EXPOSICIÓN: Ás portas de Rinlo, fotografías de Fernando Páez
Inauguración e presentación do catálogo: xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Do 12 ao 29 de novembro de 2009) __________ Horario Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h. Entrada gratuíta Museo Provincial de Lugo Praza da Soidade s/n 27001 Lugo Tfno.: 982 242112 info@museolugo.org __________ “Ás portas de Rinlo” forma parte da iniciativa cidadá “A prol de Rinlo BIC” que promove a difusión, defensa, e conservación dos valores patrimoniais de Rinlo e a súa declaración como Ben de Interese Cultural de Galicia (BIC) na categoría de Lugar Etnográfico. Carlota EirosO catálogo da exposición que publica a Área de Cultura da Deputación de Lugo reúne cincuenta imaxes tomadas por Fernando Paéz os primeiros meses do 2009. Estas fotografías documentan a paisaxe de Rinlo mediante un estudo minucioso das xentes, das casas e do medio buscando unha xenuina comprensión dos códigos estéticos. O fin último é mostrar a beleza do vernáculo e da paisaxe histórica reclamando actuacións que respecten a memoria e manteñan viva a identidade local dos nosos núcleos tradicionais. Arquitecta Enlaces de interese: : 1120_FOLLETO_INFORMATIVO_Ás portas de Rinlo.pdf 1120_INVITACIÓN_Ás_portas_de_Rinlo.pdf |
Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
14 noviembre, 2009
Sala de exposicións do Museo Provincial
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario