05/09/2006
Reportaxe
De ruta para descubrir o patrimonio etnográfico
Os Amigos do Patrimonio de Castroverde fixeron un roteiro por Montecubeiro
La Voz de Galicia
Carlos Vázquez
Conscientes de que patrimonio é todo, os Amigos do Patrimonio de Castroverde percorreron o sábado distintos lugares da parroquia de Montecubeiro. Fixo de guía Xosé María Gómez Vilabella, natural da localidade e autor de obras como Historias intra da bisbarra . Co libro de relatos na man, alí onde di a lenda que foi, no Rego dos Lagartos, o escritor relatou para un grupo de trinta persoas. Era a primeira parada do que sería unha ruta ateigada de lendas, teorías e feitos históricos para a lembranza. Cómpre advertir que algúns dos lugares visitados houberan pasado desapercibidos para nosoutros de non ser polas indicacións de Vilabella e máis as do incansable Manuel Muñiz.
Deixamos de ver o pazo de Carballedo para dirixírmonos ás auténticas Fontes do Azúmara, segundo testemuñou o guía amosando unha copia do catastro do Marqués da Ensenada. Na mesma zona había un muíño e mesmo disque que apareceron algunhas moedas, se ben do pantanoso só queda un reguiño a carón do recheo empregado na estrada, coñecida como cinto de Lugo.
Situados xa na Insua, un monte que arrodeado polas augas de dous ríos dende o alto ofrece unhas impresionantes vistas, Vilabella explicou a súa teoría de que o monte Medulio podería estar situado naquela zona onde, segundo cre, puidéronse refuxiar os nativos (galaicos) diante do asedio romano.
O Mazo de Penallos
Nunha encrucillada das Cavozas, onde había cruceiro e pousadoiro, vertéronse máis lendas.
De alí fomos conducidos ao mazo de Penallos onde tamén había un muíño. O mazo quedou soterrado trala construción dunha estrada conflitiva, e do muíño escasamente quedan uns muros absorbidos pola frondosidade. Só a visita á acea da Laxe, na Veiga, compensaría saber desa desfeita. No muíño de Xosé María Veiga, que aproveita as augas do Azúmera, aínda se peneira a fariña do farelo.
Dun oficio vivo marchamos ao castro de Maxide, que tamén ten a súa lenda. E un pouco máis adiante un monolito de dez toneladas lembrounos dos aqueles quince fusilados en San Cibrao de Montecubeiro. O xantar na casa Longarela e aínda despois a visita a Bolaño, puxo fin a unha xornada moi variada e entretida.
Nas Cavozas, unha encrucillada onde había un cruceiro e tamén pousadoiro, Vilabella relatou como aí a carón había un ferreiro ao que un día lle encargaron torcer o canón da escopeta do fillo dun ao que obrigaran a inscribirse na Falange. O ferreiro disque preguntou o por que e aquel pai contestoulle: Para que pense que apunta e non apunte, para que pense que mata e non mate

No hay comentarios:
Publicar un comentario