Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio de natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio de natureza. Mostrar todas las entradas
29 julio, 2014
26 julio, 2014
VIAXE Á PENÍNSULA DE BEZOUCOS (ARES&MUGARDOS) -2 Agosto 2014
PROGRAMA HORARIO
Saída de Castro Verde ás 8:00 horas ( Ao lado do Pereira)
Ás 8:30 h. na ronda da muralla (Edificio Sindicatos)
Ás 10:00 h. en Mugardos
Percorrido de 9 quilómetros con certa dificultade, inprescindible levar calzado axeitado.
DESCRIPCIÓN:
A viaxe percorre unha área de Ferrolterra con importantes valores ecolóxicos e culturais: a área noroccidental da península de Bezoucos, enclavada no Gran Porto dos Ártabros (1), nome co que se coñecía ao territorio ribeireño das rías do Ferrol, Ares e Coruña, o cal serviu de inspiración á denominación do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) “Costa Ártabra” –pertencente á Rede Natura 2000-, a cal inclúe a franxa litoral de parte desta península.
O percorrido desenvólvese nunha lonxitude duns 9 quilómetros pola parte noroccidental da Península de Bezoucos, brazo de terra que separa as Rías de Ferrol e Ares-Betanzos.
A ruta escomenzará en Mugardos, vila mariñeira asentada nunha bahía na marxe sur da ría de Ferrol. Seguindo o paseo marítimo e a praia artificial da Bestarruza, chegaremos á Enseada do Baño, onde desemboca o Rego de Roibeiras formando un esteiro que da nome ao pequeno asentamento tradicional que alí se orixinou. A fermosura desta paraxe provocou que se desenvolvese unha urbanización que alterou a outrora beleza inmaculada deste lugar.
Dende eiquí desviarémonos ao oeste, ascendendo en dirección a Montefaro, entrando na parroquia de Cervás do concello de Ares, de cuxo antigo poboamento son testemuñas varios castros e os restos da súa igrexa románica. Nesta ascensión pasaremos ao carón dunha edificación militar abandoada que semella que foi un polvorín ou arsenal, chegando despois ao Mosteiro medieval de Santa Catalina (2).
Próximo a este lugar, atópase o cumio da Bailadora, miradoiro excepcional situado a uns 260 m. sobre a ría de Ferrol, dende onde poderemos contemplar as agrestes ladeiras graníticas que conforman a bocana desta ría, o sistema de fortificacións militares que ao longo do tempo foron construídas para defender a base militar (3), como os castelos da Nosa Señora da Palma e de San Felipe, construídos nos séculos XVI e XVII, evocadores do enfrontamento militar que tivo lugar nas súas proximidades fai pouco mais de 200 anos ... a Batalla de Brión (4).
Pero A Bailadora é tamén un lugar axeitado para aprezar e analizar o resultado doutras intervencións humanas mais recentes, as cales están a mudar a faz da ría: a implantación de grandes industrias (xunto ás navais asentadas antes da década dos setenta, foise consolidando nas últimas décadas do pasado século a metalúrxica de MEGASA –no fondo da ría esganando o antes fermosísimo esteiro do río Freixeiro-), a planta de REGANOSA instalada nas proximidades de varios núcleos poboados do concello de Mugardos, o porto exterior e os enormes recheos e desmontes realizados por mor destas actuacións,....
Trala estancia no miradoiro da Bailadora visitariamos o Mosteiro de Santa Catalina, tralo cal poderiamos comer no propio mosteiro ou nos xardíns existentes ao seu carón.
Tralo almorzo encamiñariamonos cara á Punta do Segaño (remata a ría ferrolá pola súa banda sur), visitando os restos das baterias de Fonteseca e do Segaño, construidas hai pouco máis de 100 anos para protexer a base militar de Ferrol.
Dende o Segaño continuariamos cara ao surés, encamiñándonos á praia de Chanteiro, onde poderemos reposar e incluso bañarnos nas súas claras augas se o tempo o permite. Inmediata a esta praia encóntrase a Capela da Nosa Sra. da Mercede, á que poderemos achegarnos, construcción con carga sentimental para os ferroláns, que no ano 1404 lle ofreceron voto a esta Virxe, en agradecemento pola súa intercesión para frear a peste que daquelas asolou a vila e arredores.
Se o percorridose fai curto, poderiamos aproximarnos a outros lugares de interese,como a chamada Cova dos Mouros e o inmediato castro de Santa Mariña.
Ao final da xornada tornaríamos a Mugardos, onde poderiamos cear ou tomar algo antes de voltar.
--------------
NOTA:
A viaxe farase igual, haxa ou non as 15 persoas. Se somos 15 ou máis haberá autobús, en caso contrario iremos en coches particulares.
Saúdos
Manolo
Etiquetas:
Comunicados,
Patrimonio de natureza,
Roteiros,
Roteiros_2014
20 julio, 2014
II CARREIRA POPULAR
II CARREIRA POPULAR (20-07-2014)
Varios membros da asociación
colaboramos, no día de hoxe, coa II
Carreira Popular celebrada en Castro Verde; na que por certo, participaron
varios soicos/as, entre eles Saúl Gómez Arrojo, que quedou primeiro na súa
categoría, tamén foron premiadas/os
varios membros do Club de Atletismo de Castro
Verde, e
Víctor Poveda, entre outros.
Algunhas das máis cativas recibindo o premio
Recibindo o premio (Do club de atletismo de Castro Verde e Friol)
Recibindo o premio
Unhas das máis cativas en acción
VER ÁLBUM:https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IICarreiraPopular20072014?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
Outros_patrimonios,
Patrimonio de natureza
14 junio, 2014
Vídeo na RTVG: Castroverde ten unha das maiores concentracións de árbores centenarias de Galicia
![]() |
| A CRTVG NA INFORMACIÓN LOCAL PUBLICOU UNHA REPORTAXE EN VÍDEO SOBRE ÁRBORES CENTENARIAS NA PARROQUIA DE FURÍS NO CONCELLO DE CASTROVERDE |
![]() |
| Manuel Muñiz Pte. AC Amigos do Patrimonio Castroverde |
![]() |
| Manuel Gómez Arrojo Dono da Casa de Cantíz e Vicepte. AC Amigos do Patirimonio de Castroverde |
Publicado o 12/06/2014 20:34
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza
01 junio, 2014
14 abril, 2014
Talan un carballo de 300 anos no Camiño de Santiago por unha poda dunha compañía eléctrica
Denuncia da nosa Asociación
O famoso carballo de Ponte da Chanca, un dos principais referentes naturais da ruta xacobea, secou tras unha poda "excesiva" por parte dunha subcontrata que facía o mantemento dunha liña eléctrica. A Policía Autonómica investiga o sucedido.
VER MÁIS:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18546.html
O famoso carballo de Ponte da Chanca, un dos principais referentes naturais da ruta xacobea, secou tras unha poda "excesiva" por parte dunha subcontrata que facía o mantemento dunha liña eléctrica. A Policía Autonómica investiga o sucedido.
VER MÁIS:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18546.html
03 abril, 2014
O FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO RECORRE NOS TRIBUNAIS A DELIMITACIÓN DESTA VÍA HISTÓRICA A SANTIAGO
NOTA DE PRENSA
Lugo, a
1 de abril de 2014.-
O Foro do
Camiño Primitivo, agrupación constituída por diversas entidades, colectivos e
investigadores vinculados con esta vía histórica a Compostela, impugnou o
decreto de delimitación oficial do Camiño Primitivo de Santiago (267/2012, de 5 de decembro), mediante recurso
contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
O Foro do
Camiño solicita o amparo dos Tribunais por entender que a delimitación oficial da vía xacobea máis antiga atenta contra os criterios de autenticidade
e integridade na identificación da calzada histórica e a súa contorna
cultural, principios elementais atinxidos na lei de Protección dos Camiños de
Santiago (1996) e nos itinerarios contemplados pola UNESCO como patrimonio
mundial para delimitación dos camiños a Santiago.
O Foro tamén constata un claro abandono por parte da Consellaría de
Cultura do mandado legal de
recuperación da traza orixinaria dos camiños de peregrinación, adulterando
de xeito drástico a definición do seu territorio histórico e deixando sen a
debida protección xurídica gran parte dos seus valores culturais e ambientais.
A través deste documento, a Consellaría de
Cultura verifica a súa renuncia a investigar, recoñecer e recuperar as calzadas
presuntamente apropiadas ou invadidas.
A delimitación oficial do Camiño Primitivo
aprobada en decembro de 2012 constitúe unha estafa a máis de 1.200 anos de
historia retidos na nosa memoria colectiva e traiciona o sentido simbólico,
identitario e conceptual do propio Camiño.
CONSECUENCIAS
DUNHA DELIMITACIÓN FRAUDULENTA
A Consellaría de Cultura está a situar torpemente o centro das súas políticas públicas en relación
coa peregrinaxe tradicional a Santiago unicamente nas perspectivas turísticas e comerciais, relegando a protección
patrimonial a un nivel anecdótico. As consecuencias deste desenfoque de
obxectivo estanse a ver, non só na maltreita delimitación do Camiño Primitivo,
senón na falla de protección de todas as vías históricas con destino a
Compostela.
Baste consultar os medios de comunicación para
decatarse que a falta de tutela que está a exercer a Xunta sobre valores
históricos dos Camiños a Santiago está a crear
conflitos na sociedade e confusión na comunidade de peregrinos. Póñanse
como exemplos, a indefensión coa que se atopa á veciñanza de Sarria que, nunha
loita exemplar, reivindica a preservación dos valores propios do Camiño Francés;
ou o deseño dun “Camiño á Carta” no proceso de delimitación histórica do Camiño
Norte, supeditando o seu trazado a interese espúreos e especulativos
favorecidos polo oportunismo político na procura de votos.
A Xunta está a favorecer descaradamente o esquecemento das rutas históricas e do seu
territorio. Premia os neotrazados apócrifos desenvoltos a partir dos anos
noventa e mantidos até hoxe por presións políticas e intereses privados,
desviando o itinerario por lugares que evitan conflitos co planeamento
urbanístico, con infraestruturas ou fincas particulares, mais que nada teñen a
ver co rigor científico que se reclama e cos principios da Carta de Itinerarios
Culturais de ICOMOS.
No caso da Vía Primitiva, as irregularidades son abondosas en todo o percorrido: falsificación
da vía na entrada e saída da cidade de Lugo, ao paso polo burgo medieval de
Castro Verde, a omisión do acceso á vila de Melide polo camiño prerromano da
Martagona, apropiacións da vía histórica en Paradavella, A Matanza, Vilalle,
camiño real de Vilabade, Mesón de Fraiás, Carballido, A Viña, O Alto, San Vicente do Burgo, A Retorta, etc., ou o
non recoñecemento da conexión coa trama de vías transversais e o seu patrimonio
histórico, incluído o intanxíbel.
Ao mesmo tempo, ponse en risco a proclamación do Camiño Primitivo como Patrimonio Mundial da
Humanidade. Esta proclamación, tramitada en 2007 e presentada a finais de
2012 polo Consello de Patrimonio Histórico do Reino de España, agardábase para
o vindeiro ano. Pero este proceso vese agora atrancado pola propia Xunta ao
delimitar un trazado físico-lineal pouco coherente coa existencia dunha paisaxe cultural conforme
coa aplicación da Convención do
Patrimonio Mundial.
A XUDICIALIZACIÓN
DOS CAMIÑOS HISTÓRICOS
O recurso-contencioso presentado por este Foro
contra a actual delimitación oficial desta vía histórica xa é o segundo recurso xudicial que a
sociedade civil promove na defensa dos camiños de Santiago. Actualmente as
únicas dúas delimitacións camiñeiras aprobadas pola Consellaría de Cultura, as
do Francés e do Primitivo, están sendo cuestionadas nos tribunais.
Os colectivos e entidades que levamos máis de 20
anos traballando pola defensa e preservación dos camiños históricos e do
patrimonio cultural e ambiental galego vémonos
na obriga de xudicializar aqueles procesos de delimitación que non cumpren
co requerido pola Lei e que non foron concebidos con diálogo nin participación
pública, como é o caso.
Cabe resaltar que o Foro está asumindo custes,
esforzos e tarefas de investigación que lle corresponden á Xunta; mentres, a
Administración responde con constantes manobras
dilatorias e de confusionismo para encubrir a falta de rigor no proceso de
delimitación oficial. Baste lembrar que os traballos técnicos foron licitados
en 2007, permanecendo paralizada a incoación do expediente até agosto de 2012,
demora que ten permitido realizar toda caste de atentados.
A táctica dilatoria tamén se está a aplicar neste
procedemento xudicial, iniciado por varios membros do Foro xa hai máis de un ano. Neste momento, o
Foro aínda está a agardar a que a Xunta remita a documentación completa
referida ao expediente de delimitación da vía histórica para poder formalizar no
xulgado as fundamentacións do recurso.
Finalmente, o Foro do Camiño Primitivo denuncia a ignominiosa actuación de órganos como o Comité Asesor do Camiño de Santiago creados por lei para a protección dos camiños
históricos de peregrinación. Coa súa parcialidade, anuencia ou pasividade veñen
avalando actuacións bochornosas que
destrúen os nosos elementos identitarios máis prestixiosos e desprotexen a
camiñeiría histórica do noso país mediante a promoción de itinerarios
alternativos desligados da tradición.
DATOS COMPLEMENTARIOS:
-O
Camiño Primitivo é o segundo, logo do Francés, en obter unha delimitación
oficial.
-O Camiño
Primitivo ten unha antigüidade de XII séculos e está considerado como a máis
antiga vía de peregrinaxe cara a Compostela.
-O Foro
do Camiño Primitivo naceu en xullo de 2010 e está conformado por preto de 30
colectivos e personalidades.
-A Xunta
rexeitou máis de 90 alegacións presentadas polo Foro no período de consulta
pública.
-A
delimitación oficial deixa sen recuperar uns 50 quilómetros do trazado orixinal
do Camiño Primitivo e deixa fóra do seu
territorio histórico máis dun cento de elementos patrimoniais asociados.
Para
máis información: Ricardo Polín: 616764447
MEMBROS DO FORO DO CAMIÑO:
Asociación de Amigos do Camiño
Primitivo de Santiago, Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago
(AGACS), Asociación de Amigos del Camino de Santiago Astur-Galaico del
Interior, Asociación do Camiño Primitivo da Fonsagrada, Viandantes polo Camiño
Primitivo, LugoPatrimonio, Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde,
Museo Comarcal da Fonsagrada, ADEGA, delegación en Lugo do Colexio de
Arquitectos de Galicia, Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de
Donas “Os Lobos”, Asociación de Hosteleiros de As Fontiñas, GDR4 Terras de
Lugo, Plataforma en Defensa do Alto Ulla, Metátese Teatro, Asociación na
Defensa do Parque Rosalía de Castro, Asociación de Veciños da Piringalla,
Asociación Cultural Terras de Melide, Club Cultural Valle-Inclán, Asociación
Cultural Espalladoira, Museo Terra de Melide, Asociación Cova da Serpe de
Friol, Asociación Cultural “A Toca” de Toques, Asociación de Veciños de San Romao
da Retorta, Asociación de Veciños “Porta de Lugo”, Parroquia de Santiago de
Castelo,Asociación de Veciños “Fonte do Udreiro” de Romeán.
REFERENCIAS:
23 febrero, 2014
RESUME - ROTEIRO POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de 2014
| Hórreo de Berlán |
Neste sábado algo frío e húmido, á primeira hora da mañá que, ao longo do día foi mellorando, realizamos o percorrido por varios lugares da parroquia de Monte Cubeiro; a saber; Cubula/Cugula - Sarceda - Castelo - Foxo – A Valiña – A Veiga – Maxide - Berlán - O Escouredo- para voltar a San Cibrao. Nomes todos eles suxestivos e que nos remontan a épocas castrexas, visigóticas e / ou xermánicas e que non nos imos deter no seu significado porque teriamos para un pouco.
![]() |
| Moisés na entrada de Maxide |
Achegaremos algunha foto e poderedes ver máis no blog.
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/ROTEIROPORDIVERSOSLUGARESDAPARROQUIADEMONTECUBEIRO?authuser=0&feat=directlink
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/ROTEIROPORDIVERSOSLUGARESDAPARROQUIADEMONTECUBEIRO?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Muiños,
Patrimonio de natureza,
Roteiros,
Roteiros 2014
02 febrero, 2014
ROTEIRO POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de 2014
ROTEIRO
POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de
2014
Ás 9:30 h.: En Castroverde ao lado do Pereira.
Ás 10:00 h.: Comenzo da camiñada Monte Cubeiro ou Cugula.
Percorrido: por lugares de Monte Cubeiro – Cubula/Cugula - Sarceda - Castelo - Foxos – A Valiña –Báscuas ou A Veiga-Maxide-Berlán- O Escouredo- Percorrido aproximado duns 14 Km., mais podemos adaptarnos ao que decidamos.
Ás 14:00 h.-14:30 h. Xantar
Comunicalo antes do día 19 de febreiro, no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.
Prezo, aproximado, da viaxe (5 €) + xantar (15 €) aproximdamente.
Saúdos.
Manolo Muñiz
Etiquetas:
Comunicados,
Patrimonio de natureza,
Roteiros 2014
26 enero, 2014
Actividades que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño durante os tres primeiros meses deste ano
Estimados amig@s:
Informámoslles que onte día 22 de xaneiro, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, anunciou as actividades que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño durante os tres primeiros meses deste ano. Trátase dunha programación gratuíta e aberta á participación de persoas de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer a todos os lucenses.
Podemos destacar que esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o pasado ano, ás que hai que sumar as preto de 400 que se achegaron a coñecer as instalacións do Centro de Interpretación. A Deputada salientou que a intención é continuar traballando “nesta mesma liña, facendo de Terras do Miño un centro de referencia en educación e concienciación ambiental, difundindo os valores medio ambientais da provincia dun xeito divertido e para todos os públicos”.
O calendario das actividades programadas é o seguinte:
Conferencias:
- O día 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia “Fungos medicinais: usos ancestrais e novas perspectivas” a cargo do Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso.
- O 20 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Experiencias de participación social na xestión territorial”, a cargo de Antonio Ventura Figueroa.
- O 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Andrea Macho Benito falará acerca do “Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.
- O 20 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Experiencias de participación social na xestión territorial”, a cargo de Antonio Ventura Figueroa.
- O 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Andrea Macho Benito falará acerca do “Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.
Actividades para adultos:
- O 8 de febreiro desenvolverase unha xornada fabricación de niños, a partir de simples caixas, en horario de 10:00 a 14:00 horas no Centro de interpretación Terras do Miño. O 7 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño celebrarase “Conservación dos valores naturais e paisaxísticos na Reserva da Biosfera Terras do Miño, mediante a promoción dos sistemas alimentarios locais”.
- O 8 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, desenvolverase o “Curso introdutorio de agricultura ecolóxica nas labores invernais”.
- O 8 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, desenvolverase o “Curso introdutorio de agricultura ecolóxica nas labores invernais”.
Actividades para familias:
- O 22 de febreiro desenvolverase unha ruta de integración na flora e na fauna do Paseo do Río Rato, e o 22 de marzo celebrarase outra ruta esta vez no entorno lucense da Reserva da Biosfera.
Todas as actividades son gratuítas, malia que as prazas son limitadas por cuestións de aforo, polo que para participar será necesario inscribirse previamente.
Máis información e inscricións na web www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982-22-78-12.
Desexando que esta información sexa do seu interese, reciba un cordial saúdo.
Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables.
Deputación de Lugo.
19 enero, 2014
Conferencia Internacional "Alcornocales y sector corchero" (22-23 enero)
![]() |
| Exemplar de Quercus suber |
El Programa de la Conferencia Internacional “Alcornocales y sector corchero”, organizada por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través de la Fundación Biodiversidad, se encuentra disponible para consulta aquí.
El objetivo del encuentro es generar un espacio de intercambio de conocimiento sobre las potencialidades del ecosistema del alcornocal.
El evento se desarrollará los días 22 y 23 de enero de 2014 en Madrid, en la sede del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Serrano 117.
Es aconsejable tramitar la inscripción -gratuita aunque limitada hasta completar el aforo- a través de la página web con el fin de prever los idiomas a los que se traducirá la conferencia.
Al evento está previsto que asistan más de 300 participantes entre representantes gubernamentales nacionales y europeos, científicos y expertos gestores, asociaciones empresariales y empresarios y agentes sociales involucrados en la gestión del alcornoque.
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza
08 enero, 2014
Actividades na Casa das Insuas en Rábade os vindeiros 10 e 11 de xaneiro
El Martes 7 de enero de 2014 14:12, RB Terras do Miño escribió:
Estimados amig@s,
Como continuación o ciclo de actividades de inverno organizadas pola Deputación Provincial de Lugo coa colaboración da Casa das Insuas, AGCT, Numenius e Concello de Rábade, os vindeiros 10 e 11 de xaneiro no C.E.N Casa das Insuas en Rábade, seguiremos a desenvolver as xornadas "CONSERVACIÓN E XESTIÓN DOS VALORES NATURAIS NA R.B DE TERRAS DO MIÑO: O PAPEL DA CUSTODIA DO TERRITORIO" a través de dúas quendas que tratarán respectivamente sobre a conservación e xestión da flora e fauna e sobre producción láctea e conservación da natureza.
O programa a desenvolver será o seguinte:
Venres, 10 de Xaneiro de 2014
CONSERVACIÓN E XESTIÓN DA FLORA E FAUNA NA R.B. DE TERRAS DO MIÑO
17:00 h. A flora ameazada na RB de Terras do Miño. G. Botánica-IBADER/USC
17:30 h. As aves dos medios agrarios na RB de Terras do Miño. AGCT-Numenius
18:00 h. Situación do mazarico real na RB de Terras do Miño. Asoc. Numenius
18:30 h. Pausa café
19:00 h. Debate: ¿Pode axudar a custodia do territorio a conservar a flora e fauna ameazada da RB de Terras do Miño?. G. Botánica-IBADER/USC, Asoc. Numenius, Dir. Xeral Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.
Sábado, 11 de Xaneiro de 2014
PRODUCCIÓN LÁCTEA E CONSERVACIÓN DA NATUREZA NA TERRA CHÁ
10:00 h. Cambios no uso do solo nas últimas décadas na Terra Chá. Laborate-IBADER/USC
10:45 h. Principais efectos negativos da producción láctea intensiva sobre as aves: O caso da Terra Chá. AGCT, Numenius
11:30 h. Pausa café
12:00 h. Producción láctea sostible. CIAM
12:45 h. PDR, producción láctea e conservación da natureza. Direc. Xeral de Desenvolvemento Rural
13:30 h. Xantar
16:00 h. A visión das ganderías ecolóxicas. Arqueixal, Gandeiría Codesal e Granxa Bértolo
17:30 h. Documental “Tetas caídas”. VSF-euskadi
17:30 h. Debate: Producción láctea compatible coa conservación, é posible?
A inscrición para as mesmas farase a través do enlace: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/casadasinsuas2013.html
Un saúdo.
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza
Curso construción de caixas niño
O sábado 18 de xaneiro realizaremos unha xornada de construción de caixas niño para aves e refuxios para morcegos.
10:00. Aves e caixas niño. Óscar Rivas - AGCT-Numenius
10:30. Morcegos e refuxios artificiais. Roberto Hermida - AGCT-Drosera
11:00-14:00. Construción e instalación de caixas. Martiño Cabana - AGCT
C.E.N. Casa das Insuas, Rábade
Inscricións en www.deputacionlugo.org (http://goo.gl/KaECU6)
Máis formación en: custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfn: 630948293
Unha aperta,
A Xunta Directiva da AGCT
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
________________________________________
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza
28 noviembre, 2013
A Asociación Galega de Custodia do Territorio e Charcas con Vida convocan unha xornada de voluntariado ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na Casa das Insuas
Reserva da Biosfera Terras do Miño
-----------------------------------------------
A Asociación Galega de Custodia
do Territorio e Charcas con Vida convocan unha xornada de voluntariado
ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na
Casa das Insuas.
Durante esta xornada
recuperaremos unha antiga canle de rega situada na cabeceira do Prado da Ponte,
finca custodiada pola AGCT na que a entidade desenvolve diversas actividades de
educación ambiental e conservación da natureza. Crearemos tamén unha nova
charca para ofrecerlle á flora e á fauna da zona un novo hábitat, moi escaso e
ameazado na zona.
As canles de rega e as charcas
de prado foron unhas estruturas de grande utilidade durante o pasado, xa que se
usaban para regar as fincas e para acumular auga para usar durante a época
estival. Os animais tamén as usaban para desenvolver o seu ciclo vital,
alimentarse, reproducirse, etc. É por iso que este proxecto vai ter unha grande
influencia sobre a conservación da biodiversidade da zona.
Con este proxecto, tamén
pretendemos implicar ao voluntariado nunha actividade de especial interese para
a conservación dos invertebrados, anfibios… que viven nos sistemas acuáticos e
recuperar os antigos usos tradicionais que se lle daba a auga na agricultura.
O voluntariado contará con
seguro de accidentes, comida e ferramentas apropiada. Será necesario levar
roupa de traballo e botas de auga.
Para inscribirte, envía un
correo a custodiadoterritorio@gmail.com
ou no 630-94.82.93 (Martiño).
Esta actuación enmárcase no
proxecto Charcas con Vida, coordinado por ADEGA que conta coa colaboración da
Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio
Ambiente. As actividades da Casa das Insuas son organizadas pola Asociación
Galega de Custodia do Territorio, realízanse coa colaboración co Concello de
Rábade.
Unha aperta,
A Xunta Directiva da
AGCT
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
Etiquetas:
Comunicados,
Patrimonio de natureza
19 noviembre, 2013
Ciclo de Conferencias Luis Asorey: “Especies e hábitats de interese para a conservación na reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”
O Ciclo Luis Asorey está dedicado á memoria deste doutor, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi académico, secretario e vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias. Entre os vindeiros días 18 e 27 de novembro haberá sete conferencias a cargo doutros tantos expertos, todas elas ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
http://blog.deputacionlugo.org/ai1ec_event/ciclo-de-conferencias-luis-asorey-as-producions-non-madereiras-do-bosque-na-reserva-da-biosfera-dos-ancares-lucenses-e-montes-de-cervantes-navia-e-becerrea-2/?instance_id=290
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza
12 septiembre, 2013
Conferencia “OS VALORES EDUCATIVOS DA NATUREZA”
Les informamos que el próximo jueves 12 de septiembre, a las 19:00 horas, tendrá lugar una nueva conferencia dentro de la programación de actividades que se están desarrollando en el Centro de Interpretación Terras do Miño, en el Paseo do Rato s/n.
Esta levará por título “OS VALORES EDUCATIVOS DA NATUREZA”, siendo el conferenciante de la misma, Don Eugenio Otero Urtaza, Catedrático de Escuela Universitaria, Departamento de Teoría de la Educación, Historia de la Educación y Pedagogía Social. Universidad de Santiago de Compostela, Campus de Lugo.
La conferencia versará sobre la naturaleza y el paisaje, como unas de las fuentes educadoras más genuinas y auténticas que han tenido las personas a lo largo de toda la historia. A partir del siglo XVIII, con el naturalismo de Rousseau y el comienzo de las actividades excursionistas por Los Alpes, hubo un potente movimiento educativo para llevar a los niños a entornos naturales para que disfrutasen de una vida sana, fortalecer su carácter y su salud, tener experiencias nuevas y aprender activamente. Pestalozzi fue uno de los primeros educadores que se dio cuenta de la importancia que tenía el excursionismo para que niños y niñas aprendiesen directamente ante la presencia de las cosas, pero durante todo el siglo XIX y el siglo XX, este movimiento se afianzó con diversas organizaciones de educadores que no sólo interesaban a la educación escolar sino también a la educación no formal, como los Wandervogel o los boy scouts.
Sin otro particular, y a la espera de que esta información sea de su interés, reciba un cordial saludo.
Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo
Esta levará por título “OS VALORES EDUCATIVOS DA NATUREZA”, siendo el conferenciante de la misma, Don Eugenio Otero Urtaza, Catedrático de Escuela Universitaria, Departamento de Teoría de la Educación, Historia de la Educación y Pedagogía Social. Universidad de Santiago de Compostela, Campus de Lugo.
La conferencia versará sobre la naturaleza y el paisaje, como unas de las fuentes educadoras más genuinas y auténticas que han tenido las personas a lo largo de toda la historia. A partir del siglo XVIII, con el naturalismo de Rousseau y el comienzo de las actividades excursionistas por Los Alpes, hubo un potente movimiento educativo para llevar a los niños a entornos naturales para que disfrutasen de una vida sana, fortalecer su carácter y su salud, tener experiencias nuevas y aprender activamente. Pestalozzi fue uno de los primeros educadores que se dio cuenta de la importancia que tenía el excursionismo para que niños y niñas aprendiesen directamente ante la presencia de las cosas, pero durante todo el siglo XIX y el siglo XX, este movimiento se afianzó con diversas organizaciones de educadores que no sólo interesaban a la educación escolar sino también a la educación no formal, como los Wandervogel o los boy scouts.
Sin otro particular, y a la espera de que esta información sea de su interés, reciba un cordial saludo.
Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo
INAUGURACIÓN PROXECTO DE RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS, AMBIENTAIS, PAISAXÍSTICOS E ETNOGRÁFICOS DAS PARROQUIAS DE SAN CIBRAO MONTECUBEIRO, SANTA Mª MADALENA DE PENA, SAN PEDRO DE SERÉS, SANTIAGO DA MEDA E STO. ANDRÉ DE BARREDO. CASTROVERDE (LUGO).
Hoxe sábado, 7 de setembro, tivo lugar a inauguración do proxecto arriba citado. Imos facer referencia a que esta inauguración tiña que terse realizado hai un ano, mais debido a este cambio que viñemos denominando Roteiro, por razón burocráticas, tivemos que agardar un ano. Comentar que deste xeito, queda todo o concello de Castroverde cuberto de Roteiros ou Itninerarios excepto dúas parroquias e estas quedarían cubertas co Roteiro das Feiras. Roteiro que está en proxecto, ou polo menos a Asoc. Terras de Lugo (da cal formamos parte Amigos do Patrimonio) está traballando na colocación de paneis informativos nos lugares que actualmente hai feiras nos concellos de Lugo, Zona Rural e todos os concellos límitrofes, arredor de Lugo ((Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, Rábade e Outeiro de Rei)
Gustaría que algunha persoa ou entidade sinalara aínda elementos de Castroverde e a súa contorna, a saber; Castroverde; A Fortaleza, San Martiño, A Cova da Valiña, Bolaño, Recesende e volta a Castroverde. Isto sería bo para a economía, especialmente a hostelería, daquela que alguén recolla a idea, porque polo que observo quen o debía facer, non lle dá importancia aos roteiros, se non valoramos, suficientemente, O Camiño Primitivo que podemos agardar do resto das Rotas.
Seguidamente o noso Socio de Honra, O Sr. Vilabella, fixo un repaso pola historia de Montecubeiro, desde a orixe do seu topónimo, castros, capelas, fontes, montes… e cultura que se xerou nesta parroquia que, se non fose truncada polos elementos incivís, Montecubeiro podería ter transformado a súa economía valéndose dos elementos do seu propio medio, a saber, a madeira, as posibles pizarreiras, ou mesmo a transformación da castaña, isto tan só por citar algún dos elementos máis significativos. Non imos resumir aquí todo o seu contido, que teremos ocasión de ler noutro momento. Agradece a súas palabaras neste acto de inauguración. A continuación descubriuse o panel do Proxecto entre o Sr. Vilabella e a representante do PP en Castroverde, María Gómez Pallín, agradecemos tamén a súa presenza.. Desde Montecubeiro marchamos ata o cruceiro de Cugula, pasando antes pola Capela de Santa Petronila. Logo achegámonos a Pena onde visitamos o hórreo, a fonte de 1931 e a igrexa, para achegarnos ao lugar de Carballedo e visitar, o pazo, forno e lavadoiro, desde aquí, marchamos ata o cruceiro de Córneas. Desde o cruceiro baixamos ao lugar de Vilaxurxo podendo contemplar ao longo do percorrido, os lugares de Vilafrío e O Pacio, rodeados dos vastos maizais, continuando no percorrido puidemos contemplar o rochedo de Pena Branca e os fermosos camiños e muíños que nos levan ata Vilaxurxo. Salilentar o fermoso lugar dos muíños de Pallota e Sal.
En Vilaxurxo agradecer a Manuel Pérez e a Joana a súa amabilidade polas e polo traballo de limpeza que fixo na contorna dos muíños e fermosa aldea.
De Vilaxurxo a Barredo, onde nos agardaban algúns veciños para facer aquí a inauguración do outro Panel do Proxecto.
Saúde, Terra e Lingua
A sete de Setembro de 2013
VER O ÁLBUM FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PROXECTODERECUPERACIONPATRIMONIAISEOUTROS?authuser=0&feat=directlink
29 junio, 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









.jpg)
.jpg)


