A Xunta Directiva da Asociación Amigos do Patrimonio, logo de ter feitas alegacións á delimitación do Camiño Primitivo e, de termos presentado Recurso de Alzada contra a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago, aprobada polo Decreto 267/2012, de 5 de decembro.
Convoca a socias e socios á Asemblea Extraordinaria, que figura na páxina 1, xa que segundo rezan os Estatutos da nosa Asociación;
No art. 5º, punto1, letra a, un dos fins da mesma é a <<Recuperación, conservación e difusión do patrimonio do Concello de Castroverde, incluído todo o relacionado co Camiño Primitivo de Santiago>>.
Polo que;
Detectadas irregularidades no expediente de delimitación, en especial as que atinxen á omisión da traza histórica nalgúns tramos do Camiño, tanto dentro do concello de Castroverde como noutros tramos do Itinerario a Compostela. Acordamos os asistentes, á reunión da Xunta Directiva que tivo lugar o día (22-02-2013), convocar esta Asemblea Extraordinaria que nos parece de suma importancia. Polo que pregamos a vosa asistencia.
Se non podes asistir á Asemblea delega o teu voto en quen ti consideres.
Un cordial sáudo.
Manuel Muñiz.
(Presidente)
Castro Verde –Lugo, a 25 de febreiro de 2013
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE
Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea Extraordinaria que terá lugar o vindeiro día 16 de MARZO, sábado, de 2013 ás 16:30 horas, e ás 17:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de Castroverde, Travesía de Montecubeiro, nº 38 CP-27120-Castroverde.
Coa seguinte orde do día:
Punto único
1.- Accións xudiciais fronte ao acordo de aprobación da delimitación do Camiño Primitivo.
1.1.- Interpor recurso contencioso administrativo fronte ao decreto 267/2012, de 5 de decembro, do consello da Xunta, polo que se aprobou a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Ovedo.
1.2- Facultar ao presidente/a da Asociación, D. Manuel Muñiz Besteiro, para o outorgamento de poderes a favor dos profesionais que se estimen oportunos a fin de iniciar dita acción xudicial.
2.- Rogos e preguntas.
Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
Presidente
En Lugo - Castroverde, a 25 de febreiro de 2013
_____________________________________________________________________
DELEGACIÓN DE VOTO
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE (16 -03-2013)
Eu,.................................................................................con D.N.I. .....................
DELEGO OU MEU VOTO EN:
D./ Dona: ........................................................................................
Asdo.: ............................................................
En, ..............................a...............de..........................................de 2013
Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
27 febrero, 2013
17 febrero, 2013
Roteiro polas Parroquias de: A Meda / teríase que escribir Ameda, (De Ameneta), Francelos (lugares de Vilafrío, O Pacio), Serés e Bolaño
Na beira do rego Anguieiro, afluente do Chamoso |
Comezamos a camiñata e a poucos metros uns
fomos ao pé do Monte da Pedra Chantada e Monte da Espiñeira e outros polas Louseiras
para chegarmos á capela de Santa María, Marina ou Mariña no lugar de Vilafrío,
onde parece que houbo un mosteiro “monasterium
Sancti Salvatoris quod vulgo
Villafrigidum nuncupatur” en palabras de D. Nicandro Ares Vázquez, in Lucensia,
“Toponimia do Concello de Castroverde” páx. 46. Comentar que para chegar a
Vilafrío temos que cruzar o río ou rego de Racamonde que é un dos afluentes do
río Chamoso. En Vilafrío, salientar a pequena capela restaurada recentemente,
lástima que a restauración non fose máis acorde co lugar. Moi preto da capela
tamén é de salientar unha fermosa fonte, abandonada, que teriamos que recuperar
algún día.
Desde Vilafrío ao
Lugar do Pacio onde se conserva un pequeno souto que contrasta coa pradaría da
súa contorna. Estes dous lugares salientan pola concentración das súas terras e
a súa produción láctea. Do Pacio a Serés polo lugar do Marco da Portela, fondo
da Serra de Monciro que, segundo o noso socio Fernando Castedo xa se cita no
Catastro de Ensenada, marco que separa as parroquias de Serés e Francelos.
Antes de chegar a Serés voltamos a pasar outro pequeno río ou rego do Anguieiro,
outro dos afluentes do Chamoso. De Serés a Bolaño por entre Agra da Chousa e o
Agro das Sete Fontes para chegar á Cova da Valiña ou Xibil, que algúns voltamos
a visitar.
Desde a cova baixamos á aldea de Bolaño para visitarmos, unha vez
máis, o quiosco da música e As Lagas de enlagarar o liño que, por certo, alguén
continúa a tirar o lixo nese fermoso e especial lugar, denunciamos desde aquí
que se tomen medidas contra quen tira o lixo nese lugar que, por certo, xa hai
uns anos limpamos membros da asociación xunto con veciños do lugar. Comentar
que en Bolaño é onde está o comenzo do
río Chamoso. De Bolaño a Castro Verde e, aquí rematou a camiñata de hoxe. Onde
reivindicamos que hai que ter máis precaución, mirar onde se deposita o lixo, os
restos de plásticos e, ou outros
refugallos, xunto coas boas prácticas á hora de facer restauracións.
Os camiñantes diante do novo Albergue de Peregrinos de Castroverde |
Pola tarde, logo de
xantar, visita ao Albergue de Castro Verde onde puidemos comprobar o acolledor
que é, ao mesmo tempo comprobar que chegan peregrinos, aínda que nesta época do
ano non sexan moitos os que optan por
esta Rota ou Camiño. Reivindicamos desde aquí que se ten que recuperar a traza histórica
do Camiño Primitivo. É un despropósito
que tiveramos que reinvindicar un camiño que vén dereito ao albergue, mesmo
marcado por laxes que indican por onde tería que ser o acceso ao mesmo e, a día
de hoxe estea en total abandono. (Ver foto). Aproveitamos desde aquí para pedir
que se leve un libro onde se rexistren as visitas e incluso se fagan fotos de
posibles visitantes, á parte dos peregrinos que pasen.
Agradecer desde
aquí ao Xacobeo e Monse, "a alberguista", que nos facilitaron podermos ver o
albergue.
Agradecemos tamén
que nos acompañara no roteiro de hoxe, Álvaro Santos e súa dona Inés, comentar
que, Álvaro preside a Asoc. Terras de Lugo, e é deputado provincial. Dicir que
xa nos ten acompañado outras veces e agardando que non sexa a última. Grazas
tamén polas regueifadas que nos cantou.
Saúde, Terra e
Lingua.
Manolo
NOTA:
Irmandamento
– Viaxe a Castro Verde do Alentejo Portugal. O vindeiro mes
non teremos roteiro, xa que hai o encontro de Irmandamento para a fin de semana
do día 23 de marzo. Daquela os que se queiran anotar teñen que comunícalo
antes de que remate febreiro. Irán
ao Irmandamento as primeiras persoas que
se anonten por orde de inscrición.
ver album:
Etiquetas:
Roteiros,
Roteiros_2013
11 febrero, 2013
ENTROIDO / ENTRUDANÇAS 2013
Pablo Castedo da Asociación tocando a gaita, mentras ferve a queimada |
Esta fin de semana,
en realidade venres pola tarde e o sábado, unha pequena representación da
asociación fomos ás Entrudanças de Entradas – Castro Verde. Todo un programa
cultural que, non só se queda no que é o entroido, senón toda unha exhibición
cultural desde os máis cativos, pasando por programas para mozos e mozas, coros
de medianas idades ata de maiores.
Podedes comprobalo
nos enlaces que van ao final.
A inauguración das
Entrudanças consistiron nunha proxección
de imaxes “10 anos de Entrudanças en Entradas”, seguidamente uns cantos
das Ceifeiras de Entradas, todo no Museo da Ruralidade. Lugar este dunha
verdadeira recolla de todo o relacionado co mundo rural de Castro Verde e do
Alentejo, mais non só do mundo do campo, senón da mina, e recollida da
oralidade tradicional.
Logo diversas oficinas de bailes (talleres de bailes), a onde acoden persoas de diversos lugares de Portugal ( Lisboa, Porto, Tras Os Montes…), de España etc.
Arredor das 12:00
h.do venres, o noso socio e membro da xunta directiva, Pablo Castedo e mais eu
fixemos unha queimada e, Pablo interpretou varias pezas musicais e leu o
conxuro ou esconxuro da queimada. Acto que para varios dos asistentes, debía de
ser novidoso e do que parece que gustaron.
Os bailes
continuaron ata altas horas da mañá.
Ao día seguinte,
sábado pola mañá, os máis cativos fixeron os traxes para disfrazarse pola
tarde, mentras varios dos que participaban na festa, fomos visitar “A Herdade
da Malhadinha”, unha Adega cun viñedo dunhas 27 hectáreas que
exporta viño a varios lugares do mundo, á parte ten unnha pousada, comedor na
propia adega, cabalos para pasear etc. A finca foi recuperada de diveras
herdades abandonadas en parte.
Mentras continuaron
as oficinas de bailes diversos tanto pola mañá como pola tarde. Despois do
medio día, encontro na Praça de Zeca Afonso de cativos desde dous ou tres anos
ata oito ou dez disfrazados de diversos paxaros abarrotaron toda a praza xunto
coas familias.
Arredor das seis da
tarde, Cante Alentejano con os Ganhoes no Museu da Ruralidade onde fixeron que
participara o público. Logo de cear, perto das 10:00 h., Concerto do Coro
Polifónico de Castro Verde na igrexa de Entradas, onde participaban algunhas
das persoas que xa nos son coñecidas; Natercia, Antonio Sergio ( como
director), entre outros e, que nos ofreceron algunhas das cancións, como puido
ser a Rianxeira.
As Entrudanças
continuaban, mais nós xa non participamos nelas o domingo.
Comentar que foi un
programa cultural, como dicía arriba,” muito interesante” e digno de envexa sa.
Comentarvos que
teñen unhas seiscentas persoas en divesos grupos musicais, corais…, habendo a
crise que hai e os problemas que teñen coma nós ou máis, apenas teñen paro.
Saúde e sorte a
estes irmaos portugueses.
Manolo
Muñiz
Referencias dos grupos que puidemos escoitar:
As ceifeiras de
Entradas:
Os Ganhões de
Castro Verde:
Coro Polifónico de
Castro Verde:
PARA ACCEDER AO ALBUM FOTOGRÄFICO:
05 febrero, 2013
ROTEIRO sábado 16 de febreiro de 2013
Plano do roteiro. Picar na imaxe para agrandar |
A Cruz de Córneas |
Cruz de
Córneas - Vilafrío - Serés - Rebordaos e ou Bolaño - Castroverde.
Ás 9.30 h. En Castro Verde.
Ás 10:00 h.
Ás 14:00 h. Xantar nun restaurante da zona
Avisar antes do día 9 de
febreiro por motivos de organización.
Percorrido aproximado de 10 quilómetros, dificultade baixa.
Pola tarde.
Visita ao albergue de peregrinos de Castro Verde.
Saúdos.
Manolo
Etiquetas:
Roteiros,
Roteiros_2013
O ENTROIDO 2013 NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun
calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve
contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os
desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e
festa. ...........
Seguir lendo
Etiquetas:
Auto de Carnaval,
Comunicados,
Patrimonio_cultural
Suscribirse a:
Entradas (Atom)