Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
24 septiembre, 2012
23 septiembre, 2012
Primeiras xornadas de xeoloxía na Ribeira Sacra. Casa da Cultura do Concello de Quiroga. 21 e 22 de setembro
Onte, sábado, estabamos convidados a participar en tres Actividades, finalmente puidemos ditribuirnos e asistimos uns, ao VI encontro de sendeirismo río Ouro e praias de Foz, outros á Mallega en Becerreá e algúns outros ás Primeiras xornadas de xeoloxía. Estas, comenzaron, o venres pola tarde, mais non puidemos asistir, polo que non podemos opinar, o sábado, o profesor, Juan R. Vidal Romaní, falounos de: “Variación do clima durante o Cuaternario na serra do courel a partir dos datos xeolóxicos” Comezou aludindo á formación dos continentes para centrarse na formación desta grande serra e, entre as muitas outras cuestións o que máis nos chamou a atención é que o río Miño é un dous máis recente formación en Galiza, apenas ten uns 15.000 anos, mentres que o río Sil, é dos máis antigos.
A profesora, Aurora Grandal, falou da: “Fauna cuaternaria na Serra do Courel”, entre as presentacións das zonas calizas, aparecía unha pequena referencia á Cova da Valiña, chámame poderosamente a atención como, o concello de Quiroga ten tantos estudos, museo xeolóxico, … certo é que a serra do Courel ten potencial abondo, mais tamén é certo que nós temos potencial xeolóxico e de covas, xa que temos a franxa que vén de Furís e sove ata Pena que é caliza, de aí que teñamos a cova, e aínda que a da Valiña, e bastante recente, o certo é que o noso concello non se preocupa en absoluto destes temas, aínda que saía, indirectamente, e é coñecido e citado por diversos expertos, como no caso da cova. Estamos no cincuentenario do decubrimento da cova da Valiña, a Asociación, aproveito para dicilo, non quere que remate o ano, sen polo menos, sinalar a cova que, nun futuro, podería e debería formar parte dun roteiro. Ben, dito isto a profesora falounos de aspectos que nós coñeciamos por medio do socio e amigo, César Llana, aínda que salientaría o feito a que aludiu a profesora, comenatando que onde está a fábrica de cementos Oural, apareceu o resto dun Mamut.
O arqueólogo, Iván A. Álvarez, falounos de: “ A minería aurífera no contexto da Ribeira Sacra: sistemas de explotación” Toda unha lección das explotacións que fixeron de toda a serra os romanos, aínda que o máis coñecido sexa o desvío do Sil e Montefurado ou as Médulas, son moitísimas as explotacións por toda a serra, sistemas que tiñan, etc., chegaban a levarn máis de seis mil quilos de ouro anuais.
O profesor Roberto Vila falou dos: “Instrumentos para o desenvolvemento endóxeno na Ribeira Sacra: O Miradoiro Panorámico Xeolóxico d Monte Cerengo e o Miradoiro interpretativo do Meandro Encaixado de A Tapada” Potencialidades e importancia do Miradoiro do monte Cerengo con vistas a un amplísimo territorio e a importancia deste meandro de A Tapada.
Pola tarde, breve visita ao museo Xeolóxico, que xa coñeciamos, para subirmos en autobús ata o Alto do Boi, con breve parada para ver o Sinclinal de Campodola-Leixazós, desde non puido o autobús e todoterreos fomos ata o pé do Pía Paxaro, para ir camiñando desde aquí por toda a divisoría puidemos conteplar todas as aldeas e lugares do Courel ata o Cebreiro polo nor-noroeste e polo sur-sureste, os vales de Vilarbacú, Murelos, val da Seara coa Lagoa da Lucenza, para descender ata a aldea de A Seara. Fermoso percorrido, que á parte da paisaxe e diferentes especies, puidemos contemplar, parte do que se explicou pola mañá nas conferencias, tanto nas formacións xeolóxicas, coma nas explotacións mineiras, formación de morrenas, lagoas, etc.
Dar as grazas a toda á organización destas xornadas, especialmente, ao GCR8 e ao concello de Quiroga.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Galería de imaxes:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PrimeirasXornadasDeXeoloxiaNaRibeiraSacra2122092012?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
Patrimonio de natureza,
Roteiros
22 septiembre, 2012
Castroverde, no Camiño Primitivo, xa ten albergue
Autor: Periódico del Camino
Tradución do castelán: Amigos do Patrimonio de Castroverde
Vista exterior |
O albergue público de Castroverde, no Camiño Primitivo e antes de Lugo, abriu o luns as súas portas sen acto oficial (en Galicia hai comicios autonómicos o próximo mes e a lei prohíbeo). Perténce á Rede de Albergues Públicos para Peregrinos da S. a. de Xestión do Plan Xacobeo. O albergue achega 34 prazas, dúas delas nun dormitorio adaptado para persoas de mobilidade reducida, ás 137 xa existentes nos cinco albergues públicos cos que conta o Camiño Primitivo. Os máis próximos son os de O Cádavo (antes) e o de Lugo (despois). Este albergue foi proxectado en xaneiro do 2009 polo arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila ocupouse da dirección facultativa, e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo á cargo da dirección da execución das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.
O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde desde O Cádavo, fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan forma ao arroio de Tarrío, o cal debuxa un meandro que bordea o solar polo Leste. Para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. No edificio destaca o uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen voladizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo.
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa Compostelana en Santiago, tras percorrer o Camiño Primitivo.
O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde desde O Cádavo, fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan forma ao arroio de Tarrío, o cal debuxa un meandro que bordea o solar polo Leste. Para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. No edificio destaca o uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen voladizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo.
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa Compostelana en Santiago, tras percorrer o Camiño Primitivo.
Fotografías:
Sala de entrada |
Cuarto para os peregrinos con mobilidade reducida |
Galería |
Vista do dormitorio |
Vistas do ormitorio |
A cociña |
Etiquetas:
Camiño,
Camiño de Santiago,
Camiño Primitivo
17 septiembre, 2012
I ENCONTRO SENDEIRISTA E CULTURAL
Partcipantes diante do atrio da Catedral e subindo á porta de acceso á Muralla |
LUCUS A PÉ
Convidados pola Asoc. Micolóxica LUCUS
Como estaba previsto, pasadas as 10:00 h., logo da acollida do
Grupo Arrincadeira, membros da Asoc. Micolóxica e autoridades do Concello e
Deputación de Lugo, seguidamente, partimos desde a Praza Maior para pasarmos
pola Praza de Santa María e subir á muralla pola rampa da Porta de Santiago,
logo de que a lexión de “Terra Copora” dera o permiso correspondente para subir
e poder camiñar pola cidade. Pequeno percorrido pola muralla, descenso pola
Praza do Cantiño, Porta de San Pedro, Ramón Montenegro, baixar a Fontiñas,
parque dos Paxariños, paseo do río Rato, paseo do río Miño, Termas Romanas,
Ponte Romana, subida ata a depuradora e volta pola outra marxe do Miño, ata San
Lázaro, cruzar o Miño pola pasarela peonil, para rematar coas gaitas do Grupo
Arrincadeira.
Comentar que había
Asociacións de Navia de Asturias, León, Foz, Burela… e tamén algúns membros da
Asoc. Amigos do Patrimonio.
Moitas grazas á
Asoc. Micolóxica polo traballo e organización.
Saúde, Terra e
Lingua
Manolo Muñiz
Visita o álbume:
15 septiembre, 2012
13 septiembre, 2012
11 septiembre, 2012
Brevísimo resume XXXV Romaxe
Esta XXXV Romaxe
que levaba por lema, “Seguimos facendo camiño”, tivo lugar na Veiga do Olmo no
noso Castro Verde.
O acto consistiu na acollida das persoas que ían chegando das diferentes partes de Galicia co acompañamento musical de Zuncurrundullo.
Os momentos máis
importantes do acto consistiron en:
1.- Referencias a
Castro Verde, especialmente ao Camiño, Persoeiros e Lugares do noso Castro.
2.- O Camiñante
Xesús que nos acompaña e alimenta.
3.- A lenda do
reino do Amor.
4.- O Berro Seco.
5.- Entrega do
Ramo. A vindeira romaxe será na Magdalena, en Ourense.
6.- Despedida co
Himno Galego.
Comentar que en
xeral foi un acto moi reivindicativo, cargado con referencias ao Amor,
Sinceridade, Fraternidade… Acompañado polas interpretacións do Grupo A Quenlla.
Todo coordinado ou
dirixido por Xabier Blanco a que agradecemos desde aquí o seu esforzo.
Logo pola tarde
actuación de Penabade, A Quenlla e Zuncurrundullo.
Para rematar a
oración da tarde que ía ser ao pé da Torre da Fortaleza, tivo lugar no mesmo
lugar da Veiga do Olmo. Acto dirixido por Valentín e Marisé da Milagrosa de
Lugo.
Agradecer o
traballo de todos/as os que particparon no acto e salientar a presenza de representantes
do Concello e da Deputción Provincial.
Saúde, Terra e Lingua
Para ver álbume:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/XXXVROMAXEIRIMIEGOCastroverdeSetembro2012?authuser=0&feat=directlink
Para ver álbume:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/XXXVROMAXEIRIMIEGOCastroverdeSetembro2012?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
XXXV_Romaxe_de_crentes_galegos
06 septiembre, 2012
04 septiembre, 2012
02 septiembre, 2012
Pallasos en Rebeldía inician un nuevo viaje hacia el Festiclown Palestina 2013
Se non podes ver o boletín, preme aquí
Si no puedes ver el boletín, pincha aquí
|
Se non desexas seguir recibindo este boletín, pincha este enlace
Si no deseas seguir recibiendo este boletín, pincha en este enlace
Para actualizar ou dares de baixa os teus datos, clica este enlace
Para actualizar o dar de baja tus datos, clica en este enlace
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
Suscribirse a:
Entradas (Atom)