Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

01 noviembre, 2009

PROXIMAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO


Estimado socio/a:

Enviámoslle esta carta para comunicarlle as actividades que a A.C. Arumes do Corgo ten previstas ata finais de ano co fin de que participe e anime (naquelas actividades abertas) a todos os seus coñecidos.

EXCURSIÓN A ALLARIZ-CELANOVA (SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO DE 2009) Saída ás 7:45 h en fronte do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo feminino) e ás 8:00 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita guiada ao mosteiro de Celanova, paseo pola vila e xantar en Allariz, onde poderedes gozar da Feira de Outono e dos numerosos museos da vila ourensá. Prevese o regreso arredor das 22:00 h. O xantar inclúe pinchos de primeiro (empanada, tortilla...), carne (tenreira estofada con guarnición) ou peixe (salmón á plancha) a elixir de segundo, postre, viño da casa e café. Os socios só teñen que pagar 16 € (visita guiada e xantar), mentres que os non socios terán que pagar a maiores o equivalente da cota anual, é dicir, 10 € (ou facerse socios). Existen 55 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 3 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA E ELIXIR O 2º PRATO (CARNE OU PEIXE).

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “OS PINTORES DE ARTAL. PINTURA ESPAÑOLA DO MUSEO DA HABANA” (MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO DE 2009)
Visita guiada da exposición pictórica na Fundación Caixa Galicia (no fondo da Praza Maior de Lugo). Punto de encontro, en fronte da porta principal ás 20:00 h. Duración aproximada, 40 min.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA, KM 0 (MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2009) Saída ás 9:15 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita ao Pazo de San Marcos (recepción no salón de actos da Deputación), obradoiro no Centro de Artesanía e Deseño e excursión pola Ribeira Sacra (adega, pequena ruta de sendeirismo...) onde realizaremos o xantar. Chegada aproximada ás 20:30 h. Existen 48 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 24 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA.

CLUB DE LECTURA
Dado o gran éxito do Club de lectura do primeiro semestre, a A.C. Arumes do Corgo enfronta con gran ilusión esta segunda edición. O libro escollido é “Cando petan na porta pola noite” de Xabier P. Docampo (Premio Nacional de Literatura Infantil). Se está interesado en participar póñase en contacto coa Asociación co fin de adquirir o libro ou empregar o servizo de préstamo da Asociación. O encontro co autor será o sábado, 12 de decembro de 2009 ás 19:00 h, no Centro Sociocultural do Corgo, co fin de que preguntedes ao autor todo o que vos pareza interesante tanto do libro, como da enorme obra literaria como da súa vida como literato.

HOMENAXE AOS PROFESORES REPRESALIADOS POLO FRANQUISMO. PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL MAESTRO DE ZAÍN” DE DOLORES SEIJAS SOTO (SÁBADO, 19 DE
DECEMBRO DE 2009)
Os mestres de primaria e os profesores de secundaria xogaron sempre un papel moi importante como transmisores dos idearios da igualdade, da solidariedade, da paz… como engrenaxes vitais das nosas vidas. Dende a A.C. Arumes do Corgo parécenos moi importante o lavado da imaxe de moitos dos profesores que se opuxeron ao réxime e que se viron represaliados despois da Guerra Civil Española. Nese contexto, faremos a presentación de “El maestro de Zaín”, homenaxe a unha das figuras máis importantes do magisterio lucense, Luis Soto Menor, que sufríu nas súas carnes a vinganza da posguerra. O acto de recuperación da memoria histórica e a presentación do libro levaranse a cabo no Centro Sociocultural do Corgo, ás 19:00 h.

III CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
Como xa sabedes (enviamos hai uns meses as bases do certame por correo), o venres, 27 de novembro de 2009, remata o prazo para entregar as obras ao III Certame literario “Terras de Chamoso” en calquera das súas categorías (infantil, xuvenil e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). A partires dese momento os membros do xurado terán a difícil tarefa de escoller os premiados de entre unha agardada alta participación. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios que será o sábado, 26 de decembro de 2009, ás 21:00 h no Centro Sociocultural do Corgo. Nel entregaranse os premios aos gañadores, haberá un recital poético e moitas, moitas sorpresas ao longo da noite. Contamos coa túa presenza!!!

Reciba unha forte aperta:
A XUNTA DIRECTIVA


No hay comentarios: