Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 mayo, 2014

23 mayo, 2014

ROTEIRO - VII ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS – ROTEIRO POLAS ACEAS DO RÍO SÁRRIA



Ás 9:00 h.  Ao lado do Pereira en Castro Verde.
Ás 9:10 h.   Na Ferreira – O Serradeiro.
Ás 9:25 h.   Aparcadoiro Casa Grande de Nadela.
Ás 10:00 h. Hotel Afonso IX.
O que nos manda desde a Asoc. Arcas de Sárria.
Avanzando na programación do roteiro de maio.
Ademais  do treito polo río Sárria, programaremos outro  urbano pola vila, dentro dunha programación de defensa  das catro pontes históricas da vila de Sárria, para as que temos solicitado a declaración de BIC.
PROGRAMACIÓN
10 DA MAÑÁ- HOTEL ALFONSO IX.
PERCORRIDO:
- RIBELA.- ACEA DE BAIXO.- ACEA DE RIBA-. PONTE DE FAFIÁN.- VEIGADELO-FARBÁN.- MOSTEIRO DA MADALENA.- PONTE DA ÁSPERA.- PONTE VELLA DO MAZDOIRO.- PONTE VELLA.- PONTE RIBEIRA. Percorrendo marxes dos ríos Sárria e Celeiro., para rematar arredor das 2 da tarde-
O xantar será no Hotel Alfonso IX, e pola tarde estaremos no Parque da Sociedade La Unión, onde haberá actuacións de animación cultural.
Saúdos


ASCIACIÓN CULTURAL ARCAS DE SÁRRIA





LUCUS A PÉ - III Encontro sendeirista e cultural

ENCONTRO SENDEIRISTA E CULTURAL LUCUS A PÉ


O IIII Encontro Sendeirista e Cultural "Lucus a Pé" ten como obxetivo fundamental o de achegar e difundir os valores culturais e paisaxísticos da cidade de Lugo e o seu ámbito a través do sendeirismo, mediante unha ruta especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade e parte do magnífico cinto verde da contorna.
A organización do "Lucus a Pé" corre a cargo da  "Sociedade Micolóxica Lucus”, unha asociación sen ánimo de lucro que dende hai máis de 13 anos é un referente na organización de eventos con grande éxito de participación no ámbito da cultura, a micoloxía e a natureza na cidade de Lugo.
O "Lucus a Pé" comezará ás 10 da mañá coa reunión e recepción dos participantes na Rúa San Marcos, en fronte ao edificio da Deputación de Lugo,  onde ademais da entrega de información e vales, se lles dará a benvida por parte dos organizadores e as autoridades públicas colaboradoras.
Iniciarase a ruta accedendo ao adarve da Muralla Romana polas escaleiras laterais da Porta Falsa situada na Praza do Ferrol, onde se realizará un acto de recreación histórica por membros da Asociación de Recreación Histórica "Terra Copora", no que se emitirá un salvoconduto para continuar camiñando pola cidade.
Tras percorrer un tramo da Muralla, descenderase na Porta de Santiago, para pasar a carón da Catedral e a Piscina Romana de Santa María, continuando pola Praza Maior e saíndo da parte amurallada da cidade pola Porta de San Pedro, cara ao paseo do Río Rato e posteriormente ao paseo do Río Miño percorrendo parte do mesmo polas súas 2 beiras, pasando a carón da Ponte e Termas Romanas e atravesando as magníficas paraxes e bosques de ribeira que nos ofrece o Miño ao seu paso por Lugo.

O percorrido concluirá no espazo verde do Club Fluvial de Lugo onde terá lugar a comida ao aire libre e un merecido descanso co río como compañeiro de excepción.
Máis información:http://www.smlucus.org/lucusape/

FEIRA DE PRODUTOS NA EIRA DA XOANA

O vindeiro 8 de xuño na Eira da Xoana, no marco da Feira de produtos naturais e artesas, farase a presentación pública da Campaña “Cousa de Raíces” a prol do bosque galego. Será unha campaña aberta á participación de calquera colectivo ou persoa que teña un obxectivo común: devolver ao bosque galego o valor que ten para evitar a súa progresiva desaparición.
ADEGA convídate a que esteas presente neste evento, participes de xeito colectivo ou individual dela, e utilices a súa imaxe identitaria e os recursos que a campaña poña a disposición para difundir tamén aquelas iniciativas que vós promovedes a prol do bosque autóctono. En breve poñeremos a funcionar un blogue no que se engadan todas estas actividades.
Explicamos máis a miúdo os obxectivos da campaña no documento apegado “Cousa de Raíces”. Tamén enviamos o cartaz da feira da eira da xoana, marco no que se desenvolverá a presentación de “Cousa de Raíces”.


Pregamos confirmes a túa asistencia ou apoio a través deste mail ou de cousaderaices@adega.info.

18 mayo, 2014

ASOCIACIÓN CULTURAL FORNO DA VELLA. PROPOSTAS PARA 2014:

VIAXES: Avisar a Consuelo. Tfno: 626024134/ 982312016 ou no correo da asociación. fornodavella@hotmail.com

27, 28 e 29 DE XUÑO: EXTREMADURA
                           Visitando: Cáceres, Mérida, Badajoz
e Guadalupe
Precio aproximado: entre 160 e 220
Euros
TODOS OS QUE ESTEAN INTERESADOS QUE MO DIGAN O MÁIS PRONTO POSIBLE. A DATA TOPE PARA APUNTARSE O VENRES 13 DE XUÑO


16 DE AGOSTO:    
           PRAIA E FRAGAS DO EUME
           Último día para apuntarse : 9 de agosto


24, 25 E 26 DE OCTUBRE:
          ÁVILA, SEGOVIA E EL ESCORIAL 
           Precio aproximado: entre 160 e 200 euros
           Data tope para apuntarse: 10 de octubre

Os precios son aproximados porque non temos a axencia confirmada e entre unhas e outras hai bastante diferencia. Tamén depende do número de persoas que se xunten., polo que é importante sabelo con tempo e sobre todo para que nos busquen hoteles cerca.

PULPADA: 
Avisar a Saul:982312219 ou Pepe:659109197
SÁBADO, 9 DE AGOSTO

Falamos de facer un CURSO DE PODA DE FRUTALES cando sea a época de podar.

14 mayo, 2014

Concerto do Soño - Inaguración das Cabanas da Auga


Estimad@s amig@s,
O vindeiro venres 16 de maio as 21:00 h. inaguramos  as Cabanas da Auga, estrutura de vimbio vivo composta por tres domos unidos por dous túneles e esquematizando a molécula da auga (H2O). Localízase na Casa das Insuas en Rábade e foi construída polos participantes do Obradoiro de trenzado de vimbio vivo: Construción dunha cabana de vimbio nun xardín infantil, organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e coordinado por Idoia Cuesta e Martiño Cabana e coa colaboración do Concello de Rábade.
A inauguración farémola cun concerto de Aquófono:  O Concerto do Soño
O Aquófono é un innovador instrumento de percusión con líquido, unha escultura sonora portátil e un sistema infusor de gotas musicais. Música, ciencia e natureza conxugadas nesta máquina do tempo, creadora e recreadora dunha enorme gama de paisaxes sonoros orgánicos…
O “Concerto do Soño” presenta unha sucesión de paisaxes sonoros relaxantes baseados nos cinco elementos: Metal, Auga, Madeira, Terra e Lume. Foi composto especificamente para a súa presentación en espazos e institucións vinculadas coa auga, a tranquilidade e o benestar.
O xogo aleatorio de la choiva musical controlada, recrea a riqueza polirrítmica da natureza sobre a que se improvisa libremente para compoñer pezas sonoras únicas, efímeras e irrepetibles. O Aquófono é un sistema único para desfrutar dunha viaxe particular a través de lugares descoñecidos onde a choiva é arte, sexan catro gotas, chuvieira, treboada ou orballo.
Non volo podedes perder…!!!

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e NOITE DOS MUSEOS - 2014.- MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e NOITE DOS MUSEOS - 2014


O Museo celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio), e participa así mesmo no programa europeo “A noite dos museos” o sábado máis próximo a dita data (neste ano 2014 o 17 de maio), con actividades vespertinas e nocturnas tanto no Museo coma no Castro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos e do Concello de Castro de Rei.

PROGRAMA
Venres 16 de maio
Ás 19’30 h. na Sala de Actos do Museo:
- Actuación de Pepe Penabade co espectáculo: “O Afiador Rodesindo da Barrosa”
- Conferencia-concerto en homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro, a cargo de Mini e Mero 

Sábado 17 de maio
A partir das 17’30 h., no xardín do Museo:
Demostración de xogos populares a cargo do Club de Bolos O Cadaval de Pacios, e actuación do grupo de música tradicional Os Valuros, de Castro de Rei
No Museo e no Castro:
Actividades de recreación histórica, demostracións e xogos con participación do público, a cargo das asociacións do campamento de Arde Lvcvs, Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum e Terra Copora
Ás 19 h, na Sala de Actos do Museo:
- Actuación do Mago Rafa
A partir das 20’30 h., no xardín do Museo:
Refrixerio con petiscos, bebidas e queimada
Á partir das 22’30 h:
Visita nocturna ao Castro, onde finalizarán as actividades.

N.B.- Os horarios da Noite dos Museos o sábado 17 de maio indícanse de xeito aproximado. No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitiran as actividades previstas no exterior, faranse uns actos alternativos nas salas e nos pórticos do Museo.


Maio de lingua

O deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron a programación que se vai desenvolver nos 4 museos da Rede Museística nesta edición da SEMANA DOS MUSEOS 2014. Nestas xornadas, que van do 12 ao 18 de maio e que rematan coa celebración do Día das Letras Galegas e da Noite dos Museos(sábado, 17 de maio) e do Día Internacional dos Museos (domingo, 18 de maio), o lema escollido polo ICOM “Os vínculos creados polas coleccións dos museos” resalta o papel dos museos e das súas coleccións para crear un nexo coa comunidade a través da memoria colectiva.
Programas:

___________
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística                    Museo Provincial de Lugo
Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org                             Praza da Soidade s/n
                                                                                                                        27001 Lugo
                                                                                                                                                             http://www.museolugo.org

      11 mayo, 2014

      Información mobilizacións 17M 2014


      Mobilizacións 17 de maio.
      Queremos Galego! 17 de maio de 2014.  Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza. Defendamos o noso idioma. Ás 12 horas, multiplicámonos por oito.  

      Ás 12 horas, multiplicámonos por oito.

      A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)

      Ferrol: Praza de Armas

      Foz: Praza do Conde de Fontao

      Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).

      Ourense: Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor)

      Pontevedra: Praza da Peregrina

      Santiago: Porta Faxeira.

      Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte


      Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”

      Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido nas 8 mobilizacións que terán lugar o 17 de maio de 2014 na Galiza.

      O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o galego. Por isto, non podemos tolerar  que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do Inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras,  impostas e alleas,  para se mover libremente polas diversas estancias.

      Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados.

      A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.

      O ano pasado lembramos que se cumprían 150 anos desde que unha muller chamada Rosalía de Castro culminara un proceso de dignificación da lingua galega, rompendo esa trampa mortal de falsa naturalidade, isto é, dun uso marxinal permitido, e elevándoa á máxima altura estética e patriótica. A partir dela e até os nosos días,  a nosa lingua foi cobrando naturalidade e dignidade noutros espazos sociais e públicos a cadora máis amplos e diversos.

      Somos todas e todos os que estamos aquí fillos ou descendentes deste esforzo;  mais, ao mesmo tempo, responsábeis de lle asegurarmos continuidade. Neste labor, non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego.

      Amigas e amigos, o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos:

      Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua nas aulas, tamén como lingua vehicular  escandalosamente prohibida pola Xunta para certas materias.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante, lingua nosa, nos medios de comunicación e na publicidade.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante, no uso do Galego pola Administración.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante, porque iso é o xusto, para a nosa palabra na Xustiza.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante nas misas e demais celebracións relixiosas.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante na oferta de ocio.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante en todos os novos soportes comunicativos.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante nos transportes públicos.

      Un paso adiante e mais outro paso adiante no comercio.

      Un paso adiante e outro paso adiante en todas as artes e as letras.

      Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente,  e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística,  aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar.

      Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados.

      O poeta Díaz Castro, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.

      Adiante, pois, sempre! Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, coa lingua que nos crea e que nos cría, que nos fai ser e existir.

      Viva a lingua galega!

      Fagámola vivir e ser útil!

      É tempo de falarmos: somos nós!
      Queremos Galego multiplica por oito as mobilizacións do Día das Letras

      Queremos Galego multiplica por oito as mobilizacións do Día das Letras
      Publicado o 21 de Abril de 2014 por Queremos Galego
      Marcos Maceira: “O PP quere criminalizarnos e que non se ouza a nosa voz, a nosa resposta é multiplicar as manifestacións e concentracións do 17 de maio”

       Carlos Callón: “Hai que mobilizarse contra este goberno de dráculas”

      Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014.- A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades so o obxectivo de defender a lingua de Galiza, deu esta mañá unha conferencia de imprensa para presentar a “mobilización expansiva” que van realizar nas sete cidades galegas e en Foz o vindeiro 17 de maio ás 12 h.

      Marcos Maceira, que é membro da xestora de Queremos Galego e que desde o vindeir_DSC0110o sábado 26 asumirá a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, puxo a énfase en que “calquera adianto no país conta sempre coa situación do idioma”, pois “a lingua non só é un baremo da situación xeral da nación, senón tamén unha ferramenta que permite avanzarmos conxuntamente e que ninguén fique atrás”.

      Maceira laiouse de que “das exitosas mobilizacións que tivemos nestes anos en defensa do galego a única resposta que tivemos do Executivo é unha proposta de sanción económica”. No entanto, o activista exclamou que “as tentativas do PP por criminalizarnos e por facernos calar van ter agora unha resposta clara e contundente: a multiplicación por oito das nosas mobilizacións”. “Convidamos a toda a xente que ame a lingua galega a que participe”, concluíu.

      Carlos Callón, que continúa a ser presidente da Mesa até a Asemblea Nacional que se realizará o vindeiro sábado, animou tamén “o conxunto da sociedade galega” a participar “nas mobilizacións expansivas contra este goberno de dráculas, que nos chuchan a economía, a poboación e tamén a lingua”. Ao respecto, o activista apuntou que “Feijóo actúa como un capataz para converter Galiza nun almacén de obra barata e recursos para malgastaren, mais Galiza non é un almacén: é unha nación, con lingua propia, e imos saír a exclamalo as veces que fixeren falta”.

      O tamén portavoz nacional de Queremos Galego destacou que “a sociedade galega protagonizou nos últimos tempos as maiores manifestacións en defensa dunha lingua que se deron en Europa e, até onde sabemos, no mundo” e confía en que as manifestacións e concentracións do próximo Día das Letras “continúen nese camiño, sendo unha nova mostra masiva de dignidade”.

      Pola súa banda, a coordinadora da plataforma, Susana Méndez, explicou o lema desta convocatoria, que é “Un paso adiante e outro adiante, Galiza”, co cal se reformula “o comezo dun inmortal poema de Díaz Castro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras”. Méndez salientou que “hoxe é máis necesario que nunca moverse en defensa desta lingua milenaria” e que Queremos Galego fará todo o que estea na súa man “para que o noso idioma deixe de ser estranxeiro na súa patria” e dea “pasos adiante que contrarrestren tantísimos pasos atrás”.

      09 mayo, 2014

      Queremos Galego en Lugo

      11:15 h punto de encontro no Xardín de San Roque
      11:30 h Inicio do Roteiro Reivindicativo diante da estatua de Xoán Montes. O  
                           Grupo Solo Voces cantara Negra Sombra de Rosalía de Castro.
      O roteiro continuara visitando e recoñecendo os seguintes escritores:  
      Anxel Fole, Praza de Anxo Fernández. Actúa o Grupo Tundal.
      Luís Pimentel, Manuel María, Castelao, Valle Inclán, Rosalía e Pondal na Praza Maior.
      Curros Enriquez e Cunqueiro en Bispo Aguirre.
      Ao final do percorrido, diante da figura de Cunqueiro e a Porta de Bispo Aguirre, lerase o Manifesto de Queremos Galego por parte de Marica Campo.
      Facemos un convite a todos os escritores/as, artistas, músicos, referentes culturais, organizacións políticas e sindicais, entidades sociais e culturais e a todo o pobo de Lugo e comarca para que participen activamente neste acto e manifesten o seu apoio á Cultura e Idioma galego, interpretando algunha peza musical, lendo un breve texto dalgún autor citado ou simplemente, apoiando coa súa presenza este acto reivindicativo no Día das Letras Galegas.
      Para organizarnos o mellor posíbel, coordinar e distribuír as lecturas e pezas musicais durante o percorrido, sería moi útil saber antes quen quere participar e diante de que autor/a. Podedes confirmar a vosa presenza no correo: queremosgalegoenlugo@hotmail.com ou no teléfono de Suso: 620.804.245.
      Para publicitar este acto temos ROLDA DE PRENSA o vindeiro martes, día 13 de maio, ás 11:30 h na Galería Sargadelos de Lugo. Quedades todos e todas convocados.
      Grazas e moito ánimo. Vémonos o sábado 17 de maio ás 11:15 h en San Roque.
      Mentres, recibide un cordial saúdo.

      Queremos Galego en Lugo