Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

06 febrero, 2010

BREVE RESUME, EXPOSICIÓN – CONFERENCIA DÍA 4 DE FEBREIRO DE 2010


O CAMIÑO PRIMITIVO POR CASTROVERDE


REFERENCIA AOS CAMIÑOS A SANTIAGO EN XERAL

SANTIAGO: APÓSTOLO, PEREGRINO E SANTIAGO MATAMOUROS

O CAMIÑO PRIMITIVO, O MÁIS ANTIGO CON REFERENCIAS Á FUNDACIÓN DE LUGO, SANTALLA DE BÓVEDA, SOUTOMERILLE, SAN MARTIÑO DE BOLAÑO, ENTRE OUTROS LUGARES.

IMPORTANCIA DO CAMIÑO, MAIS NON SÓ O QUE É O CAMIÑO EN SI, SENÓN DA SÚA CONTORNA, QUE NON SON SÓ OS TRINTA METROS NA SÚA POSIBLE DELIMITACIÓN O QUE HAI QUE PROTEXER, SENÓN QUE PODEN SER 300 METROS OU TRES QUILÓMETROS A PROTEXER O QUE NÓS, CAMIÑANTESM POIDAMOS VER, PERCIBIR POLOS SENTIDOS.

OUTRO DOS ASPECTO; CAMBIO NAS CONSTRUCIÓNS, CAMBIOS DA LINGUA, AO LONGO DO CAMIÑO, XA QUE O CAMIÑO PERCORRE OS TRES BLOQUES LINGÜÍSTICOS DO GALEGO DESDE O ESTE, BLOQUE ORIENTAL ATA O OESTE, BLOQUE OCCIDENTAL, PASANDO POLO CENTRAL, ESTANDO NÓS, CASTROVERDE, NUNHA ZONA DE TRANSICIÓN ENTRE O BLOQUE CENTRAL E ORIENTAL, ETC.

LOGO, O CAMIÑO POLO NOSO CONCELLO, DESDE A VACARIZA A SOUTOMERILLE. A ENTRADA POR VILABADE E AS SÚAS VARIANTES, BRVE ALUSIÓN Á CAPELA DO CARME, IGREXA DE VILABADE E PAZO. CASTOROVERDE E A SÚA CONTORNA, SAN MARTIñO DE BOLAñO, CASTIÑEIRO DE RIAZOR, CAMPO DA FEIRA, A FORTALEZA, SAN MIGUEL DO CAMIñO, SARTEGOS DE RECESENDE, AS FONTES, AS ÁRBORES, SOUTO DE TORRES, O MESÓN DE FRAIÁS, MOREIRA, VILAR, SOUTOMERILLE, SOUTOMERILLE COMO ÚLTIMO LUGAR DO CONCELLO DE CASTROVERDE, A SÚA IMPORTANCIA E SIGNIFICADO SIMBÓLICO, CON ALUSIÓN AO ROTEIRO SINALADO O ANO PASADO.

REMATANDO, CON REFERENCIAS A OVIEDO, GRANDAS DE SALIME, FONSAGRADA E FINALMENTE UN PEQUENO PERCORRIDO POLA CATEDRAL DE SANTIAGO E PRAZAS QUE A CONFORMAN.

SAÚDE. MANOLO MUÑIZ


PRESENTACIÓN DOS ACTOS DE AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE NO CPI

03 febrero, 2010

RESUME DAS ACTIVIDADES DA URG QUE SE EXPUXERON O PASADO SÁBADO, DÍA 31 DE XANEIRO, NA CASA DA CULTURA DE MELIDE

- Concellos visitados nos diferentes Camiños de Santiago.

Camiño Francés.
-

O Cebreiro
Triacastela
Sarria
Palas de Rei
Melide
Arzúa

Camiño Primitivo.-
A Fonsagrada
O Cádavo (Concello de Baleira)
Castroverde
Melide
Arzúa

Camiño Norte.-
Ribadeo
Trabada
Lourenzá
Mondoñedo
Abadín
Vilalba
Baamonde (Concello de Begonte)
Miraz (Concello de Friol)
Sobrado dos Monxes
Arzúa

Camiño Inglés.-
Betanzos
Carral
Ordes
Sigüeiro

Camiño de Fisterra –
Muxía.-

Fisterra
Cee
Negreira

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.-
Cambados
Vilagarcía
Catoira

Camiño Portugués.-
Tui
O Porriño
Redondela
Barro
Caldas de Reis
Valga

Vía da Prata.-
Xinzo da Limia
Allariz
Cambeo (Concello de Coles)
San Cristovo de Cea


- Feiras nas que participamos cun stand informativo.-


1.- Feira da II Xornadas do Peregrino “Camiño Norte de Santiago na Terra Chá, nos Concellos de Begonte e Guitiriz”

Data: 13 e 14 de xuño de 2.009.
Lugar: Begonte, Guitiriz e Parga.
Sábado 13: Invitación especial á Universidade Rural para participar na Mesa do Camiño Norte de Santiago en Galicia e Asturias, onde se trataron os seguintes temas:
Análise da situación actual do Camiño Norte e necesidades para o Ano Santo 2010: Infraestructuras, señalizacións, albergues, incidencia da autovía do Cantábrico.
Propostas de promoción e potenciación do Camiño Norte: Patrimonio, Gastronomía, Artesanías, Etnografía,…
Rogos e preguntas.
Domingo 14: Participación con un posto informativo na Feira de Artesáns celebrada en Parga.
Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “Guieiros”, nº 12.

2.- Feira de Asociacións. FESTIGAL.

Data: 24 e 25 de xullo de 2010.
Lugar: Santiago de Compostela.
Participación dentro dos actos preparados para a celebración do Día da Patria. Posto informativo da U.R.G. dentro da Feira de Asociacións do Festigal, anunciado no programa do mesmo.

3. XXX Festival de Pardiñas.

Data: 1 e 2 de agosto de 2009.
Lugar: Pardiñas
Participación no XXX Festival de Pardiñas.
Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “XERMOLOS” editada pola asociación cultural co mesmo nome.

4. Feira da Ponte de Louzara.

Data: 17 de agosto de 2009.
Lugar: Ponte de Louzara (Lugo).
Participamos cun posto informativo na Feira da Ponte de Louzara, onde improvisamos un pequeno taller de fiado da lá. Os máis pequenos fixeron o traballo máis sinxelo que é cardar a lá. Para o fiado foron aparecendo mulleres da comarca que fixeron de mestras.

5. Feira de Castroverde de Artesáns do Camiño de Santiago.

Data: 23 de Agosto de 2009.
Lugar: Castroverde.
Participación da Universidade Rural Galega cun posto informativo. Demostración, feita por máis de quince mulleres que pasaron polo noso posto, do fiado da lá.


6. Feira do “II Encontro de Artesáns do Camiño Norte”.

Data: 28, 29 e 30 de Agosto de 2009.
Lugar: Lourenzá.
Participación no II Encontro de Artesáns do Camiño Norte, onde a Universidade Rural Galega tivo a oportunidade de falar con artesás e artesáns que viven e traballan en algúns dos pueblos polos que pasa o Camiño Norte.

7. Feira de Outono de Allariz.

Data: 7 e 8 de novembro de 2009.
Lugar: Allariz.
Posto informativo da Universidade Rural Galega.
O domingo impartimos un taller de fiado da lá e de recoñecemento da flora autóctona dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os catorce anos.


- CONFERENCIAS.


- Charla na Capela (A Coruña).
Data: 17 de outubro de 2009.
Lugar: A Capela.
Presentación da Universidade Rural Galega dentro das 5ª Xornadas Museísticas, organizadas polo Museo Etnográfico da Capela.

- Charla na Escola Popular Galega (Vigo).
Data: 23 de outubro de 2009.
Lugar: Vigo.
Presentación da Universidade Rural Galega na Escola Popular Galega dentro do programa de apertura das I Xornadas Medioambientais.


- I ENCONTRO DE DINAMIZADORES E DINAMIZADORAS DO MUNDO RURAL, “FENDAS, DE LUCES E DE SOMBRAS, DAS INTERVENCIÓNS NO MUNDO RURAL”

- PUBLICACIÓN do Censo “Banco de Sabedores/Sabedoras” e do Censo “Conservación e Recuperación da nosa Cultura”, titulado: “DETRÁS DO CAMIÑO HAI MOITA VIDA E SABERES AGOCHADOS”

- MEDIOS DE COMUNICACIÓN.-


Publicacións:

“GUIEIROS” nº 12. Revista homenaxe a Concha Prado do Camiño Norte (páxina 83 e 84)
“XERMOLOS” nº 53. Revista conmemorativa do Festival de Pardiñas. (páxina 71)
Xornal do Festigal, xullo de 2009. Xornal conmemorativo do FESTIGAL.

Entrevistas:

“Consello da Cultura Galega”. Editada na páxina web culturagalega.org. Agosto do 2009.
Entrevista para O Xornal, xornal de tirada semanal gratuito. Outubro do 2009.
Programa “Arredor de nós”. “Radio – Difusión”. 7 de setembro do 2009.
Entrevista en Radio – Melide. Agosto do 2009.
Xornal “Novas de Galiza”. Tirada do 15 de agosto ó 15 de setembro. (páxina: contraportada)

Prensa:

La Voz de Galicia.
El Progreso.

“Detrás do CAMIÑO hai moita VIDA e SABERES agochados e tod@s podemos colaborar para RECUPERALOS , CONSERVALOS e DIGNIFICALOS”

PROGRAMA DE ACTOS DA ASOCIACIÓN "AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE" NO CPI


02 febrero, 2010

Breve resume da Asamblea Xeral da Universidade Rural Galega, celebrada o 30 de xaneiro na Casa da Cultura de Melide


Tratáronse os seguites temas:

1.- En primeiro, benvida e acollida dos participantes
2.- Actividades desenvolvidas durante o ano 2009 e estado de contas. Neste apartado son de salientar; o comenzo de recollida dun censo de sabedores, a asistencia a varias das feiras que se desenvolveron nos diferentes Camiños de Santiago e o encontro que tivo lugar no concello da Capela de varias asociación preocupadas polo mundo rural. 3.- No plan de actividades para o ano 2010, subliñouse a necesidade de continuar coas actividades iniciadas, preocupando a financiación do traballo que desenvolva a persoa que teña que realizar os diferentes proxectos da U.R. G. 4.- Seguidamente fíxose a proposta da renovación da Xunta Directiva da U. R. G., comentar se propuxo outra candidatura formada por diferentes membros de distintas asociacións, onde se renovou a práctica totalidade da Directiva. 5.- No apatado de rogos e preguntas, salientouse o incremento des socias e socios, mais seguese a pedindo que hai necesidade de que se dea a coñecer a U. R.G. , sendo un proxecto aberto a toda á sociedade.

Saúde, Terra e Llingua.
A finais de Xaneiro de 2010
Manolo Muñiz


30 enero, 2010

Miscelánea


Veciños e parentes

Aínda que os fillos se emancipen e saian da casa, seguen sendo fillos, ¿non si? Daquela os de Pol, qué?

Gran parte das súas leiras réganse con ríos que agroman do Monciro e do Pradairo castroverdenses, maiormente o Azúmara, nado nas fontes do mesmo nome, en Sarceda, por máis que algún listiño lles dixese aos cartógrafos da Xunta que o Azúmara vai da Serra da Ferradura; o que vai da Ferradura (Pradairo) é o Ribón, o Río Bon, aínda que o Azúmara no é malo; os malos son eses que se dan de listos, e falan de oídas, ou máis que de oídas, de xordeiras. Xúntanse no lugar das Cavozas, tamén mal posto como “Cabozas”.

Agora que estes veciños, ¡e parentes!, restauraron a súa acea do Pacio para convertela en museo, a min práceme, abrogándome unha certa representatividade veciñal, dedicarlles a miña cantata á súa Muiñeira, á máis famosa de todas. En canto á musica, se lla queren poñer, por min encantado.


A muiñeira de Mosteiro


¿Que pasou, muiñeira,

qué lle fixeches ao troiteiro de Castro do Rei?
Señor, picoume a pedra e picouma de vez:
tanto se emocionou,
tanto acelerou,
dálle que te pego,
dálle que che dou,
que se lle foi o martelo…,
pola moxega!

¡Escangallamos a peneira
de tanto que peneiramos para volvelo ao seu!

Tra-la-ri-ro, tra-la-rá.


¿Que fixeches, muiñeira,

onde está ese troiteiro de Castro do Rei?

¡Señor, o que tiña que pasar, pasou:

Volveu coa cana empalmada,

e daquela deu en apañar nas troitas…,

por debaixo do meu refaixo!

¡Escangallamos a peneira

de tanto que peneiramos para volvelo ao seu!

Tra-la-ri-ro, tra-la-rá


Rapaces de Pol, vide moe-la moenda,
e de paso picádelle a pedra,
que non ten quen lla pique…,
á súa maneira! Repicádea con xeito, por arriba e por abaixo,
punto vai e punto vén,
e non coma ese troiteiro de Castro do Rei,
que tan mal lla picou que se esfarelou!
Tra-la-ri-ro, tra-la-rá.

Letra: Xosé María Gómez Vilabella

¿Música:?

En canto á fraternidade, nunha xeración historicamente recente, por se fose pouco que a casa vella do Concello de Pol conserve escudo e tradición da súa pertenza aos Altamira, aí temos a venda, en 5.500.000 marabedís, no 1514, autorizada por Doña Juana, que lle fixo D. Alonso Niño de Castro aos Osorio de Moscoso, “… la villa de Castroverde con sus fortalezas y tierra de Loazes…” ¿Quen quere máis probas desta herdanza, reiterada e común?

Xosé María Gómez Vilabella


VIII Premio de Investigación MANUEL VÁZQUEZ SEIJAS (Bases)


Ata o 31 de marzo de 2010 está aberto o prazo para a presentación de traballos para a VIII edición do Premio de Investigación Manuel Vázquez Seijas, convocado con carácter bianual pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Pode concorrer alumnado, individualmente ou en equipo, das universidades galegas con traballos referidos á historia, arte, arqueoloxía, antropoloxía ou museoloxía, sobre a provincia de Lugo, ou, nomeadamente, sobre os museos da Rede Museística Provincial.

BASES (Resume)
Entidade convocante: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través do Museo Provincial de Lugo
Obxecto: Fomentar a investigación relacionada coa provincia de Lugo entre o alumnado universitario galego en Historia, Arte, Arqueoloxía, Antropoloxía e Museoloxía.
Dotación económica. 2.000 euros e a edición do traballo gañador.
Prazo de entrega: 31 de marzo de 2010
Presentación: Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.
Máis información: Departamento de Difusión do Museo Provincial de Lugo / difusion@museolugo.org / telfno.: 982.24.21.12
__________
BASES DO VIII PREMIO DE INVESTIGACIÓN MANUEL VÁZQUEZ SEIJAS (Consultar/descargar o enlace que se adxunta)

Enlaces de interese:
1209_Bases VIII Premio Manuel Vázquez Seijas.pdf

29 enero, 2010

III CERTAME LITERARIO DA ASOCIACIÓN CULTURAL ARUMES DO CORGO

MÁIS ALÓ DE BAGDAD
(Relato)

2º PREMIO DE RELATO.
MARINA PÉREZ TORO DA PARROQUIA DE PE
NA


ALUMNA DO CPI DE CASTROVERDE


Querido Yassim, non sabes canto me alegrou saber que seguías vivo, aínda recordo cando paseabamos polas rúas de Bagdad... Canto nos riamos!
Souben polo teu irmán Leid que os israelís entraran na vosa casa e que asasinaran aos teus país, o meu máis sentido pésame. Alégrame tanto saber que estás vivindo coa túa muller e coa túa filla nos Emiratos Árabes...
Unha enorme apena.
NABIL

Yassim era o meu mellor amigo na universidade de Bagdad, viñera de Palestina, da máis grande miseria, dunha familia moi humilde, para estudar periodismo e gañar diñeiro para mandarlle aos seus pais. Era un gran amigo...
Unhas vacacións foi a Palestina visitar á súa familia e eu tiven que irme de Iraq por razóns políticas. Andei un tempo de país en país ata que cheguei a España para quedarme. Pasaron 35 anos ata agora: casei, tiven un fillo e fíxenme profesor de árabe; nunca máis volvín saber del, ata hoxe. Un correo dun tal Yassim Alkhalifa chegou ao meu ordenador e so con ver o seu nome, un gran sorriso e unhas cantas lágrimas saíron dos meus recordos...

Querido Nabil, al jam du li-lah, por fin falo contigo, só pasaron uns terribles anos, unhas cantas guerras e a caída de Sadam.
Que tal estás?
Eu estou ben, dentro do que cabe... como dixeches, meus país morreron, pero casei, teño unha filla e vivimos nos Emiratos Árabes. Pronto iremos a Palestina pero só ida e volta; non quero estar moito tempo, teño medo... non quero ver como uns malditos xudeus extremistas destrúen ao meu pobo. Polo demais, todo ben.
Saúdos á túa familia
YASSIM

Durante moito tempo estivemos mandándonos correos, volvemos ser os de antes...
Grazas a el recordei todo o bo da miña mocidade, porque despois de ver tódolos días na televisión árabe e de falar coa miña familia dicíndome o que non se vía na televisión, parece que se me olvidara sorrir e como facelo, cada vez que abro un correo seu miro ao meu fillo... todas as cousas que el ten... acórdome como nos divertíamos alí en Bagdad, roubabámoslle as macetas aos veciños e faciamos unhas cantas trasnadas máis... mesmo un día mandoume nunha carta 50€ e un papel no que poñía que era só un pequeno regalo para seu fillo, para que loite como o fixo seu pai, polos dereitos do seu país, aínda que era simbólico, xa que nunca lle podería pagar o que eu fixera por el... Mais a miña historia despois de Bagdad segue...
Cheguei aquí a Lugo, co fin de encontrar un bo traballo e poderme pagar os estudos e mais para mandarlle cartos á miña familia. Andaba vagando polo mundo, era mozo, coñecín a moita xente, ningunha festa se me esquecía en ningún país... que ben o pasara! Mais escapaba da policía e moitas veces me tiven que esconder nas casas dos amigos...
Quedei en Lugo, en concreto aquí en Castroverde porque me gustou a súa paisaxe, era tan distinta á de Bagdad... cando cheguei aquí, coñecín a un gran amigo que me dicía que Galicia era: os verdes prados coa herba ben cortadiña grazas ao bo labor das vacas, ese cheiro ao enxebre, ese cheiro ao leite recente sacado da vaca, eses bosques, con fermosas fragas de castiñeiros, pradairos, "abedueiras"...e corzos correndo, un lugar onde os agricultores gáñanlle aos empresarios e aos executivos, onde os palleiros e "pendellas" gáñanlle aos grandes rañaceos, onde as xentes humildes e os poetas loitaron por conservar a máis fermosa das linguas: "cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras; ou, e quen son eu? Un poeta, ou como quen di un paxaro ao que tallaron o bico...

Cada vez que chegaba do traballo miraba o correo, meu fillo ría de min, dicía que estaba recuperando a infancia tecnolóxica que non tivera, como ia dicindo, estivémonos escribindo moito tempo, eu contáballe que viñera para aquí, que meu fillo parecíase moito a min... el contábame que estaba moi contento coa súa familia pero que non tanto co seu país, tiña moito medo, dunha vez ata me mandara unha foto coa súa filla, detrás da foto poñía que se algún día morría que buscase a súa filla e lle dese esta foto... a min pareceume moi entrañable, e non dubidei en prometerlle que o faría.
Fixémolo durante meses, un día mandoume un correo onde dicía que ao día seguinte marcharía a Palestina, pero que me deixaba o que máis quería no mundo, a súa filla. Chegaría mañá ás 12.00 ao aeroporto da Lavacolla, nun vo provinte de Abu Dabi. Eu pensaba que era moita responsabilidade, que nos reencontraramos dende había pouco, que era como se nos olvidaramos e nos coñeceramos logo, pronto comprendín por que fora...

Ao día seguinte, eu estaba ás 11.30 no aeroporto, as 12.00 xustas chegou un vo provinte de Abu Dabi; unha nena, moura de pel, co medo nos verdes ollos empapados en lágrimas, Cunha "chilaba" vermella e un pano na cabeza... Saímos do aeroporto rapidamente, eu levaba un pouco de présa, xa que miña muller e meu fillo me estaban esperando na casa porque iamos facer un obradoiro de debuxo.
Ela non sabía falar español, só árabe, chamábase Aisha, tiña 12 anos, e non era moi faladora...
Chegamos á casa, e o primeiro que fixo foi asomarse ao balcón, sen que me deixara presentarlle a meu fillo, cando xa a puiden sacar de aí presenteille a meu fillo, pero non lle fixo moita graza así que pasei á miña muller, e o único que fixo foi arrimarse a ela, logo, ensineille a que ía ser o seu cuarto durante esta semana. Deixema que se familiarizase coa casa, encerrouse no seu cuarto e nós dende fóra escoitábamola chorar; eu abrín a porta da súa pena e animeina a que viñese facer debuxos con nós, díxenlle que se pasaba moi ben e ao final veu...
Todos empezamos a debuxar: meu fillo debuxou un coche, que era o que o apaixonaba, con moitas cores e cunhas rechamantes rodas; miña muller debuxou un bodegón, ela era unha profesional da pintura, e quería que a súa familia seguise os seus pasos; eu debuxei ao pai de Aisha e mais a min, nos nosos tempos mozos, aínda que meu fillo dixo que era máis un debuxo "abstracto" cando me fixei no debuxo de Aisha... tiña debuxado un pobo en chamas, eu pregunteille que pobo era pero non mo soubo dicir...
Aisha era unha nena das que como din aquí "riquiña", non moi faladora pero eu estaría igual se meus país me deixasen na casa duns descoñecidos, esperando a que eles volvesen dunha dura e longa viaxe, a cativa non era parva mais facía porque o parecese...

Durante esa semana fixemos todo tipo de actividades: carreiras, manualidades, cursos de alfareiría, montamos a cabalo... Pero eu notaba algo raro, Yassim non falara nada comigo e eu empezaba a preocuparme, era moi raro que me deixara así á súa filla, como quen di a un descoñecido, a nena integrárase moito, fixérase moi amiga do meu fillo, pero aínda así... el dixérame que só pasaría unha semana con Aisha e que o último día viría por ela, non nos falabamos dende había unha semana e media pero iso non era tan raro, xa que estaba en Palestina e tivera que preparar todo.
Aisha de cando en vez preguntábame como fora a nosa mocidade, cantos teléfonos tiñamos no móbil, cal era a nosa consola favorita... ao que eu lle contestaba:
-a miña consola favorita? Eu creo que era a que tiña un xogo no que eu tiña que axudarlles a meus pais...
Ela escachaba a rir...
Un día, unha carta escrita en árabe antigo chegou á miña caixa do correo, era un tanto rara, o peor foi cando a abrín, era de Leid, o irmán de Yassim:

Querido Nabil,
Xa sei que estes días te reencontraches co meu irmán, moito falaba de ti... mais isto non é unha carta para contarche isto, el desexaría que foses o primeiro en sabelo, onte chegou ás miñas mans unha carta de Yassim poñía que matara a un israelí para defender ao seu pobo, morrera diante da embaixada Estadounidense nun coche bomba coa súa muller para defender ao pobo iraquí, Cunha bandeira que poñía COIDA DA MIÑA FILLA, YASSIM.

Nabil, déixame dicirche que isto o fixo polo teu pobo, e maiormente por ti... quero que teñas moi en tonta o que poñía a bandeira...

Eu sabía ben o que tiña que facer, Yassim morrera por min, eu desviviríame pola súa filla, xunto co meu fillo e coa miña muller; esa mesma noite díxenllo a Aisha que botou toda a noite e parte do día seguinte no seu cuarto, chorando, mais cando se acercaba a noite, entrei no seu cuarto e deille a foto que me mandara seu pai, de repente, ela sorriu, miroume fixamente cos mesmos ollos empapados en lágrimas que cando chegara aquí e díxome:
-Entón, ti serás o meu novo pai?
Eu mireina e sorrín:
Parece que si...
Cóntame como era, non, como erades, que faciades no voso pobo?
-Teu pai foi a mellor persoa que coñecín nunca, era o meu mellor amigo, coñecémonos na universidade mais facíamos cousas de pequechos para nos divertir...
Aisha mirábame atentamente...
Como cales?
Eu mireina, sorrín, agarreina do brazo fortemente saímos do cuarto correndo, agarrei a meu filio co outro brazo e saímos á rúa, xa era de noite, moi tarde, serían as cinco da mañá...
Ao día seguinte todas as macetas dos veciños estaban na casa de ao lado, mesuro na da outra rúa...


III CERTAME LITERARIO DA ASOCIACIÓN CULTURAL ARUMES DO CORGO

EU SON..

2º PREMIO DE POESÍA INFANTIL
ROCÍO ADRIO, DE VILAR DE CÁS-MOREIRA


ALUMNA DO CPI DE CASTROVERDE

Chámome Rocio
nacín en Vilar,
unha vila pequeniña
que me viu medrar.

Hai un pequeno río
que separa Vilar e Nadela,
no inverno fai moito frío
coma noutro sitio calquera.

É unha vila humilde
onde abunda a xente bela,
non raros nin famosos
senón xente plebea.

Sempre estamos faenando
nunca andamos enfadados,
porque ao ter facenda
andamos tras dos rebaños.

Polo quince de agosto
é a Santa María de Vilar,
veñen familiares e amigos
e todos bailamos ata cansar.

Despois xa logo ven outubro
hai patacas, uvas e castañas,
é o mes máis escuro
e sempre trae boas mañas.

Se nos queres visitar
anda pronto e ven axiña,
non te vaias olvidar
da que é xente veciña.

27 enero, 2010

Cambio de data da Asamblea Xeral da Universidade Rural Galega

Estimados/Estimadas compañeiros/compañeiras:
Queremos informarvos do cambio de data da Asamblea Xeral da Universidade Rural Galega. Celebrarase o sábado 30 de xaneiro ás 12:00 na Casa da Cultura de Melide.
Disculpade as molestias que vos puidera causar este cambio de data.
Orde do día:
1.- Acollida e presentación.
2.- Plan de actividades do ano 2009. Traballo feito e estado de contas.
3.- Plan de actividades para o ano 2010.
4.- Renovación de cargos na Xunta Directiva.
5.- Rogos e preguntas.
Recibide un cordial saúdo.
Universidade Rural Galega.