Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 octubre, 2011

RESUME DO CENTENARIO DA AGRUPACIÓN DE CAAMOUCO- CONCELLO DE ARES



Despois da presentación da revista e o decubrimento da placa


   Neste sábado, 23 de outubro, asistimos ao Centenario da Agrupación Redes e Caamouco.
Comenzaron os actos cunha misa en memoria de mestres, alumnos, socios e fundadores falecidos, onde houbo por parte do oficiante unha lembranza e agradecemento para todos eles.
Seguidamente tivo lugar unha emotiva ofrenda floral no cemiterio parroquial, onde se deu lectura a un texto onde se aludía novamente á Agrupación e aos benfeitores.
Logo tivo lugar o descubrimento dunha placa conmemoratia dos cen anos, acto no que estaba toda a parroquia e convidados que eramos, entre outros, os da Asoc. Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio,  no acto interviron; o Sr. Alcalde de Ares, o Sr. Presidente da Deputación da Coruña e o Sr. Presidente da Asociación, Ernesto Naveiras.
O momento tamén serviu para presentar o número 4 da revista A Tenencia  “Hisotorias e Lembranzas do Porto de Redes”, número co que fomos agasallados todos os presentes.
Rematando, xa a comida, Ernesto foi agasallado cunha placa conmemorativa, por parte dos membros da Xunta Directiva da Agrupación de Redes e Caamouco, en agradecemento ao seu traballo. Tamén son de salientar as sentidas palabras, da Sra. de Ernesto, onde uns e outros louvaron o traballo e adicación á Agrupación, mais el (Ernesto) , aludiu a un traballo conxunto de moitas persoas, especialmente dos membros da Xunta Directiva.
Dicir que, os actos estiveron acompañados pola banda de gaitas da Ría de Ares.
Agradecer desde aquí o recibimento e bo acollemento por parte dos membros da Agrupación, especialmente a Ernesto Naveiras, José Luís Cacabelos,  aos que fomos de visita. Parabéns, Noraboa a todos os que contribúen amigos de Redes e Caamouco.

Saúde, Terra e Lingua e que a Agrupación continúe, como mínimo, outros cen anos.

Manolo Muñiz

No hay comentarios: