos Srs. Curas das parroquias, por ternos facilitado a visita e ao Sr. propietario do muíño de Goi, grazas tamén aos da Asoc. Arcas por ternos acompañado neste fermoso día, e especialmente a D. Xaime.

Un saúdo.
Manuel Muñiz
Presidente

Coa colaboración do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, do Concello de Castroverde e da Consellería de Cultura e Deporte.





















22 abril, 2007




Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde

Corridas do galo e Tribunais da Pascua

-XII-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

Sermón na “corrida” do Campo do Val, tamén chamado
“Campo de Ares”,

porque foi propiedade, berce, de Ares de Maxide,

cofundador do Mosteiro Cisterciense de Meira.

Citan a Berenguer en presente, e como o seu Goberno caeu o 16-2-1.931,
esta contemporaneidade serve para datala con certa aproximación.

El
Boas! Desexo lles vaia ben – a toda esta familia.

Por aló, gracias a Dios, - comer comen de perilla.

Ela
As de contar a verdá: - comían ben si tiveran,

quiste ano a debilidá – deulles moita faterna.

El
¿Xa preguntais de onde son? – Mui pronto volo direi:

Son da provincia de Lugo, - nativo de Castro do Rei.

Ela
Éso é o que ti dis trampán! – Non seas un canalla,

que ti naciche tras da pota, - aló cerca de Baralla.

A muller, enrabechada coa mentira do seu home, descúbrenos, ou desoriéntanos, adrede por suposto, aludindo a unha orixe de campamento xitano.

El
Eu vinme moi comprometido – cando me foron chamar,

que tiña dado palabra – para ese pueblo de Ansemar.

Nos “Sermóns”, en todos xeralmente, a “muller” adoitaba facer o papel de sincera e de moderadora do home. Esta apreciación lévanos a considerar que, se ten habido un machismo considerable nesta bisbarra, tamén é certo que á muller sempre se lle deu e recoñeceu unha gran dignidade.

Ela
Nunca naide te chamou, - non te fagas de rogar;

que xa o contaron por aló – os veciños do lugar.

El
Ó saír de Castro de Rei – encontrei dous compañeiros

para facerme compañía – hastra chegar a Torneiros.

Ela
Eso si que foi verdá. – Atrancándolle o camiño,

hastra chegar a Torneiros – viñéronvos dous pollinos.

El
Desque saín de Torneiros – hasta os muíños de Pol,

non vos puiden descansar: - a pé, e ó lombo, co fol.

Ela
Alí estaban dúas mozas, - e tamén o muiñeiro;

e xa quedaban dicindo - ¡Ahí vai o carbueiro!

El
En Pol alquilei un faco, - por certo aquí o vedes,

que alí teño un amigo – donde xa parei máis veces.

Ela
O amigo iba cargado de trapos – que o levaba un trapeiro;

limpiáche de diante os ollos, - e sin parar hasta Mosteiro.

El
Cheguéivos logo a Mosteiro – e ordenei de xantar

alí na casa de José. - ¡Que gran sitio pra parar!

Ela
Fóivos certo que alí xantou: - ¡A mochila traina il,

que atopou un año morto – ahí para acó de Ramil!

As gargalladas, naquel ambiente, deberon ser sonadas.

El
Despois monte da cabalo; - por certo que iba ben ledo,

e perdímonos no camiño – aló xunto o Porto de Rielo.

Ela
Salíulle alí unha muller – e pegóulle unha turrada

que a sentíu aquí en Sarille – ise cesteiro da Graña.

Veño insistindo en que o Autor/es destes “parlamentos” non daban puntada sen fío; calquera cousa que dixen, por intranscendente que nos pareza hoxe, naquelas datas era unha velada alusión a algo ou por algo. Nisto da “turrada” está claro: No “Porto Rielo”, nunha casiña illada, da que xa nin sei se quedarán os cimentos, pero eu cheguei a vela en pé, vivía unha señora de mala nota á que chamaban “A Cabrona”; ¡a cabra, a “Cabrona”, deulle tal “turrada” que se oíu nada menos que en Sarille!

El
Cando cheguei a Sarille – vínvos cousas moi extrañas:

¡As cabras estaban na ouriceira – coméndolles as castañas!

Ela
Eso si que foi verdá. – Unhas tres fanegas de castañas

en menos de dous minutos – coméronllelas nove cabras.

El
Tamén os homes de Sarille – úsanvos da sua libertá.

Perguntaban unhos os outros - ¿Iste de onde será?

Chéirame que esta estrofa tamén ten máis retranca da que podamos percibir hoxe.

Ela
Algún deles quedaba dicindo: - Debe de ser un cereiro

que vai dar as conferencias – ahí a Montecubeiro.

¡Un cereiro, despectivamente, como indicando que as podía dar, ou que as daba, un iletrado calquera! Algunha pícara alusión habería nisto.

El
En casa do Capitán – queda un home moi formal,

que me puxo no camiño – aquí pro Campo do Val.

Chamábanlle Capitán, “Capitán” de Maxide porque era fillo dun Capitán que estivera na guerra de Cuba. Era un home moi xeneroso, pero arruinouse. Daquela tíñase por formal porque aínda non se desacreditara utilizando unha romana cun pirlo falso (pesa) para compra-los xamóns polas casas, de porta en porta. Desde aquel descubrimento, os veciños vendíanlle a mercadoría..., ¡despois de recortada e pesada!

O “Campo do Val”, que foi escenario de varias “Corridas”, tiña a singularidade de ter un pozo e un cruceiro no medio da explanada. O seu nome antigo era “Campo d´Ares”, da casa de “Ares”, segundo queda dito no encabezamento.

Ela
O mismo me dixo a min. – Colla por aquil carreiro,

que diante de vostede – tamén lle vai un trapeiro.

El
Agora que estou aquí – no medio desta familia,

vóuvos logo desengañar - das tonterías da vida.

Ela
No que vos diga iste home – eu non vos aconsello crer:

¡Se lle enchedes ben a andorga – non marcha daquí nun mes!

El
As de mirar o que dices – non me veñas ensultando,

que se che brinco nas plumas – déixote tiritando.

Ela
Tomás, éso agora xa pasou. – Non seas tan picadiño,

e trai esa bota pra acó, – non sea que verta o viño.

El
Pola bota non hai caso – se te arrimas o meu lado;

pero eu tamén quería – que me deras un cigarro.

Ela
Dios cho pague compañeiro, - nunca tu perdas as mañas;

toma ahora un tabaco – que che é dises de Canarias.

Si, daquela viña tabaco de Canarias, pero despois da guerra, rigorosamente racionado, mozos e vellos fumaban follas de tróqueles secas, séxase, “dixitalina” pura, pouco menos nociva cá cicuta.

El
Agora que tomei un vaso – e xa me puxen contento,

vamos falar das rapazas – que se está indo o tempo.

Ela
As verdades diste home – non debedes desprecialas:

Son verdades coma potes, - que xa o dicen as rapazas.

El
As que cortaron o pelo – vénsevos ben apuradas,

que agora vai de moda – eso das guedellas largas

Ela
É coma as bestas vellas, - que se lles pon a quina larga:

Cando as deixan entre os ollos – logo parecen aloucadas.

El
As que recortaron as sayas – ogano víronas perras;

como estivo o inverno malo, - enfriábanselles as pernas.

Se queredes ter, rapaces, - choios cas mozas solteiras,

habeis tratar de meterlles – o sinal nas faltriqueiras.

Ela
Pra que non se queixen – non lles diremos mais nada;

vamos agora cos mozuelos, - que tamén é boa canalla.

Os de vintecinco pra arriba – sónvos peores cas cabras,

que logo se dan unha volta – polas partes reservadas.

Cos que se van a Nova York, - mociñas tede cuidado,

que iste ano na parroquia – fixeron moito destrago.

Posible alusión a algún fillo de moza, sabido ou esperado.

Dises de tanta papilla, - mozas, tedes que desconfiar;
se volven pro outro ano – non vos deixedes engañar.

El
Vou deixar estas cousas – que ben contritos estades.

Todo o tempo que me queda – vou pegar cos oficiales.

Ela
Dos oficiales de agora – xa non me quero acordar;

de ben cheos e ben folgados – non queren traballar.

El
O oficio das costureiras - ben vedes que é moi nombrado;

que lles chaman “apañapulgas” – aló desque vén o vrao.

Tamén hai costureiras – que non dan xeito a un xustillo;

empézanse a escostrexar – porque o corpo pídelles marido.

Ela
Non hei de olvidar os xastres, - que algo lles teño que dicir,

que cos retales que rouban –xántanche para se vestir.

El
De quen é esa canalla – tamén teño eu que contar;

se non lles poñen dous ovos – non queren traballar.

Ela
Os taberneiros de agora – non vos levan bon camiño;

han de sudar no inferno – a auga que botan ó viño.

E despois da moita auga - ¡xa encheran ben a medida!

Aínda ben non chega a escuma – xa dicen que vertía.

El
Os poucos ferreiros que hai – non é moi boa canalla,

que cobran un par de pesos – por che facer unha aixada.

Ela
Ises tamén han de pagar – desque vaian pra outra vida;

que co carbón que lles sobre – hanlles quentar a barriga.

El
Dos zoqueiros de hoxe en día – muito traigo que contar;

por unhas zocas de pau podre – once reás che han levar.

E se os chamas pra casa – encóntraste ben jodido,

que che cobran nove reás - ¡e media cuarta de viño!

Ela
Máis mal vai cos carpinteiros - ¡non hai canalla na vida!

Se os traedes para a casa – non merecen a comida.

Se lles encargáis na casa, - ¡a madeira vai fendida!,

e despois vides contentos – que cha tapan con masilla.

El
Deixarei os oficiales – que se está marchando o tempo;

solo vos quero explicar – un proieuto do Gobierno.

Agora o Gobierno novo – vésevos ben comprometido
coas vellas de setenta anos, - ¡que lle piden marido!
Berenguer compadecido – prometeulles unha cousa:

¡Xuntar tódalas vellas – un domingo nunha chousa!

E se non quixese acetar – por ahí algunha patrona,

váina mandar cos carneiros – este ano pra Zaragoza.

Alusión aos embarques da facenda miúda desde a Estación de Ferrocarril de Lugo.

Quero que dispenseis – se algún quedase ofendido;
naide se debe extrañar – que éstas son cousas do viño.

Ela
E si alguén quedase errado – diste bon predicador,

¡ten dereito a reclamar – ó maiestro herrador!

Figura literaria, xogando coa fonética. Lembranza daquel dito do Servizo Militar: “¡As reclamacións, ao Maestro Armero!”.

O seguinte é un fragmento dun “Sermón” correspondente a una “Corrida” celebrada, teño entendido que, en Fonteo, pero o Autor era de Montecubeiro:

El
Dios nos dea boas tardes - ¿Como siguen os do Val?

Alégrome que esteais bos – neste día de Carnaval.

Obsérvese que, coa pouca instrución que tiñan aqueles Autores, pero non dicían “Baleira”, que iso de baleira, ou bacía, non lles soaba: Dixo, “¿Como están os do Val?”

Ela
As de contar a verdá! – comían ben si houbera,

que este ano a debilidá – deulles moita faterna.

Aclaración: do libreto da “muller” só teño esta introdución, posta no papel do home.

El
Preguntáisme de donde son; - ben ponto volo direi:

Son dun pueblo pintoresco - cerca de Castro do Rei.

Cando me foron chamar – vinme moi comprometido;

tiña a muller indisposta – e quería vir conmigo.

Por traer esta maleta – os traballos que pasei;

túvenvos que vir da pé – ahí hasta Neira de Rei.

Ó salir por alí adiante – xa o faquete cansaba;

dinlle unha coda de pan – e despois si que danzaba.

Apretei as espuelas – e salín a paso de can;

cando me descuidei – estaba cerca de Librán.

A baixar unha costiña – ahí enfrente das Pozas,

caeu o faco deitado – e rompeu as xuntas todas.

Din de voces disconformes – que alborotei o pueblo;

desde que viron que era eu, - arrenegaron o demo.

...

Cos taberneiros d´agora – tede muito cuidadiño,
han de sudar no inferno – a auga que leva o viño.

Os poucos ferreiros que hai – non é moi boa canalla,

que papan un par de pesos – polo cornos dunha aixada.

Dos zoqueiros de hoxe en día – moito teño que contar;

unhas zocas de pau podre – tres pesetas hai que dar.

Pior é cos carpinteiros. – Non hai outra canalla na vida:

Se os traedes a traballar na casa – non merecen a comida.

...

Vou deixar ós oficiales – que quero marchar correndo;

sólo vos vou explicar – un proieuto do Gobierno.

Apareceu un Decreto, - e dil fan os pregóns:

¡Ordena casa-las viudas – agora nas eleucións!

...

Quero que me dispenseis – se algún quedase ofendido;

¡naide se debe extrañar – que estas cousas son do viño!

No próximo capítulo recolleremos algunhas “Sentencias” dos Tribunais da Pascua.

15 abril, 2007

Convocatoria do roteiro o sábado, 21 de abril

ROTEIRO das igrexas románicas, muíños e mazos por: Espasande–Goi-Tórdea-Uriz- Cellán de Mosteiro-Pumarega-Cellán de Calvos

sábado, 21 de abril, de 2007

Coa participación da Asociación Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio de Castroverde

Pola mañá:

Ás 9:30 h. No Mesón Camiño Ancho.

Percorrido: Espasande – Goi-Tórdea e Uriz.

Contaremos coas explicacións do especialista na materia, D. Jaime Delgado

Ás 14:00 h. xantar no Camiño Ancho.

Pola tarde.

Os que queiran, por se non rematamos á mañá, Visita a: Pazo e igrexa de Cellán, A pumarega e Cellán de Calvos. Comentamos que todo é interesante, pero recoméndovos este paseo desde Cellán de Mosteiro a Cellán de Calvos.

Para facilitar a organización: Avisar antes do xoves, día 19 de abril de 2007 nos teléfonos de sempre

Castroverde -Lugo- abril de 2007

Coa colaboración do Plan Xacobeo, Concello de Castroverde e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

14 abril, 2007

Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde

Corridas do galo e Tribunais da Pascua

-XI-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

Sermón das Pontes de Veiga, Pascua do ano 1.936

(Como de costume, transcribindo literalmente o libreto)

El

Muita salú lles desexo- a toda esta reunión;
i atendan ca boca aberta – para oír ben o sermón.

Ela

Non digas así Tomás, - San Quijote che dé acerto;
has de ser ben faladiño, - que non vimos perder o tempo.

El

Se preguntais de donde somos, - dígovolo sin recelo:
Somos de abaixo de Lugo – do pueblo de Cacabelos.

Ela

Podéisllo crer e mais ben, - meu Tomás non vos engaña;
o pobriño é moito bon; - ¡non merece máis que sarna!

Esta contraposición conceptual era propia do falar retranqueiro da xente da bisbarra.

El
Cando me foron chamar, - xa pensei que non lles viña,
Pois queixábaseme a muller – dun dolor de barriga.

Ela
¿Non sabes por qué cho dixen? – Mais eso non era certo;
foi por vir sempre da cabalo – e tu da pé, moi contento.

El
O salir por alí adiante, - ésto non vos foi mentira,
o faquete deu en brincar – e tiróuna pernas arriba.

Ela
A poñerme eu da cabalo – o faquete xa peidaba,
e Tomás que viña chamando – pensou que me tiraba.

El
Cando pasamos por Lugo – estaba alí un gran señorete;
oimos que era un cacique – dises que hai en Castroverde.
Ainda se atreveu a decirnos, - co seu bigote de mico:
Se van pra Montecubeiro – alí téñovos un amigo!

Ela
I eu que quixen ser curiosa- pregunteille sutilmente:
¿Logo vostede moito daño – lles ten feito a esa xente?
Trampas todas cantas puiden, - pensando no no entendían,
i o víspera das eleucións – alí foivos unha montería!

Os “Puchos”, os de Montecubeiro, aínda sangraban polas vellas feridas con respecto a Castroverde.

El
Hasta alí a Granda da Murin – viñemos andando ben,
pero enfermóunos o faco – sin poder saber o que ten.

Ela
Tomás púxose a rexistralo, - que a min facíame rir;
e despois levantándolle o rabo – poñíase a ulir.

El
Acordóuse despoisMingas: - Resulte por donde queira,
Tomás, méxalle os fuciños, que ésto parece unha meiga.

Ela
Despois xa te convenciche – que era certo o que eu dicia;
pra poñerse o faco dereito – non houbo mellor medicina.

El
Daseguida puñémonos da cabalo, - eu e mais a tía Mingas;
i o pasar aló pola Meda – roncábanlle o faco as tripas.

Ela
Vaite garolán de Xudas, - e non lle cargues as culpas;
era il mesmo que a cada pouco – viña soltando as plumas.

El
Dician alí duas mozas: - “¡Mirai que rapaz tan guapo.
Quizais olvide aqueloutra; - vamos aló dicirlle algo!”

Ela
Tomás, ti xa non as ves. - ¡San Baco sexa contigo!
¡Dicían de correrte a pedras – se non viñeras conmigo!

El
A chegar alí a Carazo, - para invitarnos a xantar,
leáronse duas vellas, - que ambas nos querían levar.

Ela
¿E ti non sabes por que reñía – aquela das pernas mouras?
¡Era porque as pitas da veciña – coméranlle as coles todas!

El
Así que non fixemos caso. – Viñemos logo hasta Suegos
i en casa de Lavandeira – comemos muito ben e bebemos.

Ela
Despois cando lle pagache – díxonos con moita gracia:
“A carne era da morralla, - éillela dar mais barata!”

El
Viñamos da cabalo – os dous, con muita alegría,
e ahí enfrente da Valiña, - a egua tirou ca cría.
...

El
O subir por alí arriba – o faquete xa se cansaba;
hasta volveu a soltar aire – e a Mingas se asustaba.

Ela
O Tomás díxome a min: - Aquí hai que ter pacencia.
Tú tíralle do ramal – i eu por tras eille dar cuerda.

El
Agora fomos chegando. – Por certo que vimos contentos:
Vamos falar de moitas cousas, - e tamén dos casamentos.

Ela
Iste ano evos moi pequeno, - dicen agora os rapaces;
¡calquera che trai muller, - que para comer somos bastantes!
Dicían ahí abaixo unhas viudas, - falando do marido:
“Anque él era algo roñón – de noite quitaba o frío”.
Eu por min o reconozo, – que dixen a verdá pura;
e despois, que tamén fan – as veces a lebre escura.

El
Casádevos rapaciños; - teide das mozas compasión;
escollei desas trintenas, - que xa lles pasa a sazón.

Ela
A vista de tanta xente – non has de ser desenfrenado,
cas pobres dalles vergonza: - ¡xa se casarán pro ano!

El
Xa se me acaba a pacencia. – Deixemos estas cousiñas,
que ai que votarlle un cigarro; - e ti descansa, Mingas.

Ela
Se non perdes ese vicio – has de empeñar hastra as medias.
Todo o día fumando, - ¡que te fumen sete centellas!

El
Mingas...!, déixame fumar; - non empeces cas de sempre.
Ben sabes que é unha vergonza – reñer á vista da xente.

Ela
Mentras que tu fumas, logo, - nai que perder ocasións:
teño prisa dista estopa – pra mendar os meus calzós.

El
Agora que vou contento – tamen lles hei de contar
cousas das rapazas daquí – que non se poden calar.

Ela
Se segues falando mal das rapazas – éiche de probalo lombo;
i esta noite has dormir solo; - ¡hache de salir caro o conto!

El
Todas elas dicen de marcharse – i arrenegan desta terra:
Non se marchaba a primeira – se houbese quen as quixera.

Ela
Vaite trangallán de Xudas – pois para ti sempre houbo poucas;
se non te quere Minguiñas – ti quedabas regañando as moas.

El
Pro goberno dunha casa – poucas hai que valian nada:
¡un fato de folgazanas, - non valen mais que pra cama!

Ela
Aunque o fagan elas todo – nin Xudas os ten contentos.
Iles marchan pra taberna – a botar copas e netos.

El
A culpa téñena as vellas – das fillas ser folgazanas:
Salen elas o traballo – e deixan na casa as rapazas.

Ela
Si as veces quedan na casa, - non che quedan por folgar;
quedan dando unha puntada – e asi de paso fan o xantar.

El
Desde cos amos se marchan – póñense a facer monadas,
Para ver se engañan os mozos – estando limpas e guapas.

¿Será posible que o Autor lese, tal que na biblioteca, circulante, da Unión de Montecubeiro, aquel romance de Riello (León): “Pa Misa diva un galán, ..., non diva por oir Misa, nin por estar atento a ella, que diva para ver las mozas, las que van guapas y frescas...”? Doutro xeito non me cadra a expresión destes pés cos falares de entón.

Ela
O que tes ti e envidia; - sei eu moi ben porque falas:
Se a tí te chamaran elas – leve o demo si palabra dabas.

El
As da fangueliña corta, - e mais da media calada,
refrescóuselles o corpiño – iste inverno ca xeada.

Ela
Se sigues falando mal – eu vóuche tomar outra guía;
non son tempos pasados; divórciocheme enseguida!

El
Divórciate cando queiras, – por eso estou contento,
que xa lle botei o ollo – a unha monxa do convento.

Aquí volve o Autor a espigar ideas das súas probables lecturas; neste caso sería unha referencia, unha evocación, á dona Inés, do Tenorio. ¡Nin ao máis imaxinativo da bisbarra se lle ocorrería de propio pensamento semellante picardía!

Ela
Desque tal Lei se aprobou, - se quixera estar casada,
nono digo por chufar, - eu funche ben solicitada.

El
Deixemos logo estas cousiñas, - e falemos dos rapaces;
que eu a ti quéroche moito, Minguiñas non te enfades.

Ela
Dises rapazolos de agora, -¡ca risa fanme mexar!,
desque teñen quince anos – xa falan de se casar.
E se algún distes maiores – algunha vez os reprende,
empézanseche a algarufar, - e xa se teñen po xente.
Dises que son perros vellos – non vos deixedes engañar
porque éles sábenche moi ben – a agulla de marear.

É unha figura literaria de dobre senso, que tanto se pode referir ao compás náutico como a ter pico, agulla; ser un mareante.

El
Deixaremos os mozuelos, - que temos que irnos axiña;
falemos dos oficiales – pois non son de boa familia.

Ela
A calquera abren os ollos – hoxe en día os oficiales;
¡polo xornal que cepillan, - i o trato que hai que darlles!

El
O oficio das costureiras, - non pensedes que é unha broma,
o caldo failles queimuras – e hai que darlles cousa boa.

Ela
O non comeren o caldo, - non hai que estrañarse nada,
porque fai moita barriga, - ¡i a xente logo che fala!

El
Os xastriños doxe en día – van polo mismo camiño;
e se non lles dan cousa boa – tamén torcen o fuciño.
Facendo que cantaruxan – i arrimados as ventanas,
así van botando o día, - atusmándolles as rapazas.

Ela
Os zapateiros de agora – évos familia da calma:
¡Non fan unhos zapatos – que non collan a auga!
E se lles levais a arreglar – por ahí algún calzado,
para que fagais outros novos – dicen que non teñen amaño.

El
Se queredes moitas trampas – ide a xunto dos zoqueiros,
que mendan iles mais zocas – que potes os zarralleiros.

Ela
As das trampas i enteirizas – márchannas vender a feira,
e dícenlles logo os paisanos – que son do pé da bidueira.

El
Os carpinteiros dagora – tampouco é xente legal;
non merecen a comida – para canto máis o xornal.

Ela
Vai calquera a xunto diles – séntanse a facer cigarros;
¡o xornal córrenos o mismo – para que vamos apurarnos!
.../...

(O manuscrito do que tirei esta transcrición remata aquí, e non conseguín outro, así que nos quedaremos sen o remate, sen a despedida, que igual non a levaban escrita para que improvisasen a saída segundo visen oportuno. Non é probable que se cansase a xente de escoitalos se xesticulaban con humor e o tiñan ben memorizado.