Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
17 diciembre, 2013
15 diciembre, 2013
Roteiro MONTE DE BIDUEIROS e outros lugares
| Parte dos camiñantes diante da casa de Fidalgo |
Arredor das 10:00 h. saímos de Queizán de Arriba onde visitamos a igrexa e ás tumbas antropomórficas pegadas ao cemiterio, supoñemos que este lugar, pola súa situación foi un castro. Polo lugar de O Fontao camiñamos polo Monte de Bidueiros en dirección á Pena do Picato, mais non chegamos a subir e baixamos a Queizán de Abaixo, pasando polo fermoso lugar de Caxín, en estado de semiabandono, temos que chamar a atención do lixo que encontramos antes de entrar no lugar, cuestión coa que nos encontramos nos diferentes roteiros que facemos.
De Queizán de Abaixo pasarmos das Terras do Corgo ás de Castro Verde, con todo, non esquezamos que estamos en Terras do Chamoso. De Queizán de Abaixo en dirección a Gracián, visitamos o muíño e mazo de Andrés, mágoa que este conxunto estea en situación de abandono, desde o muíño fomos ao lugar de Liñar Longo, onde se enlagaba o liño e se afiaban os fouciños da sega e outras ferramentas de traballo que se facía na ferrería do mazo.
Desde aquí voltarmos ao camiño de Gracián, onde visitamos a casa do Fidalgo, capela e hórreo en ruínas e Fonte das Ninfelas. De Gracián tiñamos pensado ir a Santa Xuliana e continuar camiñando ao pé do Monte Canteira dos Bidueiros, pero os tiros dunha cacería fixéronnos cambiar de ”ruta”, tendo pensado achegármonos a Arcos (San Paio), polo camiño do Lóngaro; de novo as descargas e avistamento de cazadores fíxonos retroceder tendo que camiñar pola estrada de Gracián-San Paio, polo lugar do Canteiro, o que nos evidencia que estamos en terra de canteiros.
O cambio de “ruta” serviunos para visitar as cruces e cruceiros desta parroquia que ten un total de trece, o que nos fai pensar nun Viacrucis. Chamamos á atención desde aquí que estas cacerías deberían estar anunciadas e sinaladas dalgún xeito. Rematando deste xeito o roteiro e percorridos deste ano que está a piques de rematar. Agradecer as explicacións de Ánxela Gracián, socia e vogal da Directiva da Asociación.
Boas Festas
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Etiquetas:
Roteiros,
Roteiros_2013
Unha aplicación para interactuar cos organismos públicos
Bos días,
Tal e como comentamos onte na mesa sectorial do Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño, remitímosvos información sobre a aplicación Dep. Lugo, un paso máis para acercar aos cidadáns a posibilidade de interactuar cos organismos públicos. Mediante un dispositivo móbil, calquera persoa pode dispoñer dunha ferramenta práctica coa posibilidade de dar de alta unha incidencia que estea a ocorrer na súa cidade.
O sistema Dep. Lugo está pensado para que sexan os usuarios os que dean de alta as incidencias do seu terminal móbil. Estas poden ir acompañadas da localización e de imaxes descritivas do problema, desta forma a xestión e control por parte da administración pública das mesmas realizarase no menor tempo posible sen necesidade de información adicional.
No seguinte enlace atoparedes máis información sobre esta aplicación e teredes a posibilidade de desacargala:
http://xestionincidencias.deputacionlugo.org/
Un saúdo,
Manuel Muñiz
Reserva da Biosfera Terras do Miño

Comunicados,
Miscelánea
06 diciembre, 2013
Galiza nun tempo de seu
D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome D. Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo, teñen o pracer de invitalo/a á inauguración de GALIZA NUN TEMPO DE SEU que terá lugar o vindeiro xoves, 5 de decembro de 2013, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo. | ||
Praza da Soidade s/n
Tel.: 982 242 112 difusion@museolugo.org Máis información: e na web: www.museolugo.org | ||
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...
ROTEIRO: SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2013
Roteiro MONTE DE BIDUEIROS para despedir este ano.
Ás 9:30 h.: En Castroverde ao lado do Pereira.
Áss 10:00 h.: Queizán de Arriba, visita ás tumbas antropomórficas do cemiterio, de alí a Caxín, aldea de tres casas semiabandonada, Queizán de Abaixo, As Agras, subida ao monte A Canteira de Bidueiros, visita aos penedos, Penas do Zorro, Penedo Redondo, polo cume do monte cara á Santa Xuliana (se o camiño que baixa ata Gracián está moi enchoupado), e volta dende a Santa Xuliana aos Muíños, de aí a Gracián (casa do Fidalgo, capela e hórreo en ruínas, Fonte das Ninfelas.
Ás 13:30 h.-14:00 h. Remate da camiñata en Gracián.
Ao rematar xantar nun restaurante da vila para os que poidan e queiran.
Dificultade do roteiro, baixa cunha lonxitude de 8-9 quiómetros., aprox.
Comunicalo antes do día 12 de decembro, no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.
Saúdos. Manolo Muñiz
Etiquetas:
Comunicados,
Roteiros,
Roteiros_2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)