Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
04 agosto, 2014
VIAXE ÁS FRAGAS DO EUME, MOSTEIRO DE CAAVEIRO, CASTELO DE ANDRADE
Esta viaxe que en principio estaba proxectada á península de Bezoucos tivo que variar de percorrido debido á choiva, realizando as visitas ás que aludimos.
Comenzamos pola visita ao Mosteiro de Caaveiro situado na parroquia da Capela, no concello do mesmo nome na comarca do Eume.
O mosteiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías, eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiado de Compostela.
Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do século XVIII.
Comezamos a visita pola capela de Santa Isabel de orixe románica para continuar visitando as diferentes estancias, cociña, sala capitular, etc.
Salientar o fermoso enclave do mosteiro, situado entre os ríos Eume e Sesín, pola ponte da Estrela, sobre o río Sesín accedíase antigamente ao mosteiro.
Logo da visita ao mosteiro, visita ao centro de interpretación e visualización dun vídeo que nos falaba da vexetación e fauna das fragas.
Pola tarde; visita ao Castelo dos Andrade que garda moitas similitudes coa torre de Castro Verde, segundo observamos varios, tendo unhas medidas mesmo similares na altura, 20 m. Algo similar podiamos facer na nosa Torre - Fortaleza, ao menos sería un bo motivo para atraer visitantes, convidamos a todos e todas que non o coñezan que realicen unha visita para ver o que se pode facer coa nosa Torre.
A seguir visita ao Mosteiro de Monfero que é de orixe medieval situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso.
A igrexa lémbranos a dos mosteiros de Sobrado ou de Samos, aínda que todas elas diferentes.
Agradecemos a Quique que nos organizara estas interesantes viaxes ás terras eumesas.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER ALGUNHAS IMAXES:
Etiquetas:
Roteiros,
Roteiros 2014
29 julio, 2014
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. 2015
Xuntanza para os concellos pertencentes ao partido xudicial de Lugo: Castro de Rei // Castroverde // Corgo (O) // Friol // Guntín // Lugo // Meira // Outeiro de Rei // Pol // Rábade
31 XULLO // LUGO //
ÁS 19:30 h no SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN
Tamén podes participar dende a web:
www.orzamentosparticipativos.org
PRAZO ABERTO ata o 10 de SETEMBRO
QUÉ SON OS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS?
É un proceso a través do cal a poboación contribúe opinando sobre o orzamento provincial. Os orzamentos participativos permiten ás veciñas e veciños coñecer o orzamento da súa Deputación, determinar as necesidades prioritarias e consensuar as áreas de actuación para o 2015.
QUE SE DEBATE?
As áreas de xestión implicadas serían:
Fomento do Emprego // Promoción de Novas Tecnoloxías // Desenvolvemento de Políticas Sociais // Mocidade // Coidado do Medio ambiente // Promoción de Actividades Económicas // Infraestruturas // Cultura e Lingua // Cooperación cos Concellos // Promoción de Políticas Demográficas // Fomento do Deporte // Impulso do Turismo // Fomento do Deporte // Impulso do Turismo
ONDE E CANDO?
O ámbito territorial será toda a provincia de Lugo, convocando Xuntanzas Participativas en tódolos Partidos Xudiciais. Un partido xudicial é unha unidade territorial para a administración de xustiza, integrada por varios municipios limítrofes e pertencentes á provincia.
www.orzamentosparticipativos.org // facebook.com/diputacionlugo // @depulugo // www.deputacionlugo.org
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...
26 julio, 2014
VIAXE Á PENÍNSULA DE BEZOUCOS (ARES&MUGARDOS) -2 Agosto 2014
PROGRAMA HORARIO
Saída de Castro Verde ás 8:00 horas ( Ao lado do Pereira)
Ás 8:30 h. na ronda da muralla (Edificio Sindicatos)
Ás 10:00 h. en Mugardos
Percorrido de 9 quilómetros con certa dificultade, inprescindible levar calzado axeitado.
DESCRIPCIÓN:
A viaxe percorre unha área de Ferrolterra con importantes valores ecolóxicos e culturais: a área noroccidental da península de Bezoucos, enclavada no Gran Porto dos Ártabros (1), nome co que se coñecía ao territorio ribeireño das rías do Ferrol, Ares e Coruña, o cal serviu de inspiración á denominación do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) “Costa Ártabra” –pertencente á Rede Natura 2000-, a cal inclúe a franxa litoral de parte desta península.
O percorrido desenvólvese nunha lonxitude duns 9 quilómetros pola parte noroccidental da Península de Bezoucos, brazo de terra que separa as Rías de Ferrol e Ares-Betanzos.
A ruta escomenzará en Mugardos, vila mariñeira asentada nunha bahía na marxe sur da ría de Ferrol. Seguindo o paseo marítimo e a praia artificial da Bestarruza, chegaremos á Enseada do Baño, onde desemboca o Rego de Roibeiras formando un esteiro que da nome ao pequeno asentamento tradicional que alí se orixinou. A fermosura desta paraxe provocou que se desenvolvese unha urbanización que alterou a outrora beleza inmaculada deste lugar.
Dende eiquí desviarémonos ao oeste, ascendendo en dirección a Montefaro, entrando na parroquia de Cervás do concello de Ares, de cuxo antigo poboamento son testemuñas varios castros e os restos da súa igrexa románica. Nesta ascensión pasaremos ao carón dunha edificación militar abandoada que semella que foi un polvorín ou arsenal, chegando despois ao Mosteiro medieval de Santa Catalina (2).
Próximo a este lugar, atópase o cumio da Bailadora, miradoiro excepcional situado a uns 260 m. sobre a ría de Ferrol, dende onde poderemos contemplar as agrestes ladeiras graníticas que conforman a bocana desta ría, o sistema de fortificacións militares que ao longo do tempo foron construídas para defender a base militar (3), como os castelos da Nosa Señora da Palma e de San Felipe, construídos nos séculos XVI e XVII, evocadores do enfrontamento militar que tivo lugar nas súas proximidades fai pouco mais de 200 anos ... a Batalla de Brión (4).
Pero A Bailadora é tamén un lugar axeitado para aprezar e analizar o resultado doutras intervencións humanas mais recentes, as cales están a mudar a faz da ría: a implantación de grandes industrias (xunto ás navais asentadas antes da década dos setenta, foise consolidando nas últimas décadas do pasado século a metalúrxica de MEGASA –no fondo da ría esganando o antes fermosísimo esteiro do río Freixeiro-), a planta de REGANOSA instalada nas proximidades de varios núcleos poboados do concello de Mugardos, o porto exterior e os enormes recheos e desmontes realizados por mor destas actuacións,....
Trala estancia no miradoiro da Bailadora visitariamos o Mosteiro de Santa Catalina, tralo cal poderiamos comer no propio mosteiro ou nos xardíns existentes ao seu carón.
Tralo almorzo encamiñariamonos cara á Punta do Segaño (remata a ría ferrolá pola súa banda sur), visitando os restos das baterias de Fonteseca e do Segaño, construidas hai pouco máis de 100 anos para protexer a base militar de Ferrol.
Dende o Segaño continuariamos cara ao surés, encamiñándonos á praia de Chanteiro, onde poderemos reposar e incluso bañarnos nas súas claras augas se o tempo o permite. Inmediata a esta praia encóntrase a Capela da Nosa Sra. da Mercede, á que poderemos achegarnos, construcción con carga sentimental para os ferroláns, que no ano 1404 lle ofreceron voto a esta Virxe, en agradecemento pola súa intercesión para frear a peste que daquelas asolou a vila e arredores.
Se o percorridose fai curto, poderiamos aproximarnos a outros lugares de interese,como a chamada Cova dos Mouros e o inmediato castro de Santa Mariña.
Ao final da xornada tornaríamos a Mugardos, onde poderiamos cear ou tomar algo antes de voltar.
--------------
NOTA:
A viaxe farase igual, haxa ou non as 15 persoas. Se somos 15 ou máis haberá autobús, en caso contrario iremos en coches particulares.
Saúdos
Manolo
Etiquetas:
Comunicados,
Patrimonio de natureza,
Roteiros,
Roteiros_2014
24 julio, 2014
ACTIVIDADES DO MES DE AGOSTO
-Día 2, sábado, viaxe cultural á zona de Ferrol .
As persoas que desexen participar, teñen que anotarse antes, do 27 de xulllo.
(Se non hai, un mínimo de 15 persoas, non se realiza)
-Días 16, sábado, Roteiro desde o Cádavo a Vilabade por Vilaselle.
(Anotarse antes do día 10 de agosto)
-Día 17, domingo, participación na Feira Artesá.
- Teremos o posto da Asociaición e logo xantaremos na carballeira se está bo día, como todos os anos, cada un leva a súa comida. Se estivera mal día iríamos a un restaurante.

22 julio, 2014
PuntoGAL. amigosdopatrimoniodecastroverde.gal
A nosa asociación figura entre os primeiros pioneiros do PuntoGAL.
PuntoGAL presenta os 93 primeiros enderezos que poderán activarse co .gal a partir do 25 de xullo
Maís información en:
http://www.puntogal.org/actualidade/nova.php?id=497&lg=gal
20 julio, 2014
II CARREIRA POPULAR
II CARREIRA POPULAR (20-07-2014)
Varios membros da asociación
colaboramos, no día de hoxe, coa II
Carreira Popular celebrada en Castro Verde; na que por certo, participaron
varios soicos/as, entre eles Saúl Gómez Arrojo, que quedou primeiro na súa
categoría, tamén foron premiadas/os
varios membros do Club de Atletismo de Castro
Verde, e
Víctor Poveda, entre outros.
Algunhas das máis cativas recibindo o premio
Recibindo o premio (Do club de atletismo de Castro Verde e Friol)
Recibindo o premio
Unhas das máis cativas en acción
VER ÁLBUM:https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IICarreiraPopular20072014?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Eventos_congresos...,
Outros_patrimonios,
Patrimonio de natureza
19 julio, 2014
ACTIVIDADES TERRAS DO MIÑO 2014 / 3º TRIMESTRE
Informámosvos que un ano máis a Fundación CONAMA outorga un galardón
honorífico que distingue as melloras iniciativas do ámbito local a favor da
sostenibilidade. O galardón inclúe dúas categorías: menos de 5.000 habitantes e
entre 5.000 e 30.000 habitantes ambos inclusive.
Poderán optar a este premio todas as entidades locais de España (concellos,
entidades supramunicipales e asociacións) que conten con número de
identificación fiscal e que teñan un censo de 30.000 habitantes como máximo.
A presentación de candidaturas poderase facer desde o 1 de xuño ao 3 de
novembro de 2014. As entidades que desexen optar a este premio deberán enviar a
través da páxina web www.premioconama.org o boletín de inscrición correctamente
cumprimentado.
Saúdos,
Andrea Macho Benito
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Diputación de Lugo
Tfno: 982 260 046 - Fax: 982 260 212
San Marcos nº 8
RESUMO CONVIVIO DA CULTURA GALEGAS
Convivio da Cultura Galega
12-07-2014
O pasado sábado, día 12 de xullo de 2014, seis persoas da nosa Asociación participaron no Convivio da Cultura Galega, organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela.
Comezou o encontro coa actuación conxunta das Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte na praza do concello de Outeiro de Rei, despois no Auditorio Manuel María houbo diversas actividades: saúdo da organización, proxeccións de audiovisuais, teatro … e presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada.
A continuación, camiño da Carballeira de Santa Isabel, fíxose unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei.
Xa na Carballeira, ademais do xantar, houbo música, baile, xogos e contacontos e o goce dunha tarde e dunha paisaxe excepcionais.
Os organizadores na súa comunicación din: “O Convivio nace como espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe fai, cada quen o seu xeito e desde as súas coordenadas, cultura galega desde nós, por nós e para nós” Houbo unha boa resposta por parte das asociacións acudindo máis de 20.
Representantes das entidades presentes reuníronse pola tarde e puxeron en común os fins e as experiencias das súas asociacións e fixeron propostas de cooperación, co obxectivo de artellar unha rede que lles permita o intercambio de iniciativas no futuro. Moitas das asociacións presentes xa veñen realizando actividades en común e todas se mostraron abertas a compartir as súas actividades con quen tivese interese.
Facilitáronse os enderezos de todas as asociacións presentes, comprometéndose a organización a envialas a todos os participantes.
Ermitas Fernández
Merece, creo, especial atención a posta en común das/os representantes da trintena de Asociacións Culturais presentes, sentadas/os en torno ao Monumento, que a Asociación dos Escritores Galegos adicou a Manuel María e que preside a entrada da Carballeira de Santa Isabel. A Posta en Común foi moi enriquecedora e seguida con grande atención: - Representaban ao distintos núcleos de toda Galicia e as distintas épocas, desde a "Agrupación Cultural Francisco Lanza", fundada en 1970 en Ribadeo, pasando por outras moitas como "Amigos do Patrimonio de Castroverde", xa con nove anos de recorrido, "Lugo Patrimonio", etc. Ultimamente aparecen nombres orixinais, como a "Asociación Cultural e Musical Solfa", moi numerosa, e outras que xa non recordo. Quedamos en compartir a información, empezando por facer unha lista de direccións e aportacións de todos para todos. Como debe ser, empezando pola casa. Pechouse o Acto con unha arenga de Francisco Rodríguez en pro da actualización e posta de releve da obra xenial de Daniel Rodríguez Castelao, que os Poderes públicos parecen máis bén querer ocultar.
Nota final: Eu fun un asíduo lector do SEMPRE EN GALIZA, aínda que hoxe non puiden participar na lectura del, que se celebrou no Museo.
Lugo,16 de Xullo de 2014. Pp.

06 julio, 2014
Asemblea Extraordinaria que tivo lugar onte, día 4 de xullo, en Castro Verde.
Boa tarde!
Achego os principais puntos que se trataron na Asemblea Extraordinaria que tivo lugar onte, día 4 de xullo, en Castro Verde.
O principal punto era o orzamento participativo
- Orzamento participativo. Deputación de Lugo
Comenza a Asemblea informando brevemente, das áreas de xestión no reparto do orzamento na Deputación Provincial para o vindeiro ano 2015, participando varios membros, foronse concretando estes catro puntos, dos once propostos, que logo se someteron á votación quedando o resultado como segue:
1) Promoción de Políticas Demográficas: Políticas de freo á despoboamento que sofre a provincia con 20 votos a favor.
2) Fomento do Emprego: Promoción de políticas activas que favorezan a inserción laboral das persoas desempregadas con 19 votos.
3) Desenvolvemento de Políticas Sociais: Atención a persoas desfavorecidas, dependentes o en situación de exclusión social con 18 votos.
4) Coidado do Medio ambiente: Fomento do desenvolvemento sostible e protección dos recursos naturais con só 16 votos.
Estas propostas levaranse á reunión que terá lugar, o día 31 de xullo na Deputación Provincial.
En rolda de intervencións tratáronse os seguintes temas.
-Banca Ética, expuxéronse os principais obxectivos e informouse das
xornadas que terán lugar non mes de outubro. A partir de aí a
asociación levará este apartado á Asemblea Xeral ordinaria.
-Información do Foro do Camiño.
-Solicitudes ao Concello: o caso de X. María Fórneas Besteiro e
Manuel Cordero e outras solicitudes.
-Finalmente, lamentouse o aprazamento da celebración do
Irmandamento, que este ano correspondía ao noso Concello. Segundo
o Sr. Alcalde por razóns da crise no se celebrará.
-Actividades de verán:
- XULLO, MES DE SANTIAGO OU DA SEGA.
- 12 de xullo. Convivio da Cultura Galega. Fundación Manuel María
- 20 de xullo. Colaborar na Carreira popular.
-Posibilidade de facer unha viaxe pola costa de Lugo ou
zona de Ares – Mugardos. Finais de xullo.
PROGRAMA CULTURA ABERTA durante do mes de xullo na
Deputación de Lugo. (Ver programa non blog amigos do patrimonio) -
- AGOSTO
- 16 ROTEIRO: O CÁDAVO - VILABADE POR VILASELLE
- 17 Parcipación na FEIRA ARTESÁ
- SETEMBRO
- 13 de setembro: ROMAXE E TEATRO Grupo Rebuldeira.
Estes foron os principais puntos que se trataron.
Saúde, Terra e Lingua
Manolo Muñiz

Feira Artesán e Gastronómica
04 julio, 2014
Convivio da Cultura Galega que terá lugar o sábado 12 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá.
a
Pola presente comunicación
querémosvos convidar formalmente a participar do Convivio da Cultura Galega que terá
lugar o sábado 12 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Organizado inicialmente desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, o Convivio nace como un espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe fai, cada quen ao seu xeito e desde as súas coordinadas, cultura galega desde nós, por nós e para nós.
Eis o que queremos que sexa esta xornada que vos propomos: un encontro onde poidamos coñecernos vernos, falar, compartir experiencias...gozando ao mesmo tempo dalgunhas das máis significativas paisaxes que conforman o espazo físico orixinario do noso poeta nacional Manuel María, a súa Tribo.
Manuel María é, non por acaso, o fío condutor desta proposta: para alén da súa magnífica e polifacética dimensión literaria, o Manuel gastou, literalmente, "o seu corpo nos camiños" como incansábel activista cultural, como construtor imprescindíbel do primeiro asociacionismo cultural galego nacido aínda na clandestinidade obrigada do franquismo. Escoller Outeiro de Rei, o lugar que hoxe acolle a Casa-Museo que alberga todo o seu legado e proxecta a súa vida, obra e pensamento a todo o noso pobo, quere ser tamén unha forma de homenaxearmos a quen tanto debemos.
Achegamos a seguir (tamén no arquivo que se anexa) información sobre a estrutura da xornada, que agardamos sexa do voso interese. É probábel que surxa aínda algunha iniciativa máis, da que informaremos cumpridamente. Pedímosvos ás asociacións que teñades especial conta do encontro da tarde: gustaríamos que asistise unha representación o máis ampla posíbel e que de aí puidesen surxir novas redes de intercambio, colaboración e mutuo coñecemento.
PROGRAMA DO CONVIVIO DA CULTURA GALEGA. Sábado, 12 de xullo, Outeiro de Rei.
10:45 As Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte recíbennos na praza do concello.
11:00 Palabras de benvida da organización no Auditorio Manuel María.
11:15 Actuación do grupo de teatro da A. C. Medúlio de Ferrol.
11:30 Breve presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada (por grupos). Simultaneamente, proxección de audiovisuais.
12:30 Saída para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais.
14:00 Xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (vós traedes a comida e nós poñemos as mesas e cadeiras).
17:45 Para a xente máis miúda: contacontos a cargo de Fabaloba: “O neno e a estrela” (sobre Díaz Castro)
Para o resto: música, xogos, paseo á beira do Miño...
18:45 Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.
* As directivas das asociacións (e quen quixer...) reuniranse ás 17h para intercambiar experiencias e articular fórmulas de colaboración.
** As asociacións poden levar os seus materiais para mostra e/ou venda (disporán de mesa)
Sobre isto último, os colectivos que teñades interese en aproveitardes esta opción e expor ou vender os vosos materiais comunicádenolo para así termos unha previsión de cantas mesas precisamos colocar. Tamén vos agradecemos que nos indiquedes previsión de xente que quererá acudir ao xantar (para facer previsión do espazo necesario).
Agradecemos toda a difusión posíbel entre os vosos contactos. En Facebook creamos un evento desde o que podedes convidar libremente a todos os vosos contactos e compartir nos vosos perfís: https://www.facebook.com/events/259922790867047/?source=1
Ficando ao voso dispor, recibide unha moi cordial aperta
Teléfono de contacto: 698 177 621 (Fran) | fundacion@manuelmaria.com
Prezadas amigas,
Prezados amigos,

Patrimonio_cultural
27 junio, 2014
Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela
Facemos
achega de información sobre o curso de verán
da Universidade de Santiago de Compostela,
“O CAMIÑO DE SANTIAGO NO SALNÉS, COMUNICACIÓN E MEDIO NATURAL”,
que
se desenvolverá en Cambados e Vilanova de Arousa, do
28 de xullo ao 1 de agosto
deste ano.
Está homologado e recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria como Actividade de Formación do profesorado (30
horas).
Matrícula: https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp
Un atento
saúdo
Luís
Celeiro Álvarez. l.celeiro@usc.es
Director
do Curso
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
3º OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL
Amigas e amigos:
Para que teñades a primicia.
O venres, 27 de xuño, ás 12:15 h. presentaremos no concello de Lugo a
convocatoria para o
3º OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL.
Será, como foi costume nos anteriores, os martes , de 18 a 20 horas, no C. S.
Uxío Novoneyra. Comezaremos o 24 de setembro e remataremos con ANA CARREIRA o
16 de decembro.
Anexo cartaz con datas e programa de contidos.
PRAZO PARA INSCRICIÓNS
Realizaranse no Rexistro Xera do concello de Lugo, desde o 30 de
xuño ata o 12 de setembro
Co rogo de que difundades esta información entre familiares, amistades
e coñecidos.
Unha grande aperta:
Antonio Reigosa
tfno.. 655432511
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
Inauguración da exposición fotográfica "Naturalmente Lugo"
Informámoslles que mañá xoves, día 26 de xuño, ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño está prevista a inauguración da exposición fotográfica que leva por título: "Naturalmente Lugo".
Dita exposición recolle as 90 fotografías presentadas ó concurso que se realizou o pasado mes de Outubro como parte das actividades paralelas ó Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza "El Viaje Polar", celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
O concurso fotográfico realizouse durante dous días consecutivos, nos que os participantes se desplazaron por diferentes espazos da ciudade de Lugo, os arredores do Centro de interpretación Terras do Miño no Paseo do Rio Rato e o Bosque da Fervenza. Todos estos espazos encadrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A temática do concurso tivo como obxetivo: plasmar a beleza natural da ciudade de Lugo, o seu cinturón verde e o patrimonio natural da provincia.
A exposición permanecerá aberta ó público desde mañá, 26 de xuño ata o 7 de setembro, nos horarios habituais do do Centro de Interpretación.
Servicio de Medio Ambiente Y Energías Renovables.
Deputación de Lugo
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
26 junio, 2014
HOMENAXE DE XUBILACIÓN AOS NOSOS SOCIOS FUNDADORES
Desde a Asoc. Amigos do Patrimonio queremos
sumarnos á Homenaxe de xubilación que mañá se lles vai tributar aos nosos
socios-fundadores . Parabéns. Agradecerlles o cariño e tempo que nos adicaron
ámbolos dous e, desexarlles o mellor. Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz en nome da Asociación.
20 junio, 2014
O BNG LOGRA QUE O TESOURO DE OURIVERÍA CASTREXA, COÑECIDO COMO COLECCIÓN ÁLVARO GIL, VOLTE AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
![]() |
| Foto "El Progreso" de Lugo |
Pezas de grande valor como o Torques de Burela ou o Carneiro Alado son xa patrimonio de tod@s @s lucenses
· A área de Cultura da Deputación, gobernada polo BNG, chega a un acordo cos herdeiros de Álvaro Gil para que o Museo Provincial se faga coas 40 pezas de ourivería, logrando así recuperar para o desfrute do pobo un destacado patrimonio material galego que nunca debeu ter saído de Lugo.
· Entre as pezas que pasarán a ser patrimonio do Museo Provincial están os famosos torques de Burela e Viveiro e o Carneiro Alado, que volverán ser expostos ao público.
· Estas 40 pezas, datadas entre o 1.800 a.C. e o 400 d.C., emblema durante 4 décadas da colección do Museo Provincial de Lugo, foran retiradas pola familia en outubro do ano pasado despois dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que lle outorgaba a titularidade da colección.
· Logo dun longo proceso de negociación de case un ano, a Deputación mercará a colección por 2.346.200 euros, a cantidade na que foi taxada nunha peritación independente encargada pola Deputación, unha cantidade que supón a metade do que pedía a familia.
· Ponse fin con este acordo, que será levado o martes ao Pleno da institución provincial, a un longo litixio xudicial iniciado en 1999, cando Cacharro era o presidente da Deputación.
· A totalidade das pezas estarán de novo no Museo Provincial antes de que acabe o verán e serán pagadas en 5 prazos ata 2018.
· Numerosas asociacións culturais e colectivos en defensa do patrimonio pediran o mantemento deste patrimonio en Lugo. A Xunta de Galiza iniciou o expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural da colección antes da súa saída do Museo para evitar a súa venda e que puidera ser sacada fóra do Estado español.
· Grazas ás xestións do BNG conséguese un aforro de máis de 4 millóns de euros, xa que a familia reclamaba inicialmente 5 millóns de euros polas pezas máis 2,7 millóns de euros por danos e prexuizos, aos que renunciará. A Deputación pagará as costas xudiciais, como establecía a sentenza do Supremo.
· Alén da importancia cultural e patrimonial, a volta destas pezas ao Museo Provincial supón tamén un impulso turístico e, polo tanto económico, para a cidade de Lugo dada a súa importancia.
· Iniciativas coma esta encádranse dentro da política levada a cabo polo BNG dende que accedeu ao Goberno da Deputación no ano 2007 na área de Cultura, centrada en:
- Poñer a cultura ao alcance de toda a cidadanía
- Reforzar a Rede Museística Provincial
- Protexer e promocionar o patrimonio cultural lucense
- Fomentar a cultura galega en todas as súas manifestacións
- Apoiar o tecido asociativo cultural
Lugo, 19 de xuño de 2014.
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural
Charlas de protección do consumidor ante os diferentes productos bancarios que son de alto risco para os usuarios.
Bos días,
A Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL), vai impartir unha serie de charlas que levan como temática a protección do consumidor ante os diferentes productos bancarios que, en moitos casos, son de alto risco para os usuarios.
Esta actividade está orientada ás distintas asociacións do Concello de Lugo. Aquelas asociacións que estén interesadas poden contactar con ACUL da seguinte forma:
Mail: acul@acul.es
Teléfonos: 982 81 20 22- 627509056 tódalas tardes de 16 a 20 horas, de luns a venres.
Un saúdo,
Jacobo Vázquez
Presidente
-------------ACUL-----------------------------
Asociación de Consumidores
e Usuarios da Provincia de Lugo
Avda. das Américas, 1-3. Entr. H
27004, Lugo
Telf. 982 81 20 22
Fax. 982 256 214
www.acul.es

19 junio, 2014
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE
Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o
vindeiro
día 4
de xullo, venres, de 2014 ás
19:30 horas, e ás 20:00 horas en primeira e
segunda convocatoria respectivamente, na Casa do Concello Vello de
Castroverde, Travesía de Montecubeiro,
nº 38 CP-27120-Castroverde.
Coa seguinte orde do día:
I.- Orzamento participativo. Deputación de Lugo
II.- Fiare (Banca Ética)
III.- Rolda de intervencións.
Asdo.:
Manuel Muñiz Besteiro
Lugo, Castro Verde, a 19 de
xuño de 2014
DELEGACIÓN DE VOTO
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE ( 004-07-2014)
Eu,.................................................................................con
D.N.I. .....................
DELEGO OU MEU VOTO EN:
D./ Dona:
........................................................................................
Asdo.: ............................................................
En, ..............................a...............de..........................................de
2014
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)