Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

14 abril, 2013

Rogelio Botanz, cantautor e mestre no Silbo Gomero, actuou no MPLugo



09/04/2013 Rogelio Botanz, cantautor e mestre no Silbo Gomero, actúa no MPLugo

Este venres, 12 de abril, a partir das 20:00 horas, actuou no MPLugo  Rogelio Botanz, cantautor experto en Silbo Gomero, unha linguaxe sonora da illa de La Gomera que foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidadade pola UNESCO en 2009. Promoven este acto de Encontro coa Cultura Canaraia os colectivos culturais “Fábrica de Sons. Xestión musical”, a Asociación Cultural “Cultura do País-Lugo”, Asociación Cultural Libre de Paderne "Roxín Roxal" e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, coa colaboración da Rede Museística Provincial e a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A entrada é de balde.



VER MÁIS FOTOS E SILBOS NO ÁLBUM DA ASOCIACIÖN

EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe (Exposición didáctica)

EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe

Inauguración: Luns, 15 de abril, ás 20:00 horas. A Rede Museística Provincial de Lugo acolle no refectorio do MPLugo desde o 15 de abril ao 8 de maio de 2013 o Proxecto Culturas para compartir: Xitanos hoxe, unha iniciativa da Fundación Secretariado Gitano en colaboración con outras institucións, coa intención de ofrecer un recurso máis na procura de educar as novas xeracións no coñecemento da cultura xitana.
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO (8 de abril)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo
(Do 15 de abril ao 8 de maio de 2013)
Organizan: Fundación Secretariado Gitano (FSG)
Patrocina: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Rede Museística Provincial.
VER MÁIS:
 http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=27&id=1900

09 abril, 2013

ENCONTRO COA CULTURA CANARIA




ROGELIO BOTANZ, CANTAUTOR:
Rogelio Botanz nace no País Vasco e vive nas Illas Canarias desde hai tres décadas. Conxuga unha tripla vocación como cantautor, profesor de Educación Musical e mestre de asubiar gomero. 
En 1985 é cofundador, xunto a Andrés Molina e Pedro Guerra  do “TALLER CANARIO DE CANCIÓN”. Este grupo, cos seus sete discos asina unha das páxinas indiscutibles da historia da música popular nas Illas. O TALLER supuxo unha  oportunidade para gravar xunto a artistas de proxección internacional como Silvio Rodríguez, Luís Eduardo Aute, Joaquín Sabina etc.  Trala etapa do TALLER, Rogelio leva editados catro C.D. e continúa  ofrecendo as súas cancións  tanto en solitario como á fronte  da súa banda “Puntos suspensivos”.  Con este grupo, ao longo dos últimos anos, ademais de percorrer as illas e a península actuou en Pretoria  (1998),  A Habana. (1999),  Montpelier  e Marsella 2002,  Agadir  (2005),  dentro do Festival Internacional  “Sete Sois sete Luas”  actúa en diversos escenarios de Portugal e Italia.

ROGELIO BOTANZ, MESTRO DE ASUBIAR GOMERO:

 Rogelio Botanz traballou como Coordinador do Programa Educativo “Contidos Canarios” da Consellería de Educación do Goberno Autónomo de Canarias. Desde esa responsabilidade coordinou e impulsou durante unha década o proceso de incorporación do ensino do Asubiar Gomero nas escolas da illa da Gomera. Actuou como secretario da Comisión Técnica que redactou o novo currículo, á vez que aprendía este sistema de comunicación no seu contacto permanente cos mestres asubiadores D. Isidro Ortiz e D.Lino Rodríguez. Desde hai dez cursos, desde a súa posición como Profesor Especialista de Música, no  Colexio Público ACENTEJO (Tenerife) exerce como mestre asubiador (silbador) na  primeira experiencia de ensino sistemático de asubiar fóra da illa da Gomera, Na actualidade e a petición de Cabildo da Gomera. é membro da Comisión Técnica responsable da Escola Insular de Asubiar da Gomera.

O ASUBIAR GOMERO:

 É un sistema de comunicación a distancia que pervive na Illa da Gomera desde o tempo dos primeiros gomeros. Este sistema de comunicación foi operativo durante miles de anos, foi capaz de adaptarse e substituír a lingua asubiada orixinal tamazigh, pola nova lingua que traían os conquistadores europeos, pero estivo a piques de desaparecer hai unhas décadas. Parecía que as novas tecnoloxías da comunicación, o teléfono, as estradas, convertían ao asubiar en algo inútil. Pero decidiuse ofrecer aos nenos e nenas da Gomera a oportunidade de aprendelo desde as escolas e este feito revolucionario supuxo a súa recuperación e recientemente a súa declaración pola UNESCO, como  patrimonio da Humanidade.
O asubiar gomero, cando emite un “texto asubiado”, pola súa propia natureza crea unha liña melódica determinada directamente polas palabras concretas da mensaxe que se está asubiando. Para un asubiador (silbador) experimentado chega claramente unha mensaxe verbal, palabra por palabra, pero para quen non está educado no  seu escoita, é simplemente unha liña melódica que lle recorda de forma difusa ao  canto ou á linguaxe dalgumha estrana ave tropical.

08 abril, 2013

Dúas Asociacións visitaron lugares emblemáticos da parroquia de Bolaño e Castroverde

A continuación deixamos constancia gráfica da visita de dúas asociaicóns que visitaraon hoxe domingo A Cova da Valiña, Forno do cal, As lagas e O Quiosco da música. Pola tarde visitaron a Torre da Fortaleza.




No palco da música de Bolaño

No camiño do Forno da Cal

Preto da ponte de Bolaño

Diante do Forno do Cal en Bolaño





07 abril, 2013

ASOCIACIÓN CULTURAL O FORNO DA VELLA ESPASANDE Viaxes propostas para 2013:




PAÍS VASCO: Vitoria, San Sebastián, San Juan de Luz, Bayona, Pamplona
Días 27, 28 e 29 de abril
Ültimo día para anotarse: 15 de abril
Precio 195 euros. (Achégase o programa)

OS OSCOS: Grandas de Salime, Santa Eulalia de Oscos, San Martín de Oscos e Taramundi
Día 22 de xuño.
Último día para apuntarse: 15 de xuño
Precio: 10 euros + comida

COMARCA DA ULLOA E DO DEZA: Monterroso, Lalín, A Golada, Cataratas do río Toxa, Monasterio de Carboeiro,Serra do Candán…
Día 20 de xullo.
Último día para apuntarse: 13 de xullo
Precio: 10 euros + comida

DÍA DE PRAIA: (costa de Lugo)
Seguramente o 15 de agosto

Precio: o da comida
Ültimo día para apuntarse: 8 de agosto

ÁVILA, SEGOVIA E O ESCORIAL
(achego o programa)
Dias 18,19 e 20 de outubro

Apuntarse antes do 5 de outubro

A PULPADA DE AGOSTO SERÁ O DÍA 10
Imprescindible anotarse antes do día 5.

26 marzo, 2013

ROTEIRO ARCAS DE SARRIA – AMIGOS DO PATRIMONIO DE C. VERDE ROTEIRO - 20 de abril MONTE DE SAN MARCO no Monte do Páramo - PORTOMARIN.

Croquis xeral do Roteiro
Croquis parcial dunha parte coincidente co Camiño Xacobeo



Ás 8:20 h. Saída de Castro Verde. (Ao lado do Pereira)
Ás 9:00 h. no Hotel Alfonso IX.
Sairemos para o Monte onde iremos co autobús.
 Visitaremos a Capela de San Marco ( a 842 metros de altura ) e veremos os sartegos do eremitorio medieval de Santo Adrao e veremos o Parque Eólico.
De alí sairemos cara a parroquia de Ferrreiros de Pradela, pasando polo lugar
de Froxiinde e O Cruceiro ( 4 quilómetros e medio ) incoporándonos ao
Camiño de Santiago. Pasaremos pola igrexa de Santa María de Ferreiros,
románica, dun antigo hospital, que visitaremos. Seguimos por Pena de
Miralllos, O Couto, Rozas, Os Momnetos, Cotarelo, Moutrás, A Parrocha-
desviaremonso do Camiño pra ver a igfrexa e cdemiterio de As
Cortes-, e por Vilachá , Fonte de Agra e a Ponte Nova de Portomarín
seguiremos ata a Vila.

O autobús pode facer o seguimento, a maior parte do tempo polo camiño
por onde andaremos, e levaremos coche de apoio para que non haxa
problemas.
O xantar será antes da Ponte Nova do Loio ( concello de Paradela )
onde xa comemos a vez anterior.
Por motivos de organización avisar antes do día 14 de abril.
Saúdos.

Resume do VI “Encontro de GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO 2013”


Os asistentes diante de Cámara Municipal



Este sexto encontro dos Castro Verdes da P. Ibérica desenvolveuse cunha axenda moi apertada e moi profunda.

Son de salientar os encontros das tres culturas, xa que foron a Castro Verde do Alentejo, á parte das representacións dos concellos de Castro Verde de Campos e Castro Verde de Lugo, estiveron presentes tamén as asociacións e as agrupacións musicais “La Maquila” de Zamora e o quinteto “ Leña Verde” de Pol acompañados por Rosa Castedo, do grupo “Zuncunrrundullo” que representaban ao noso concello.

O sábado visitamos o Museo da Ruralidade, freguesía de Entradas, cunha mostra de todo o relacionado co campo alentejano, a minería de Casto Verde e  arquivo da oralidade.

É de salientar neste encontro a visita a todas as Freguesías do Concello. Houbo actuación en dúas delas. En Casével actuaron as “Vozes de Casével” e o grupo “La Maquila de Zamora”. A cirse e as imposicións da “troica” queren que esta freguesía fique asimilada a Castro Verde. Desexamos desde aquí  os mellores desexos para esta boa xente continúe a manter a súa personalidade e a crise non llela roube.

No lugar  de Sete, o máis pobado, da parroquia de Santa Bárbara de Padrões participaron os “Caradadoes” e o quinteto “Leña Verde” acompañados por Rosa.

Se algunha freguesía quedou sen visitar, fomos almoçar, xantar a ela, visitando, ou tendo relación con todas elas desde a Câmara. Parabéns por esa iniciativa. Parabéns por todo o traballo e inicitivas que leva realizado a Cämara e Freguesias de Castro Verde.

Pola noite actuaron os grupos de Camponesas de Castro Verde, Leña Verde e Rosa de Castro Verde-Lugo, La Maquila de Zamora e o grupo de violas campaniças da Escola de Castro Verde.

Como podemos observar, en Castro Verde cantan, particpan no mundo musical, desde os máis novos ata aos máis vellos. Eu non coñezo en Galiza ningún lugar onde haxa corais, grupos de diversas idades, xénero… que estean tan compenetrados e que haxa tanta participación. Mentres que actuaban as Vozes de Casével, noutra freguesía cantaban os Cardadores, e pola la noite as Camponesas e os rapaces coa viola campaniça participan no encontro das tres poboacións. Isto non é nada doado para organizar e manter. Parbéns e obrigados por todo este fermoso traballo.

O domnigo tivo lugar o encontro oficial na Câmara Municipal, no edificio dos Paços do Concelho. Onde interviron os representantes municipais e das asocicaións, con palabras de ánimo e esperanza dentro desta situación de crise, para que estes encontros non morran e as Freguesías manteñan a súa independencia.

Seguidamente, visita ao Centro de Patrimonio e Turismo, un edificio dunha antiga fábrica de fariñas, se converteu nun centro para a música totalmente equipado. Unha vez máis,  parabéns a estes irmáns polo bo traballo.

Rematamos coa visita á zona do mercado e despois do xantar (almoço para eles) despedímonos ata o vindeiro ano que correspondería ao noso Castro Verde organizar o encontro.

Saúde, Terra e Lingua.

Manolo Muñiz

18 marzo, 2013

Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey


NAS TRANSPARENCIAS DO MIÑO Memorias do vello Portomarín, no 50º aniversario do asolagamento

O PRÓXIMO XOVES, 21 de marzo, ás 20:00 h., imos dedicar o número 32 da revista oral “O pazo das musas” a lembrar aqueles días de 1963 nos que a vila histórica de Portomarín foi desaparecendo, mergullada, baixo as augas do Miño.
NAS TRANSPARENCIAS DO MIÑO
Memorias do vello Portomarín, no 50º aniversario do asolagamento
A pesar de que xa van aló 50 anos, son moitas as lembranzas que aboian na memoria dos que dunha maneira ou doutra viviron aquela experiencia, entre eles algún dos que colaboran e aportan a este número da nosa revista documentos e memorias cos que traer ao presente un tempo de nostalxias.
Intervirán os músicos do Grupo Os Minhotos, coa súa música de auga fresca. O profesor e escritor Andrés Pociña leranos algún fragmentos da súa novela “Nas transparencias do Miño”, inspirada no seu días nas memorias dun neno engaiolado polo Portomarín de mediados do séc. XX, a técnico do departamento de Arqueoloxía do MPLugo, Mª Ofelia Carnero, falaranos das “pedras” que procedentes de Portomarín se conservan neste museo. O investigador de cine, Fernando Arribas, traeranos, en colaboración co CGAI, cine documental con imaxes do vello Portomarín; o doutor Gonzalo Paz Doel, refrescaranos a memoria do seu pai, Gonzalo Paz López, autor dunha das mellores monografías históricas sobre Portomarín, e, por último, José López (Pepe Pereira) amosaranos unha parte do seu valiosísimo arquivo fotográfico, aquela parte precisamente que nos fala de auga, de obras, de xente … de vida.
Achegamos en PDF Sumario de contidos da revista
ENTRADA LIBRE

Saúdos
      Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
        Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org

             Museo Provincial de Lugo
             Praza da Soidade s/n
             27001 Lugo
             http://www.museolugo.org/

COR vicepresidenciacid:image003.png@01CD5466.DC860360

 

Resumo da Asemblea Extraordinaria (16-03-2013)


A asamblea estaba convocada para comezar ás 17:00 h., mais retrasouse uns minutos, porque antes de comenzar, representantes da Cruz Vermella de Lugo, logo de ter contactado comigo, informaron do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Información en: http://www.cruzvermella.org/teleasistencia/


Seguidamente, tivo lugar a asamblea que, tiña como punto único, empreder Accións xudiciais fronte ao acordo de aprobación da delimitación do Camiño Primitivo.

Comezouse coa referencia aos fins da asociación que segundo os Estatutos, no Artigo 5º,  se di:  Son fins da asociación:

a)-Recuperación, conservación e difusión do patrimonio do Concello de Castroverde, incluío todo o relacionado co Camiño Primitivo de Santiago.

Logo dunha breve exposición dos feitos e, coa intervención de varios dos asistentes, foi Ricardo Polín quen expuxo os feitos  da delimitación, errada, da traza histórica polo noso concello que, fundamentalmente coincide co que foi aprobado no PXOM no ano 2008, polo que non imos expoñer aquí todo o que se dixo. Aludindo non só ao Camiño Primitivo, senón á defensa dos Camiños Históricos (ver: http://www.consellodacultura.org/mediateca/evento.php?id=200129), polo que en Castro Verde á parte de recuperar a traza histórica, que por outra parte, sería totalmente factible, hai que recuperar lugares como San Martiño ou Soutomerille que son camiños transversais que entroncan, comunican as zonas do norte da nosa provincia con saídas cara a Castela ou Monforte. Non só hai que protexer os camiños, senón toda a contorna e liña visual que os circunda.

Rematou a asamblea coincidindo todos os asistentes en:

Necesidade de recorrer contra a delimitación do camiño, facultando ao presidente da Asociación, Manuel Muñiz Besteiro, para o outorgamento de poderes a favor dos profesionais que se estimen oportunos a fin de iniciar dita acción xudicial.

Para poder facer o recurso a asociación achegará 600,00€ que se xuntarán ás achegas que farán outras asociación do Foro do Camiño Primitivo.

Sen outras cuestións rematouse a asamblea.

Saúde, Terra e Lingua.