Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 marzo, 2014

Revista oral en memoria do poeta Díaz Castro



ESTE XOVES, 27 de marzo, ás 20:00 h., dedicamos o número 35 da revista oral a lembrar a figura do poeta e tradutor de Guitiriz Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914-Lugo, 1990), con motivo de cumprírense 100 anos do seu nacemento o pasado mes de febreiro, e que este ano a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas.
Para achegarnos a unha figura tan senlleira da nosa cultura contamos coas intervencións do profesor Armando Requeixo, que nos falará da vida e da obra; Alfonso Blanco Torrado traeranos á memoria a amistade que os uniu  e X. Antón Cascudodesde o mundo do audiovisual faranos partícipes dos segredos do seu documental “O instante eterno”. Tamén interveñen Óscar LópezÓscar López Felpeto, Noa Pena Bodenlle e Noemí Romero, alumnos/as do IES “Díaz Castro” de Guitiriz que recitarán algúns dos versos máis coñecidos do poeta.
A revista contará no apartado musical coa actuación de 2naFronteira, dúo composto por Carmen Pením e Maurizio Polsinelli.  A súa intervención é moi oportuna pois coincide cos días previos á publicación dun disco de seu no que musican gran parte dos poemas de “Nimbos”, a obra cume de Xosé Mª Díaz Castro. Un  total de 15 cancións para voz, piano e harmonio, entre as que están temas que interpretarán nesta revista como PenélopeNimbosA noite é necesariaComa unha espadaAi capitán, …
 
 
cid:image001.jpg@01CF4421.106ECC60cid:9D52FAF7-E6C9-43B2-97E5-9FB1D2C6991E
Horario de visitas
___________
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística                    Museo Provincial de Lugo
Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org                             Praza da Soidade s/n
                                                                                                                        27001 Lugo
                                                                                                                                                             http://www.museolugo.org

Exposición de Pepe López no Museo de Lugo




D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome

D. Mario Outeiro Iglesias,
deputado delegado da Área de Cultura e Turismo,
teñen o pracer de invitalo/a á inauguración da exposición
Madeira adentro
Obra de Pepe López

que terá lugar o vindeiro xoves, 27 de marzo de 2014,
ás 19:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo

Praza da Soidade S/N
Tel.: 982 242 112
difusion@museolugo.org
www.museolugo.org
[Deputación Provincial de
                                    Lugo]
[Rede
                                    Museística Provincial]

23 marzo, 2014

CAMIÑADA SOLIDARIA UNIÓN DOS POBOS POLO CAMIÑO PRIMITIVO: O CÁDAVO – CASTRO VERDE - 23 DE MARZO



Nesta ocasión o roteiro non foi tal, porque foi unha camiñada entre O Cádavo e Castro Verde. Saímos arredor das 10:00 h. para O Cádavo alí recollemos a camiseta co dorsal que correspondía a cada un dos participantes e, arredor das 11:45 h. comenzou a carreira e camiñada.
As asociacións Arcas de Sárria e Amigos do Patrimonio pechamos a marcha, realizando breves paradas na Cruz de Pedra na Vacariza, onde reivindicamos a necesidade de facer visible esta Cruz do ano 1866 e continuar reivindicando a traza histórica do Camiño.
A seguinte parada foi unha breve visita á Capela do Carme, para baixarmos a Vilabade e facer outra  breve visita a esta fermosa igrexa que, aínda que a maioría coñecía, para outros foi a primeira visita.
Desde Vilabade a Castro Verde con breve parada no albergue de peregrinos. Reivindicamos, desde aquí, que se arranxe o camiño que leva dereito ao albergue, parécenos un desleixo das diferentes administracións.
Remate da camiñada ao pé da Torre da Fortaleza, mágoa que no acto final non se tivera pensado en facer un acto reivindicativo deste monumento que podía consistir en organizar unha actuación musical e unha breve charla informativa reivindicativa para que dunha vez por todas, as administracións rehabiliten e poñan en valor este monumento. Fago unha chamada a todos e a todas desde aquí para que se realicen actos reivindicando que a Torre sexa un Ben de Interese Público.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo

Comunicado de prensa do SLG

[18-03-14]
Pola terra, pola auga, polos alimentos, o Sindicato Labrego Galego súmase ás Marchas da Dignidade
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou hoxe, 18 de marzo, na presentación das Marchas da Dignidade galegas que se fixo en Compostela. Isabel Vilalba expresou o compromiso do SLG de sumarse ás riadas de persoas que, dende toda a xeografía do Estado Español, están a dar corpo ás Marchas da Dignidade que este sábado, 22 de marzo, confluirán en Madrid para expresar o seu rexeitamento a unhas políticas que están a estender pobreza e miseria por onde queira ao tempo que as clases máis ricas incrementan aínda máis a súa riqueza.
Toda esa pobreza e miseria que as políticas do Partido Popular propagan coma un virus en diversos ámbitos -económico, sanitario, educativo, etc.- amplifícase no medio rural ao agudizar problemáticas que xa padeciamos en tempos de bonanza. As persoas que seguimos a vivir no rural vemos como as nosas escolas e centros de saúde están a pechar ou sofren fortes retalladas en recursos, como as explotacións agrogandeiras dispoñen cada vez de menos servizos públicos de apoio á súa actividade, como se van deteriorando paseniño as escasas infraestruturas coas que contabamos. Unha mención aparte merécena as mulleres do rural para as que, amais de desempeñar a profesión agraria case sempre sen dereitos laborais ou ingresos propios, se está a precarizar a situación ao ser desmantelados servizos ; así, o encarecemento das garderías ou dos comedores escolares, a supresión de rutas de transportes para os nenos e nenas en idade escolar, as retalladas nas axudas sociais e apoios no domicilio, fan que miles de labregas asuman, xunto a un traballo xa de por si duro, o coidado de fillos e fillas, persoas maiores, labores domésticos, etc. cada vez con menos apoios.
E se ás xentes lles vai mal, ao territorio non lle vai mellor. Décadas de políticas ultraliberais aplicadas á Galiza rural fixeron do noso país un dos que menor superficie agraria útil ten de Europa, ás penas o 21%. As nosas explotacións teñen serias dificultades para acceder á terra, boa parte da cal está en mans de intereses especulativos ligados á produción industrial de celulosa, de masa forestal para xeración enerxética ou á extracción salvaxe de minerais do subsolo. En troques de poñer couto ao acaparamento de terras, os poderes públicos lexislan para facilitalo con textos como a Lei do Solo ou as Directrices de Ordenación do Territorio. A terra non é o único recurso que nos rouban; tamén a auga, un dereito humano básico que a Xunta privatizou e mercantilizou non hai moito coa Lei de Augas de Galiza.
E se as políticas ultraliberais do Partido Popular están a dificultar a vida no rural, tampouco fan mellores as condicións de brutal explotación que están a padecer os diversos sectores produtivos agrogandeiros e forestais. Goberne quen goberne, a banca sempre gaña, e na profesión labrega a banca son as industrias transformadoras e as grandes cadeas de distribución que venden o produto final, que impoñen prezos de miseria en orixe que non chegan nin para cubrir os custes de produción da actividade, un atentado en toda regra contra as leis do mercado e da competencia que teñen sacralizadas. Isto só é posible grazas a fortes subvencións pagadas con cartos públicos que permiten sobrevivir ao meirande das explotacións: as da Política Agraria Común (PAC). Esta patronal, en conivencia cos poderes políticos da Galiza, do Estado e da Unión Europea, están a perpetrar unha das maiores estafas da historia e, ao mesmo tempo, das máis ocultas. Entre 2007 e 2013, o 80% dos 862.000 millóns de euros da Política Agraria Común foron parar a grandes empresas, multinacionais e terratenentes; mentres que o 20% deses fondos foron as migallas que se tiveron que repartir as persoas que teñen na agricultura a súa profesión. O peor de todo é que, grazas a ese 20% dos fondos da PAC que reciben as explotacións, poden sobrevivir aos prezos de miseria que impoñen esas mesmas industrias e grandes distribuidoras que, ao final, son as que realmente se quedan cos cartos que, en vez de apañalos directamente, recollen grazas a unha maximización artificial da súa marxe de beneficios. Na Política Agraria Común para 2014-2020, estas regras do xogo ás penas mudarán por decisión política das comunidades autónomas, do Ministerio de Agricultura e da Comisión Europea.
O resultado das políticas devanditas é que o noso medio rural está cada vez máis despoboado e envellecido porque moitas persoas se ven obrigadas a marchar, porque fan imposible que o campo ou a profesión labrega poidan resultarlles atractivas á xente moza nestas condicións. Así, Galiza é unha nación cada vez máis dependente do exterior para alimentarse; mesmo en alimentos nos que se supón que somos dos maiores produtores, coma os lácteos, nin sequera cubrimos a nosa propia demanda. Por iso, dende o Sindicato Labrego Galego, nestas Marchas da Dignidade, reclamamos para Galiza o dereito á soberanía alimentaria, a termos un medio rural vivo no que as actividades agrogandeiras e forestais orientadas á produción de alimentos sigan a ser o principal motor económico e un factor de dinamización, repoboación e socialización.

Porque a nosa dignidade pasa por sermos donos e donas da nosa terra, da nosa auga e dos nosos alimentos, apoiamos a marcha do 22 de marzo.

P.D. Dende o SLG tamén animamos a toda a cidadanía galega a sumarse ás Marchas da Dignidade e a que sumen a súa forza á gran manifestación do 22 de marzo en Madrid. Para iso, estanse a habilitar autobuses que sairán das principais cidades galegas (prezo: 26 €). De seguido, facilitamos os teléfonos de contacto para inscribirse:
Vigo: 986 220 729
Pontevedra: 628 685 445
Compostela: 981 584 427
A Coruña / Lugo: 981 077 182
O Morrazo: 986 392 003
Ourense: 687 958 161

Saúdos do gabinete de comunicación do Sindicato Labrego Galego

12 marzo, 2014

Acto de presentación do Grupo Literario "Leiras Pulpeiro"



O músico Arturo Vaquero dará unha charla este xoves día 13, ás 19:00 horas, no salón de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravación do CD “Sons das Terras do Miño”

Estimados amig@s:

Onte día 10 de marzo, Sonsoles López Izquierdo e Uxío Otero presentaron os traballos realizados polos alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza co que colabora a Deputación
Os alumnos elaboraron durante o curso guías e documentos didácticos que servirán para divulgar a riqueza natural de Lugo.
O músico Arturo Vaquero dará unha charla este xoves días 13, ás 19:00 horas, no salón de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravación do CD “Sons das Terras do Miño”

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do coordinador do Máster en Dirección de Actividades Educativas da Natureza da USC, Uxío Otero, presentou os traballos realizados polos alumnos deste curso. Trátase dunha guía sobre a historia da defensa do medioambiente no mundo, un CD con iniciativas didácticas baseadas nos recursos naturais da provincia e o CD “Sons das Terras do Miño”, que recolle o ambiente sonoro deste territorio Reserva da Biosfera.
López Izquierdo destacou o valor didáctico destes traballos e a implicación da Deputación na divulgación da riqueza natural da provincia entre as familias lucenses. A Deputada explicou que con estes traballos cúmprese un dobre obxectivo, “por unha banda os alumnos do máster realizan prácticas de gran importancia na súa formación e pola outra o material resultante serve para divulgar entre escolares e outros colectivos o patrimonio natural lucense.
O coordinador do Máster, Uxío Otero, explicou que a colaboración da Deputación é fundamental para a produción destes documentos docentes e destacou a importancia e proxección de futuro dos estudos de Dirección de Actividades Educativas na Natureza, únicos en España, centrados no medioambiente e na educación.

“Pegadas para a terra”
A guía da exposición “Pegadas para a Terra” foi realizada por unha alumna como traballo de fin de máster e recolle a información sobre esta mostra, que se pode visitar actualmente no Centro de Interpretación Terras do Miño. Nela, analízase a loita de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente. Os alumnos abordaron nesta práctica a adaptación da información que se exhibe na exposición para o seu uso nas aulas a través da guía.

Traballos didácticos
Os traballos realizados polos alumnos do Máster nas súas tres edicións recompiláronse nun CD didáctico con información de aplicación práctica entre escolares e outros colectivos para a organización de actividades ó aire libre e centradas na natureza. O documento contén información sobre rutas de sendeirismo, o camiño primitivo ó seu paso por Lugo, os territorios reserva da biosfera e outros estudos sobre espazos de gran valor natural.
“Sons das Terras do Miño”
O CD musical “Sons das Terras do Miño” recupera os espazos sonoros da Reserva da Biosfera transformándoos en música electroacústica. Percorre as estacións do ano e a provincia lucense na busca dos sons máis representativos da natureza lucense. O seu realizador, o recoñecido músico lucense Arturo Vaquero, explicará o proceso de gravación o vindeiro xoves, día 13, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación.

Impulso ó medio natural
A Deputación de Lugo aposta polo medio natural como opción de futuro para a provincia, desenvolvendo numerosas iniciativas que potencian a actividade económica baseada nos recursos naturais propios. Entre as iniciativas impulsadas atópanse proxectos de formación para o emprendemento empresarial, a potenciación dos produtos autóctonos, e a divulgación de valores medioambientais e científicos, entre outros.

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo

05 marzo, 2014

Presentación "Paisaxes de pan" de Ánxela Gracián, socia e vogal de Amigos do Patrimonio de Castroverde


A nosa socia e vogal da xunta directiva, Ánxela Gracián, presenta: Paisaxes de pan, editado por Edicións Bourel, e que contará coa presenza de Manuel Antonio , Alonso Montero, que nos falará da obra e con Xurxo Fernandes de Radio Kos, que poñerá música a algún poema.
O acto terá lugar o próximo xoves día 6 de marzo, ás 20 horas na libraría Couceiro, Santiago de Compostela.
____________________________

Gustaríame contar convosco e desexo  que non vos cause moitas molestias o cambio nas vosas axendas
Un saúdo afectuoso.
Ánxela Gracián