Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

09 noviembre, 2009

CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS DE ESPALLADOIRA


Hoxe, domingo, 8 de novembro, tivo lugar un acto máis para celebrar os 25 anos da Asoc. Cultural Espalladoira. É unha ledicia, para calquera concello contar cunha Asociación con esta traxectoria, participou na creación de festivais folk, ten colaborado na recuperación do Camiño Primitivo, organizadora de acto de Reis, do Lume Novo, do Magosto, tan só por citar algún dos actos que lembro, como socio.
Hoxe celebrou un deses actos cun magosto popular, que se celebrou a partir das 12:00 h., no que participaron socios e veciños, acompañados polos grupos musicais; Caivanca e Arrincadeira. Logo tivo lugar un xantar de homenaxe aos socios, xantar ao que foi convidado a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castrovede, tamén participaron no xantar, o Sr. Alcalde e a Sra. Concelleira de Cultura.

A festa rematou con música tradicional, coa actuación do grupo A Quenlla, mais ao comenzo actuaron os tres grupos, Caivanca, Arrincadeira e a Quenlla, logo seguiu a Quenlla con interpretación de pezas tradiconais, onde puidemos ver a defensa que este grupo continúa a facer da música, da lingua e do noso patrimonio en xeral. Saúde e longa vida a todos eles e, especialmente á Asoc. Espalladoira, representada por D. Manuel Varela Gorgoso, sr. cura de varias parroquias de Castroverde, a quen dámos desde aquí as grazas por todo o seu traballo.

Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

Máis fotos, no lateral "Castroverde en imaxes"

No hay comentarios: