Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

18 junio, 2013

Próximas actividades

- 22 de xuño, sábado

 Terá lugar en Rábade unha nova xornada dentro do proxecto de cooperación "Nuevos Horizontes", organizado pola Asociación  Terras de Lugo en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio.

De 10:00 a 14:00 h. teremos unha feira de produtos locais e artesanais nos pendellos do campo da feira de Rábade. Xa de tarde, de 16:30 a 18:30 h. contaremos con intervencións de axentes implicados no desenvolvemento do sector agroalimentario do territorio e un foro de debate aberto sobre canles curtas de comercialización e produción de variedades autóctonas e locais.

Agardámos que resulte do voso interese
 
Un saúdo.
Asociación Terras de Lugo
http://www.terrasdelugo.com/
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-23 de xuño

Peña Furada-Navia (Asturias)

XXVI TRAVESÍA COSTA NAVIEGA el 23 de Junio de 2013

Máis información en:
http://www.penafurada.es/
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-     5, 6 e 7 de xullo
Asociación Abrindo Camiño
VI Xornadas do Peregrino a celebrar o 5, 6 e 7 de xullo do 2013.
 ----------------------------------------

Homenaxe a Marica Campo

Dúas palabras –A ESCRITORA NA SÚA TERA-

Hoxe sábado, 15 de xuño participei na Homenaxe “A Escritora na súa Terra”, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XIX edición  recaendo, na figura de Marica Campo, que  foi homenaxeada na  súa  terra natal, o Val do Mao.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da AELG, e tense constituído ao longo de case dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do/a homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a  (unha  peza  escultórica  asinada  por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha camelia elixida pola propia autora), a colocación  dun  monólito  conmemorativo  e  a atribución do nome do homenaxeado a un espazo público, neste caso ao Campo da Festa-Souto Marica Campo.

12 junio, 2013

A necrópole de inhumación de Castro Valente Coeses – Lugo


O xacemento de Coeses está composto por un castro (Castro Valente), un
recinto circular pechado por un parapeto (Chousa do Rodeiro ou Chousa do
Castro) e unha necróple de inhumación.
Estes tres elementos constitúen, probablemente, un único xacemento
arqueolóxico.
O castro estivo a piques de desaparecer coas obras da autovía, pero
modificouse o seu trazado para evitar a súa destrución.
A Chousa do Rodeiro é un sitio arqueolóxico único, composto por un recinto
circular que mide uns 60m de diámetro e está defendido por un parapeto.
Neste recinto apareceron unhas grandes olas de cerámica, con posibles restos
de incineracións, que constituirían os primeiros enterramentos deste tipo que
se coñecen en Galicia.
O segundo trazado da autovía afectaba esta necróple de incineración; como se
trata dun achado excepcional, decidiron desviar novamente a autovía.
No terreo existente entre Castro Valente e a Chousa do Rodeiro, os
arqueólogos acharon unha necrópole de inhumación. Trátase dun espazo
delimitado por gabias e alineacións de pedras no que se atopan unhas
cavidades circulares de aproximadamente 1,5m de diámetro. Os arqueólogos
aseguran que estas cavidades son enterramentos de inhumación, aínda que
non se conservan restos óseos debido á acidez do solo. Si se atoparon, en
cambio, olas de cerámica que formarían parte do enxoval funerario.
O trazado actual da autovía pasa por riba e destrúe esta necrópole de
inhumación.
Os arqueólogos datan os dous tipos de enterramentos no final da Idade do
Bronce e afirman, aínda que con todas as cautelas, que serían o cemiterio do
castro. Por tanto, formarían parte do mesmo xacemento.
A aparición deste cemiterio ten un enorme interese desde o punto de vista
científico e arqueolóxico porque permite comezar a despexar a gran incógnita
sobre o que facían os castrexos cos mortos; cando menos, neste primeiro
período do mundo castrexo.
Enterramentos de inhumación
Enterramentos de inhumación e gabia
Os tres elementos mencionados conforman un excepcional xacemento
arqueolóxico que , de continuaren as obras polo trazado actual,
quedaría dividido en dúas partes: o Castro de Valente, por un lado e a
Chousa do Rodeiro, por outro. Polo medio a autovía que destruirá a
necrópole de inhumación.
Enterramentos de inhumación, gabia e autovía


Petición dirigida a: Xunta da Galiza Xunta da Galiza: Impidamos a prórroga de ENCE en Lourizán!

Petición creada por
Asociación Pola Defensa da Ría
 
O PP vén de aprobar no Congreso a modificación da Lei de Costas que, entre outras cousas, contempla a prórroga das concesións en terreos de dominio público por 75 anos máis; e aínda que para certas empresas (entre elas as do sector da pasta de papel) esta prórroga queda a expensas dun informe favorábel do goberno autonómico, o goberno central resérvase o dereito a non considerar o informe autonómico argumentando o interese xeral.

Unha prórroga de 75 anos a ENCE impediría definitivamente a recuperación da Ría, das nosas praias, da calidade de vida e da economía da comarca, que ten que vir da man da explotación racional dos recursos naturais e do turismo, unha economía sustentábel no tempo e incompatíbel coa presenza do complexo ENCE-ELNOSA na Ría. Por iso temos que impedir, por todos os medios, esta prórroga.

Somos conscientes de que o PP de Galicia defende os intereses da empresa ENCE, e abondan as probas da conivencia existente entre Xunta e complexo industrial. En calquera caso, o goberno galego ten insistido en numerosas ocasións na súa vontade de impedir –con ou sen modificación da Lei- a permanencia de ENCE en Lourizán máis alá do 2018. E nós temos que obrigarlle a cumprir as súas promesas; temos que obrigarlle a defender o interese social fronte ao interese particular dunha empresa que foi condenada por delito ecolóxico continuado, que sigue incumprindo a lexislación ambiental e que leva 50 anos destruíndo o medio ambiente, os recursos naturais, a calidade de vida e a economía da comarca. Temos que obrigar á Xunta de Galicia a esixir ao goberno central o respecto pola poboación da comarca que, maioritariamente, ten reiterado o seu desexo de que ENCE e ELNOSA abandonen a Ría antes do 2018. Non existe neste caso ningún interese xeral que poida xustificar o veto do goberno central, que suporía afondar máis no que sen dúbida é xa un caso grave de CORRUPCIÓN AMBIENTAL EN PONTEVEDRA!

VER MÁIS:
http://www.change.org/es/peticiones/xunta-da-galiza-impidamos-a-pr%C3%B3rroga-de-ence-en-louriz%C3%A1n?utm_campaign=signature_receipt&utm_medium=email&utm_source=share_petition


11 junio, 2013

Xornadas sobre a Muralla


RESUMO I FEIRA MEDIEVAL

Explicación da praza do rolo e a súa contorna

Dos dous días que houbo de actividades arredor desta I Feira, só asistimos ao acto do pregón ou dscurso do noso membro da xunta directiva,  Ricardo G. Polín que, se desenvolveu o domingo, día 9 de xuño, arredor das 13:30 h. ata as 15:30 h.

Primeiramente, Ricardo fixo un percorrido histórico arredor da fundación e liñaxes que levantaron a Torre da Fortaleza e a súa contorna e, como prevalecen aínda hoxe varios apelidos que proceden das liñaxes da época, facendo unha defensa do noso patrimonio e a necesidade e obriga que temos de preservalo, con alusións á relación da Torre coas familias do Pazo de Vilabade. Referencia á virxe do Castelo que tería que volver ao seu lugar orixinario.

Por outra banda, fixo referencia ao camiños; ao Camiño Primitivo que pasaba ao pé da Fortaleza que temos a obriga de recuperar a súa traza histórica e, aos camiños transversais que comunicaban o norte da nosa provincia co sur.

Tamén defendeu e expuxo a importancia do burgo vello de Castro Verde, Santiago de Vilariño, á parte do poderío do Castelo, levantado sobre o castro, é de salientar o entramado de pequenas estreitas rúas do burgo vello que foi levantado, en parte, cos muros do Castelo.
Referencia á novela de Benito Viccetto que na súa novela El Caballero Verde fai unha alusión,  defensa  e importancia do noso Castelo.

Para rematar aludiu a tres  ilustres persoeiros que escribiron e defenderon o noso Castro Verde; D. Antonio García Teijeiro, que foi alcalde do noso concello, D. Rogelio, o Sr. Cura de Outeiro, e D. Xosé María Gómez Vilabella, soico de Honra de Amigos do Patrimonio e veciño de Berlán, afincado na Coruña, para os tres pediu un aplauso que foi correspondido polo público asistente.

Logo de rematar dous rapaces noviños, fixeron un diálogo que aludía, en parte ao exposto, por Ricardo e á novela El Caballero verde.

Finalmente, fixemos un percorrido desde  pavillón ata a Torre,  onde Ricardo foi explicando en situ parte do que aludiu no discurso, mais reivindicando e reforzando cada un dos aspectos. Camiño Primitivo que pasaba ao pé da Torre, explicación do burgo vello, praza do Rolo ou Constitución, Fortaleza e rematando coa visita ao alxibe.

Saúde, Terra e Lingua.


04 junio, 2013

Exposición de fotografías e debuxos de Baldomero Pestana

Inauguración: Mércores, 5 de xuño de 2013, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
 
área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial promove o coñecemento dos artistas e creadores lucenses alén da nosa provincia a través dun programa denominado “Proxeccións Artísticas da Rede Museística da Deputación de Lugo”.
Nesta ocasión, o programa achega os debuxos e fotografías de Baldomero Pestana aos visitantes do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Cando regresou a Galicia definitivamente no ano 2008, a primeira visita foi a aldea de Pozos, nun pequeno val atravesado por un río de auga clara agora oculta polas árbores que medran nas súas beiras. Nese lugar naceu... pertencente a parroquia de Pena, no concello de Castroverde. En Lugo, en Galicia. Todo iso tivo que repetir unha e mil veces Baldomero Pestana cando ao longo da súa vida tivo que explicar o seu lugar de nacemento. …
Carmen Rico
 
 
 
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística                    Museo Provincial de Lugo
Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org                             Praza da Soidade s/n
                                                                                                                        27001 Lugo
                                                                                                                                                             http://www.museolugo.org
 
LOGO área de Cultura e Turismo.jpgcid:image003.png@01CD5466.DC860360

27 mayo, 2013

VI Encontro de Asociacións – 25 de maio de 2013 Paseo pola ría de Ferrol – Mugardos – Monte de Sta. Catalina Concello de Ares

No barco, pola fermosa ría ferrolana

Este sexto encontro de asociacións onde participaron: Agrupación Instrutiva Redes e Caamouco, Arcas de Sárria, Arumes do Corgo, Roteiros de Pol (repesentación), Amigos do Patrimonio de Castro Verde e acompañáronnos socios de A Canteira de Neda que, se queren incorporan a estes encontros, sexan benvidos. 

Arredor das 10:00 h. comenzamos cun percorrido pola ría de Ferrol, onde nos amosaron a súa contorna, son de salientar entre outras cousas; a construción de grandes buques, o porto de mercadurías e os castelos de San Felipe e A Palma entre outras cuestións. Non podemos deixar de falar do novo Porto Exterior que, nos parece un despropósito, se hai necesidade haberá que construír portos, mais termos dous portos tan perto, o de A Coruña e Ferrol, non se entende. Non sería mellor facer un bo a medio camiño e mellor comunicado coas vías terrestres?, mais este País noso, xa non sei se ten solución. No de Ferrol, deixando á parte o impacto visual, cortaron, penso que a metade da entrada da Ría, o que provoca que non haxa o suficiente fluxo das correntes mariñas para que se poida dar a debida osixenación á vida maríña desta fermosa, protexida e longa ría que se aproxima aos 16 ou 17 Km.

Logo do percorrido da ría, marchamos desde Mugardos, cruzando a vila para ir bordeando a ría pola enseada do Baño, facendo unha pequena parada entre Punta Redonda e o Castelo da Palma que, parece que mercaron para convertelo en hotel. Seguimos pola Enseada de Nande ata perto de Punta Moa para ascender ata o Mosteiro de Santa Catalina no Monte Faro. Segundo iamos ascendendo puidemos ver A rías de Ares, Betanzos e ao fondo A Coruña.

Logo do percorrido, Carlos explicounos o mosteiro, comentar que é un edificio levantado en 1393, fundado por Fernán Pérez O Bo señor feudal da comarca, cun estilo románico cando xa se impoñían os cánones do gótico. Ten dous claustros, o mellor conservado é de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no século XVIII, en que pasou de planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos. Retablo de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca. No interior do mosteiro pódense observar restos de capiteis, estatuas e lápidas de sepulcros.
Coa desamortización de Mendizábal 1837 os franciscanos víronse obrigados a abandonar o mosteiro pasando a propiedade e a xestión do edificio a mans do exército ata o ano 2000. Actualmente a xestión lévaa o concello de Ares.
Logo do xantar tivemos a actuación da “A. C. Rondalla sonidos del Alba” de Ferrol, que é o seu presidente J. Luís Cacabelos, agradecemos desde aquí á Rondalla, especialmente a Cacabelos, a toda a Xunta Directiva da Agrupación Redes e Caamouco e ao Concello de Ares a organización e bo facer ao longo de toda a xornada. A Rondalla interpretou diversas pezas populares; Nabucco de Verdi, María la portuguesa, Un beso y una flor de Nino Bravo, Quizás Quizás Quizás de Nat King Cole, … para rematar coa peza galega; “ Que noite tan bela…”

Rematou o encontró coa desgustación da “bola larpeira” e unha queimada.

Grazas por todo.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz

AVISO:
Aproveitamos para lembrar que, na fin de semana do 7,8 e 9 de xuño terá lugar a Iª Feira Medieval, os/as que queiran participar no xantar do día 9, domingo, teñen que comunicalo antes do día 4 de xuño.

VER O ÁLBUM de FOTOS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIENCONTRODEASOCIACIONS2013?authuser=0&feat=directlink