Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

16 noviembre, 2010

Miscelánea


Vieiros pedagóxicos


Acabo de regresar de Castroverde, e vin todo o traxecto, ata a mesma Coruña, dándolle grazas a Deus polos soutos de castiros que deixei atrás. ¡Laus tibi, Chistie, pois, con castañas, as crises son máis curtas!

No resto da provincia, a transición: dos castiñeiros descendemos aos bidueiros! E os salgueiros rematan no monte deles, en Montesalgueiro, que de aí para abaixo deixa de ser Galicia… ¿Que, cómo, por qué…? ¡Cuestión de xeografía: desde Montesalgueiro ao mar é Australia, o país dos eucaliptais!

¿Do están aquelas hortas de Betanzos que, en paralelo coas castañas, tanta fame levan quitado? Houbo unha transición: primeiro dedicáronas a lúpulo, esas bendicións que lle botan á cervexa; e seguidamente, xa que España era unha, grande e libre, ¡liberdade produtiva! ¡Eucaliptol para os catarros, que non hai mellor cura cós seus bafos! O estómago é o de menos, pois o importante son esas catarreiras que se collen co trasnoite do botellón.

Pero veu esta crise socio económica, ¡e menos mal que nos colleu coa moda dos fillos únicos! Para máis alivio, separacións a embute. ¿Por onde comezamos nesta reconversión? Oínllo a unha Mestra de aquí da Coruña:

-Como escasea o traballo, e máis aínda as ganas de traballar, eu, na escola, en vez da táboa de multiplicar, en vista de que non queda outra saída que a de facerse avogados para opositar á Xunta, aos parvuliños ensínolles o Código Civil, ¡para que aprendan a preitear e a dividir! Comezo, pedagoxicamente, polo seu art. 1º, que é o das “Fuentes del derecho”: “Las fuentes del ordenamiento jurídico español son la ley, la costumbre y los principios generales del derecho…”

Doulle a razón, en case todo; en todo, non, pois tamén é costume iso de comer, e que eu saiba o eucaliptol non é comestible!

Xosé María Gómez Vilabella

No hay comentarios: