MEMBROS DO FORO DO CAMIÑO: 
  Case
 30 colectivos, asociacións, entidades e investigadores comprometidos no
 estudo, recuperación, protección e promoción da primeira vía de 
peregrinación a Compostela forman parte deste Foro do Camiño, 
constituído en xullo de 2010: 
    Asociación de
 Amigos do Camiño Primitivo de Santiago, Asociación Galega de Amigos do 
Camiño de Santiago, Asociación de Amigos del Camino de Santiago 
Astur-Galaico del Interior, Asociación do Camiño Primitivo da 
Fonsagrada, Viandantes polo Camiño Primitivo, Asociación 
Lugo-Patrimonio, Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, Museo 
Comarcal da Fonsagrada, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, 
delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, Orde das Donas e
 Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas “Os Lobos”, Asociación de 
Hosteleiros de As Fontiñas, GDR4 Terras de Lugo, Plataforma en Defensa 
do Alto Ulla, Metátese Teatro, Asociación na Defensa do Parque Rosalía 
de Castro, Asociación de Veciños da Piringalla, Asociación Cultural 
Terras de Melide, Club Cultural Valle-Inclán, Asociación Cultural 
Espalladoira, Museo Terra de Melide, Asociación Cova da Serpe de Friol, 
Asociación Cultural “A Toca” de Toques, Asociación de Veciños de San 
Romao da Retorta, Asociación de Veciños “Porta de Lugo”, Parroquia de 
Santiago de Castelo,Asociación de Veciños “Fonte do Udreiro” de Romeán.
  
  Lucus Augusti, 11 de agosto de 2012
  
  
  PERANTE A SAÍDA
 A INFORMACIÓN PÚBLICA DA DELIMITACIÓN OFICIAL DA VÍA MÁIS ANTIGA A 
COMPOSTELA, O FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO RECLAMARÁ QUE ESTE PROCESO SEXA A
 TODOS OS EFECTOS UN PARADIGMA EXEMPLAR NA RECUPERACIÓN INTEGRAL E 
PROTECCIÓN DO ITINERARIO FÍSICO E PATRIMONIO CULTURAL E AMBIENTAL 
ASOCIADO A UN CAMIÑO HISTÓRICO DE LONGO PERCORRIDO, ACTUACIÓN QUE DEBERÁ
 TER COMO PREMISA ESENCIAL A SÚA AUTENTICIDADE.
  
  Logo de que a 
administración galega teña demorado de xeito escandaloso este proceso e 
de que nos últimos tempos permitise todo tipo de impactos, asaltos e 
apropiacións sobre o territorio polo que transita esta calzada máis que 
milenaria, o Foro do Camiño comunica que está a analizar 
pormenorizadamente o expediente sometido a información, considerando 
absolutamente inapropiada a súa publicación oficial en pleno mes de 
agosto, estratexia detrás da cal sospeita que se esconde unha manobra 
encubridora nun tema de tanta proxección de futuro e sensibilidade 
social.
  
  Ao revés do que
 se ten recollido nalgunhas informacións de prensa, o Foro do Camiño 
advirte de que a documentación publicada no DOG é exclusivamente 
responsabilidade da Xunta e de que non conta en principio con ningún 
pronunciamento de apoio, acordo negociado, nin aval de saída por parte 
da trintena de entidades e especialistas que constitúen esta plataforma,
 quen rexeitan de plano a perversión sistemática da lei de protección de
 1996, tentándose adulterar con alternativas artificiosas o itinerario 
histórico da vía primitiva, para consolidar derivas interesadas que 
foron reiteradamente denunciadas no seu momento, no canto de delimitar e
 recuperar con obxectividade os numerosos treitos apropiados en boa 
medida coa anuencia ou pasividade da Dirección Xeral de Patrimonio e 
dalgunhas institucións locais.
  
  Igualmente, o 
Foro considera raquítica a franxa de 30 metros de protección intensiva 
para a zona do ámbito BIC, así como insuficiente a área de respecto ou 
de cautela prevista na maioría dos casos para o conxunto do territorio 
histórico asociado, botando de menos a inclusión non só de importantes 
tramos de calzada orixinaria e conexións históricas, senón elementos do 
patrimonio material e intanxíbel nado ao abeiro desta antiga verea, un 
erro no que volta a incorrer a Xunta por tomar como base a nefasta e 
precaria itinerización en falso realizada por volta do ano 93, 
consolidando eivas endémicas.
  
  Caso de non se 
corrixir esta orientación mediante unha delimitación moito máis 
comprometida na defensa e recuperación do valor cultural do territorio, o
 Foro do Camiño Primitivo, amais de efectuar as alegacións e reclamación
 oportunas perante diversas instancias, solicitará da UNESCO a 
paralización cautelar do expediente de declaración como patrimonio 
mundial para o Camiño Primitivo en tanto a administración galega non 
rectifique os seus postulados aténdose á obxectividade e rigor 
científico previsto na propia lexislación e nos principios que rexen as 
proclamacións do organismo internacional. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario