Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

06 abril, 2007

Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde

Corridas do Galo e Tribunais da Pascua

-X-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

“SERMÓN” DOS PREDICADORES

O dramatismo das Sentenzas, fosen do Galo ou da Pascua, esixía poñer en escena, complementar, un intermezzo relaxante, divertido. Cumprían este efectismo, á perfección, a parella dos Predicadores. Dous homes; un deles vestido de muller, e finxindo, atiplando, a voz. Como a xente estaba pendente da súa chegada, da súa aparición no Campo Real, aguilloábanlles os facos, amén doutras picardías. Os Predicadores compoñíanse, saían disfrazados, dunha das casas máis próximas ao Campo, escoltados, protexidos, polos Fareleiros, que zorregaban á xente cun saco de farelo, ou de cinsa, atado na lanza dun malle ou dun pau daqueles tisnados, dos de escaravella-lo forno.

Caracterización dos Predicadores: Buscábase provocar a xocosidade, a hilaridade do público, comezando co atondo, coa xesticulación e co mesmo disfrace. Adoitaban levar caretas, ou polo menos, unha maquillaxe; gafas escuras, panos e sombreiros esaxerados, bufandas..., que impedisen a identificación da parella. Esta identificación complicábase co relato da súa orixe ou da súa residencia, e tamén coas mencións ou alusións dos lugares do recorrido; aquela desorientación implicaba a referencia a un itinerario contraditorio e absurdo. A xente buscaba entre os asistentes á Corrida ás persoas que sospeitaba puidesen sen Predicadores, tratando de identificalos. Ensaiaban por separado da xente do Tribunal; quere dicirse, dos que ían facer a súa representación sen enmascaramento. Ás veces eran mozos doutras parroquias, precisamente para asegurar a súa imposible identificación, cousa na que se poñía o máximo interese.

Nunca houbo un secreto mellor gardado polos organizadores das corridas. Ata onde sei, e algo investiguei, o papel feminino nesta bisbarra sempre o fixo un home, convenientemente vestido, e atiplando a voz, segundo queda dito; supoño que non ían mulleres non porque non as houbese decididas e competentes para interpreta-lo papel senón para non involucralas, para non comprometelas, na ridiculez e nas molestias daquela vestimenta esfarrapada, de espantallo, a mais da picaresca dos propios predicotes, ou predicanzainas, que tamén se lles chamaba.

Temática: A teima de meterse cos oficios e cos tendeiros - taberneiros foi unha constante destes sermóns. Situémonos na época: O conflito con respecto á xente de industria, como entón se dicía, era meirande, máis apreciable, aínda, có que puidese haber en contra dos caciques. Os oficiais estaban máis preto, e precisábase deles continuamente. Estes servizos esgotaban as miserentas economías do labrego. Empezábase a sentir por entón a necesidade dunha mellor vestimenta (do comercio), novos apeiros, mobiliario para o fogar... A pugna por atender estas apetencias e/ou necesidades emerxentes foi tan perentoria coma a que tivemos na miña xeración, nas décadas seguintes, cos electrodomésticos e co auto. Por outra banda, ao cacique tíñaselle máis medo que vergoña; só polos anos 30 a xente da nosa bisbarra atreveuse a falar publicamente, abertamente, do caciquismo local, das súas presións e da súa politiqueiría, pero tamén da usura, tan estendida entón que aínda se levaban aqueles préstamos leoninos, instrumentados como "ventas con pacto de retro".

Unha pequena antoloxía daqueles sermóns

Empezaremos polo seguinte, botado na Meda (Castroverde) polo Entroido de 1.928. Este fragmento, ademais de ser un clásico como sátira de veciñanza, é de antoloxía por ser dos máis antigos de Galicia, entre os poucos que se conservan. Foi recollido e publicado por Vicente Risco.

...

Non extrañedes, rapaces, - que, anque son vello e mal feito,

queira poñer en compase - o que hoxe me sinte o peito.

Obrigado a decir algo - nesta festa feiticeira,

pareceume muy do caso - contar cousas da lareira.

Pra espricarvos, pois, en prata - y-entendáis o que vos digo

vinde conmigo á cociña - y-escoitai pol-o postigo

d'unha casa das da aldea, - anque sea a do tío Mingos.

Escoitai de boa gana - e mirai pol-o zorrollo,

cómo conta a tía Froilana - moitas cousas do mal de ollo.

Mais Mingos non lle fai caso, - qu'está tirando a caldeira,

e de veces, entre tanto, - chámalle faranfuleira.

Mais vén logo a tía Xuana,- pra facer algo de cena,

y-en seguida irse á cama - en arreglando a facenda.

Chega Farruco do monte, - empeza a baragundiar,

bota os cachelos na fonte: - "(Caramba, quero cenar!"

Sale Mingos: "(Ay, Farruco! - Eu de ti non cho creía

que tomases tanto a pulso - o quedar sin a morcilla.

Has de saber, meu Farruco,- que mentras un beba e viva

non faltará n-esta casa - bon chourizo e boa morcilla.

Porque na nosa pobreza, - que non fago ben dicilo,

nunca nos faltou na mesa - caldo bon, pan e touciño.

E xa nos meus antepasados- n-esta casa así viviron,

ben fartos e ben honrados, - respetados dos veciños.

Desde Xan hasta o tío Mingos, - e si non foran as pagas,

tantos dotes y-as muanicas, - esta casa iría arriba,

desempeñada das trampas".-

- Está Xuana ben sentada

tras do lume, n-un mesote, - facendo grandes novelos

pra unha saya de picote. - Sepre foi idea d'ela

marmular de todo o mundo,- pero agora que vai vella

non deixa de man o fuso. - Moito fía, moito fala,

moito reñe cos pequenos, - que se toman a porfía

de marmular os temperos. - Non marmula a condenada

cando rezan o rosario, - pro sempre está topeneando,

sentada xunta o andameo. - Pero é tan aforradora

que alabala non é moito, - pois sempre lle chega a carne

desde a matanza hasta o entroido.-

- Pasaremos a outra cousa,

xa é tempo de acabar, - porque o tío Mingos rebouca

y-o rosario vai rezar. - Pro como está costipado,

limpa os mocos ó saleiro - e logo qu'está ben sonado,

bota mau ó tabaqueiro. - Funga ben, funga, tu Roque,

todos debemos fungar, - porque o rapé pol-a noite

éche manteiga de azar. - Ponse mentres ca rodilla

arrimada ó trafugueiro, - pra sacar pronto da almilla

o rosario y-o mecheiro. -

- Rezan todos o rosario,

unhos mal e outros de gana - y-enseguida que se reza,

vaise todo o mundo á cama.

...

Nótase que o autor non quere conflitos de veciñanza, e por iso fai unha sátira sutil, metafórica, indirecta, respectuosa. Rise, certamente, pero faino con mesura, de certos veciños, aos que lles dá un nome, certo ou figurado, que neste último suposto ben que o entendería o respectable. Seguro que predicou con algún tipo de máscara, ou maquillado, que era o usual; acenando comicamente e incluso simulando outra voz.

Este tipo de diversión, entre pícaro e inxenuo, de boomerang, ¡onde as dan, tómanas!, era un bo revulsivo, propicio para unha convivencia festeira, resignada, concordante. Unha fórmula eficaz, acaso a mellor que tiñan, para quitarlles tensión aos preitos veciñais, para dicirlle ao Cura que non todo ía ser inferno, para axota-las malas lembranzas: Aqueles fillos emigrados, outros nas guerras de África... O trono, que acaso lles podrecera a herba do verán precedente; ou a pedra, tan a miúdo esmagadora das colleitas; a nacida das vacas, o mal roxo dos porcos...¡Tantas sombras, todas negras e rotundas! E logo diso, de par diso, unha vez redimidos os foros, quedáralles a agonía dos réditos, aquelas vendas con pacto de retro, nas que nunca, ou case nunca, se atopaba ao acredor, de propósito ausente, ou oportunamente en paradoiro descoñecido; e de estar, un “Volva mañá...” ¡Un mañá fóra de prazo! Sempre a humillante escravitude baixo, debaixo, do cacique de quenda, do señor da casa grande... O reparto, sempre inxusto, sen excepción, daqueles “consumos”, ¡sempre atribuídos a quen menos podía consumir!

O autor deste da Meda está claro que non tocou o tema relixioso de pura casualidade, non: Na fonda e inxenua cristiandade daquela xente, ¡onte!, topenear ou toquenear mentres se rezaba o rosario en familia, ou asistindo ao culto público, era tido por sinal de que o diaño andaba cerca, tenta que te tentarás, e por ende, neste caso, aquela vella podía ser tida por meiga, por bruxa ou embruxada: ¡casus belli!, ¡anatema!

¡Seguiremos “predicando”, salvo que o lector se canse de tanta prédica!


Breve resume da viaxe do 3 e 4 de abril da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde polas cidades de Santiago e Pontevedra.


Como tiñamos previsto, o día 3, martes, visitamos en primeiro lugar, o Parlamento, salientando o Salón de Plenos, a Sala das Letras Galegas, as diferentes salas dos Grupos Parlamentarios, Biblioteca, e o Salón de recepcións Oficiais, temos que salientar á parte da importancia Institucional do edificio, o fondo que posúe de pinacoteca. En segundo lugar, visitamos O Museo do Pobo Galego, salientar aquí a sala, que estreou hai pouco o Museo, sala de contido social. Logo visitamos a igrexa se Santos Domingos de Bonaval e o Panteón de Galegos Ilustres. Felicitamos desde aquí, e agradecemos as excelentes explicacións de Enrique (Guia do Museo). Pola tarde visitamos as Cubertas da Catedral, lugar desde onde temos unhas fermosas vistas da Cidade de Santiago, da propia Catedral e de todos os edificios que a rodean e das súas prazas. Tamén agradecemos a Luz, a persoa que nos acompañou na vista, polas súas explicacións. Rematadas as visitas deste día, antes de chegar a Portonovo, lugar onde pernoctmos, aínda tivemos ocasión de visitar unha das adegas da ruta do viño, onde degustamos un barrantes.


O mércores, día 4, visitamos á primeira hora o Xardín Botánico de Lourizán, onde igual que nos pasara na finca de Ortigueira, puidemos disfrutar dunha enorme variedade de especies arboreas, nunha finca de 52 hectáreas. Aquí contamos coas excelentes explicacións de María Xosé, que coñecía a algúns relacionados coa Asociación. Fomos agasallados co libro A natureza galega, animounos a facer o catálogo das árbores senlleiras de Castroverde. Seguidamente, breve visita a Combarro, e pola tarde visitamos a Cidade de Pontevedra; ruínas de Santo Domingos, igrexa da Peregrina, igrexa de San Francisco e finalmente o Museo de Pontevedra. Coas súas salas do Paleolítico, época castrexa..., salas relacionadas co mar; ponte de mando, cámara da fragata Numancia, e finalmente a sala dos debuxos de Castelao. Acompañounos nesta visita, Sabela, a quen dámos as grazas desde aquí.


Coa colaboración do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, do Concello de Castroverde e da Consellería de Cultura e Deporte.

04 abril, 2007

Na feira do pasado día 1 de Abril












Na defensa da Pena Branca e a presentación do libro As feiras de Castroverde no século XX

Neste frío domingo, día 1 de abril, algúns membros da Asociación Amigos do Patrimonio estivemos na feira de Castroverde, recollendo sinaturas para pedir a protección de Pena Branca na parroquia de Barredo, preto do Camiño Primitivo, e tentando dar a coñecer o libro, de As feiras de Castroverde no século XX de Xosé Mª Gómez Vilabella.

Coa colaboración do Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Concello de Castroverde e Consellería de Cultura.

Na Pena Branca de Barredo no concello de Castroverde está prevista unha canteira e unha desfeita semellante


O COUREL
As canteiras a ceo aberto : unha vergoña para Galiza

Por
Adela Figueroa Panisse
Presidenta de ADEGA

Nestes tempos que vivimos a explotación de canteiras a ceo aberto non é comprensible nen aceptable. É propio só de países terceiromundistas, dependentes economicamente e colonizados polo capitalismo máis feroz.

Para ceder a explotación dunha canteira, segundo a lei de minas, esíxese que a empresa, a quen se lle concede a explotación, deposite unha fianza que debería de cubrir economicamente os gastos derivados da recuperación ambiental do terreo despois que terminasen os traballos extractivos. Isto, ademais de ser imposible na realidade , nunca se cumpre. Ou a empresa da falencia, ou muda de nome , ou o que é máis común, realiza a explotación sen permiso legal. A inmensa maioría das canteiras, en Galiza , están a traballar sen licenza. Se xa incumpren a primeira das premisas, como van cumprir a derradeira que implica a restauración ambiental unha vez abandonada a explotación?. Alguén coñece algún caso, na Galiza, en que isto se cumprise? Sería un exemplo.

No Courel , non só as canteiras están a traballar sen permiso, senón que a mais agresiva delas a da Campa, da empresa Cupire Padesa ten unha orde legal de peche .

Ademais a canteira continúa a traballar desfacendo a montaña, pondo barrenos perto das casas dos veciños, e desbotando os seus entullos ao río. O Río Quiroga xa está perdido, e agora o Lor comeza a estalo tamén. A canteira aproveita apenas o 1-5% o resto e deitado ao medio.

Os entullos das canteiras provocan alteracións físicas no entorno por formar unha escombreira de pedras rotas, invadiren cursos de auga, modificaren o terreo, e tamém alteracións de tipo químico, polos contidos en diferentes minerais que as rochas agochaban na sua estrutura e que agora son tirados ao medio. Xofre, Ferro, Molibdeno, Antimonio, Arsénico, etc, acaban por envelenar as augas dos ríos das montañas, os que outrora eran limpos e ricos en pesca e vida . A única riqueza que deixan as canteiras a ceo aberto, son os poucos postos de traballo que duran o tempo da explotación. Tras de si, as canteiras so deixan destrución e “mal país”.

As palabras Desenvolvimento Sustentable, as figuras de Protección do medio como LIC (Lugar de Interés Comunitario) Rede Natura 2000, Parque Natural, Reserva da Biosfera, parecen non contar para o noso ben mais preciado :

As Montañas do Courel. Onde se da-até agora- a maior biodiversidade e xeodiversidade de Galiza, onde existen sinais de poboamentos desde a máis recuada prehistoria.

Hoxe canteiras que traballan sen licenza, e mesmo con prohibición de actuación están a destruír os seus montes “dos tesos cumes”.

Desde ADEGA queremos facer un chamamento xeral a toda a poboación, de Galiza e do mundo para que esta desfeita pare. As persoas que traballan nesas industrias extractivas deberían seren compensadas. Nós pedimos desde a nosa Asociación que se arbitren subsidios e prexubilacións para os poucos traballadores que as canteiras empregan.

Pedimos tamén que se faga un plan de desenvolvimento integral do Courel, en que a carne de calidade, as castañas seleccionadas,a madeira e o mel alí producido, sexan comercializados con denominación de orixe. O Courel aínda vende. É coñecido pola maiora da intelectualidade internacional. Mais , se a destrución continúa isto xa non sería posible.

Daríalle máis ingresos ao Courel a promoción dos seus fillos senlleiros ( por exemplo, o noso benquerido, Uxio Novo Neira ) que a destrución irreversible das súas montañas , que so benefician aos poucos explotadores das minas.

Esiximos , por tanto, un Plan de Desenvolvimento integral do Courel que ten que envolver as diferentes Consellarias:

Medio Ambiente, Educación, Industria, Cultura, Medio Rural, Sanidade ,Vicepresidencia, e Presidencia da Xunta.

O Courel é a nosa riqueza. É a Terra Matria, e está en perigo de desaparecer irreversiblemente. Temos un Goberno Galego que , despois de tantos anos de actuar de costas viradas ao País, agora nos dá algo de esperanza no futuro.

Pedimos , como habitantes desta Terra, que exerza como tal.

01 abril, 2007

Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde

Corridas do galo e Tribunais da Pascua

-IX-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

A Corrida da Meda (Conclusión)

Sentencia

El público está amotinado – a las puertas de la Audiencia ;

Se nota que desea pronto – conocer mi SENTENCIA.

Para dar una Sentencia – debe ser muy estudiada,

y pensarla varias veces – que es una cosa muy sopesada.

Voy hacer una Sentencia – según yo puedo entender,

dictada por la Justicia – y basada en la Ley.

Axustouse os lentes con parsimonia e colleu un libro avultado, que se supoñía era o Código Penal, etc.

La Sentencia está dictada – de acuerdo con su expediente:

¡La dictaron las faltas – atribuídas al delincuente!

Esas faltas, todas en junto, - que cometió el delincuente,

¡exigen que en este día – se le dé pena de muerte!

El piquete ejecutor – la cabeza le hará volar,

en la tarde de este día – y en este campo Real.

Neste punto deixa o libro, quítase os lentes, e con moito empaque, solemne, diríxese de novo ó público, como xustificándose.

Seguro habrá quien diga - que esta Sentencia es de acero;

¡según es la enfermedad, - así hay que aplicarle el remedio!

Si la Justicia , señores, - no fuese recta y formal,

no se vivía en el mundo – con la gente criminal.

Diríxese ao Defensor:

Por si el reo advierte algo – aún le queda tiempo,

y todo el necesario – si quiere hacer testamento.

Aquí hai unha alusión, sequera sexa formal, para que o galo faga, eleve, recurso, apelación.

Si quiere hacer testamento, - y algún otro legado;

una vez hecho ésto, - ¡cúmplase lo sentenciado!

Neste intre, os fareleiros, en función de alguacís, avisan ó Escribán, que estaba abaixo, preto do Tribunal, bebendo viño á “canilla”, ostentoso e moi caracterizado. Sube ao estrado. O seu papel era, fundamentalmente, facer rir cunha parodia de Testamento; por tanto, non se cansa de xesticular, teatreiro. ¿Iso da fe pública...? Daquela receábase, ¡moito!, dos escribáns, temendo que redactasen de xeito que favorecese a unha das partes, ¡e menos mal que daquela non había promotores de vivendas! Pero si se dera o caso, entre outros por alí comentados, de que un xenro, despois de morto o sogro, foi a Lugo coa Cédula persoal do vello, e levou ante Notario a un mendigo dos de xunto da Catedral facéndoo pasar por seu sogro. O Notario, que daquela non había rigor na secuencia dos protocolos, púxolle data atrasada, anterior ó óbito, e o “mendigo”, co outro nome, ¡testou un terzo de mellora en favor da muller do trapalleiro! Cláusulas en castelán que non se entendían nin explicaban ó dereito, e outras mil fórmulas e xeitos de facerlle ó papel ter conta do que lle poñían, ¡que de aí ben ese dito!

Testamento do galo

Delante de la Autoridad , - para que testara el gallo,

hoy mismo fueron llamarme: ¡Aquí tienen al Notario!

Me personifico aquí – para hacer buena alguna cosa:

Dar principio al Testamento – de Travieso Cresta Roja.

Deja un tercio de sus bienes, bien exacta y repartida,

a todos los accionistas – que inventaron esta Corrida.

El otro, segundo, tercio, - lo deja aquí, para todos los mozos

por creer que en el momento – no tiene herederos forzosos.

El otro tercio que queda – de todo lo remanente,

ése piensa repartirlo – de la manera siguiente:

Su pico, que constituye – una tenaza muy potente,

queda para las aficcionadas – a hacerse la permanente.

A partir deste punto o “Notario” cambia de persoa gramatical; unha licenza ou un descoido do Autor.

Tengo un poco de perfume, - que lo dejo sin estrenar,

para todas las cochinas – que no se quieren lavar.

Por aquel tempo estaba de moda unha canción despectiva para as mulleres que viña a dicir: “... llevan en el bolso una carta y un retrato; una carta y un retrato..., y un pañuelo sin lavar”.

A todas las escotadas – dejo mis alas, enteras,

para que en lo sucesivo – cubran sus vergüenzas.

Le dejo quedar mi carne, - compuesta y arreglada,

al piquete ejecutor, – ¡para darse una panzada!

A las de quince a veinte – nada les dejo quedar:

¡Son bien jovencitas, - que aprendan a trabajar!

Las de veinte a treinta – tienen que ser veneradas;

les dejo quedar el rabo – para empolvarse la cara.

Las de treina a cuarenta – que no tengan pretendientes,

mis costillas peladas, - para usar de escarbadientes.

Las de cuarenta a cincuenta – no penseis en el casamiento:

Buen comer y buen beber – y así vais pasando el tiempo,

porque si aún hay alguna- que pretenda ser casada,

será con un palandrán – que no les valdrá para nada.

Aún me quedan las tripas, - algo que es de lo mejor;

ésas se las dejo quedar, - en pago, a mi Defensor.

Aún se me olvidaba – dejarles las uñas

a todas las mozas – que tengan miúdas.

Me queda la cresta, - con su buen color;

se la dejo quedar – al sabio Predicador.

No creais que por morir hoy – llevo ninguna pena,

que en este pícaro mundo – pasé bastante miseria.

En alivio de mis penas, - y por mi eterno descanso,

en las tabernas de la Meda – debéis de tomar un vaso.

Yo soy muy claro en hablar; - nada oculto me queda:

¡Las amas querían gallo, - pero que éste no comiera!

Termino mi Testamento, - nada queda al parecer.

¡Páguenle bien al Notario, - para que quiera volver!

Acto seguido baixaron o galo desde o Tribunal, atado de pés e nunha gaiola, sempre custodiado polos fareleiros, dos que tamén foi a responsabilidade de fixalo nun trelo, de panca a panca. Seguidamente comezaron as carreiras dos cabaleiros – executores, cabalgando nos seus briosos corceis!

Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde

Corridas do galo e Tribunais da Pascua

-VIII-

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

A Corrida da Meda (continuación)

Actuación dos Avogados:

Acusador
Aquí me tienen presente – en el medio de esta Sala;

Abogado soy y sostengo – la acusación de esta Causa.

Defensor
Para defender la Causa – del Travieso Cresta Roja,

y a las órdenes de Usía – está el Defensor ahora.

Acusador
En la granja donde nació – no quiso estar sumiso;

y un buen día se marchó – sin darle nadie permiso.

Isto ten connotacións daquel pasado recente: Ambiente de “Prietas las filas...”; desertores, fuxidos, salvoconduto para viaxar, etc.

Defensor

¿Por qué se marchó de la granja? – Fíjese en lo declarado
por el primer testigo, - que es bien decente y honrado.

Acusador
Bastante lejos de allí – acampó en un gallinero,

y sin contar para éso – con el permiso del dueño.

Defensor

Meterse en el gallinero – ésto lo hizo forzoso:
¡Para defender las gallinas – que las comía el raposo!

Auxilio á forza pública fronte a fuxidos, etc. O autor estaría recordando o caso de Cobuliña do Fato, que o matou a propia Garda Civil en San Cibrao cando corría na súa busca, de parte dos outros Gardas, levando a Castroverde unha nota para que lles mandasen reforzos de Lugo. Os “reforzos” xa estaban achegándose, e ao ver que Cobuliña saía do lugar do Fato, puxéronse nerviosos e disparáronlle, antes de darlle o “alto”. Era a consigna: ¡Primeiro disparar e despois preguntar!

Acusador

Y profanó su honor – a unas pollitas muy poca cosa,
que hasta, según los testigos, - se quedaron achacosas.

Defensor
Es una buena mentira, - fíjese en que yo se lo digo,

porque las cosas que se ven, - no se tienen en el bolsillo.

Acusador
El no galear las viejas, - cosa que bien clara ha sido,

ése es un desprecio grande; - grande merece el castigo.

Defensor

Yo creo hizo muy bien – al no quererlas galear;
éstas deben dar ejemplo – y nunca escandalizar.

Acusador
Se sabe que mató un gallo – y hasta sin ser en pelea;

esto hay que castigarlo, - resulte por donde quiera.

Defensor
Según el primer testigo – el gallo tenía anemia,

y un buen día se murió – con una gran borrachera.

Acusador
Se sabe que robó arroz – y que entró en una casa,

y este era precisamente – para celebrar la Pascua.

Defensor

Si lo hizo o no lo hizo – no lo puedo asegurar;
el primer testigo dice – que no tenía qué robar.

Acusador

A los vecinos del pueblo – hizo daño en sus sembrados,
delitos que por la ley – están hoy muy castigados.

Defensor

El primer testigo dice – que este no hizo ningún daño;
luego sólo son calumnias – porque tratan de espantarlo.

Acusador

Es un delicto muy grande – el allanar la morada;
y por esta mala acción – tiene que ser castigado.

Resulta evidente que o autor coñecía o artigo 545 e seguintes da Ley de Enjuiciamiento Criminal; e que sufrira o seu incumprimento, probablemente naqueles rexistros tan frecuentes, tanto durante a Guerra incivil como na posguerra. Xa estaba vixente o “Fuero de los Españoles”, que era do ano 1.945, pero ben sabía o autor que nacera coa letra morta, así que aproveitou para dar esta puntada.

Defensor

Que no allanó su morada – se sabe de antes de ahora;
por ahí está presente, - que lo diga esa señora...

Sinala coa man, vagamente, dun xeito impreciso, cara ao público. O significado era, máis ou menos, “Bobadas, que sempre teremos a alguén que axude a encubri-los abusos de autoridade”.

Acusador

Que le comió el arroz –no lo ha de desmentir,
porque hay muchos vecinos – que lo vieron salir.

Defensor

Si le comió el arroz – hizo muy bien, según creo;
primero lo robó ella – que andaba en el estraperlo.

O autor sigue obsesionado coa escaseza e cos prezos exorbitados que caracterizaron o “estraperlo” da posguerra. Só se lles rapou o pelo ás revendedoras que eran, ou se lles supoñía, desafectas ao Réxime.

Acusador

Por razones no lo haces, según dejas entrever;
y aunque sea a bofetadas – te tengo que convencer.

Defensor

A éso si que no te atreves, - ¡cara de sinvergüenza!,
que con una delas mías – te ha de bastar la muestra.

O método non era xurídico, pero cadraba co efecto que desexaba o público.

Alegato final do Avogado Acusador

A todos los de la Sala , - mis distinguidos señores,
presten todos atención, - y atiéndanme mis razones:

Todo pueblo que está ofendido – pide, y muy justamente,

que se les haga justicia – contra el reo delincuente.

Saben muy bien que estos vicios – nos han puesto en vilo,

y la Autoridad es aquí – la llamada a corregirlos.

El exceso de vicios, - tratados con imprudencia,

llevan a la Humanidad – a una gran decadencia.

Sentencien en consecuencia, - sin miramientos con nadie.
Es justo, señores míos, - que el que las hace las pague.

Yo cumplo con mi deber – haciendo esta advertencia;

¡ahora lo que se haga – nos lo dirá la Sentencia !

Conclusións do Avogado Defensor

Pido al señor Presidente, - y Magistrados leales,
que me presten atención – a cosas que haya normales.

La segunda declaración – pido que sea anulada,

por tratarse de un testigo – de parte interesada.

La del tercer testigo – cítese a revisión;

se le levantó el juicio, - que el mismo lo declaró.

Por ninguna de estas faltas – no creo que haya delito;

por éso pido que se absuelva – al gallo, mi defendido.

Si el gallo faltó en algo - hoy se viene arrepentir;

es un ser como nosotros - ¡y tiene derecho a vivir!

Aquí pode haber algo de panteísmo, ¡pre ecolóxico!, pero tamén un sedimento daquelas prédicas dos franciscanos nas Misións da posguerra, de amor aos animais e ás plantas. Tamén conservaría o Autor, no seu subconsciente, aqueles fantasmas da recente dicotomía de bos e malos, leais e roxos.

Fíjese, señor Juez, - que en los casos juzgados
suele haber errores. - ¡Debemos de ser humanos!

¡Adios, mi querido gallo, - si no te puedo salvar

todos sabeis que no fue- por falta de trabajar!

O Autor, se ben timidamente, apunta a erros xudiciais, procedementos sumarísimos, etc., tan frecuentes por aqueles tempos de pau e tente teso.

Intervén o Fiscal

Buenas tardes, auditorio. – Con permiso de la Sala ,
quiero hacer mi intervención – en la vista de esta Causa.

Resumí despacio el expediente – y en su totalidad

encuentro varios delitos – de gran responsabilidad.

Yo soy el Fiscal que actúa – al amparo de la Ley ;

y a consecuencia de esto – la pena quiero imponer.

Por profanar las pollitas, - una falta moral,

sólo por este delito – se le debe castigar.

Por despreciar a las viejas – merece su buen castigo;
y este es un hecho real – que los testigos lo han visto.

Por maltratar otro gallo, - según está demostrado,

ése es un delito grande, - ¡y tiene que ser castigado!

Por allanar la morada – de una señora del pueblo,

otro delito grande. - ¡Sólo de pensarlo, tiemblo!

También hizo varios daños – a alguno de sus vecinos;

éso está bien comprobado, - que lo han visto los testigos.

¡Por todos estos delitos, - y más que no se enumeran,

pido que a Cresta Roja – se le dé la última pena!

Pido que se aplique la pena – por el delito fraguado;

y para que escarmiente el mundo – que corre desenfrenado.

Yo cumplo con mi deber – haciendo esta petición:

¡No quiero privar derechos – al Juez y al Defensor!

Ademais de esixilo o “guión”, o programa da festa, iso de pedi-la última pena era o natural nun Fiscal daquela época, que se supoñía proclive, mentalizado naquelas ¿depuracións? observadas nos seus anos de estudante.

.../...

(No Capítulo IX a Sentenza do Xuíz e mailo Testamento do Galo)

Breve resume da viaxe ao Concello de Vedra

(24-03-07)

O pasado sábado, día 24, as Asociacións de Muiñeiros “Santa Lucía” e os Amigos do Patrimonio de Castroverde, visitamos o Concello de Vedra.

Nada maís chegar fomos recibidos polas técnicas e técnicos do Concello e polo Sr. Alcalde de Vedra e algúns dos seus Concelleiros. Logo de darnos a Benvida, as/os técnicas/os explicaron brevemente como fora a historia da rehabilitación dos muíños e o seu atractivo turístico, comenzando pola resconstrución da Casa dos Peóns (unha antiga casa dos Camiñeiros, das nosas “Casillas”, diría eu), a seguir baixamos ao rego do río Pereiro onde puidemos ver varios muíños, reconstruídos en menos dun ano, e como foi motivo dun atracativo turístico, agardamos que aos nosos paisanos, representantes políticos e a nós mesmos nos servira para aprender algo máis. A seguir visitamos outros muíños que coa mesma desviación da auga aproveitaban para moer, e que serán rehabilitados proximamente.

Logo visitamos o muíño de Reboredo, ao pé do río Ulla, con cinco pedras, cada unha para súa cousa; unha pedra para moer o xofre, outra para o centeo, millo, trigo...

Logo subimos ao Mirador de Gundián, ao pé da ponte da vía do tren, unha maravilla de Mirador sobre o río Ulla, milagre que se salvara dun encoro. Seguimos para visitar o albergue de peregrinos, ao pé do Camiño da Prata, para visitar finalmente a igrexa e a fonte de Santiaguiño, a súa historia fálanos dos anos mil seiscentos e pico, mais pensamos que é moito máis antiga, e que habería unha antiga capela, cando menos, románica ou prerrománica.

Pola tarde visitamos a grandiosa finca do Pazo de Ortigueira ( da familia dos Armada), con pazo, capela, fonte, hórreo, muíño, invernadoiro. Con prantas de todos os Continentes.

Por citar algo, unha Sobreira de 500 anos, Fienteira de 250 anos, un Camelio de 300 anos, un Ombú ? de máis de 200 anos, un paseo dos Oliveiros de 500 anos, etc. Digno de ver, dicir que un Concello con este atractivo, xa pouco máis precisaría, sempre que deixen visitar a finca. Unha finca de 36 hectáreas.

Con esta visita rematou a viaxe. Desde aquí damos as gracias aos organizadores, a aos que nos acompañaron na visita, técnicos e representantes políticos do Concello de Vedra.

Finais de marzo de 2007

Páxina web do concello de Vedra

Galería fotográfica da viaxe a Vedra