Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

19 julio, 2014

RESUMO CONVIVIO DA CULTURA GALEGAS

Convivio da Cultura Galega
12-07-2014
O pasado sábado, día 12 de xullo de 2014, seis persoas da nosa Asociación participaron no Convivio da Cultura  Galega, organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela.
Comezou o encontro coa actuación conxunta das Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte na praza do concello de Outeiro de Rei, despois no Auditorio Manuel María houbo diversas actividades: saúdo da organización, proxeccións de audiovisuais, teatro … e  presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada.
A continuación, camiño da Carballeira de Santa Isabel,  fíxose unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei.
Xa na Carballeira, ademais do xantar,  houbo música, baile, xogos e contacontos e o goce dunha tarde e dunha paisaxe excepcionais.
Os organizadores na súa comunicación din: “O Convivio nace como espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe fai, cada quen o seu xeito e desde as súas coordenadas, cultura galega desde nós, por nós e para nós” Houbo unha boa resposta por parte das asociacións acudindo máis de 20.
Representantes das entidades presentes reuníronse pola tarde e puxeron en común os fins e as experiencias das súas asociacións e fixeron propostas de cooperación, co obxectivo de artellar unha rede que lles permita o intercambio de iniciativas no futuro. Moitas das asociacións presentes xa veñen realizando actividades en común e todas se mostraron abertas a compartir as súas actividades con quen tivese interese.
Facilitáronse os enderezos de todas as asociacións presentes, comprometéndose a organización a envialas a todos os participantes.
Ermitas Fernández
    Merece, creo, especial atención a posta en común das/os representantes da trintena de Asociacións Culturais  presentes, sentadas/os en torno ao Monumento, que a Asociación dos Escritores Galegos adicou a Manuel María e que preside a entrada da Carballeira de Santa Isabel. A Posta en Común foi moi enriquecedora e seguida con grande atención: - Representaban ao distintos núcleos de toda Galicia e as distintas épocas, desde a "Agrupación Cultural Francisco Lanza", fundada  en 1970 en Ribadeo, pasando por outras moitas como "Amigos do Patrimonio de Castroverde", xa con nove anos de recorrido, "Lugo Patrimonio", etc. Ultimamente aparecen nombres orixinais, como a "Asociación Cultural e Musical Solfa", moi numerosa, e outras que xa non recordo. Quedamos en compartir a información, empezando por facer unha lista de direccións e aportacións de todos para todos. Como debe ser, empezando pola casa. Pechouse o Acto con unha arenga de Francisco Rodríguez en pro da actualización  e posta de releve da obra xenial de Daniel Rodríguez Castelao, que os Poderes públicos parecen máis bén querer ocultar.  
   Nota final: Eu fun un asíduo lector do SEMPRE EN GALIZA, aínda que hoxe non puiden participar na lectura del, que se celebrou no Museo.    
   Lugo,16 de Xullo de 2014.   Pp.




No hay comentarios: