Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 junio, 2014

Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela

Facemos achega de información sobre o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, 
O CAMIÑO DE SANTIAGO NO SALNÉS, COMUNICACIÓN E MEDIO NATURAL
que se desenvolverá en Cambados e Vilanova de Arousa, do 
28 de xullo ao 1 de agosto deste ano. 
Está homologado e recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como Actividade de Formación do profesorado (30 horas).


Un atento saúdo
Luís Celeiro Álvarez. l.celeiro@usc.es

Director do Curso

3º OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL


Amigas e amigos:
Para que teñades a primicia.
O venres, 27 de xuño, ás 12:15 h. presentaremos no concello de Lugo a convocatoria para o 
3º OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL.
Será, como foi costume nos anteriores, os martes , de 18 a 20 horas, no C. S. Uxío Novoneyra. Comezaremos o 24 de setembro e remataremos con ANA CARREIRA o 16 de decembro.
Anexo cartaz con datas e programa de contidos.

PRAZO PARA INSCRICIÓNS
Realizaranse no Rexistro Xera do concello de Lugo, desde o 30 de xuño ata o 12 de setembro

Co rogo de que difundades esta información entre familiares, amistades e  coñecidos.

Unha grande aperta:
                        Antonio Reigosa
                         http://www.galiciaencantada.com
                         http://reigosa.blogaliza.org

                         tfno.. 655432511 

Inauguración da exposición fotográfica "Naturalmente Lugo"

Estimados Sres/as:
Informámoslles que mañá xoves, día 26 de xuño, ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño está prevista a inauguración da exposición fotográfica que leva por título: "Naturalmente Lugo".
Dita exposición recolle as 90 fotografías presentadas ó concurso que se realizou o pasado mes de Outubro como parte das actividades paralelas ó Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza "El Viaje Polar", celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
O concurso fotográfico realizouse durante dous días consecutivos, nos que os participantes se desplazaron por diferentes espazos da ciudade de Lugo, os arredores do Centro de interpretación Terras do Miño no Paseo do Rio Rato e o Bosque da Fervenza. Todos estos espazos encadrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A temática do concurso tivo como obxetivo: plasmar a beleza natural da ciudade de Lugo, o seu cinturón verde e o patrimonio natural da provincia.

A exposición permanecerá aberta ó público desde mañá, 26 de xuño ata o 7 de setembro, nos horarios habituais do do Centro de Interpretación.

 Servicio de Medio Ambiente Y Energías Renovables.

Deputación de Lugo

26 junio, 2014

HOMENAXE DE XUBILACIÓN AOS NOSOS SOCIOS FUNDADORES

Desde a Asoc. Amigos do Patrimonio queremos sumarnos á Homenaxe de xubilación que mañá se lles vai tributar aos nosos socios-fundadores . Parabéns. Agradecerlles o cariño e tempo que nos adicaron ámbolos dous e, desexarlles o mellor. Saúde, Terra e Lingua.

 Manolo Muñiz en nome da Asociación.

20 junio, 2014

O BNG LOGRA QUE O TESOURO DE OURIVERÍA CASTREXA, COÑECIDO COMO COLECCIÓN ÁLVARO GIL, VOLTE AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO






Foto "El Progreso" de Lugo

Pezas de grande valor como o Torques de Burela ou o Carneiro Alado son xa patrimonio de tod@s @s lucenses

·      A  área de Cultura da Deputación, gobernada polo BNG, chega a un acordo cos herdeiros de Álvaro Gil para que o Museo Provincial se faga coas 40 pezas de ourivería, logrando así recuperar para o desfrute do pobo un destacado patrimonio material galego que nunca debeu ter saído de Lugo.

·      Entre as pezas que pasarán a ser patrimonio do Museo Provincial están os famosos torques de Burela e Viveiro e o Carneiro Alado, que volverán ser expostos ao público.

·      Estas 40 pezas, datadas entre o 1.800 a.C. e o 400 d.C., emblema durante 4 décadas da colección do Museo Provincial de Lugo, foran retiradas pola familia en outubro do ano pasado despois dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que lle outorgaba a titularidade da colección.

·      Logo dun longo proceso de negociación de case un ano, a Deputación mercará a colección por 2.346.200 euros, a cantidade na que foi taxada nunha peritación independente encargada pola Deputación, unha cantidade que supón a metade do que pedía a familia.

·      Ponse fin con este acordo, que será levado o martes ao Pleno da institución provincial, a un longo litixio xudicial iniciado en 1999, cando Cacharro era o presidente da Deputación.

·      A totalidade das pezas estarán de novo no Museo Provincial antes de que acabe o verán e serán pagadas en 5 prazos ata 2018.

·      Numerosas asociacións culturais e colectivos en defensa do patrimonio pediran o mantemento deste patrimonio en Lugo. A Xunta de Galiza iniciou o expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural da colección antes da súa saída do Museo para evitar a súa venda e que puidera ser sacada fóra do Estado español.

·      Grazas ás xestións do BNG conséguese un aforro de máis de 4 millóns de euros, xa que a familia reclamaba inicialmente 5 millóns de euros polas pezas máis 2,7 millóns de euros por danos e prexuizos, aos que renunciará. A Deputación pagará as costas xudiciais, como establecía a sentenza do Supremo.

·      Alén da importancia cultural e patrimonial, a volta destas pezas ao Museo Provincial supón tamén un impulso turístico e, polo tanto económico, para a cidade de Lugo dada a súa importancia.

·      Iniciativas coma esta encádranse dentro da política levada a cabo polo BNG dende que accedeu ao Goberno da Deputación no ano 2007 na área de Cultura, centrada en:
-       Poñer a cultura ao alcance de toda a cidadanía
-       Reforzar a Rede Museística Provincial
-       Protexer e promocionar o patrimonio cultural lucense
-       Fomentar a cultura galega en todas as súas manifestacións
-       Apoiar o tecido asociativo cultural


Lugo, 19 de xuño de 2014.

Charlas de protección do consumidor ante os diferentes productos bancarios que son de alto risco para os usuarios.

Bos días,
 A Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL), vai impartir unha serie de charlas que levan como temática a protección do consumidor ante os diferentes productos bancarios que, en moitos casos, son de alto risco para os usuarios.

Esta actividade está orientada ás distintas asociacións do Concello de Lugo. Aquelas asociacións que estén interesadas poden contactar con ACUL da seguinte forma:

Mail: acul@acul.es
Teléfonos: 982 81 20 22- 627509056 tódalas tardes de 16 a 20 horas, de luns a venres.

Un saúdo,

Jacobo Vázquez
Presidente
-------------ACUL-----------------------------
Asociación de Consumidores
e Usuarios da Provincia de Lugo
Avda. das Américas, 1-3. Entr. H
27004, Lugo
Telf. 982 81 20 22
Fax. 982 256 214
www.acul.es

19 junio, 2014

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro
día 4  de xullo, venres, de 2014   ás 19:30  horas, e ás  20:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente,  na Casa do Concello Vello de Castroverde,  Travesía de Montecubeiro, nº 38       CP-27120-Castroverde.  

Coa seguinte orde do día:

I.- Orzamento participativo. Deputación de Lugo
II.- Fiare (Banca Ética)
III.- Rolda de intervencións.

   Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro


Lugo, Castro Verde, a  19   de  xuño de 2014



DELEGACIÓN DE VOTO
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE (  004-07-2014)
Eu,.................................................................................con D.N.I. .....................
DELEGO OU MEU VOTO EN:

D./ Dona: ........................................................................................

                Asdo.: ............................................................

En, ..............................a...............de..........................................de 2014






16 junio, 2014

SÁBADO 21 DE XUÑO: SOLSTICIO DE VERÁN.


Caras/os amigas, Envio noticia desta nova actividade que vai ter lugar na Eira da Xoana. A casa que ADEGA tem na Aldeia de Ramil, no Centro da Galiza.
No dia 21 teremos um obradoiro de horta tradicional e celebraremos o solstício de Verão, para saudar o sol que já cresceu, chegou a adulto e vai voltar para meninho pouquinho e pouco viajando através do céu. saltaremos as fogueiras do lume novo, comeremos sardinhas cantaremos e celebraremos á natureza que nunca nos defrauda.
Vinde ter connosco á nossa casinha . Toda a gente será bem vinda.

http://eiradaxoana.blogaliza.org/

14 junio, 2014

Vídeo na RTVG: Castroverde ten unha das maiores concentracións de árbores centenarias de Galicia

A CRTVG NA  INFORMACIÓN LOCAL PUBLICOU UNHA REPORTAXE EN
VÍDEO SOBRE ÁRBORES CENTENARIAS NA PARROQUIA
DE FURÍS NO CONCELLO DE CASTROVERDE













Manuel Muñiz Pte. AC
Amigos do Patrimonio Castroverde

Manuel Gómez Arrojo
Dono da Casa de Cantíz e Vicepte. AC
Amigos do Patirimonio de Castroverde


Publicado o 12/06/2014 20:34

SEMINARIO SOBRE GOBERNO ABERTO NA PROVINCIA DE LUGO : FOMENTO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E TRANSPARENCIA MEDIANTE O USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN


Os días 18, 19 e 20 de xuño de 2014 a Deputación de Lugo vai a organizar, no marco do proxecto “InnovaTE2: Dip. Digital”, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, o SEMINARIO SOBRE GOBERNO ABERTO NA PROVINCIA DE LUGO : FOMENTO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E TRANSPARENCIA MEDIANTE O USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN, de 27 horas lectivas, que pretende afondar nos avances logrados pola introdución das TIC na acción de goberno e, en concreto, no deseño e implementación de políticas de eGoberno cunha clara orientación á mellora do benestar da cidadanía e ao desenvolvemento da provincia de Lugo.

As prácticas de e-Goberno constitúen un factor determinante na transformación da produción de servizos, e os seus beneficios son abundantemente salientados pola comunidade científica e as institucións transnacionais.

O desenvolvemento de dispositivos que facilitan a interacción entre os cidadáns e as Administracións a través de Internet avanzou considerablemente durante a última década. Os progresos logrados contribuíron a transformar o modo de entender as relacións entre os diversos actores involucrados no proceso de implementación de políticas públicas e, en concreto, na provisión de servizos públicos. Ademais de aspirar a superar tradicionais barreiras burocráticas e a promover a participación e a democracia, púxose énfase en intentar satisfacer as expectativas e as necesidades dos usuarios do modo máis eficiente e axustado á dispoñibilidade orzamentaria.

Con todo, os últimos anos foron testemuñas do xurdimento de críticas ao modo en que se conduciu o deseño e a produción dos servizos públicos en liña, excesivamente tecnocéntricos, condicionados polos intereses dos fornecedores de tecnoloxía, maioritariamente adheridos a un estilo top-down e cargados dunha excesiva retórica de atención ás demandas dos usuarios máis que de solucións verdadeiramente comprometidas con eles.

Como reacción, reclámase un maior acento no usuario ata o punto de fomentar unha orientación máis ascendente no deseño de prácticas de e-Goberno que potencie a colaboración dos usuarios finais e os propios empregados públicos.

O enfoque centrado no usuario require comprender o modo en que este interactúa coa Administración e, en primeira instancia, determinar, a beneficio de ambas partes, as posibles barreiras que o deseño dos dispositivos a través dos cales canalizar a relación vía web cos usuarios pode xerar na provisión do servizo. Trátase dun paso inicial, obrigado, da estratexia máis ambiciosa de lograr unha maior eficiencia nos servizos e un alcance máis efectivo dos públicos obxectivos nun contexto de maior interoperabilidade entre as diversas organizacións involucradas nas políticas públicas.

A Deputación ofrece formación gratuíta a 120 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios



-  A Vicepresidenta avanzou a posta en marcha do II Campus de Emprendemento Sostible na visita a 1 das 7 primeiras empresas creadas na anterior edición desta programación
- O Campus ofrece gratis formación, visitas a empresas consolidadas e asesoramento individual para a xeración ou maduración dunha idea empresarial con éxito
- O prazo de inscrición para os 6 obradoiros no Centro de Interpretación Terras do Miño en Lugo e en Cervantes está aberto en www.deputacionlugo.org ou no 982-22-78-12

08 junio, 2014

RESUME III Encontro Sendeirista e Cultural “Lucus a P騔



Por segundo ano membros da Asoc. Amigos do Patrimonio participamos no III Encontro “Lucus a Pé”. Arredor das 10.00 h. saimos diante do Pazo de S. Marcos, logo de dar a Benvida por parte do presidente da asociación, Julián Alonso e do Sr. Delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro.
Nas inmediacións da Porta Falsa da Muralla de Lugo acto de Recreación Histórica desenvolvido pola Asociación Terra Cópora  Interceptación dos participantes por unha comitiva de lexionarios romanos que fixeron entrega dun salvoconduto para continuar camiñando pola cidade.
Baixada da Muralla. Paso a carón da Catedral de Lugo e do Pazo Episcopal. Piscina Romana de Santa María. Praza Maior.  Saída do recinto histórico pola Porta de San Pedro. Parque dos Paxariños. Percorrido polo Paseo do Rato e polo Paseo do Miño. Termas Romanas de Lugo. Ponte Romana de Lugo.  Entrega de tentempé de media mañá. Continuación polo Paseo do Miño e á beira do Río. Percorrido polas frondosas e fermosas carballeiras da outra beira do Río Miño.

Xantar de campo nas instalacións do Club Fluvial de Lugo.
Pola tarde: Visita libre aos monumentos da cidade para aqueles participantes que o desexen.
Saúde, Terra e Lingua
Manolo

FOTOGRAFÍAS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IIIEncontroSendeiristaECulturalLucusAPe?authuser=0&feat=directlink



Xuntanza en Santiago de membros do Foro do Camiño Primitivo co Subdirector de Protección do Patrimonio Cultural

O pasado luns reuníronse en Compostela dous membros do Foro do Camiño Primitivo (Ricardo Polín e Quique Riobó) co Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural e mais o arquitecto Ignacio Cerrada. Reproducimos aquí os aspectos tratados nesa xuntanza:

- Reunión en ambiente cordial, receptivo e distendido. Asiste o Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural e mais o arquitecto Ignacio Cerrada, membro deste gabinete desque entrou a administración PP, presente na preparación dos expedientes de delimitación e tamén membro do Comité Asesor do Camiño de Santiago. Quique e Ricardo pola nosa parte.

- O Subdirector acredita coñecer os detalles do recurso e demandas do Foro do Camiño, o momento procesal no que se encontra, que lles foi requerida diversa documentación, etc.
- Manifesta ter unha posición colaboradora para tentar solucionar algo que se lles foi das maos, un problema herdado da equipa anterior dirixida por Pichel e María Diz, e que é consciente de ter recorridas todas as delimitacións oficiais.
- Afirma ser coñecedor de que o noso recurso polo Camiño Primitivo vai en sentido totalmente contrario ás reclamacións efectuadas no Camiño Norte da Costa: valora que nós apostemos pola historicidade e autenticidade sen intereses particulares ou especulativos, fronte ás posturas interesadas no caso de Baamonde, Friol, Guitiriz...
- Neste sentido, ambos admiten ter dado instrucións nada máis chegar para correxir unha filosofía previa que non valorou suficientemente a historicidade do Camiño, nin o seu tratamento cultural, polo cal o Camiño Primitivo e Francés pagaron o feito de estar xa delimitados con criterios deficientes cando eles chegaron á administración. Tentan que as delimitacións que faltan non caian nese erro.

- O arquitecto admite (a nivel persoal) que a delimitación do Camiño Primitivo foi efectuada de modo precipitado, con pouco rigor e debate, mesmo con malas formas, mais que eses foran os criterios políticos dese momento.
- Como consecuencia, o Subdirector afirma que dado que o momento procesal é o que é, que non poden facer nada por deter a maquinaria burocrática e que habería que agardar as resolucións xudiciais, recoñecendo que caso de fallar ao noso favor lles facilitaría a posibilidade de facer cambios.
- Aínda así, ambos recoñecen estar á espera dunha pronta resolución da UNESCO a partir de xaneiro, e que no caso probábel de que lles recrimine non ter feito un estudo máis detallado do entorno cultural, mesmo non ter delimitado unha zona de amortecemento como é debido, e que polo mesmo se pronuncie en contra polo momento, daríalles tamén a posibilidade de buscar unha desculpa para corrixir a delimitación.
- Tamén se mostran dispostos a abordar esta cuestión nos planeamentos municipais e planos especiais de carácter sectorial, para tentar impedir que se agraven as desfeitas, manifestando que en todo caso é unha vantaxe que a traza histórica fique dentro do territorio protexido legalmente e que permitiría controlar as actuacións nesas áreas.
- O arquitecto recoñece que o tema dos Camiños é moi complexo e suxeito a debate, así como a necesidade de identificar a traza histórica e analisar a problemática caso por caso, tratando de recuperar a calzada onde sexa posible e modificar o territorio histórico que dita mudanza implique...
- Queda sobre a mesa tamén o recoñecemento ao tremendo desgaste que esta estratexia leva consigo para os recorrentes, así como ao esforzo realizado no último cuarto de século para tirar por este ben cultural e ambiental, comprometéndose a procurar manter maior diálgo ao respeito mentres duren no seu cargo.

01 junio, 2014

RESUME Roteiro da Foz das Aceas e as Catro Pontes

VII ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS



Asociacións participantes: AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA DE CAAMOUCO, Redes-Ares. ASOCIACIÓN ANDAINA A CANTEIRA, DE NEDA. ASOCIACIÓN ARUMES DO CORGO. ASOCIACIÓN ROTEIROS DE POL. ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS DE SARRIA.  AMIGOS DO PATIMONIO DE CASTROVERDE.

Este sábado, 31 de maio tivo lugar este VII Encontro de Asociacións que transcorreu pola Foz das Aceas do río Sárria e as Catro Pontes do río Celeiro e Sárria. Saimos da Rúa Peregrino para irmos pola  RIBELA.- ACEA DE BAIXO.- ACEA DE RIBA-. PONTE DE FAFIÁN.- VEIGADELO-FARBÁN.- MOSTEIRO DA MADALENA.- PONTE DA ÁSPERA.- PONTE VELLA DO MAZADOIRO.- PONTE VELLA.- PONTE RIBEIRA. Percorrendo marxes dos ríos Sárria e Celeiro.
En total participamos unhas 190 persoas.

Agradecer a organización de Arcas de Sárria, especialmente as explicacións de Arlindo (Xaime Félix López Arias). Comentar que na sesión do café acompañáronnos Mini e Mero e pola tarde na Sociedade da Unión o grupo Rebuldeira deleitounos con diversos “sketchs” cómicos, agradecer a súa actuación e felicitar a todos, especialmente a Ana de Arcas. Seguidamente actuación do Luthier Xermán que nos interpretou diversas cantigas populares. Salientar tamén a participación de Cacabelos, da Agrupación Redes-Caamouco que interpretou o Don Gaiferos e a intervención de César, Miguel e Pepe Yáñez de Amigos do Patrimonio que interpretaron diversar cantigas populares. Grazas a todos eles.
Finalmente, salientar que o roteiro tamén tivo un carácter reinvindecativo contra as actuacións que se están a levar co encanamento do río Sárria e as perversas actuacións que queren realizar nalgunhas das catro pontes.
Saúde, Terra e Lingua
Manolo

VER ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/RESUMERoteiroDaFozDasAceasEAsCatroPontes?authuser=0&feat=directlink

https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIIENCONTRODEASOCIACIONSCULTURAISERoteiroDaFozDasAceasEAsCatroPontes2?authuser=0&feat=directlink

Roteiro Fiz Vergara Vilariño


Sociedade Cooperativa Ancares de meu