Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

04 agosto, 2014

VIAXE ÁS FRAGAS DO EUME, MOSTEIRO DE CAAVEIRO, CASTELO DE ANDRADE



Esta viaxe que en principio estaba proxectada á península de Bezoucos tivo que variar de percorrido debido á choiva, realizando as visitas ás que aludimos.
Comenzamos pola visita ao Mosteiro de Caaveiro situado na parroquia da Capela, no concello do mesmo nome na comarca do Eume.
O mosteiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías, eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiado de Compostela.
Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do século XVIII.
Comezamos a visita pola capela de Santa Isabel de orixe románica para continuar visitando as diferentes estancias, cociña, sala capitular, etc.
Salientar o fermoso enclave do mosteiro, situado entre os ríos Eume e Sesín, pola ponte da Estrela, sobre o río Sesín accedíase antigamente ao mosteiro.
Logo da visita ao mosteiro, visita ao centro de interpretación e visualización dun vídeo que nos falaba da vexetación e fauna das fragas.
Pola tarde; visita ao Castelo dos Andrade que garda moitas similitudes coa torre de Castro Verde, segundo observamos varios, tendo unhas medidas mesmo similares na altura, 20 m.  Algo similar podiamos facer na nosa Torre - Fortaleza, ao menos sería un bo motivo para atraer visitantes, convidamos a todos e todas que non o coñezan que realicen unha visita para ver o que se pode facer coa nosa Torre.
A seguir visita ao Mosteiro de Monfero que é de orixe medieval situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso.
 A igrexa lémbranos a dos mosteiros de Sobrado ou de Samos, aínda que todas elas diferentes.
Agradecemos a Quique que nos organizara estas interesantes viaxes ás terras eumesas.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER ALGUNHAS IMAXES:


 


29 julio, 2014

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. 2015


Xuntanza para os concellos pertencentes ao partido xudicial de Lugo: Castro de Rei // Castroverde // Corgo (O) // Friol // Guntín // Lugo // Meira // Outeiro de Rei // Pol // Rábade

31 XULLO // LUGO //
ÁS 19:30 h no SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN
Tamén podes participar dende a web:
www.orzamentosparticipativos.org 
PRAZO ABERTO ata o 10 de SETEMBRO

  

QUÉ SON OS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS?
É un proceso a través do cal a poboación contribúe opinando sobre o orzamento provincial. Os orzamentos participativos permiten ás veciñas e veciños coñecer o orzamento da súa Deputación, determinar as necesidades prioritarias e consensuar as áreas de actuación para o 2015. 

QUE SE DEBATE?
As áreas de xestión implicadas serían:
Fomento do Emprego // Promoción de Novas Tecnoloxías // Desenvolvemento de Políticas Sociais // Mocidade // Coidado do Medio ambiente // Promoción de Actividades Económicas // Infraestruturas // Cultura e Lingua // Cooperación cos Concellos // Promoción de Políticas Demográficas // Fomento do Deporte // Impulso do Turismo // Fomento do Deporte // Impulso do Turismo 

ONDE E CANDO?
O ámbito territorial será toda a provincia de Lugo, convocando Xuntanzas Participativas en tódolos Partidos Xudiciais. Un partido xudicial é unha unidade territorial para a administración de xustiza, integrada por varios municipios limítrofes e pertencentes á provincia.  

  www.orzamentosparticipativos.org // facebook.com/diputacionlugo // @depulugo // www.deputacionlugo.org



Os nosos montes comunais. Xornada técnico-informativa


Poesía completa de Xosé Mª Díaz Castro



26 julio, 2014

VIAXE Á PENÍNSULA DE BEZOUCOS (ARES&MUGARDOS) -2 Agosto 2014


PROGRAMA HORARIO

Saída de Castro Verde ás 8:00 horas ( Ao lado do Pereira)
Ás 8:30 h. na ronda da muralla (Edificio Sindicatos)
Ás 10:00 h. en Mugardos
Percorrido de 9 quilómetros con certa dificultade, inprescindible levar calzado axeitado.

DESCRIPCIÓN:

A viaxe percorre unha área de Ferrolterra con importantes valores ecolóxicos e culturais: a área noroccidental da península de Bezoucos, enclavada no Gran Porto dos Ártabros (1), nome co que se coñecía ao territorio ribeireño das rías do Ferrol, Ares e Coruña, o cal serviu de inspiración á denominación do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) “Costa Ártabra” –pertencente á Rede Natura 2000-, a cal inclúe a franxa litoral de parte desta península.

O percorrido desenvólvese nunha lonxitude duns 9 quilómetros pola parte noroccidental da Península de Bezoucos, brazo de terra que separa as Rías de Ferrol e Ares-Betanzos.

A ruta escomenzará en Mugardos, vila mariñeira asentada nunha bahía na marxe sur da ría de Ferrol. Seguindo o paseo marítimo e a praia artificial da Bestarruza, chegaremos á Enseada do Baño, onde desemboca o Rego de Roibeiras formando un esteiro que da nome ao pequeno asentamento tradicional que alí se orixinou. A fermosura desta paraxe provocou que se desenvolvese unha urbanización que alterou a outrora beleza inmaculada deste lugar.

Dende eiquí desviarémonos ao oeste, ascendendo en dirección a Montefaro, entrando na parroquia de Cervás do concello de Ares, de cuxo antigo poboamento son testemuñas varios castros e os restos da súa igrexa románica. Nesta ascensión pasaremos ao carón dunha edificación militar abandoada que semella que foi un polvorín ou arsenal, chegando despois ao Mosteiro medieval de Santa Catalina (2).

Próximo a este lugar, atópase o cumio da Bailadora, miradoiro excepcional situado a uns 260 m. sobre a ría de Ferrol, dende onde poderemos contemplar as agrestes ladeiras graníticas que conforman a bocana desta ría, o sistema de fortificacións militares que ao longo do tempo foron construídas para defender a base militar (3), como os castelos da Nosa Señora da Palma e de San Felipe, construídos nos séculos XVI e XVII, evocadores do enfrontamento militar que tivo lugar nas súas proximidades fai pouco mais de 200 anos ... a Batalla de Brión (4).

Pero A Bailadora é tamén un lugar axeitado para aprezar e analizar o resultado doutras intervencións humanas mais recentes, as cales están a mudar a faz da ría: a implantación de grandes industrias (xunto ás navais asentadas antes da década dos setenta, foise consolidando nas últimas décadas do pasado século a metalúrxica de MEGASA –no fondo da ría esganando o antes fermosísimo esteiro do río Freixeiro-), a planta de REGANOSA instalada nas proximidades de varios núcleos poboados do concello de Mugardos, o porto exterior e os enormes recheos e desmontes realizados por mor destas actuacións,....

Trala estancia no miradoiro da Bailadora visitariamos o Mosteiro de Santa Catalina, tralo cal poderiamos comer no propio mosteiro ou nos xardíns existentes ao seu carón.

Tralo almorzo encamiñariamonos cara á Punta do Segaño (remata a ría ferrolá pola súa banda sur), visitando os restos das baterias de Fonteseca e do Segaño, construidas hai pouco máis de 100 anos para protexer a base militar de Ferrol.

Dende o Segaño continuariamos cara ao surés, encamiñándonos á praia de Chanteiro, onde poderemos reposar e incluso bañarnos nas súas claras augas se o tempo o permite. Inmediata a esta praia encóntrase a Capela da Nosa Sra. da Mercede, á que poderemos achegarnos, construcción con carga sentimental para os ferroláns, que no ano 1404 lle ofreceron voto a esta Virxe, en agradecemento pola súa intercesión para frear a peste que daquelas asolou a vila e arredores.

Se o percorridose fai curto, poderiamos aproximarnos a outros lugares de interese,como a chamada Cova dos Mouros e o inmediato castro de Santa Mariña.

Ao final da xornada tornaríamos a Mugardos, onde poderiamos cear ou tomar algo antes de voltar.
--------------
NOTA:
A viaxe farase igual, haxa ou non as 15 persoas. Se somos 15 ou máis haberá autobús, en caso contrario iremos en coches particulares.
Saúdos
Manolo

24 julio, 2014

ACTIVIDADES DO MES DE AGOSTO

-Día 2, sábado, viaxe cultural á zona de Ferrol .
As persoas que desexen participar, teñen que anotarse antes, do 27 de xulllo.
                   (Se non hai, un mínimo de 15 persoas, non se realiza)
-Días 16, sábado, Roteiro desde o Cádavo a Vilabade por Vilaselle.
                    (Anotarse antes do día 10 de agosto)
-Día 17, domingo, participación na Feira Artesá.
             - Teremos  o posto da Asociaición e logo xantaremos na carballeira se está bo día, como todos os anos, cada un leva a súa comida.  Se estivera mal día iríamos a un restaurante.

22 julio, 2014

PuntoGAL. amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

A nosa asociación figura entre os primeiros pioneiros do PuntoGAL.

PuntoGAL presenta os 93 primeiros enderezos que poderán activarse co .gal a partir do 25 de xullo

Maís información en:
http://www.puntogal.org/actualidade/nova.php?id=497&lg=gal

20 julio, 2014

II CARREIRA POPULAR

  II CARREIRA POPULAR (20-07-2014)


Varios membros da asociación colaboramos, no día de hoxe, coa II Carreira Popular celebrada en Castro Verde; na que por certo, participaron varios soicos/as, entre eles Saúl Gómez Arrojo, que quedou primeiro na súa categoría, tamén foron  premiadas/os varios membros do Club de Atletismo de Castro Verde,  e  Víctor Poveda, entre outros.

Alguhas fotos:
                                       
                                                      Saúl Gómez Arrojo en acción

   
                                     Algúns dos primeiros clasificados recuperándose do esforzo
                                                     Algunhas das máis cativas recibindo o premio
                               Recibindo o premio (Do club de atletismo de Castro Verde e Friol)
Recibindo o premio
Unhas das máis cativas en acción
VER ÁLBUM:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IICarreiraPopular20072014?authuser=0&feat=directlink

19 julio, 2014

ACTIVIDADES TERRAS DO MIÑO 2014 / 3º TRIMESTRE

Informámosvos que un ano máis a Fundación CONAMA outorga un galardón honorífico que distingue as melloras iniciativas do ámbito local a favor da sostenibilidade. O galardón inclúe dúas categorías: menos de 5.000 habitantes e entre 5.000 e 30.000 habitantes ambos inclusive.

Poderán optar a este premio todas as entidades locais de España (concellos, entidades supramunicipales e asociacións) que conten con número de identificación fiscal e que teñan un censo de 30.000 habitantes como máximo.

A presentación de candidaturas poderase facer desde o 1 de xuño ao 3 de novembro de 2014. As entidades que desexen optar a este premio deberán enviar a través da páxina web www.premioconama.org o boletín de inscrición correctamente cumprimentado.

Saúdos,

Andrea Macho Benito
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Diputación de Lugo
Tfno: 982 260 046 - Fax: 982 260 212
San Marcos nº 8

RESUMO CONVIVIO DA CULTURA GALEGAS

Convivio da Cultura Galega
12-07-2014
O pasado sábado, día 12 de xullo de 2014, seis persoas da nosa Asociación participaron no Convivio da Cultura  Galega, organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela.
Comezou o encontro coa actuación conxunta das Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte na praza do concello de Outeiro de Rei, despois no Auditorio Manuel María houbo diversas actividades: saúdo da organización, proxeccións de audiovisuais, teatro … e  presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada.
A continuación, camiño da Carballeira de Santa Isabel,  fíxose unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei.
Xa na Carballeira, ademais do xantar,  houbo música, baile, xogos e contacontos e o goce dunha tarde e dunha paisaxe excepcionais.
Os organizadores na súa comunicación din: “O Convivio nace como espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe fai, cada quen o seu xeito e desde as súas coordenadas, cultura galega desde nós, por nós e para nós” Houbo unha boa resposta por parte das asociacións acudindo máis de 20.
Representantes das entidades presentes reuníronse pola tarde e puxeron en común os fins e as experiencias das súas asociacións e fixeron propostas de cooperación, co obxectivo de artellar unha rede que lles permita o intercambio de iniciativas no futuro. Moitas das asociacións presentes xa veñen realizando actividades en común e todas se mostraron abertas a compartir as súas actividades con quen tivese interese.
Facilitáronse os enderezos de todas as asociacións presentes, comprometéndose a organización a envialas a todos os participantes.
Ermitas Fernández
    Merece, creo, especial atención a posta en común das/os representantes da trintena de Asociacións Culturais  presentes, sentadas/os en torno ao Monumento, que a Asociación dos Escritores Galegos adicou a Manuel María e que preside a entrada da Carballeira de Santa Isabel. A Posta en Común foi moi enriquecedora e seguida con grande atención: - Representaban ao distintos núcleos de toda Galicia e as distintas épocas, desde a "Agrupación Cultural Francisco Lanza", fundada  en 1970 en Ribadeo, pasando por outras moitas como "Amigos do Patrimonio de Castroverde", xa con nove anos de recorrido, "Lugo Patrimonio", etc. Ultimamente aparecen nombres orixinais, como a "Asociación Cultural e Musical Solfa", moi numerosa, e outras que xa non recordo. Quedamos en compartir a información, empezando por facer unha lista de direccións e aportacións de todos para todos. Como debe ser, empezando pola casa. Pechouse o Acto con unha arenga de Francisco Rodríguez en pro da actualización  e posta de releve da obra xenial de Daniel Rodríguez Castelao, que os Poderes públicos parecen máis bén querer ocultar.  
   Nota final: Eu fun un asíduo lector do SEMPRE EN GALIZA, aínda que hoxe non puiden participar na lectura del, que se celebrou no Museo.    
   Lugo,16 de Xullo de 2014.   Pp.