Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
14 junio, 2014
SEMINARIO SOBRE GOBERNO ABERTO NA PROVINCIA DE LUGO : FOMENTO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E TRANSPARENCIA MEDIANTE O USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
Os días 18, 19 e 20 de xuño de 2014 a Deputación de Lugo vai a organizar, no marco do proxecto “InnovaTE2: Dip. Digital”, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, o SEMINARIO SOBRE GOBERNO ABERTO NA PROVINCIA DE LUGO : FOMENTO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E TRANSPARENCIA MEDIANTE O USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN, de 27 horas lectivas, que pretende afondar nos avances logrados pola introdución das TIC na acción de goberno e, en concreto, no deseño e implementación de políticas de eGoberno cunha clara orientación á mellora do benestar da cidadanía e ao desenvolvemento da provincia de Lugo.
As prácticas de e-Goberno constitúen un factor determinante na transformación da produción de servizos, e os seus beneficios son abundantemente salientados pola comunidade científica e as institucións transnacionais.
O desenvolvemento de dispositivos que facilitan a interacción entre os cidadáns e as Administracións a través de Internet avanzou considerablemente durante a última década. Os progresos logrados contribuíron a transformar o modo de entender as relacións entre os diversos actores involucrados no proceso de implementación de políticas públicas e, en concreto, na provisión de servizos públicos. Ademais de aspirar a superar tradicionais barreiras burocráticas e a promover a participación e a democracia, púxose énfase en intentar satisfacer as expectativas e as necesidades dos usuarios do modo máis eficiente e axustado á dispoñibilidade orzamentaria.
Con todo, os últimos anos foron testemuñas do xurdimento de críticas ao modo en que se conduciu o deseño e a produción dos servizos públicos en liña, excesivamente tecnocéntricos, condicionados polos intereses dos fornecedores de tecnoloxía, maioritariamente adheridos a un estilo top-down e cargados dunha excesiva retórica de atención ás demandas dos usuarios máis que de solucións verdadeiramente comprometidas con eles.
Como reacción, reclámase un maior acento no usuario ata o punto de fomentar unha orientación máis ascendente no deseño de prácticas de e-Goberno que potencie a colaboración dos usuarios finais e os propios empregados públicos.
O enfoque centrado no usuario require comprender o modo en que este interactúa coa Administración e, en primeira instancia, determinar, a beneficio de ambas partes, as posibles barreiras que o deseño dos dispositivos a través dos cales canalizar a relación vía web cos usuarios pode xerar na provisión do servizo. Trátase dun paso inicial, obrigado, da estratexia máis ambiciosa de lograr unha maior eficiencia nos servizos e un alcance máis efectivo dos públicos obxectivos nun contexto de maior interoperabilidade entre as diversas organizacións involucradas nas políticas públicas.
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario