Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
Mostrando entradas con la etiqueta Romaxes Irimiegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Romaxes Irimiegos. Mostrar todas las entradas
02 septiembre, 2012
24 agosto, 2012
23 julio, 2012
ROMAXE 2012: Seguimos facendo camiño!
(Da Asociación Irimia de Crentes Galegos)
1 Voto
Baldomero Iglesias (Mero)
[Como chegar á vindeira Romaxe: chegar_a_ castroverde]
No
confín dos verdes castros está Castroverde, berce desta 35ª Romaxe de
Crentes Galegos. Castroverde é un paraíso, libro aberto do noso
Patrimonio cultural e artístico, aínda non descuberto nin debidamente
estudado nun manual didáctico competente que sirva de guía fundamental
para sabernos, para coñecérmonos un pouco máis. Hai breves e pequenas
aproximacións, moi dignas, que parten do entusiasmo de certas
asociacións culturais cargadas de ánimo e ilusión, e tamén de
iniciativas que particularmente levan adiante esta posibilidade de
espallar coñecemento, de recoller pasado e dignificalo na
perdurabilidade e estima.
Nomes, polas rutas, que nos sorprenden pola
sonoridade e evocación de lugares e espazos máxicos deste eido singular:
Vilar de Cas, Fonte da Bica, Riomol, Penalonga, Augalevada, Croa de
Soutomerille, Pereiramá… Nomes de roteiros como Soutomerille ou Val do
Río Tórdea, de Furís-Páramo, dos Muíños do Nacente e Poñente; nomes de
camiños como o Camiño Primitivo –cun percorrido de 15 quilómetros e unha
altitude de 840 metros, ou a Vía Romana XIX que pode trazarse desde
Abelleira, pasando por Pereira, Furís, Lourentín, Mirandela, Miranda e
chegar a Tórdea. Tanto que ver, tanto que coñecer, tanto que ver por
camiños feitos no tempo, para deixar pasar o tempo, véndoo pasar e
pescudando nas pasadas dos que nos antecederon e deixaron marca
inequívoca dun trazado que procura luz para facernos chegar á verdade
que no fondo, agarda.
E é aquí, precisamente aquí, onde SEGUIMOS FACENDO
CAMIÑO. Este é o lema deste ano. Non o podía haber máis acaído sendo
lugar dos verdes castros, sendo senda iniciática de calquera camiño que
queira chegar, que nos conduza cara a algures.
Os textos desde ano dan conta da xeografía humana
desta terra xenerosa e dan conta da historia, aínda non debidamente
contada, que se pode observar na paisaxe feliz e nos monumentos que
perduran a pesar de tanta desfeita. Alí, moi pretiño do lugar da Romaxe
aínda poderedes ver os marabillosos pendellos de Castro Verde,
reconstruídos e que nos permiten retrotraernos no tempo, con moi pouco
esforzo, a aquelas feiras e festas que este espazo convocaba e que tiñan
cantores e danzantes, cantando coplas: “Don Pedro do ollo meco/mira
moito prá rapaza; mellor fora que atendese, ao viño que ten na taza”. Ou
aquelas outras recollidas por R. Polín Da casa de Sal ao
muíño/haiche un camiño mallado, que o mallou Ramiro/despois de estar
namorado; Pobo de Cellán de Calvos/ tira máis ben a pequeno, pero tenche
uns veciños/ que mandan moito pendello!; O señor don Fortunato, San
Antoniño de Padua, que o zorro lle leve as pitas, …e que lle deixe a
criada! Remontarémonos ao pasado feliz que nos aconteceu neste eido
tan especial, e chegaremos á Celebración. A partir de aí, celebraremos o
Amor, achegados a el desde unha vella lenda que, desta vez, será
representada escenicamente por actores da zona. Ese é o guión e o
mandamento que gobernará o libreto desta Romaxe, a número 35! Case nada!
Polo medio, xa sabedes, cantará A Quenlla. Fará un canto de amor,
acaído ao caso, e tamén as pezas de sempre: O Magnificat Galego, O Credo
(letra do noso lembrado –por querido- Bernardo García Cendán), O Pai
Noso, A Rumboia, Irmaus, e un Berro Seco fortísimo que nos faga medrar
en Irmandade.
Cantigas da Romaxe en Castroverde
Esta é a cantiga de amor que habemos estrear na 35ª Romaxe de Crentes Galegos en Castroverde
“SABERTE” (Letra e músicia: Mero Iglesias, Interpreta A QUENLLA)
Un día espertou en min,
nas aforas da vontade e da razón,
unha paixón da que non puiden fuxir:
padecía, miña amada, de non terte,
…pintei soños xunto a ti. E na noite,
baixo a lúa das estrelas,
e na noite –na túa ausencia-
anoitecín.
Un día namorei de ti,
quedei preso para sempre,
meu amor, foi por saber,
por saberme xunto a ti.
E os dous xuntos, miña amada,
descubrimos os segredos deste engado:
pois detrás do amor non hai máis nada,
…e que na vida anda errante quen non ama!
Tamén lembraremos con emoción e gratitude a tanta xente que antes que
nós, loitou para que “a esperanza prendera en toda a xente”. Por iso
cantaremos a lembranza e o futuro
PRÓLOGO DOS IRMANDIÑOS (Letra Mn. María, Mús: X. L. Rivas, Mini)
Foi no século XV a primaveira
floreceu con paixón e con ledicia
ergueron liberdá coma bandeira
os rexos irmandiños de Galicia.
O bris voltouse entón máis cantador
enchéronse os ventos de pureza
o sol alumou con máis fulgor
e a terra tivo entón outra beleza.
A espranza prendera en toda a xente
con vontade de presente e de porvir
e a vida era un pulo transcendente
con desmedidas tarefas por cumprir.
Foron xeiras tristeiras e belidas
foron datas feroces e fermosas
foron sazóns granadas e cumpridas
con colleitas de bágoas e de rosas.
O mundo semellaba puro e novo
renacía a luz polos rincóns
o bo pobo galego, o noso pobo
obedecía a Roi Xordo e a Lanzós.
Foi tempo de ledicias e de coitas
foi tempo de abrir novos camiños
foi tempo de revoltas e de loitas
do furor popular dos irmandiños.
Etiquetas:
Colaboracións,
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Romaxes Irimiegos
21 junio, 2012
16 junio, 2012
PROXECTO DE ACTIVIDADES XULLO-AGOSTO-SETEMBRO:
- 30 de xuño e 1
de xullo.
III ENCONTRO DE FEIREANDO NO
CORGO
- 3 de xullo - Km. 0.
Prazas esgotadas.
-19 de agosto.
Feira Artesá no noso Castro Verde
-25 e 26 de agosto Irmandamento
en Castro Verde
de Zamora
(Anotarse o antes posible)
Sempre antes do 1 de agosto.
-8 de setenmbro.
XXXV ROMAXE EN CASTRO VERDE
---
Suscribirse a:
Entradas (Atom)