Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

05 octubre, 2013

"Nuevos Horizontes en vivo"




Bo día,
Contactamos con vos para informarvos do evento denominado "Nuevos Horizontes en vivo", que ímos organizar o sábado 19 de outubro de 2013 en relación ás actividades do proxecto Nuevos Horizontes.

Nas últimas xornadas organizadas para a difusión, posta en común ou debate sobre experiencias ou temas de desenvolvemento do territorio, vímos detectando que a participación dos asistentes non foi todo o satisfactoria que se agardaba.

É por isto que decidimos modificar o formato. En lugar de subir á palestra a expertos, promotores ou colaboradores, pensamos noutra estructura que podería ser motivadora: achegarnos ás experiencias implicadas no proxecto a través dunha viaxe polo territorio.
Consistirá por tanto esta xornada, nunha serie de visitas a proxectos amparados polo proxecto Nuevos Horizontes, mais tamén, a outras iniciativas relacionadas coa produción agraria e coa posta en valor do patrimonio do rural.
Para maior detalle achegamos a este correo o itinerario elaborado para esta viaxe.
Debido a que as prazas son limitadas, pregamos nos confirmedes a vósa asistencia como moi tarde o luns 14 de outubro ás 14:00 horas, ben por vía telefónica (982228922 / 626014105) ou ben por correo electrónico no enderezo: terrasdelugo@terrasdelugo.com.
Agradecemos a maior difusión posible que se poida facer do evento.
Un saúdo.

Asociación Terras de Lugo
Correo-e: terrasdelugo@terrasdelugo.com

Torre nº1, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)

Teléfono fixo: 982.22.89.22

Teléfono móbil: 626.01.41.05

Acto da Iniciativa Galega pola Memoria



O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañá, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, alí mesmo lembradas nun monolito que lembra o asasinato de 15 persoas desa parroquia, cuxo único delito foi defender a democracia republicana no 1936.

Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados nos principios da democracia a tais manifestacións do innomeable alcalde. Por iso, o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro terá a seguinte programación:

- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.

- Intervención do representante da Deputación de Lugo, Sr. Mario Outeiro, representando á autoridade do estado.

- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucensa, Sr. Claudio Rodríguez Fer.

- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.
- Actuación da artista galega Mercedes Peón.
Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante O Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por cabeza-, na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/1XL2-AC4sqBi_LeRdwuCWXBdSuYHGDeI4i1R8aak4oVg/viewform

Só tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo electrónico, caso de  que non a teñades, poñede a  de alguén coñecidx.
En arquivos adxuntos, vai o cartel anunciante do acto, un tríptico que informa máis sobre o que pasou en Montecubeiro, e das razóns que levan á Iniciativa Galega pola Memoria a convocar o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, e máis un arquivo dun acceso á parroquia de Montecubeiro desde a autovía que vai de A Coruña á Pedrafita do Cebreiro.

Iniciativa Galega pola Memoria
www.igmemoria.org



Gómez Pereira era o padre, dun dos socios máis vellos que temos, César Gómez. Ano 1948


02 octubre, 2013

Resultados das eleccións 2013 na Cámara Municipal de Castro Verde (Portugal)






(para ampliar facer clic nas imaxes)

15 septiembre, 2013

Reportaxe fotográfico sobre a VIII Feira Artesá 2013 de Castroverde


 BREVE RESUME


Participación na VIII Feira Artesá. Estivemos nos pendellos da feira con libros do noso Catroverde e dos Castroverdes da  P. Ibérica, entre outros libros da provincia e de Galicia.
Asistimos ao pregón do Mago Antón onde nos lembrou a súa procedencia de A Meda, lembranza para a súa familia e con referencias á historia de Castroverde e á necesidade de defender o noso rico patrimonio, todo isto en diálogo con Facundo.
Á parte doutros variados actos; desfile de moda, actuación de Zuncurrundullo. Pola tarde continuaron outros actos, carreira de cabalos, festa na piscina, actuación do Mago Antón acompañado por outros  magos, rematando con Ritmo Lugo.
Agradecer ao Mago Antón a deferencia que tivo coa asociación facendo xogos de maxia e fotografándose connosco
Saúde, Terra e Lingua. Agosto 2013


VER REPORTAXE:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIIIFeiraArtesan2013DeCastroverde?authuser=0&feat=directlink

Resume da XXXVI Romaxe de crentes galegos en Sta Uxía de Lobás

Amigos do Patrimonio de Castro Verde e Amigos da Milagrosa de Lugo


Este ano tivo lugar a Romaxe en Santa Uxía ou Ouxea de Lobás – O Carballiño- e, xa van alá 36 anos. Lugar fermoso, cunha carballeira e fonte únicas que son acolledoras, sendo de salientar a súa capela do século XII e o patrimonio da súa contorna.
O acto comenzou cunha primeira parte; O Lugar que nos acolle, acollida onde se cantaba o retrouso e lema desta Romaxe, “A esperanza corre présa”, con cantos de letras de Manuel María, Díaz Castro, Marica Campo ou Darío Xoán Cabana musicados polo grupo A Quenlla. Alusións, unha vez máis á explotación e esquilmación da Nosa Terra e agresións ao noso patrimonio. Una segunda parte; Mulleres de onte, mulleres de hoxe. Loitas de onte, loitas de hoxe. Nesta parte as protagonistas foron as mulleres; A Esperanza, María Castaña, María Balteira, María Soliña, Rosalía de Castro… continuando co acompañamento musical de A Quenlla e letras dos autores xa citados. A terceira parte; Memoria de Xesús, Memoria das discípulas. Nesta última parte seguen as mulleres a ser as protagonistas, Magdalena ou Madalena, Marta e María. Madalena é a que toma o pan e o viño para facer a bendición dos mesmos.
A cuarta parte; O berro seco. Acto de desafogo e desagravio da Nosa Terra.
A quinta parte; Entrega do ramo, para anunciarnos que o vindeiro ano a Romaxe será nas Virtudes no concello de Frades
A sexta parte; Despedida co Himno Galego.
Logo de Xantar, pola media tarde; acto de oración do solpor, na fermosa igrexa de Vera Cruz do Carballiño. Acto sinxelo, fraternal e moi acolledor.
Comentar que a igrexa do Carballiño foi levantada a mediados do século XX, 1955, e rematada arredor de 1975. A torre mide 52 metros e ten ao pé de duascentas escaleiras.

Saúde, Terra e Lingua
Manolo Muñiz

VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/XXXVIROMAXEDECRENTESGALEGOSStaUxiaDeLobas?authuser=0&feat=directlink

14 septiembre, 2013

Itinerarios e decisións (Actos do 7-9-2013 en San Cibrao)

DESPOIS DA INAUGURACIÓN, EN MONTECUBEIRO

Queridos amigos, que estamos no miolo dun Couto, concretamente no monte dos cupeiros, das cubas, e por engado no berce onde se criaron centos de emigrantes a Cuba, que xa é un paradoxo, o de Monte-cubeiro (Montecubeiro) evidénciase con só recrear a vista nestas curvas tan frondosas e atractivas que nos rodean pois topónimo máis axeitado non cabe imaxinalo. Con iso e con todo, para min, e espero non ser o único en así catalogalo, estamos nun monte sacro, sacrosanto, polo cúmulo de feitos dos que foi escenario, ara ou altar de sacrificios.

Comezando polas mámoas de Eiladrán, ou Hiladrán, que das dúas maneiras se lle veu chamando, profanadas pola fame, pola fame de terras para facer decrúas, cavadas e pasteiros, pasamos aos recintos castrexos, precedente das comunidades de veciños, evacuados en dirección ao Medullius, que logo sería coñecido como Mons Ciro, monte de Ciro, aquel centurión avasallador, que non só ocasionou o envelenamento dos nativos con zume de teixo (taxus) cando se lles esgotaron os víveres, ou as lagoas, senón que, na súa rapina invasora abriu a ruta do Val do Azúmara, do que espoliaron, segundo Plinio, ¡nun ano!, sete mil libras de ouro. Fai cousa de tres ou catro anos aínda se rexistrou unha denuncia mineira para Arcos dos Frades, aí abaixo. Nesta parroquia, na nosa, quedounos esta lembranza entre outras, nas “grobas”, nos lavadoiros de Insua. (¡Por algo tiñan tan présa en facer, en obrigar a facer, as murallas, esa “caixa forte” de Lugo!).

Despois, todo por aquí, viñeron os eremitas, entre eles os da Valga do Santo Estevo, subindo de Veiga a Maxide, con ese topónimo sacro tamén tan elocuente, e co seu rego de auga bendita, excelente; bendita para min, pero non o foi para as pas da Concentración Parcelaria, tan expertas en soterrar pretéritos ilustres.

O ouro levárono pero deixáronnos o ferro, en particular o do monte da Ferreira, beneficiado nos fornos do Escouredo, coa potencia calorífica das uces e dos carballos deste couto; eu mesmo tiven nas mans, repetidas veces, grandes e abundantes escouras, que emerxían nas aradas dese lugar.

Tras, ou cos, eremitorios, ¡monte sacro!, erixíronse as capelas: Santiago de Foxos; Santo Adrao, AS Catro Cruces, da Cernada; Santa Petronila…; culminando co convento dos beneditinos, que pasou despois aos dominicos. As súas advocacións confirmar a súa antigüidade pois todas teñen, tiveron, invocacións típicas dos primeiros séculos do cristianismo en Galicia.

Non hai forma de investigar se andou por aquí Prisciliano, pero sabida a súa predilección polas carballeiras, herdada dos druídas, nada me estrañaría que lle debamos tanto ou máis que ao propio Santiago.

A xente desta parte do país, que sempre foi de carácter, -sabido é canto inflúe na personalidade o ambiente do berce respectivo-, non admitiu aquel chanchullo, aquel amaño familiar, da designación do Rei Silo, así que a Gallaecia Occidental negoulle acatamento, e por ende, tributos, expoñéndose así as represalias. Outro martirio, outro holocausto, que se iniciou no Monte da Matanza; queimado ese monte, que diso vén o topónimo Cádavo, os perseguidos retrocederon para o monte sacro, para o monte das espesuras, culminándose o holocausto aí arriba, na Fonte de Matahomes, que dá lugar ao sacrosanto cemiterio do Rego dos Ósos, que non dos osos.

Tras dos eremitas, os frades, de beneditinos a dominicos, e con eles as decrúas, os foros, décimos e primicias, ¡prima noctis incluída!, pero tamén a cultura, que non debeu ser pouca pois aquel Muñiz de Carvajal se fose un pailán nin daría chegado a Sevilla nin o levaría consigo, no seu equipo, o Licenciado Briviesca de Muñatones, destinado ao Goberno do Perú, no ano 1560.

Montecubeiro, un faro cultural nas tebras da época; sobran testemuñas diso, pero só citarei dous ou tres fitos: O noso frade, Manuel García y Gil, aquel teólogo de sona, figura cume no Concilio Vaticano I, que comezou aquí, no noso convento, de mestre dos seus foreiros, para chegar a eminencia cardinalicia no ano 1877, designado polo Papa Pío XI. A pléiade de mestres de “a ferrado”, ilustres fillos dos ilustrados polos nosos frades, que irradiaron cultura, nos séculos XIX e XX, por toda a contorna, a distancias incribles, pois chegaron ao Corgo, a Muxa, Valeira, Pol, etcétera. A guerra “incivil”, que fundamentalmente foi unha alarma, un pánico que lle entrou ao caciquismo cando se decataron de que estaban desaparecendo os analfabetos, colleunos neste Couto, ¡con unha biblioteca circulante, -libros a préstamo, para devolver os domingos “de Meira”-, e con unha Unión de Agricultores y Ganaderos! Dezaseis mortos dos 65 acusados e perseguidos, coido que é unha cifra elocuente, que non precisa comentarios.

Culminada, por entón, a fase das letras, Montecubeiro estaba pasando á das ciencias, aos saberes científicos, á racionalidade paulatina do traballo. Non coñecían a Pert, pero si os accesos ao “camiño crítico”, á arte, ¡á ciencia!, de engadir valores. Os frades ilustraran aos nosos emigrantes, e este triunfaban en América, de onde volveron maduros e cos coñecementos incrementados; con cartos, e tamén coa xenerosidade de estimular aos seus irmáns, pero tamén aos veciños.

¿Cómo sería Montecubeiro sen aquela guerra estúpida, inxustificada? Téñoo claro: ¡unha industria agroalimentaria, con subministres a domicilio, pedidos por Internet, ademais dun artesanado mecanizado de artigos elaborados con madeiras nobres, tantas que había aquí antes da Concentración! Unha terra feraz e unha xente instruída, avanzada, tiña que conducir a avances espectaculares.

Por aquel entón meu pai non paraba de facer escrituras de permuta de fincas, co cal uníanse, reuníanse, as de verdadeiro interese. Tamén se acudía a empedrar os camiños por prestación persoal non regateada. Eu mesmo entrei en Berlán, con un De Soto, desde Mosteiro, polo camiño de carro, en maio do ano 1957, ¡nunha zona de bocarribeira! De seguir aquela Unión, aquela cooperación, cando viñesen as leis de Concentración Parcelaria Montecubeiro acolleríase, ¡seguro!, á Concentración Privada, tamén con vías e obras de financiamento público, que son as boas, as boas concentracións, e non esa frustración, ese letargo, esas desviacións que tivemos/que padeceron estes veciños durante quince anos.

Como o pasado é pasado, e por tanto irreversible, o que nos ten que servir é de lección para reconducir o porvir en consonancia coas esixencias desta fase de globalización que lle toca vivir á xeración do século XXI.

Para enderezar rumbos o primeiro é mentalizarse que, sen desprezar as letras, compre utilizalas para avanzar nas ciencias, en particular no estudio das posibilidades de cada zona, fuxindo dos cultivos que deixen de ser rendibles por excesos competitivos. Nos meus tempos de directivo de Banca sempre me preocuparon  as empresas inmobilistas, rutineiras, acollidas a sectores saturados, por altos que fosen os seus ratios de solvencia monetaria.

Montecubeiro tivo unha boa oportunidade coa louseira da Mouriña, naqueles anos de febre construtiva, pero tamén foi unha sorte para a ecoloxía que non se pasase da fase de adquisición de participacións.

Outra ocasión perdida foi a época de fabricacións de mobiliario e demais útiles con madeiras nobres, que estivemos importando de Portugal, con tantas árbores de calidade que había daquela na parroquia e que acabaron mal vendidas e mal aproveitadas por falta de iniciativas, pero iso tamén pasou á historia, e tardará en volver polas nosas ignorancias e pasividades en arboricultura.

Eu mesmo lle tiven postos os ollos ao embotellamento da Fonte das Augas minero-medicinais, na Ferradura, e boa decepción me levei cando descubrín que unha pista de Concentración Parcelaria entullara a fonte principal. Aquelas augas ferruxinosas terían hoxe un gran mercado, pero está visto que o bo, ou nolo rouban ou o inutilizamos nós mesmos.

Os avances en técnicas de conservación de produtos agrícolas, tales como a liofilización das castañas, están en auxe, con un mercado insatisfeito, particularmente atendendo pedidos domiciliarios por Internet, ¡que son as feiras modernas, e por tanto a mellor forma de prescindir de intermediarios monopolistas, pero, de presente, non cabe dar receitas concretas sobre produtos específicos porque a crises actual fará pensar moito, así que tomará derivacións socioeconómicas imprevisibles, hoxe inesperadas, pero en todo caso o abano de posibilidades de Montecubeiro é grande…, se nos molestamos en abrilo, en usalo! Daquela as novas xeracións teñen moito que aprender, pero tamén de quén e de qué facelo, así que só me cabe desexarlles ánimos. “Cave ne cadas”, que dicían os romanos; que non decaian, que avancen, que fagan honor á herdanza recibida…, pero á positiva!

Lembrando os vellos camiños é como mellor se dexergan os novos, as novas oportunidades, así que, como din os mariñeiros, ¡avante toda!, abramos novas oportunidades, que materia prima tedes. ¡É cuestión de roza-las silvas, que agora temos máquinas e non aqueles entregos, que o fixeron con aixada e fouciño!

Xosé María Gómez Vilabella

12 septiembre, 2013

Conferencia “OS VALORES EDUCATIVOS DA NATUREZA”

Les informamos que el próximo jueves 12 de septiembre, a las 19:00 horas, tendrá lugar una nueva conferencia dentro de la programación de actividades que se están desarrollando en el Centro de Interpretación Terras do Miño, en el Paseo do Rato s/n.
Esta levará por título “OS VALORES EDUCATIVOS DA NATUREZA”, siendo el conferenciante de la misma, Don Eugenio Otero Urtaza, Catedrático de Escuela Universitaria, Departamento de Teoría de la Educación, Historia de la Educación y Pedagogía Social. Universidad de Santiago de Compostela, Campus de Lugo.

La conferencia versará sobre la naturaleza y el paisaje, como unas de las fuentes educadoras más genuinas y auténticas que han tenido las personas a lo largo de toda la historia. A partir del  siglo XVIII, con el naturalismo de Rousseau y el comienzo de las actividades excursionistas por Los Alpes, hubo un potente movimiento educativo para llevar a los niños a entornos naturales para que disfrutasen de una vida sana, fortalecer su carácter y su salud, tener experiencias nuevas y aprender activamente. Pestalozzi  fue uno de los primeros educadores que se dio cuenta de la importancia que tenía el excursionismo para que niños y niñas aprendiesen directamente ante la presencia de las cosas, pero durante todo el siglo XIX y el siglo XX, este movimiento se afianzó con diversas organizaciones de educadores que no sólo interesaban a la educación escolar sino también a la educación no formal, como los Wandervogel o los boy scouts.

Sin otro particular, y a la espera de que esta información sea de su interés, reciba un cordial saludo.

Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo

Documental sobre Alexandre Bóveda


Concerto do ciclo Espazos Sonoros no Museo do Castro de Viladonga

O vindeiro domingo 15 de setembro, ás 20 h. terá lugar no Museo do Castro de Viladonga un concerto do programa Espazos Sonoros, Galician on board, a cargo do grupo ODAIKO PERCUSSIONS, organizado por Sirgo Torcendo baixo a dirección de Belén Bermejo e patrocinado pola Consellería de Cultura e Educación.
Previamente, a partir das 18 h. efectuarase unha visita ao Castro e ao Museo guiada polo seu director Felipe Arias.
A actividade é de asistencia libre e gratuíta, no caso dos actos no Museo ata completar aforo.

Integrado por percusionistas cunha fonda formación e traxectoria concertística, Odaiko converteuse, desde a súa presentación en Holanda en 2002, nun dos grupos galegos de percusión máis innovadores e con máis proxección internacional. Odaiko toma o seu nome dun tipo de tambor oriental, caracterizado pola súa cor vermella e o seu dominante son. Nos seus concertos xuntan tradición e modernidade, melodía e ritmo, forma e improvisación, en diálogo creativo entre os músicos intérpretes e tamén co público. En Galician on board, Odaiko presenta un repertorio variado no que as percusións contemporáneas, como marimbas ou vibráfono e percusións electrónicas coma o xylosynth, se fusionan con elementos da música tradicional galega, entre os que atopamos tamén apeiros de labranza que foron empregados como instrumentos para marcar o ritmo das tarefas e alegrar os longos días de traballo no campo.

[ Máis información en http://www.espazossonoros.org/programacion-2013.html ]