Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

03 febrero, 2009

Asemblea da URG

BREVE RESUME DOS PUNTOS TRATADOS NA ASEMBLEA DA U.R.G.

O sábado, 31 de xaneiro de 2009, tres membros da xunta directiva, asistimos á asemblea da URG na casa da cultura de Melide onde se trataron os proxectos realizados pola URG durante o ano 2008:

1.- Elaboración dun banco dinámico de sabedores/as

2.- Elaboración dun censo de tódalas persoas que enGalicia están traballando no eido da conservación e recuperación de usos e costumes ruarais.

3.- Elaboración dun diagnóstico da situación do sector de conservación e recuperación.

4.- Elaboración de censo de todos os grupos que están levando acabo proxectos de desenvolvemento no mundo rural.

5.- Elaboración dun amplo fondo documental e bibliográfico dos recursos espallados por domicilios privados e asociacións.

6.- Elaboració e mantemento da web.

7.- Elaboración dun sistema de intercomunicación que posiblite a circulación e intercambio de información, proxectos todos eles moi interesantes e, que nós dentro das nosas posibilidades, debiamos tratar de enriquecer.

Saúdos.

Manolo Muñiz

No hay comentarios: