Traemos á sección "Andanzas......" de Xosé María Gómez Vilabella duas colaboracións que nos fixo chegar datas atrás e que por razóns das meigas que gobernan a informática, que habélas haílas nesta nova especialidade, non poidemos publicar hata hoxe. Pódese dicir que son axeitadas polo tempo en que estamos. A primeira délas leva por nome A novena das Ánimas que baixo a descolpa do título desenvolve toda unha descripción antropolóxica e xeográfica polo concello.
A segunda, mais curta, nomeada Patrimonios exentos refírese ao que hoxe, de moda na literatura económica e nos manuais de xestión, coñécense coma os bens intanxibles. Nos meus tempos, no libro de contabilidade do meu mestre Fernández Pirla, non pasaba de ser o chamado "fondo de comercio". A teoría do autor, ben traida da economía, e mais concretamente da disciplina da Facenda Pública, é considerar bens exentos, todo-los coñecementos transmitidos polos ancestros, o coñecemento e a sabiduría popular toda. ¡Canto diñeiro tiña que ter devolto a facenda se iso fose deste xeito!. Boa idea para darlle ao meu emérito profesor Fuentes Quintana.
¡Cantos bens exentos tería a miña tía Estrela da que canta manciñería, farmacopea, e botánica lle sentín! Mais pásame coma ao autor, non tiña un boli a man para anotála. Tampouco tiña anos para facélo. Non sabédes canto o sinto.
______________________________________________________________
Enderezo para baixar en pdf "A novena das Ánimas:
http://www.box.net/public/ct8t7x33r9
Enderezo para baixar en pdf "Patrimonios exentos" :
http://www.box.net/public/nx3u33gnps
No hay comentarios:
Publicar un comentario