Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

04 enero, 2006

Proposta de actividades 2006

Programa de actividades para o ano 2006
Castroverde, xaneiro de 2006

Benqueridos amigos e amigas: Bo ano a todos e todas! Para que saibades que seguimos aquí, pasamos a expoñervos a relación de Actividades que temos previstas para este ano. Actividades que moitas delas son demasiado ambiciosas e, que tal vez, só fagamos que comecen a tomar forma:

-ACTIVIDADES:

1.- Participar con outras Asociacións, concretamente coa a Asociación que está a celebrar os 550 anos do conxunto histórico de Vilabade, pensemos que é a primeira parroquia cun importante patrimonio, e por onde entra o Camiño Primitivo no Concello. Actividade que está proxectada para o 25 de marzo.

2.- Revitalizar determinadas festas.


3.- Realizar “o Irmanamento ou Irmandamento” coas poboacións que levan o nome de Castroverde, tanto en Castela e León coma con Castro Verde de Portugal no Baixo Alentexo. Temos xa contacto con Castro Verde de Portugal no Baixo Alentexo, con Castroverde de Campos en Zamora e Castroverde de Cerrato en Valladolid.
.-Tendo previsto celebrar unha primeira reunión en Zamora ou en Valladolid para o día 4 ou 11 de febreiro (sábado). Sempre que eles estean dispostos. Algúns xa sabemos que si o están.
.- Reunión con Castro Verde de Portugal para os primeiros días do mes de abril. (8-11)

4.- Para coñecermos outros Patrimonios:

-Viaxe cultural a Trasalba, o Carballiño, Ribadavia.

5.- Continuar facendo Roteiros a partir do Camiño Primitivo

ROTEIROS POLO CONCELLO DE CASTROVERDE

Continuar facendo Roteiros, realizados varios deles e, outros continuaranse facendo neste ano ou en vindeiros anos, coa intención ou finalidade de, chegado o momento facer unha guía, folleto ou libro, a saber:
Partindo sempre do Camiño Primitivo ou das proximidades:

.- Roteiro de Soutomerille, Castro da Pallota, igrexa e lugar de Soutomerille, Croa
de Soutomerille, Castro Peón, Vilar. (Feito)

.- Roteiro de Paderne, Gracián, San Paio, Moreira e volta a Paderne. Visitando as
súas igrexas e castros.(Sen facer)

.- Roteiro de Barredo, A Meda, Córneas, Francelos, Barredo. Visitando os seus
lugares de interese.(Sen facer)

.- Roteiro de Rebordaos, Serés, Castedo. Igualmente coas visitas pertinentes
.- Roteiro de Gracián, Outeiro visita a súa capela, Forno da Vella, Recesende,
visita ao pazo, ao castro e a igrexa San Miguel.(Sen facer)

.- Roteiro de Castroverde, San Martiño de Bolaño, cova e croa de Bolaño, pazo de
Carballedo (Feito)

.- Roteiro -percorrido pola parroquia de Montecubeiro, visitando a igrexa de San
Cibrao e os restos do convento, capela de Santa Petronila no Barreiro,
medorras de Eiladrán e de Santadrao, túmulo da Lagoa, castros de Sarceda,
A Graña e Maxide, As croas dos Mouros, A Groba da Insua, casas dos Luna na
Cernada e de Pillado en Verducedo, mazo e muiño de Bascuas, fontes do río
Azúmara e subida á serra da Ferradura (O Pradairo, 1029 metros de altitude).
(Feito parte del)

.- Roteiro das Igrexas do Románico Rural, a saber Espasande, Goi, Tórdea
Uriz, Cellán. Pero non só Románico, xa que temos neste percorrido, castros
de: Goi e Faxilde. Pazos de: Pumarega e Cellán. Mazo e muiño de Goi.
(Feito).

.- Roteiro de Miranda – Mirandela – Outeiro de Vellas– Miranda- Agustín –
Páramo .(Feito)

.- Roteiro de Furís croas, e dos muiños do galo marelo. (Feito parte del)

.- Roteiro de Penalada, o Vilar, igrexa de Cellán de Calvos, croas de San Xulián
de Pereirama igrexa de Pereiramá.(Sen facer)

.- Roteiro de Riomol coa súa igrexa, Masoucos co seu casstro e interesante igrexa,
Trascastro xa o di todo o seu nome, a Frairía coa súa iteresante igrexa e a casa
grande de Folgueira e San Cosme de Barreiros.(Só o fixemos algúns)

.- Roteiro de Cubelas, Marrondo, Vilalle e acabar en Vilabade.(Sen facer)

Todo isto é un pouco orientativo, xa que se poderían variar os percorridos, pero pensamos que quedan percorridas deste xeito practicamente a totalidade das terras de Castroverde.


Pero todo isto poderíase replantexarse:

Roteiro do Mirador
Roteiro dos castros e croas. (Cada parroquia ten un; tres en Soutomerille, Paderne, Barredo, Bolaño, Montecubeiro, Castroverde, Recesende, Pereiramá, Goi, Cellán de Mosteiro, de Calvos, Pumarega Miranda....
Roteiro dos pazos e casas grandes de: Carballido, Bolaño, Vilabade, Folgueira,
Pumarega, Cellán de Mosteiro...
Roterio dos Muíños e mazos, só teriamos que seguir os regos- “ríos”.

6.- Conferencias-charlas coa colaboración do Colexio Público:

- O Camiño Primitivo polo noso Concello.
- Arte e literatura
- Plantacións forestais rendibles en Castroverde.
- Castros e croas importancia histórica.
- Pazos e casas gandes de Castroverde.
- A configuración do noso territorio.


7.- Publicacións varias sobre o Concello de Castroverde

- Facer un libro/folleto para promocionar o noso Concello, tendo en conta que está atravesado polo Camiño Primitivo.

- Outra(s) publicación(s) para promocionar o Concello.


Agardando que estas Actividades redunden en benificio do noso Concello e sexan do voso agrado, recibide unha forte aperta


Asdo.: José Yánez Basanta Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
(Secretario) (Presidente)


No hay comentarios: