Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 marzo, 2011

O Barco 'Muralla de Lugo' visita este domingo Castroverde

Imaxe da inauguración do "Muralla de Lugo"

Nota de prensa da Deputación de Lugo

A embarcación estará amarrada na Praza do Concello, coincidindo coa feira que acolle a localidade en domingos alternos, e o horario de atención ó público será de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30
O periplo da aula turístico medioambiental polos concellos da provincia continuará, xa en abril, por Vilalba, Antas de Ulla, Pol e Portomarín
O Concello de Castroverde é o próximo destino do Barco Muralla de Lugo, botado pola Deputación hai cerca dun ano co fin de promocionar dentro e fóra de Galicia os atractivos da Costa lucense e a riqueza medioambiental da provincia. A embarcación estará amarrada na Praza do Concello de Castroverde este domingo, coincidindo coa feira que a localidade acolle cada quince días, e o horario no que os veciños poderán entrar será de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30.

Tras deixar Castroverde, a nave continuará o seu percorrido, xa en abril, por Vilalba, os días 2 e 3; Antas de Ulla, o 9 e o 10; Pol, o 16 e o 17; e Portomarín, o 23 e o 24. A este último municipio, o barco “navegará” con motivo da celebración da tradicional Festa da Augardente.
O Muralla de Lugo inclúese dentro de Lug02, o programa medioambiental da Deputación dotado de 5 millóns de euros -cofinanciado nun 70% pola Unión Europea-, e o ano pasado, na súa primeira tempada, tivo uns 18.200 visitantes. Foi construído por unha empresa de Burela e pintada en Viveiro. O seu interior está dotado con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico que cederon na súa totalidade e de maneira gratuíta as confrarías de pescadores da Mariña e o Concello de Viveiro. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
Como complemento desta iniciativa, a Deputación puxo en marcha tres aulas móbiles de interpretación da natureza, dedicadas á Montaña e á Terra Chá. Estas aulas desprazaranse este domingo a Bretoña, en A Pastoriza, onde terá lugar a cuarta edición da Feira de Bola de Liscos e das Freces. Estarán emprazadas na Praza Maior da vila pastoricense e o horario de atención ó público será de 10:00 a 17:00 de xeito continuado. O obxectivo destes espazos e difundir e concienciar sobre o necesario coidado do medio ambiente entre a cidadanía en xeral e os escolares en particular. Para elo propóñense actividades formativas e lúdicas como proxección de vídeos ou rotas de sendeirismo.

No hay comentarios: