Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

07 julio, 2012

Breve resume da segunda xornada de Feireando III Convivencia arredor de “ A ruta das feiras” 01-07-2012


Parte dos asistentes na ponte do río Chamoso ao pe do Mazo de Santa Comba


Esta segunda xornada de Feireando consistiu en facer o roteiro das Feiras entre o lugar da Feira de Nadela e Adai.
Saímos de Nadela arredor das 10:00 h. para irmos ata o mazo de Santa Comba, pasando polos lugares de San Xoán de Pena, A Gándara para chegara ao mazo e, desde aquí a Laxosa e polo Vao pasando perto de Donalbán camiño de Quintela e desde aquí de Arximil e logo de cruzar  dúas veces o río Chamoso achegármonos á feira de Adai.
Comentar que este anaco do Roteiro de As feiras, pasa por fermosos camiños tradicionais, sen pisar, practicamente o asfalto. Dicir que o roteiro foi trazado por Mª Asunción Bermúdez, colaboradora do proxecto do roteiror entre os concellos de Lugo e O Corgo,  polo xerente,  Antonio V. Figueroa e o técnico, Pablo Vila  do GDR4 –Terras de Lugo; moitas grazas a todos  eles.
Rematando esta segunda xornada de Feireando III coa visita á feira do Cabalo de Adai.
Para a vindeira edición de Feireando, agardamos que se celebre no Concello de Rábade.

Saúdos.
Manolo Muñiz


(ver albume de fotos)

04 julio, 2012

Breve resume da viaxe KM0 a ESTACA de BARES (03-07-2012)


Os asistentes na visita a Deputación lucense
                                 

   No día de hoxe, martes, tres de xullo os veciños e Amigos do Patrimonio de Castro Verde, tivemos a ocasión de facer unha visita á costa de Lugo, mais antes de achegarnos á costa, temos que dicir que fomos recibidos na Deputación polo Deputado,  Juan José Díaz Valiño (que ten raíces en Castro Verde), deunos a benvida e explicouenos que as viaxes KM 0, teñen por finalidade dar a coñecer a nosa provincia. Seguidamente no salón de plenos, Ángeles a guía que nos acompañou , explicou aos presentes o funcionamento da Deputación.
Logo, visitamos a Fundación TIC, onde,  Darío explicou o funcionamento das TIC e as diferentes salas, mentres que Pablo foi gravando ás persoas nas diferentes salas. Darlles ás grazas a estes dous técnicos e á Fundación TIC por este traballo e pola elaboración que están a facer dun vídeo sobre Terras de Castro Verde, logo de moitas horas de gravación e traballo.
Ao saír da visita, foto de rigor e seguidamente dirixímonos á costa de Lugo, onde xantamos, visitando unha das praias do  Vicedo e, a seguir tivemos a ocasión de achegarmonos a Estaca de Bares, comentar que  é un un espazo protexido catalogado como sitio natural de interese nacional localizado, na parroquia de Bares do concello de Mañón,  provincia de A Coruña.
O cabo é un enclave de enorme valor ornitolóxico e unha atalaia privilexiada para observar as migracións de aves mariñas, das que, entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares.
Comentar que, os que puideron, achegáronse á punta do Faro. Este Faro foi construído en 1850.
Despois desta visita, subimos ao lugar do restaurante O Semáforo, desde onde hai unha fermosa vista da ría do Vicedo, Illa Coelleira e ría de Viveiro. A nosa guía contou a lenda desta Illa que non imos reproducir aquí e podedes consultar en: http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=20&id=1516
Logo desta visita, baixamos ao porto do Vicedo e desde aquí volta a Lugo.
Agardamos que os veciños e socios disfrutaran deste día e dámos as grazas, unha vez máis aos organizadores e á Deputación.

Saúde. 
Manolo Muñiz


02 julio, 2012

Terras de Lugo ultima o trazado da Ruta das Feiras


Público asistente na primeira xornada




                                                    Feireando III



01/07/2012 - Pablo Rodríguez / El Progreso (Lugo)


O grupo de desenvolvemento rural (GDR) Terras de Lugo espera concluír en setembro os traballos de delimitación da Ruta das Feiras, que unirá os pobos da comarca de Lugo onde se celebran feiras ou as houbo no pasado.
Dos preto de 190 quilómetros que terá esta ruta, tan só está pendente de definir o trazado entre Rábade e a parroquia lucense de Ombreiro. Unha vez rematadas esas tarefas, o GDR iniciará contactos con distintas institucións e asociacións en busca de fondos para pór paneis informativos nos lugares que celebran ou acolleron feiras. A medio prazo, a intención é sinalizar todo o trazado. Así o anunciaron onte o presidente e o xerente de Terras de Lugo, Álvaro Santos e Antonio Ventura Figueroa, no transcurso das terceiras xornadas Feireando, que se celebran no Corgo.

Máis información en:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/181298.html



01 julio, 2012

Breve resume da viaxe - KM 0 - Deputación Provincial para os GDRs da Provincia con motivo do XX aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño e Ancares 25-06-2012


Os asistentes a carón do rio Navia, en Navia de Suarna

 O pasado luns, día 25 de xuño, tivo lugar a viaxe KM 0 que a Deputación organizou para os representantes das Xuntas Directivas dos GDRs da provincia con motivo do XX aniversario da Reserva da Biosfera.
Logo do recibimento na Deputación tivo lugar unnha conferencia arredor das reservas da biosfera que impartiu Javier Ferreiro. Seguidamente tivo lugar unha visita ao centro de interpretación que a Deputación ten no río Rato. Desde aquí marchamos a Navia de Suarna onde visitamos a fábrica de embutidos Suarna, breve visita a Navía de Suarna e a seguir subimos ata O Piornedo, onde xantamos e visitamos o lugar e, a palloza que está adicada a museo. Alí puidemos lembrar a vida doutros tempos e os problemas que teñen para conservar os teitos das pallozas, debido a que xa non se sementa nin se recolle  centeo coma antes.
De Piornedo baixamos a Donís onde visitamos a súa fermosa igrexa, que foi obxecto de reformas hai poucos anos. Salientar as pinturas e tallas que conserva.
Logo desta vista regresamos a Lugo. Dar as grazas á Deputación Provincial e ás persoas que organizaron esta viaxe.

Saúde.
Manolo Muñiz

21 junio, 2012

III Xornada de convivencia arredor de "A ruta das Feiras"

 
Lembrade que para participar neste acto, hai que comunicalo
 antes do 26 de xuño, martes, a :  
terrasdelugo@gmail.com
982.228.922
626.014.105
Saúdos. Manolo

Artígo de Xosé Mª G. Vilabella sobre a XXXV Romaxe Irimiega a celebrar o 8 de Setembro



18 junio, 2012

O TREN QUE PUDO TER CASTROVERDE


O tren Lugo-Ribadeo, catro vías de papel

As dúas ideas iniciais de trazado duplicáronse, pero non prosperaron

4 votos


Houbo un tren que circulou por vías de papel, funcionou con locomotoras movidas por soños colectivos, e descarrilou antes de transportar algo máis que expectativas sociais e económicas trazadas por quen desexaban velo circular. O tren Lugo-Ribadeo pasou das vías descritas sobre o papel á vía morta dos proxectos abandonados, aínda que deixou un rastro no que as polémicas sobre o seu trazado e os argumentos duns e outros para defender a súa proposta colócano entre os principais soños incumpridos do norte de Galicia.
Algo máis de medio século, entre a segunda metade do XIX e a primeira do XX, durou ese soño, que en boa parte da súa existencia conviviu coa indefinición do seu trazado e cos argumentos defendidos polos partidarios da opción central (Lugo-Vilalba-Mondoñedo-Ribadeo) e os da opción oriental (Lugo-Meira-Ribadeo). Con todo, houbo un momento, a mediados dos anos vinte do século pasado, no que as ilusións e as disputas eleváronse ao cadrado, pois as dúas opcións básicas convertéronse en catro.
A posibilidade de deseñar un tren por Mondoñedo dobrouse en dúas rutas, igual que a teoría de achegalo a Vilaodriz, entón municipio e hoxe parroquia integrada na Pontenova tras a fusión de ambos os concellos, para unilo co ferrocarril mineiro que enlazaba con Ribadeo desde uns 20 anos antes.
A prensa de Vilalba ou Mondoñedo ocupouse con ardor e amplitude dun asunto que incluso mereceu a atención de sociedades de emigrantes en América, implicados na defensa dun trazado que discorrese polos seus municipios de procedencia. Avanzado 1926, o semanario mindoniense Renovación recollía catro trazados diferentes.

A OPCIÓN MÁIS LONGA
Lugo-Vilalba-Mondoñedo-Ribadeo: máis de 120 quilómetros. Era o trazado máis longo, pero interesaba incluso en Viveiro. Cando o citado semanario, en outubro de 1926, publicou as achegas económicas que estaban dispostos a realizar os concellos por onde discorrería o trazado, recolleu que o viveirense contribuiría cun millón de pesetas se se crease unha ligazón desde Vilalba. As doutros concellos tampouco parecían desdeñables: o de Vilalba, millón e medio de pesetas se o ferrocarril se achegase á vila, 750.000 para o ramal a Viveiro ou a suma de ambas as cifras se o tren pasase afastado do centro urbano; o de Abadín poría 200.000 pesetas en metálico; o de Lourenzá 20.000 por cada quilómetro de vía que cruzase o municipio; o de Mondoñedo, millón e medio... Ese mesmo semanario tamén chega a atribuírlle unha lonxitude algo menor, 102 quilómetros. 

A solución directa
Lugo-Castro-Abadín-Mondoñedo-Ribadeo: 102 quilómetros. Renovación definía como «solución directa» a de Lugo a Abadín por Castro para baixar logo a Mondoñedo. Tanto este trazado como o anterior confluirían en Barreiros co ferrocarril que circularía pola costa. Con todo, nesta segunda opción por Mondoñedo tamén se expuña que discorrese polo interior de Barreiros e de Ribadeo para enlazar co da costa ou co tren mineiro. 

Alternativa directa
Lugo-Castro-Aldurfe-Riotorto-Ribadeo: 104. Esta opción iría de Lugo a Castro e logo avanzaría en sentido nordeste ata chegar a municipio de Riotorto, de onde seguiría a Vilaodriz para enlazar co tren mineiro. 

Solución Meira
Lugo-Castroverde-Santa Eulalia de Piquín-Vilaodriz-Ribadeo: 114. A alternativa que recibe o nome desa vila presenta un detalle curioso: o trazado non discorrería pola localidade senón polo leste, a varios quilómetros, tras saír de Lugo dirixíndose cara ao leste da capital provincial. Igualmente recollíase a unión co tren mineiro, que aínda que se ideou para dar saída ao mineral de ferro de Vilaodriz polo porto de Ribadeo e inaugurouse en 1905, acabou sendo un tren mixto de mercancías e de pasaxeiros.

Expectativas
Un tren con impulso. No semanario mindoniense Xustiza, que tamén dedicou ampla cobertura ao proxecto, escribíase en 1925 que o tren, en realidade un ferrocarril galego que iría de Marín a Ribadeo por Lugo, sería «a arteria ampla e chea de vida» que daría ao territorio «o sangue vivificadora dun resurgimiento inesperado».


16 junio, 2012

PROXECTO DE ACTIVIDADES XULLO-AGOSTO-SETEMBRO:



- 30 de xuño e 1 de xullo.  
III ENCONTRO DE FEIREANDO NO CORGO

- 3 de xullo - Km. 0. 
Prazas esgotadas.

-19 de agosto. 
Feira Artesá no noso Castro Verde

-25 e 26 de agosto Irmandamento 
en Castro Verde de Zamora 
(Anotarse o antes posible)
Sempre antes do 1 de agosto.

-8 de setenmbro. 
XXXV ROMAXE EN CASTRO VERDE
 ---

10 junio, 2012

RESUME DO ROTEIRO QUIROGA - A SEARA


En San Clodio
                   
    Neste sábado, día 9 de xuño, realizamos este roteiro con saída de Castro Verde arredor das 9:00 h. e, tendo programada unha visita ao Museo Etnográfico de Quiroga para as 11:00 h., aproveitamos antes, para visitar a Festa da Cereixa que se celebraba en San Clodio no Concello de Ribas do Sil. Logo desta breve visita, chegamos para visitar o Museo, onde nos agardaba o Sr. Alcalde de Quiroga, D. Julio Álvarez e o veciño da Lama, Sr. Silvelo, a quen agradecemos desde aquí a amabilidade por ternos recibido a ámbolos dous, especialmente ao Sr. Alcalde que sabemos que neste día celebraba os 25 anos frente a Alcaldía do Concello de Quiroga, parabéns Sr. Alcalde. Despois de facer a foto de rigor, pasamos ao museo que, se encontra nos baixos do auditorio, onde puidemos visitar os aparellos e ferramentas que se empregaron na zona durante centos de anos, onde da man de Moncho, o guía dos museos, recibimos as precisas explicacións, podendo contemplar desde unha prensa do aceite e todo o proceso da oliva para a obtención do produto, pasando polos apeiros de labranza, carros, arados, sachadoras…, úteis de ferro, os diferentes tipos de pizarra, a lareira, a madeira, o tratamento da la e ata “ un coche” con mátrícula C- 2841e, como é lóxico en Quiroga non podía faltar a Adega.

Desde este museo trasladámonos ao museo Xeolóxico, inaugurado recentemente, onde puidemos ver as pegadas dos glaciares ata os puntos de interese xeolóxico, paleontolóxico e mineiro da contorna, idades do home e esqueletes de oso entre outros animais.

Agradecer a amabilidade e explicacións de Moncho, o guía dos museos.
De Quiroga á Cruz de Outeiro, mais con parada técnica na aldea de A Lama, onde o Sr. Silvelio, nos convidou a un viño da zona e Manolo e Mercedes a un pincho, agradecer desde aquí a amabilidade de todos eles, especialmente a Mercedes e Manolo polos detalles que tiveron connosco ao longo do día.
Desde A Golada ata A Ferevenza do Fócaro e baixada á Seara para realizar unha visita a esta fermosa aldea, practicamente, rehabilitada, onde xantamos, no mesón da familia Carrete. Pola tarde breve visita, externa, á igrexa parroquial e, a seguir visita á aldea de Vieiros e pequeno percorrido polo roteiro da Fervenza de Vieiros.
De volta puidemos contemplar Quiroga desde o Miradoiro do Val do mesmo nome.

Saúde, Terra e Lingua.     
Manolo Muñiz

07 junio, 2012

RECOÑECEMENTO A UN GRAN PRÓCER DA CULTURA GALEGA E LUCENSE



Xesús Pérez Regueiro é socio de Amigos do Patrimonio a súa familia foi de Castro Verde, creemos lembrar que de Outeiro.