Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

19 noviembre, 2013

Comentario dun socio ao último roteiro



Quen puidera estar con todos vós!. 
Vagar por eses camiños,carreiros e corredoiras. 
Chans cheos de seixos, cogumelos, castañas e alimachas subindo po lo mofo das penas.
Soutos de castiñeiros e carballeiras, en todo o seu esplendor , coas galas de outono. 
Fornos,fontes....vacas, totem sagrado, nalgún tempo.
E nas portas do Nadal, o Acivro, fermoso e xeneroso,  cos seus rebentos á espera de manter ,galos e pitas de monte.
Lume na lareira, magosto, familia....fume...crepitar de estelas.....vento...follas...estrume...berrar dos cochos...morte e vida.
Boa noite e saúdos.
Javier.

No hay comentarios: