Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

30 octubre, 2007

Sábado,10 de Novembro de 2007

ROTEIRO e limpeza de sartegos

Aproveitando que en novembro se cumpren os dous anos da constitución da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde propoñemos o seguinte:

Pola mañá: 10:00 h.
Saída de Castroverde e ir camiñando polo Camiño Primitivo e subir a Recesende para a limpeza dos sartegos. Mentras limpamos (algúns), os demais poden seguir camiñando ata Goi, onde procederemos á limpeza dos outros sartegos. (Haberá autobús para os que non queiran andar tanto)

Ás 14:00 h. Xantar

Pola tarde Ás 18: 00 h. Asemblea

A partir das 20:00 h. (Aproximadamente) Magosto ( Dirase o mesmo día ou uns días antes o lugar)

Para facilitar a organización: Avisar antes do xoves, día 8 de novembro, de 2007; no teléfono e correo habituais.
Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Asdo.:
Manuel Muñiz
Presidente
Castroverde -Lugo-, a 25 outubro de 2007


No hay comentarios: