Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

26 octubre, 2009

O historiador Ricardo Polín queixase dous cortes na ruta polas obras do hospital e dous dános das canteiras

Agresións ao Camiño Primitivo


Autor:

Cristina López
Data de publicación: 22/10/2009

O Camiño Primitivo achega a cuarta parte dos visitantes que Lugo ten a diario. Así as cousas, resulta difícil de entender a pouca eficacia da Administración na protección desta ruta. Quen así o cre é o historiador Ricardo Polín, que na presentación da nova edición de roteiros de Adega, nos que o Camiño Primitivo será un dos eixes centrais, aproveitou para denunciar novamente as continuas agresións que sofre o que é o primeiro Camiño a Compostela.

Entre as críticas vertidas por este historiador figuran as referidas o corte que sufriu ou Camiño por mor da construción da vía de enlace co novo hospital; á estrada que o anterior goberno da Deputación fixo non lugar de Estancón, en Castroverde, que supuxo «unha auténtica desfeita ambiental»; tamén a especulación non barrio do Carme, en Lugo, ou os propios accesos á capital, coa canteira de Bascuas, «unha agresión á contorna».
Polín lamentou o nulo funcionamento da Mesa dos alcaldes do Camiño Primitivo e a pouca consideración que por esta ruta existe en concellos coma o de Baleira, onde as obras que se fan «non pasan polos organismos de Patrimonio», ou o de Guntín, onde sinalou que é precisa unha completa reconstrución deste Camiño. Neste caso tamén se queixou da falta de albergues, o que provoca que os camiñantes se desvíen por exemplo a Sobrado dos Monxes. A estas queixas súmanse as dos propios peregrinos, que din que son poucas as zonas de descanso e os alpendres nos que poder facer un alto non camiño.

Petición a Orozco

Ricardo Polín fíxolle unha petición ao alcalde de Lugo «que o vindeiro ano polo San Froilán o acto simbólico de apertura das portas da Muralla estea dedicado ás vías históricas a Compostela e aos pobos e vilas que están ao outro lado desas portas, porque cada unha delas ten un vencello directo cunha ruta, desde o propio Camiño Primitivo á Vía Romana XIX, pasando polo Camiño Real a Castela». Tamén criticou que non se aproveitase a visita do presidente de Cantabria para avanzar na recuperación dá ruta primitiva nesa comunidade, para continuar a conexión de Lugo con Europa.

I JORNADAS DE ARQUITECTURA Y HERMENÉUTICA

A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a través da súa Comisión de Cultura ten o pracer de invitalo as

PRIMEIRAS XORNADAS

DE ARQUITECTURA E HERMENEÚTICA.
Lugo, outubro e novembro.

Participaran Teresa Oñate, Uriel Fogué, José Pérez de Lama, Ignacio Pérez-Jofre, Fernando Espuelas, Elena Freire, Izaskun Chinchilla e Ignacio Castro Rey.

Data: Mercores 27 outubro e xoves 5, 12, 19 e 26 de novembro as 19:00

ENTRADA LIBRE
Lugar: Salón de Actos do Colexio de Arquitectos,

r/ Puro Cora Xornalistas (en frente ó parque Rosalía)

1ª jornada: Introducción

miércoles 28 de octubre.19:00.

(Ver máis)

MISCELÁNEA


Para comer…, os de Lugo!

Xa sei que o slogan tradicional, o rexistrado, é: Para comer…, Lugo! Pero a min práceme darlle a volta en honor ao realismo, do que sempre fun devoto: Para comer…, os de Lugo! A maiores, este xoves último tiven ocasión de patentalo asistindo a…, pulpada? (os revisionistas din “polvada”) da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Castroverde. ¡Deus, qué saque; iso si que é patrimonial! Foi no Jorge I, e saco a foto do restaurante e non a dos xubilados pois non me agradan as fotografías incompletas; ¡tantos, que non cabiamos nun cadro, nunha foto!

Non faltou ninguén, Alcalde incluído. O noso fundador, Antonio Valiño Carballedo, estaba remozado; quere dicirse, feito un mozo! Pero…, ¡o pero está en que había máis mulleres que homes! E todas guapísimas, da perruquería, enxoiadas, alfaiadas…; ¡é unha sorte non estar viúvo, pois, con tantas mozas, quen se atreve a escoller! O noso Castroverde é verde, ata niso, así que tódolos vellos son, están, verdes, a cal máis!


¡Deus, qué ben mastigamos, todos…, aínda que fose por obra e graza do dentista respectivo! Comezamos pouco despois das dúas, e ás cinco aínda non chegara o café. O “botellón” veu despois, cerca da noite. Non houbo bendición da mesa, que se deu por feita; ¡cada mesa, súa ara; cada mesa doce escanos, as tribos de Castroverde! O primeiriño que se me veu á mente: ¡Se houbese cheas, polvadas destas, viños destes, naqueles anos dos nosos avós, adeus preitos de augas! ¿Verdade que resulta máis barata unha enchedela amigable, veciñal, que unha “vista” xudicial? E logo está que nos preitos os que se enchían eran os outros!

Aínda que non o pareza, aínda que non o creades, estou facendo historia, escribindo para a Historia. Isto vai durar, como moito, un cuarto de século, pois para o segundo cuarto as mesas serán biplazas…, por extinción da terceira idade! Alí estivemos os de media ducia por casa, por parella, pero a seguinte xeración, ¡e Castroverde non foi unha excepción!, consagrou a teoría do fillo único, co cal esperaban exterminar as partillas dos herdos… ¡Xa, xa: o que exterminaron foi a raza, o poboamento! Entre isto, as parellas de feito, hoxe si pero mañá cada quen que cargue coa súa “separación de bens”, e os fillos que sigan en París, os casais só terán de permanente aquel plantío de eucaliptos que fixemos na horta de tras da casa! (Prégovos que recedes para que non se cumpran estas profecías).


Hoxe en día, a aldea, todas, a feito, están tristes, morriñosas, solitarias, que diso damos fe os patriarcas. Fanse as faenas agrícolas con independencia dos veciños, dacabalo dos tractores, e non das eguas! As viaxes realízanse polo asfalto, e non polas corredoiras; como pouco, a cen, sen mirar polas ventás! As misas, ou por mellor dicir, os fregueses, escasean. As feiras redúcense ao súper, e pouco máis. Así que, de quitado os enterros, poucas ocasións nos quedan para a conversa, para a convivencia, para a relación veciñal; de aí que estas comidas, ¡estas cheas!, dos vellos sexan a mellor das festas, uns acontecementos entrañables, cordiais, gratificantes.


Nas mesas houbo de todo, risos, lembranzas, contos verdes…; ¡claro, éramos de Castroverde! En toda a tarde non se me quitou da mente a lembranza daquelas ruadas de mediados do XX, aquelas cociñas de lareira, aquelas lumieiras con estelas de carballo, ao redor das que se xuntaban os veciños do lugar, ¡entre preito e preito, por suposto!, onde se falaba de todo, ¡de todo, menos de política, pois España só tiña un político, Franco, e suponse que parlamentaría con dona Carme, pois o resto, Vox clamantis in deserto! No ínterim, á marxe das nosas parrafeadas, neste Jorge I unha ducia de camareiros suando a gota gorda, que nin que fosen as espalladoiras da Casa Grande.


Non vos escandalicedes polo que digo, pero isto, esta chea, foi un testamento patrimonial, un exemplo a seguir…, ¡se é que volve o poboamento, a colleita xeracional!

Xosé María Gómez Vilabella

22 octubre, 2009

O venres 23 de outubro presentamos o proxecto Universidade Rural Galega dentro das Xornadas Medioambientais organizadas pola Escola Popular Galega

Estimados/Estimadas socios, socias e grupos interesados na U.R.G.:

Alí estaremos ás 20:30 no Centro Social Revolta en Vigo.


Aquí tedes o programa de ditas Xornadas e adxunto información sobre a Escola Popular Galega.

PROBLEMÁTICAS MEDIOAMBIENTAIS ACTUAIS NA GALIZA

PROGRAMA:

Venres 23-10-09

20:30 Actividade de apertura: Apresentaçom da Universidade Rural Galega no CS Revolta

Sábado 24-10-09

  • 10:30-12:00. Política forestal e incendios forestais na Galiza. Pedro Alonso.
  • 12:30-14:00. A questom energética na Galiza. Xosé Veiras.

Jantar convívio na Cova dos Ratos

  • 16:30-18:00. Insustentabilidade do modelo de gestiom e tratamento de residuos na Galiza. Tino Quintela.
  • 18:00-19:30. Patrimônio natural galego. Margarita Rubido e Diego Vieites.


Sábado 31-10-09

  • 10:30-12:00 Mobilidade, transporte e infraestruturas de transporte. Begoña Carrera.
  • 12:30-14:00 O médio rural e agrario. Lindia Senra.

Jantar convívio na Cova dos Ratos

  • 16:30-18:00 Problemáticas ambientais, económicas e sociais no sector pesqueiro. Santiago Palas.

Sen máis recibide un cordial saúdo.

Paula Ares.

U.R.G.

“XORNADAS DA AUGA” que terán lugar en Abegondo os días 28 e 29 de outubro.


Estas xornadas están organizadas en base a fase preparatoria do proxecto de cooperación interterritorial “RED DE ESPACIOS AMBIENTALMENTE COMPETITIVOS”, no cal participa a Asociación Terras de Lugo, como xa sabedes.


Dentro deste proxecto, cada grupo persegue a finalidade de elaborar ou deseñar estratexias que melloren a participación social en proxectos de mellora de espazos relacionados cos cauces fluviais. Por isto, o obxectivo destas xornadas é o de facilitar, mediante o intercambio de experiencias, a introducción na metodoloxía dos procesos de participación pública para a Xestión dos Planes de Bacía.

Rogámosvos que todos aqueles interesados en asistir nolo comuniquedes antes do venres 23 de outubro. Debido a que as prazas son limitadas, terán preferencia aqueles membros pertencentes a entidades con obxectivos relacionados cos do proxecto ou xornadas. Agardando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.

Antonio Ventura Figueroa Paz
Xerente GDR-4 "Asociación Terras de Lugo"
Torre s/n, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)

20 octubre, 2009

O 17 de Outubro de 2009


BREVE RESUME DO ROTEIRO
DESDE A VÍA XIX - PEREIRA (FURÍS)-FOGONTELLE-VILACOTE-RIOMOL-OUTEIRO DE VELLAS-MIRANDA.



Noutro fermoso día de outubro, sábado, día 17, tivo lugar o roteiro desde Pereira a Miranda. Logo da subida de Pereira e camiño de Fogontelle comenzamos ver todo o val de Riomol con vistas de Pena Branca en Barredo, e linde con Terras de Lugo. Dicir que Fogontelle debe ter algo que ver con fonte, pois, certamente a auga que probaron algúns, seica era ben boa, comentar tamén que en Fogontelle houbo fornos de cal. Toda a baixada ata Vilacote ten, aínda pola súa marxe esquerda arboredo autóctono. Chegamos a Vilacote, “Villa Cotti”, dicir que estivemos con varios veciños, é de agradecer a súa amabilidade, e, é de salientar que, en Riomol aínda hai bastante gandeiría e, chamounos a atención as restras de millo e a leña ben colocadiña. Desde aquí seguimos a camiñar ata a igrexa de Riomol, “Rimol”,
“ Río Mauri”, unha das igrexas con trazas románicas claras. Planta de cruz latina, tres absidas con canzorros e, no seu interior son de salientar a pía bautismal, a súas tallas, especialmente a de San Pedo titular da parroquia, os retábulos e as súas pinturas. Igrexa bastante ben conservada, con problemas de humidades como moitas máis. Dámoslle desde aquí as grazas ao Sr. Cura párroco, D. Jesús que, nos atendeu con toda amabilidade. A seguir baixamos ata a capela de San Roque en Riomol. Capeliña cun pequeno retábulo onde sobresae o Santo que lle dá nome, dicir que esta capela ten aínda un cepo, onde se depositaban as esmolas, das persoas que ían das parroquias limítrofes, camiño de Castroverde.
Desde Riomol, por un fermoso camiño ata Outeiro de Vellas, que pode significar, “sitio alto e antigo, vello”, neste lugar hai unha pequena capela, chamada do Santo Sartego, que seica tivo moita devoción en toda a rodeada, aínda que parece estar adicada a San Salvador. Mágoa non poder vela por dentro, seica se queremos vela, ten que ser cando haxa misa, así pensan os seus donos, mais, mágoa que se hai algo de interese serán as tallas, que o máis probable é que estean a apodrecer, como temos comprobao noutra ocasión. Desde Outeiro de Vellas a Miranda e, este nome, de onde vén?, de “Mirandus”, ou de “sitio elevado”, a verdade e que desde a súa igrexa hai unha fermosa vista.
E para rematar, fomos facer unha visita a Enriqueta, seica a semana pasada houbo unha homenaxe na súa memoria, coincidindo co XX aniversario da súa morte e, soubemos que un centro social de mulleres en Santiago leva o seu nome, vaia a nosa homenaxe, coincidindo co remate do roteiro deste fermoso día de outono.
Saúdos e, Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

17 octubre, 2009

La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad

PRESENTACIÓN

“La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV.

Urbanismo y sociedad"

O pasado día 30 de setembro tivo lugar a presentación da obra do historiador lucense e vicepresidente de Lugo Patrimonio, Adolfo de Abel Vilela “La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad”, que se enmarca na serie Galicia Histórica do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

O salón Rexo do Círculo das Artes quedouse cativo para acoller o acto ao que asistiron unhas trescentas persoas. Fixo a presentación do acto Javier López Martínez, director xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que dixo do libro que se podía comezar a ler por calquera dos capítulos. Tamén intervíu Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, director do Instituto Padre Sarmiento, que fixo a presentación do autor e xustificou que se editase en español a serie Galicia Histórica para que teña difusión fóra de Galicia.

A continuación Adolfo de Abel Vilela fixo un retrato da cidade describindo a decadencia que a vida urbana lucense experimentou na Alta Idade Media. Falou dos tres intentos de repoboación e da reactivación da cidade que culmina no século XII con Raimundo de Borgoña e dona Urraca, da actividade económica, da hospitalidade, da vida monástica e relixiosa, da cultura, o lecer e as loitas feudais, rematando cunhas notas sobre o goberno da cidade.

O libro, que se estructura en vinte capítulos, ten 700 páxinas e 297 fotografías, índices xeral, de persoas e de lugares, así como un amplo apartado de bibliografía. O prezo de venda é de 25 €.

Toponimia


Alcumes ou nomeadas

Fixádevos no orgullosa que se sente esta rapaza, esta castroverdense de prol, lucindo unha camiseta co emblema de Montecubeiro, ¡terra de “Puchos”! Isto tamén é patrimonio, loanza e respecto polos nosos valores. ¡Noraboa e grazas, rapaciña, que non todos se deciden a honra-las tradicións do seu país!


“Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese…”, por concesión e atribución divina, segundo nos informa o Xénese no seu versículo 2, 20. Como vedes, iso de dar nomes ten o seu aquel, por máis que os galegos, e non só os galegos, padezamos certas desviacións, como por exemplo chamarlles Sonia ás Sofías, ou Iván aos Xanciños, ou Leticia ás Ledicias, etcétera.


Servidor estábase saíndo do círculo da toponimia, acaso por puro contaxio (contaxio impuro) xa que imos perdendo, ¿acaso por evaporación mental?, o sagrado respecto que nos merecen estes valores patrimoniais. E concretamente no rural, a néboa das concentracións parcelarias estanos eclipsando a riquísima, a ilustrativa, microtoponimia, que tan cara foi aos nosos entregos xa que lles servía de arquivo para conservar e transmitir oralmente importantes valores históricos locais.


Algo parecido está ocorrendo cos alcuños, salvo se acaso nas necrolóxicas pois en tales comunicacións numerosas familias prefiren da-la nomeada do casal, non sempre ben traducida ou ben soante, con tal de que nos lles falte ningunha firma dos seus coñecidos no libro de honras fúnebres. (Non quero ser mal pensado, pero ata pode haber casos nos que lles importe máis a firma de ritual que un sentido Noso Pai, “…por el mismo y por las obligaciones de esta casa”, como dicían os cregos preconciliares).


A nosa conveciña estaba ben documentada de que os “Puchos” eran de Montecubeiro, porque, “… Non hai quen vaia unha ves / á feira de Castroverde, / que non lle enseñen os puchos, / que este nome é o que teñen / sendo de Montecubeiro / os rapaciños enxebres. / I abofé, que non é nome / que os torule nin rebexe, / porque asina os chaman todos / donde queira que estivesen; / que teñen en Lugo fama / ben ganada, de valentes, / e co pau dunha aguillada / ou cos puños, si se quere, / métense entre os paus sin medo / donde ningún se mete, / i antes deixan o pelexo, / que deixar dous pasos eles. / E como o boi turrión / leva regañado sempre / o coiro, tamén estoutros / sacan a cabeza ás veces / sangrando coma un carneiro, / e póñenlle un trapo mentres / que se cura; diso os chaman / os puchos, en Castroverde…” Non lle preguntei á nosa protagonista se coñecía o depósito na BN, Madrid, desta obra do noso paisano Lois do Cando, “A víspora de San Xoán, en Montecubeiro”, que probablemente si, xa que tan culta é; de todos modos, por se alguén quere ia á fonte limpa, orixinal, esta é: BN, R. 757963. O que non sabía a miña interlocutora, pero iso é secundario, é que aquelas liortas en Castroverde víñannos principalmente das xenreiras coas que os de Montecubeiro acolleron a súa translación de “Couto” na ampliación do Concello de Castroverde. O susodito “trapo”, obviamente, era o seu paniño das mans. ¡A inercia, rapaces, que non é só unha lei física senón, e tamén, unha lei socioeconómica!
Xosé María Gómez Vilabella

11 octubre, 2009

Recollido este post do blogue "Alfaias" de Marcos Calveiro

TEMOS QUE SER FORMIGAS, NON CARRICANTAS

Non sei se son paranoias miñas, mais comezo a ver por todos os recantos síntomas moi preocupantes que indican que o discurso mentirán contra a nosa lingua vai callando lixeiro en moita xente, explícome.

...................
Ver o artigo enteiro



BREVE RESUME DA PARTICIPACIÓN NA MISA CANTADA Á VIRXE DO ROSARIO, QUE TIVO LUGAR NA PARROQUIA DE FURÍS DE CASTROVERDE


Un grupo de cantores de Lugo coa colaboración da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde participaron na misa cantada que tivo lugar o día 4 de outubro, domingo, ao medio día. A misa foi ofrecida por todos os cofrades da Virxe do Rosario.
Saúdos.
Manolo Muñiz