Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
31 diciembre, 2009
Felicitacións recibidas dos CASTROVERDEs
DESDE CASTROVERDE DE CAMPOS
DESDE CASTRO VERDE DO ALENTEJO
Viva!
Festas Felizes, Saúde e Fraternidade.
Um abraço,
Fernando Caeiros
DESDE A FREGUESÍA DE CASTRO VERDE
Desejo-vos um bom ano 2010 para voçês todos
DESDE CASTROVERDE DE CERRATO |
30 diciembre, 2009
CONVOCATORIA
A Plataforma Queremos Galego vén de convocar unha concentración nacional para este mércores día 30 de decembro, ás 5 da tarde, na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. A concentración é unha resposta pública de urxencia ao anuncio do novo decreto que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino. Esta convocatoria ten carácter nacional e anula os actos previstos nas comarcas. Previsibelmente coincidirá coa reunión do Consello da Xunta. Prégase a difusión urxente desta convocatoria.
ROTEIRO desde O Mesón de Fraiás-San Paio-Paderne–Romeán-Bascuas, REIVINDICANDO Alternativas DO CAMIÑO PRIMITIVO entre Castro Verde e Lugo
Obxectivos: Reivindicar variantes do Camiño Primitivo e visualizar/denunciar as desfeitas no Camiño desde O Mesón a Bascuas por Paderne.
Día: 9/01/2010
Ás 10:45 h. Saída desde a Igrexa de San Paio.
Ás 10:00h. –No Mesón de Fraiás.
Remate arredor das 14:00 h.
Visita e camiñata por varios puntos alternativos ao Camiño Primitivo ata Bascuas...
Recomendacións: Levar calzado axeitado
Nota: avisar antes do día 7 de xaneiro, xoves, xantaremos nun restaurante da vila.
Avisar no correo electrónico ou no teléfono habitual.
Saúdos.
Manolo Muñiz
23 diciembre, 2009
RESUME DO ROTEIRO ORGANIZADO POR ADEGA e AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE, domingo, 20 DE DECEMBRO
CASTROVERDE A LUGO.
Dicir que, como estaba previsto, nunha maña fría, como corresponde a estas datas do ano, mais moi luminosa, saímos de Lugo, para chegarmos a Castro Verde e, comezando ao pé da Torre da Fortaleza e o resto que nos queda do Castelo.
Dicir que, desde un primeiro momento estivemos acompañados, do especialista no Camiño Primitivo, membro que é de Amigos do Patrimonio, Ricardo Polín, a quen damos as grazas desde aquí e, que explicou a variante do Camiño ao pé da Torre, para baixar en dirección a San Miguel do Camiño, que vai desde o camiño do Lamalexo ás Penas de San Lázaro. Desde o lugar ao pé da Torre, fíxonos unha semblaza do Camiño, dos condados de Castro Verde e do seu enclave xeográfico e, en concreto da Torre. Non imos expor aquí todo o comentado, mais reinvindicar a falta de sensibilidade por parte de todos os políticos que estiveron ao frente do Concello e que nunca souberon resolver este tema, aínda que teñen máis culpa os que máis tempo estiveron no poder. Teriamos que conseguir que o noso pobo de Castro Verde tivera moita máis sensibilidade para este lugar tan emblemático. Senón como consentir; fincas pechadas con paredes de bloque, mesmo ao pé da Torre. Como temos o patrimonio do propio castelo, escudos, inscricións, simboloxía esparcidas por todas as casas de arredores da Torre. Referencia a casas que tiñan que ver coa rota camiñeira, a fonte ou fontes levantadas na República. Referencias a casa de ao pé da Torre lugar onde se debera facer o albergue de peregrinos e, non no lugar que se escolleu recentemente, etc.
Logo baixamos a San Miguel polo lugar de Penas de San Lázaro, onde parece que existiu un hospital. Desde aquí ata San Miguel por un fermoso camiño coa fonte “Canos do Rei”. Desde aquí contemplamos o fermoso val do río Chamoso, co vistas sobre Fontao, e Trashorras. Salientar a importancia das árbores e fontes ao pé do camiño. Desde San Miguel a Recesende coa igrexa e sartegos sobre o castro cunha fermosa vista do val do Chamoso e o Camiño Primitivo, marcado pola arboreda autótona.
Desde aquí, quixemos reivindicar o camiño por Moreira, ata o castiñeiro do Neto, visitando a Croa de Soutomerille e baixando siguidamente para visitar a Casa Torre de Arriba, cemiterio, castiñeiro da corredoira, casa Torre de Abaixo e igrexa, prerrománica, de San Salvador de Soutomerille. Non imos expor aquí todo o dito xa noutras ocasións, esta rota tería que seguir polo camiño das Barancas, mais nesta ocasión quixemos seguir para ver outra desfeita, a areira da Pallota, que ten levado por diante a metade do castro. Logo de comer na escola de Barredo, agradecendo a amabilidade dos veciños e, en concreto ao veciño e socio, Carlos Reixa.
Pola tarde seguimos camiño de Lugo, facendo paradas no Hospital de Gondar, onde temos que reivindicar a apropiación do vello camiño, seguimos ata chegarmos a outra das desfeitas, a Canteira de Bascuas. Queremos reinvindicar a rexeneración deste lugar. Baixamos polo camiño da Caciza, para logo da casa do muíño de Bascuas adentrarnos no camiño vello que, hoxe estaba nun estado lamentable, queremos reivindicar tamén o seu arranxo. Desde Bascuas a Carballido, mais aquí temos o paso cortado desde a estrada de Vilarbente ata a estrada de Mazoi, lamentable a apropiación deste camiño por parte de propietarios e urbanización das Regas reivindicamos a recuperación desta apropiación indebida. Seguimos camiño de Fazai por outro camiño fermoso ata que chegamos á aldea e o camiño volve a estar desviado. Desde aquí a Castelo, pero antes temos que reinvindicar o camiño na zona do novo Hospital. Desde Castelo a Lugo. Reinvidicación do camiño que viña da costa e entroncaba xusto enfrente dun carballo que ten, coma todas as arbóres, un significado moi importante nas rotas camiñeiras. Finalmente baixada á ponte romana sobre o rato para contemplar a ponte do camiño de ferro e subida á cidade. Mala sinalización e pésima solución e sinalización para chegarmos á porta de San Pedro.
Estas reinvindicacións xa as temos feito outras veces, mais voltamos unha vez máis sobre elas.
Boas Festas.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz
FELICITACIÓN DESDE CASTROVERDE DE CAMPOS
Hacemos votos porque lo antes posible, si las circunstancias lo permiten, podamos vernos y disfrutar de vuestra agradable compañía.
Para nuestros Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Sarvelio y Pilar
20 diciembre, 2009
A todolos socios, amigos, lectores e veciños
Saúde e Terra.
NORDE último
das campanas da neve!
Frol de fumo!
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
(Os eidos, 1955)
PROXECTO DE ACTIVIDADES 2010
I.- ROTEIROS POLO CAMIÑO PRIMITIVO E OUTRAS ALTERNATIVAS
a) Continuar facendo roteiros polo Camiño Primitivo. Desde San Román
da Retorta ata Melide.
b) Outras alternativas do Camiño Primitivo.
II.- ROTEIROS POR OUTROS LUGARES
-Roteiro en Castroverde coa Asoc. Arcas de Sarria. Abril
-Roteiro pola costa de Laxe.
-Roteiro polo Concello de Sarria, xunto con outras asociacións. Finais de
Maio
-Roteiro pola costa de Asturias e Lugo. Desde a Capela de Santa Gadea (Castropol ata Ribadeo). Xullo
-Participar na feira gastronómica-artesanal de Castroverde. Agosto 2009
-Roteiro coa Asoc. Arcas de Saria. Outubro.
-Asistir á romaxe dos Irimegos a celebrar en Monterroso. IIº sábado de
Setembro.
III.- IRMANDAMENTOS
-Encontro en Castro Verde do Alentejo. Proposta nosa: ( 27 de marzo a 4 de abril)
-Exposición da obra dos artistas do noso Castroverde en Castro Verde do
Alentejo
IV.- ACTIVIDADES NO CPI
SUMARIO
VIª ACTIVIDADE NO CPI DE CASTROVERDE
O CAMIÑO PRIMITIVO: A PALABRA E A MÚSICA NO CAMIÑO
V.- VIAXE CULTURAL.
- Estamos en que coincida co encontro do Irmandamento en Castro Verde.
VI.- SINALAZACIÓN DOUTROS ROTEIROS POLO CONCELLO DE
CASTROVERDE:
-Roteiro pola contorna das parroquias de Furís e Páramo.
NOTA:
Os roteiros tentaremos que siga a ser o 2º sábado de mes,
mais poida que haxa que cambialos por circunstancias.
O presidente: O Secretario:
Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro Asdo.: Xosé Yáñez Basanta
Lugo-Castroverde, cos mellores desexos para o ano 2010
Actividades da Asociación. Ano 2009
ANO 2009
a) Inauguración Roteiro de Soutomerille. Xaneiro, ou cando estea rematado para inauguración. INAUGURADO EN MAIO
b) Mesón de Fraiás - Nadela - Castiñeiro do Neto – Soutomerille - As Barancas. Outubro. REALIZADO EN MARZO
c) Mesón de Fraías-Casa do Zoqueiro-Paderne- Romeán- Báscuas.
Novembro / SUSTITUIDO ROTEIRO VÍA XIX. REALIZADO
d) Continuar facendo roteiros polo Camiño Primitivo. Desde Lugo ata
Melide.
FEBREIRO; LUGO SAN ROMÁN DA RETORTA.
e) Roteiro polo Camiño Primitivo: 20 DECEMBRO.
II.- ROTEIROS POR OUTROS LUGARES
-Arrubial-Augalevada-Matela-comida-Resubil-Latadal-Couso-Pereira-Furís de
Arriba. Xunto coa Asociación Arcas de Sarria.
REALLIZADO a Finais de Abril
-Roteiro pola Foz das Aceas de Sarria, coa Asoc. Arcas de Saria.
Setembro – REALIZADO EN XUÑO
-Roteiro por Redes, comarca de Ferrol, xunto con outras asociacións.
REALIZADO EN Maio
-Fogontelle – Vilacote – RiomoL – Outeiro de Vellas- Miranda.
REALIZADO EN OUTUBRO.
-Roteiro dos muíños: Para completar as actividades do CPI. Finais de febreiro.
-Asistir á romaxe dos Irimegos.
REALIZADO EN SETEMBRO.
III.- IRMANDAMENTOS
-Encontro en Castro Verde do Alentejo.
NON HOUBO IRMANDAMENTO.
- EDICIÓN DO CATÁLOGO; ÉRASE UNHA VEZ CASTROVERDE
IV.- ACTIVIDADES NO CPI
SUMARIO
Vª ACTIVIDADE NO CPI DE CASTROVERDE // REALIZADO
ARREDOR DE:
A historia de Castroverde e Ciclo de : Os nosos Ríos
Conferencias:
a) A historia de Castroverde
Hortensio Sobrado: Historia de Castroverde: Dos primeiros poboadores á época dos pazos.
2 de febreiro (luns)
-Xosé Luís F. Sarceda: A parroquia de Vilabade.
27 de febreiro (venres)
Actuación músico-cultural:
-Xavier Blanco: A evolución dos instrumentos pobres.
11 de febreiro (mércores, ás 11:25 h.)
b) Ciclo de : Os nosos Ríos
-Daniel López Vispo : Os ríos na cultura e na economía de Galiza
18 de febreiro (mércores)
-Emilio Carral: Que é un Río?
20 de febreiro (venres)
V.- Viaxe cultural 6 e 7 de abril
Día 6: Visita ao mosteiro de Oseira- Ourense: Catedral, Museo, Burgas...
Comer e durmir en Ourense
Día 7: Visita a Celanova e Allariz REALIZADO
VI.- SINALAZACIÓN DOUTROS ROTEIROS
POLO CONCELLO DE
CASTROVERDE:
-Roteiro das Igrexas románicas. ESTAMOS NISO
Desde o Camiño Ancho:
Espasande –Goi – Tórdea – Uriz – A Pumarega –Cellán – Cellán de Calvos –Pereiramá –Camiño Ancho. (18 Km, aproximadamente)
OUTRAS ACTIVIDADES E COLABORACIÓNS:
COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS:
-Asociación TERRAS DE LUGO. ESTÁ A FUNCIONAR O GDR4.
-Exposición e presentación de Terras de Castroverde, na feira artesanal do 24 de agosto
-Presentación das actividades desenvolvidas pola Asociación na REVISTA ORAL Nº 19, DO MUSEO PROVINCIAL. Realizado o día, 23 de setembro.
-Colaboración coa Asoc. Espalladoira coincidindo coa celebración dos 25 anos. (24 de Agosto e 8 de novembro).
- Colaboración da Asociación na misa cantada na parroquia de Furís, día 4 de outubro.
- COLABORACIÓN COA U.R.G. (Universidade Rural Galega). Asistir ás xuntanzas
Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro Asdo.: Xosé Yáñez Basanta
O presidente: O Secretario:
Lugo-Castroverde, decembro de 2009
16 diciembre, 2009
MISCELÁNEA
Cemiterios patrimoniais, e por ende, históricos
Tres, como mínimo, que eu lembre a tal momento, e os tres na mesma estrada, na DP 1611: .
Ao Norte do castro – castelo, unha cova con estalactitas e estalagmitas, que feneceu debaixo desa curva. .
As fontes do Azúmara, en Sarceda; parte delas xacentes debaixo do entullo. Ao parecer, iso repercutiu no caudal de orixe. .
E mesmo onde remata Castroverde, o mazo dos Penallos, ou de Bascuas.
En canto á cova ben que sinto non haberlle tirado fotografías en vida; ¡hoxe como non se faga con Raios X…! A zona pantanosa do Azúmara á vista está.
Polo que respecta ao mazo, canto podo facer é aportar algunhas fotografías… ¿Para qué serven agora? ¡Non o sei, pero esta información igual pode vir a conto canto teñamos un Museo en Castroverde, e se recollan pezas, comezando pola Cova da Valiña! Aí vai o álbum:
Esta fotografía documentou no periódico El Progreso, do día 12-5-92, un artigo do crego don Manuel Reigosa. Ben visible a árbore que ía do rodicio ao malluco. As cinco seguintes son da miña máquina e do meu pulso, pobres pero elocuentes:
A ponte vella,
sobre a que se puido elevar a nova, ampliada, por fóra do mazo, caso de non querer xirar en curva aberta sobre os prados inferiores. Ao mazo accedíase por esta porta que daba ao río.
pola esquerda asoma a Parca implacable. Ver tamén El Progreso do día 26-3-1999.
El Progreso 7-2-2001: “La asociación ecologista intentó que las obras no afectasen a un mazo de hierro del siglo XVII”.
¡Eso, intentou! O encabezamento é: “Absuelven a miembros de Adega de paralizar obras en Castroverde”. -
.- ¿Fan falta comentarios? ¡Coido que non, pois as fotos falan por si mesmas!
Xosé María Gómez Vilabella
X PREMIO 2009 DE POESIA FIZ VERGARA VILARIÑO
O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos
convocan o
X Premio de Poesía
FIZ VERGARA VILARIÑO.
2
As obras presentadas deben estar escritas en língua galega.
3
A extensión mínima será de 400 versos.
Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
4
Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados adous espazos e baixo plica. Enviaranse por correo certificado aoseguinte enderezo:
X Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO,
Concello de Sarria,
Rúa Maior 14, 27600 Sarria,
antes do 31 de xaneiro do 2010.
5
Establécese un único premio indivisíbel dotado con 6000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente.
O Xuri poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade.
6
O xuri estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria.
Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, os dous con voz e sen voto.
A decisión do xuri será inapelábel e será dada a coñecer no primeiro trimestre do 2010.
7
A obra premiada será propiedade do seu autor, agás a primeira edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior.
En posteriores edicións farase constar a condición de premiada no
X Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
8
Os orixinais non premiados non serán devoltos e serán destruidos.
Non se manterá correspondencia cos autores.
9
A interpretación destas bases correspondelle ao xuri.
A participación no certame implica a súa aceptación.
ACTO PÚBLICO
e o
futuro da economía de Galiza
Día:
Xoves,
17 de decembro de 2009
Hora:
20:00 h.
Lugar:
Salón de Actos da Deputación
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN
La barba del vecino
Día: 17 de decembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Capela de Santa María
12 diciembre, 2009
DOMINGO 20 de DECEMBRO de 2009
07 diciembre, 2009
Miscelánea
Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura
Jordi defendendo as liberdades constitucionais
Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estariamos na anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.
Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes? Os cataláns berraban aquilo de ¡Esperta, ferro!, pero aquí non sobraría un, ¡Esperta, Castroverde!
Ambos, o catalán e mais o galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe? A diferenza vai estar, está, en que os paisanos do actual, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu…, ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!
03 diciembre, 2009
Curso “Formación e manexo dos sistemas de información xeográfica aplicado á xestión dos recursos naturais”
Prezad@s membros da Xunta Directiva,
Enviámosvos o programa sobre o curso “Formación e manexo dos sistemas de información xeográfica aplicado á xestión dos recursos naturais” que se vai a desenvolver a través do “Proxecto e+s Miño”, do que xa vos temos informado. Para inscribirvos tedes que acceder á páxina web do Proxecto, premendo na seguinte ligazón: http://www.idealugo.es/esmino/inscricion.html , de onde podedes descargar o documento pertinente.
Recibide un cordial saúdo,
O equipo técnico.
"Formación e manexo dos sistemas de información xeográfica
aplicado á xestión dos recursos naturais"
Obxectivos do curso
Coñecer os últimos avances no manexo da información xeográfica e dos sistemas de información xeográfica así como as distintas tecnoloxías de captura da información xeográfica
Destinatarios
Traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores, e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño
Programa
Que é a información xeográfica?
En que consiste a análise da información xeográfica?
Entorno operativo e de traballo con Idrisi
Que é modelar o territorio con información xeográfica?
Entorno operativo e de traballo con gvSIG
Oportunidades e limitacións dos SIX de software libre
As infraestruturas de datos espaciais (IDE) como sistema de información para a xestión do territorio
Os inventarios de datos xeográficos
Entorno operativo e de traballo con Geomedia
A Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)
Os servizos xeográficos na web (SIXWeb): visores e estándares
O estudio e inventario do patrimonio no caso das vías atlánticas
Inventario da rede viaria municipal de Lugo
Entorno operativo e de traballo con ArcGis
A aplicación no planeamento urbanístico e municipal
O Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) como apoio para a mobilidade da propiedade da terra
A clasificación dos usos do solo e dos ecosistemas nos LIC
Teledetección e fotografía aérea
Os sistemas LiDAR
Aplicación de Laser scanner para o inventario do patrimonio
A utilización da estación total para a actualización da cartografía
A utilización do xeorradar na prospeción subterránea
A utilización da cámara-GPS para a toma de imaxes xeorreferenciadas
A matrícula é gratuita
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela
Datas: 10-11-12 e 17-18-19 de decembro
(xoves e venres de 16 a 21 horas, e sábados de 9 a 14 horas)
Duración: 30 horas
Lugar:
Universidade de Santiago de Compostela,
Edificio CACTUS, Campus de Lugo
Mais información:
info.esmino@gmail.com
http://www.idealugo.es/esmino
ACTIVIDADES DECEMBRO
PRESENTACIÓN DO LIBRO:
Cartas de republicanos galegos condenados a morte
(1936-1948)
Do noso socio D. Xesús Alonso Montero
Día: 4 de decembro, venres.
Hora: 20:00h.
Lugar: Praza de Santo Domingo, 4 – Lugo.
VERSOS PRA SEMPRE CANTAR
HOMENAXE A MANUEL MARÍA
Día: 10 de decembro, xoves.
Hora: 20:30h.
Lugar: Círculo das Artes - Lugo.
DÍA: 20 de decembro, domingo, lembrade. Roteiro.
Teredes máis información dentro dúns días.
O día 1 de decembro, ás 21:00 h., no Salón de Plenos de Castroverde
Plan LEADER 2007 – 2013
Dicir que o Sr. Xerente, D. Antonio Ventura Figueroa Paz, comezou falando da procedencia dos fondos sendo cofinanciados a nivel europeo, a nivel nacional e a nivel autonómico. Deixando claro que a Asociación Terrras de Lugo e o intermediario entre / ante os diversos sectores privados e/ou públicos e AGADER.
Dicir que participación foi satisfactoria, participando representantes de Asociacións, veciños e, representantes dos partidos políticos. En total participaron unhas 35 persoas. Dicir que de Castroverde, forman parte da xunta directiva dúas asociacións, a CMVMC de Bolaño e Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz