MAPA DO ROTEIRO
Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
25 junio, 2011
20 junio, 2011
Breve resume XXXIV TRAVESIA NAVIEGA (19-06-2011)
Saída da marcha |
Hoxe domingo, día 19 de xuño, tivo lugar a vinte en catro travesía Naviega.
Unha pequena representación da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde desprazouse ata Navia. Ás 9:45 h. estabamos en Navia e desde alí agardábannos autobuses para desprazarnos ata o lugar de El Bao. Neste lugar xa agardaban moitas persoas, eramos, máis de mil, segundo a organización de “Peña Furada”, a quen agradecemos a súa amabilidade. Coa hora prevista, ás 10:30 h. arrancou a camiñata, ao logo do percorrido fomos agasallados; primeiro con auga, queixiño e caramelos, antes de Puerto de Vega. Aquí, recebimento con gaitas, pequena parada, volta a camiñar e, logo xantar cun bolo preñado, auga e postre, ao pé da praia de Frexulfe. Eramos tantos que algúns xa xantaramos, descansaramos, voltamos a camiñar e, aínda seguía chegando xente, despois dunha hora ou máis. Logo de camiñar unha hora, voltamos ser agasallados cunha sangría e ao chegar á praia de Navia, recibimento con música e algúns, despois de 19 Km., aínda lles quedaron forzas para bailar.
Temos que dicir, e agradecer, unha vez máis, a “Peña Furada” a perfecta organización para tanta xente e ser capaces de ter todos eses detalles, e sempre con protección civil 112, garda civil, 061, Cruz Vermella, policía local pendentes de todo.
Convidamos a todos a que para outro ano nos animemos a participar máis. Canto temos que aprender das Asociacións da Costa, digo da costa en xeral, mais non só as Asociacións, senón os organismos públicos e empresas privadas que conlaboraron en todo.
Xa non falamos das fermosas paisaxes que poderedes ver algunha nas fotos.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Manolo Muñiz
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
Roteiros,
Roteiros 2011
IV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS GALEGAS
Hoxe sábado, tivo lugar este cuarto encontro entre as asociacións: Arumes do Corgo, Arcas de Sarria, Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco e Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Ás 9:15 h marchamos desde a Casa Grande de Nadela para comenzar o percorrido pola ribeira do Río Miño sendo os puntos de maior interese os seguintes: Insua de Burneiros e caneiro para a pesca, desembocadura do río Chamoso, ponte e muíño da Foz, muíño e fraga da Fervenza e desembocadura do río Neira.
14:30 h Xantar de confraternización, onde se falou de varias cuestións que expoñeremos noutro momento, finalmente que saibades que a Asoc. Amigos do Patrimonio asumiu a organización do vindeiro ano.
17:00 h Visita a algún monumento do Corgo.
18:00 h Actuacións no Campo da Feira de Adai de Cándido Pazó e a Agrupación Legua Dereita do Corgo que nos deleitaron coas súas respectivas actuacións.
- Como sabedes, mañá día 19, algúns imos á XXIV travesía pola costa Naviega.
Mando este pequeno resumo e algunha foto.
NOTA: Seguimos contando inaugurar o roteiro de Furís-Páramo o próximo, día dous de xullo.
Saúde. Manolo
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
Roteiros 2011
18 junio, 2011
MISCELÁNEA
Foto: Gregorio Fernández Castañón |
A Xeración do Racionamento
Despedimos a Xeración da Guerra con bastantes encomios, incluso rebuscando polas cunetas para facilitarlles unha resurrección tan gloriosa como merecida, mais agora, que estamos soterrando a Xeración do Racionamento, ¿quen se acorda de enxalzala cunha necrolóxica xeral, colectiva? A da Guerra deu a súa vida, digamos que, pola Patria; pero os fillos deron a saúde, a saúde xunto coa orfandade.
Hoxe, no Súper, oínlle dicir a unha velliña: -¡E xa non volvamos ás cartillas…! –Señora, o de agora é crise…, de cartos, pero aquela da nosa crianza foi dobre: de cartos e de pan!
A Tella cortáronlle aqueles subministres da “E.T.”, á que uns chamaban Empresa Tella, e outros, os máis inocentes, Ejército de Tierra. Nas fondas, cando iamos a Lugo, procurabamos levar un codelo e medio queixo, ¡por se nos coincidía “Plato Único y Día sin Postre”. Para venderlles un litriño de aceite ás nosas avoas, certo taberneiro do noso Castroverde levábaas ao rocho de tras da casa, e mentres, a taberneira distraía na cociña aos Gardas Civís cun bo café, que tamén era de estraperlo, pero como llelo servía gratis, do propio pucheiro, aqueles Gardas nin se decataban do dobre crime que se estaba cometendo diante das propias nafres. ¡E menos mal que o avó estaba criando na muliña da Torda para levala ao San Froilán, onde acudirían os casteláns ávidos de repoñe-las xuntas! As anteriores, as que lles foran requisadas, despois de forzadas no arrastre dos canóns da Artillería de Montaña, de espatarrañadas foron pasadas a machete limpo para darlle de comer á tropa algo quente, que non todo ía ser lamber feridas.
Con iso e con todo, austeros á forza, fomos capaces de emigrar, e de volver con cartos para merca-lo pisiño, e fixemos ricos aos audaces, ¡como sempre pasou ao longo da Historia!, pero esta vez, demasiado, que así se botaron á bartola: eles, a fumar habanos; e os seus fillos a estudar en Santiago, ou máis ben a facer que estudaban, pois, de ter estudado con xeito, con xeito nos sacarían agora desta crise socio económica, ensinándonos a engadir valor ás cousas para que podamos volver a levantar cabeza coa dignidade que merecemos. ¡O dito: unha xeración que se está indo con moitas penas e pouca gloria!
A tal momento estoume lembrando dunha ricacha que, nos meus días de Banca, moito lle teño axudado a ser feliz pagándolle os meirandes extratipos que me estaban permitidos; isto ata que un día outro cliente, que adoitaba pasarme desapercibido, me dixo: -Esa señora…, por chamarlle dalgún xeito, a pouco me mata daquela, na posguerra: prestáballe algún carto a meu pai para chegar a fin de mes, quedándose en garantía coa cartilla do noso racionamento… -Daquela estaraslle agradecido… -¡Si, ho; ben podo: Cando meu pai non daba conseguido as pesetiñas debedadas, con máis os réditos de usura que nos cobraba, ela, esa Gran P…, retiraba a nosa ración…, e vendíaa de estraperlo! Desde que tal cousa me contou aquela vítima, cando entraba a estraperlista eu botaba a correr para os servizos, coas ganas de vomitar que me entraban.
Non sigo, pois, ¿quen me vai crer, e máxime agora que temos aos políticos para botarlles a culpa dos nosos males? Naqueles días, ¿quen se atrevía a botarlle culpas a Franco, aquel home tan providencial e tan franco que non dubidou en confesarnos en Lugo, aos de Lugo, que a nosa fora a única guerra da que os ricos saíran máis ricos? ¡Igual necesitamos unha guerra, outra, para que os ricos tornen máis ricos, e comecemos a ter empresarios pois os anteriores foron simples especuladores!

Xosé María Gómez Vilabella
10 junio, 2011
Miscelánea
As Parroquias
San Cipriano, patrón de Montecubeiro |
¡Parroquia, paroikía, concepto sacrosanto, e como tal, digno, merecente de ser cultivado e coidado! A parroquia fíxonos, e por tanto, parroquia somos: ¡Dende a pía bautismal, nada menos!
Neste país, as primeiras parroquias foron os castros, pero despois viñeron aqueles desafiuzamentos dos depredadores romanos, ¡70.000 libras de ouro arrincadas da nosa Gallaecia, nun ano, e transportadas a Roma, á Casa Grande, segundo Plinio! Non quedaron os castros baleiros, en xeral non, pero os que tiñan músculos pasaron a lucilos no Lucus de Augusto, ¿ou quén lles ía facer esa caixa redonda, xigantesca, esa cova de Alí Babá, tan urxente e tan necesaria que foi para evita-lo extravío daquel ouro tan…, tentador?
Seguro que no ínterim araron as mulleres, como pasou na do 36; ¡e de noite, fiaban, ademais doutras funcións propias do seu sexo! En paralelo, os druídas estudaron para crego, na escola de Santiago, ¡que xa daquela era universal, universitaria! Retornados aos núcleos de procedencia, agora cumpríalles bautizar, crear parroquia, encabezalas; fixeron moitas, ¡3.781 chegou a ter Galicia!, porque non todo o mundo dispoñía de cabalos para ir lonxe aos cultos, para visitar centros parroquiais illados. ¡Os cabalos, coma o ouro, criábanse en Lugo, pero acababan en Roma!
Os suevos inventaron os cultos de tarde, a segunda rolda, rotándose para muxi-la vaca, e atende-lo xatiño, e face-lo caldo…, moda, costume, uso ou necesidade, que chegou a moitos de nosoutros, onte mesmo. ¡A Misa de tarde, a da mocidade!
A todo isto, segundo a tradición, o meu Montecubeiro foi abandonado cando se esgotaron as minas, maiormente as do famoso Eiladrán, pero non definitivamente xa que reunía condicións excepcionais para acoller ermitáns. Igual comezaron pola Valga do Santo Estevo, fonte, soutos, etcétera, pois darlle o nome do protomártir indica que iso foi remotísimo, dos primeiros lugares con advocación relixiosa, recollida acaso do propio Santiago.
Cando se foron facendo co terreo, segundo ampliaban as rozadas, decatáronse de que precisaban unha atalaia para controlar a tantos braceiros, así que achantaron un nome de categoría, outro, medio a medio do Couto: ¡San Cibrán!
Este nomeamento, esta elección, non foi gratuíta; nin gratuíta nin aleatoria; case me atrevería a dicir que foi unha reacción fronte ás tiranías romanas: ¡San Cibrán era cartaxinés! Nado en Cartago no 200, Thaschus Caecilius Cyprianus abxurou do paganismo romano aos 35 anos, converténdose ao cristianismo tan pronto tivo oportunidade de coñecer a fondo a doutrina dos mártires. Foi ordenado bispo por aclamación popular, en mérito á súa sabenza e ás súas virtudes. Virtuoso e sabio, tiña que acabar como acabou: ¡mártir! Pero mentres o deixaron vivir, el non deixou de predicar, dándonos unhas leccións teolóxicas que aínda hoxe son dignas de tomar en consideración pola fondura do seu pensamento; en particular, a súa esexese do Noso Pai, a virtude da humildade, a conformidade coa vontade de Deus e mailos bens da paciencia.
Cun Patrón da maneira, podía ser outra a historia de Montecubeiro, a historia dos seus afillados?
Xosé María Gómez Vilabella
05 junio, 2011
03 junio, 2011
IV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS GALEGAS: 18 de xuño
O programa será o seguinte:
9:15 h Recepción das asociacións participantes no aparcadoiro da Casa Grande de Nadela.
9:30 h Comezo da ruta de sendeirismo de 12 km pola ribeira do Río Miño sendo os puntos de maior interese os seguintes: Insua de Burneiros e caneiro para a pesca, desembocadura do río Chamoso, ponte e muíño da Foz, muíño e fraga da Fervenza e desembocadura do río Neira. Comentarios explicativos.
14:00 h Visita á Ponte de Neira.
14:30 h Xantar de confraternización: polbo á feira, churrasco de tenreira, bebida, postre e café. Prezo aproximado: 17 €.
16:30 h Visita aos monumentos máis senlleiros do Corgo: O Castrillón, Casas Grandes do Corgo e Adai.
18:00 h Actuacións no Campo da Feira de Adai.
19:30 h Despedida.
Organiza: A.C. Arumes do Corgo
Colabora: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo
Participan: A.C. de Amigos do Patrimonio de Castroverde, A.C. Arcas de Sarria, Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco e A.C. Arumes do Corgo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)