Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

04 agosto, 2014

VIAXE ÁS FRAGAS DO EUME, MOSTEIRO DE CAAVEIRO, CASTELO DE ANDRADE



Esta viaxe que en principio estaba proxectada á península de Bezoucos tivo que variar de percorrido debido á choiva, realizando as visitas ás que aludimos.
Comenzamos pola visita ao Mosteiro de Caaveiro situado na parroquia da Capela, no concello do mesmo nome na comarca do Eume.
O mosteiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías, eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiado de Compostela.
Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do século XVIII.
Comezamos a visita pola capela de Santa Isabel de orixe románica para continuar visitando as diferentes estancias, cociña, sala capitular, etc.
Salientar o fermoso enclave do mosteiro, situado entre os ríos Eume e Sesín, pola ponte da Estrela, sobre o río Sesín accedíase antigamente ao mosteiro.
Logo da visita ao mosteiro, visita ao centro de interpretación e visualización dun vídeo que nos falaba da vexetación e fauna das fragas.
Pola tarde; visita ao Castelo dos Andrade que garda moitas similitudes coa torre de Castro Verde, segundo observamos varios, tendo unhas medidas mesmo similares na altura, 20 m.  Algo similar podiamos facer na nosa Torre - Fortaleza, ao menos sería un bo motivo para atraer visitantes, convidamos a todos e todas que non o coñezan que realicen unha visita para ver o que se pode facer coa nosa Torre.
A seguir visita ao Mosteiro de Monfero que é de orixe medieval situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso.
 A igrexa lémbranos a dos mosteiros de Sobrado ou de Samos, aínda que todas elas diferentes.
Agradecemos a Quique que nos organizara estas interesantes viaxes ás terras eumesas.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER ALGUNHAS IMAXES: