Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

26 noviembre, 2006

Con este roteiro despedimos as actividades de 2006

Roteiro a Furís e

Convocatoria de Asemblea Ordinaria

( o día 2 de Decembro, sábado )


Ás 10:00 h. no restaurante Pereira, ou ben na praza do Concello.

Ás 10:30h. en Furís de Abaixo, na casa de Cantiz.

Ás 10:30 h. Varias posibilidades, segundo estea o tempo. Visita ao Carballal, e outros lugares da zona.

Ás 14:00 h. xantar (de seco) na Casa de Cantiz.

Ás 18:30 h. Asemblea ordinaria na Casa do Concello Vello de Castroverde. ( Travesía de Montecubeiro, nº 38)

25 noviembre, 2006

Unha chamada a verdadeira fidalguía: a fraternidade, a irmandade



¡Hidalgos de Castroverde!

De Castro Verde de Portugal, de Castroverde de Campos, de Castroverde de Cerrato, de Castroverde de Lugo…, y demás parientes asentados en la Península Ibérica, Hoc opus, hic labor est![i]

¡Pues nosotros lo hemos logrado, reconociéndonos, visitándonos, haciendo votos por la perpetuidad de nuestro linaje, entroncado en algo y no sólo en una simple onomástica compartida! Fijos de algo, de alguien, de alguien importante, en definitiva: Hidalgos = fijos d´algo.

Que venimos de los “castros”, que bajamos, que descendemos, de los “castros”, eso lo supimos siempre. En lo que acaso no nos habíamos detenido es en la consideración de que los nuestros, aquellos que tenemos en común, están dotados por la Madre Naturaleza de un Timbre de Gloria especial: ¡Que son verdes, verdes por antonomasia! Verde era el Paraíso, el Edén…, ¡que por algo lo era!

¿Qué tenemos en común? ¡Mucho! Y para empezar, los padrinos: Aquellos romanos nos distinguieron de los otros, de los otros ahijados, apellidándonos “viridis”, y no precisamente por inmaduros, sino por feraces, por distintos, por paradisíacos! Luego, somos singulares, predilectos; en color y en esencia. ¡Venimos de algo, de algo importante; distinto, noble, gratificante! No es para sentirnos orgullosos, diferentes, sino más bien entrañables, nobles, dignos…, ¡y por ende, fraternos!

La dificultad estuvo en conocernos, en reconocernos, en abrazarnos… Se lo debemos a nuestros embajadores respectivos, con la anuencia y el placet de nuestras autoridades municipales. ¡Con la intentio, con la bona fide, de unos y otros, el resultado es que hemos vuelto a los orígenes, a nuestras raíces, y entiendo que todos, TODOS, nos sentimos orgullos de ello, compartiendo el pan y la sal como buenos hermanos, fijos de una misma escuela, de un mismo latín! Hoy hemos derivado en tres lenguas, en tres idiomas, pero ello, ¡demostrado queda!, ya no es óbice ni cortapisa para el mejor de los entendimientos.

¡Estábamos haciendo turismo excéntrico antes de visitar a los parientes, a los concéntricos! Pues bien, con nuestras Asociaciones, con nuestros Alcaldes, y demás colaboradores, entiendo que ya está, que queda demostrado, que lo primero es la fraternidad nominal, que por algo de ella somos hijos, y además, predilectos!

Abramos, pues, la puerta de nuestros castillos, y demostremos al mundo, al mundo global, que las diferencias históricas más que a desunirnos deben llevarnos a la complementariedad, a la civilización compartida; compartida, y por tanto, complementaria!

Esta torre, que un día fue heredad de doña Inés de Castro, puede servirnos como exponente,como recordatorio, de que las divergencias no conducen a la felicidad de los pueblos. ¡Optemos,pues, por las convergencias, por todo aquello que nos lleve a metas satisfactorias,
empezando, tal y como lo hicimos en sucesivas y recientes ocasiones, por un grato convivium!

Xosé María Gómez Vilabella
gomezvilabella@mundo-r.com


[i] Hoc opus, hic labor est! = Aquí está el trabajo, la dificultad! Expresión de Virgilio en la Eneida aludiendo a lo difícil que es salir del Averno; en nuestro caso, del silencio histórico, del aislamiento o desconocimiento mutuo, recíproco.

23 noviembre, 2006

Último acto dos programados

"A desagrarización no concello de Castroverde", conferencia de Manuel Francisco Marey Pérez da USC, no CPI de Castroverde


O mércores, 22 de novembro de 2006, tivo lugar no CPI de Casrtroverde a última das conferencias que organizou a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde. Conferencia impartida por Manuel Fco. Marey Pérez, Doutor Enxeñeiro de Montes. Membro da Xunta Directiva da Asociación, e nado na Parroquia de Tórdea.

A Conferencia desenvolveuse arredor das seguintes ideas:

1.- Que é a desagrarización?

2.- Cal é o horizonte de tempo para a análise?

3.- A evolución sociodemográfica.

4.- Os cambios do sector agrario.

5.- Conclusións para o debate.

Breves ideas. A agricultura ten moito que ver coa situación deste país. A emigración principal factor que influiu sobre a evolución sociodemográfica. Amosounos táboas comparativas, sempre tendo como referencia Castroverde-Galicia. Galicia-Castroverde. Deixamos de ser agricultores para ser gandeiros. Houbo unha evolución do sector agrario. Pasamos de sementar patacas, centeo, millo ou nabos para producir herba.

Logo falounos da situación forestal. Plantacións de eucalipto na costa, frente a piñeiro e frondosas non interior. Espazos forestais. Montes Veciñais, etc.

Conclusións:

- Cambio de territorio-cambio de sociedade. Cambio de sociedade-cambio de

territorio.

- Dificultade dos novos usos para ser competitivos. Hai que ser competitivos no

bo sentido da palabra.

- Castroverde cambia pero.... Nós, Castroverde, estamos no punto de termos posiblidades.

- Cal vai ser o futuro de Castroverde?

Unha derradeira idea. Mentres haxa rapaces e rapazas haberá futuro. Mentras non se pechen escolas haberá futuro. Esa é a nosa esperanza.

Grazas o CPI de Castroverde, aos conferenciantes, e a todos os que fixeron posible estas primeiras andainas da Asociación. Grazas á Colaboración do Concello e ao Plan Xacobeo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

19 noviembre, 2006

Toponimia de Castroverde


A Serra da Ferradura
Achegas de
Xosé Mª Gómez Vilabella

Non está nada ben falar mal dos veciños, así que, cando non o merecen, o mellor é calar. Mais, neste caso, tratándose de bretóns, cos que compartímo-la Serra da Ferradura, tamén chamada do Pradairo, (que iso de “Punago” é un invento de certa Empresa, confundindo nome e situación pois o Puñago precede á Vacariza, onde hai outro erro pois “Vacariza” ven de “vacar”, séxase, dun posto de relevo de monturas daqueles romanos, na súa Vía Lucus Augusti-Lucus Asturum-Gigia, e non das vaquiñas teixas dos suevos), eles, os bretóns, polo val de Fonteo e nós, os de Castroverde, destoutro lado, o que compre é falar ben xa que ben se portaron, ¡uns veciños excelentes!, que incluso as nosas eguas se pirraban polos seus cabalos... A eles chamabámoslles, “Os do Val de Fonteo”; e a nós dicíannos, “Os do Val Verde”.

En certa ocasión na que fomos a por augas férreas...; pero non vos podo dicir a onde pois aquela fonte, de presente, xace debaixo do entullo dunha desas pistas da famosa Concentración... O caso é que lle pedín explicacións ó meu padriño e avó, como tiña por costume:

-Avoíño, isto da Ferradura..., polo ferro, non si?

-Si, e non. Máis ben por aquilo de que foi neste sitio onde perdeu a ferradura un meirego...

E contoume o que sigue, máis ou menos con estas verbas, que aínda non se me esqueceron as súas historias:

Deste xeito comeza o artigo de hoxe. Para baixa-lo completo, acó é o enderezo:
http://www.box.net/public/35s43smq69

12 noviembre, 2006

Andanzas, chanzas e danzas en Castroverde


O turismo, ten receitas?




Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella


Esta pregunta, aparentemente naïf, fíxoma, hai anos, un cativo da Agrupación Escolar do noso Castroverde, e nunca a esquecerei pola fondura que lle atribúo. O entón Director deste Colexio, señor Carreira, tenme invitado varias veces para que iniciase ós nenos en temas económicos baixo un prisma coloquial, accesible, habida conta de que os programas oficiais, -entendía el-, eran algo raquíticos nestas materias.

Os “programas” serían raquíticos, pero anda que os rapaces da nosa bisbarra tiñan, e teñen, a estatura mental correspondente a unha maioría de idade!

¡Por suposto que si: existen, hainas! Positivas e negativas. Nese compromiso, algo lles falei de todo iso, esforzándome por poñerme á súa altura. Para os que me coñecen, sobra presentarme como un turista empedernido; cu inquedo, que se di. Así que algo de experiencia terei, da positiva pero tamén da negativa. Para empezar, ¿son turistas tódolos viaxeiros, tódolos trotamundos? ¿Ir, e tornar, é avanzar; ou é retroceder? O que non son é un Guía, un profesional se entende, pero teño esa vocación, ese..., ¿vicio?, así que non perdoo ocasión, onde queira que me atope, de achegarme, en Galicia ou fóra dela, a toda persoa ou grupo que aparente un despiste, un descarrile! ¿Que fai lonxe da súa casa aquel que se senta nun velador, horas enteiras, a engulir, ou simplemente a pasa-lo tempo, a mata-lo tempo! ¿Haberá crime máis estúpido, e con menos atenuantes, que ese de mata-lo tempo, máxime si se fai con nocturnidade, premeditación e aleivosía? ¿Haberá dereito de quita-lo seu sitio ós demais; o sitio e/ou a perspectiva? Ou xogar á brisca, tal e coma se un estivese na propia eira, ou cabe dela, arrodeado de veciños? ¡En definitiva, estorbando! Esta pastoral, que non chanza, neste senso vai; e o que non estea conforme, que o razoe comigo!

Antes de saír da casa, persignarse, que iso recomendaba o P. Astete, precavido el. Toda saída é unha aventura, e como tal, arriscada, sendo o principal risco non decatarse de nada, de como son e de como pensan noutras terras, noutras veciñanzas..., tal que nesoutros Castro Verdes, ós que tivemos tantos séculos ignorados! As aventuras de don Alonso Quijano, turismo foron; as do seu dobre, don Quijote, en malas venturas remataron, a fuer de querer facer ben antes de informarse!

Cada pobo, cada gens, cada terra, ten os seus lares e mailos seus penates, ós que debemos, culto; polo menos, un respecto, sequera sexa por cuestión do seu ius hospedatis, que é unha lei de acatamento recíproco, un índice da nosa cordialidade. Diso, precisamente diso, sabemos moito en Castroverde, ou debéramos saber, sequera sexa pola teoría dos vasos comunicantes, vulgo, Camiño de Santiago!

Daquela, ¿cal é a nosa bagaxe? ¡Non, non me refiro á máquina de afeitar dos homes, (as mulleres enféitanse doutra maneira), nin ó wonderbra das femias, que as barbas non nos tapan os ollos, nin elas precisan un xustillo para axustarse ó medio, tal que a un “parado” en Valldemossa, que para min teño que é tanto como chamar ás portas do Ceo nun día de verán!

O turismo ten unha praxe abondosa, universal, mais, para moitos, pouco menos que nada de filosofía. Antes co billete, ou co billete, hai que meter na equipa un grolo de sede…! Sede intelectual, pero tamén intelectiva: ¡ganas de entender e de ser entendido, a mais de atendido! Coido que tamén se lle pode chamar humildade, humildade e/ou fraternidade: abrirnos ós demais, levando connosco un coñecemento, unhas referencias previas, para face-las nosas visitas cunha certa dignidade; e todo iso sen espaventos nin bocexos.

Viaxar é, ante todo, reconciliarse coa Terra; ¡coas terras, cobizadas, desexadas, dun xeito innato, atávico! E logo que á Terra sempre lle facemos o amor con violencia, vestidos coa cota de malla dos nosos resentimentos persoais, que non deben ser transferibles, ¡nunca! Esa doncela telúrica preséntasenos, ás veces, maculada, desvirgada, malferida de alcatrán e de formigonados, coas curviñas, co mellor que tiña, e que ten, ¡iso, as curvas!, recheadas de escombros, de entullo; derrubo humanoide, en definitiva, que nin iso, nin esas curvas nin esas ribeiras lle deixaron conservar os nosos predecesores; ¡outros depredadores!

Todo iso sei, que todo iso é irreversible, ¡na maioría dos casos!, pero temos vista, ademais de nos ollos, nos restantes sentidos da nosa sensibilidade, da nosa natural imaxinación, que nos permiten espi-la terra, tirarlle eses farrapos da humana especulación, para levala ó tálamo turístico coa ficción da súa anatomía orixinal, virxinal, impoluta.

O turista que turistee apalpando mampostería, ¡xustillos de mampostería!, ese tal en vez de ollos o que ten son palpos..., pola propia indixencia cultural! ¿Quere isto dicir que sería preferible un país prístino, sen paisanos, sen unha labor construtiva/destrutiva, consuetudinaria, sucesiva? ¡Non, que xa se extinguiron os Robinsons! ¡En absoluto! Quero sinalar, exactamente, que non debemos ver, no alén, pero tampouco no aquén, esas fealdades engadidas, superpostas, como algo incorrixible! ¡A cultura, o perfeccionamento, é lento, pero existe!

Como non son, nin me teño, por autoridade, permitídeme acudir á ilustre pluma dun crego ilustre, Manolo Regal Ledo, que nos deu, entre outras, esta lección: A paisaxe sempre leva xunguida unha misteriosa, ou non tan misteriosa, presenza humana, que lle dá ó chan que tripamos un aquel de sacralidade, fonda e revolucionaria. ¡Tan revolucionaria, que nos ergue, ou debera erguernos, polo menos outro tanto como erguían, como “levantaban”, a Unamuno os areais da súa Castela adoptiva!

O turista rácano ten que comprender que sempre recibe máis do que dá, que abri-la lareira de cada quen ós estraños, abri-la ara dos seus manes e dos seus penates, non hai diñeiro que o pague! ¿E logo, con qué? Pois, con cordialidade; coa comprensión, coa información, co estudio, fondo e intelectivo, dos bens compartidos, da historia compartida, do arte aprehendido...; pero, maiormente, non trasnoitando, non xogando cos decibeles, non ensuciando, para que a xente do país, os da casa, os hospedantes, podan recupera-las súas forzas, e seguir traballando cunha hixiene inmaculada, no seu presentar, no seu ofertar cotián, edénico, que a casa de cada quen, para ese quen, paraíso é! Ou como din os ingleses, My home is my castle! Por tanto, respectémolos, facilitémoslles esa obriga que teñen de conserva-lo seu chan, o seu ambiente, mellorado que non degradado, para así transmitírllelo ós seus descendentes, nun relevo xeracional pulcro e responsable!

11 noviembre, 2006

No programa de actos de Novembro


Resume da Conferencia
sobre
GEMINAÇAO, HERMANAMIENTOS OU IRMANDAMENTOS, pronunciada por
Xaime
Félix López Arias (Cronista Oficial de Sarria)
no CPI de Castroverde, o día 9 de novembro de 2006

-

A idea nace a finais da 2ª Gurerra Mundial – 1.951. Con Le Monde Bilingüe de Jean Marie Bressand e Jean Maurice Chevalier.

- 1.957. Federación Mundial de Cidades Unidas (sede den París, recoñecida pola ONU e a UNESCO) con estatuto consultivo no Consello de Europa.

- PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN DEZ PUNTOS:

a) Democracia local.

b) Salvagardar a paz.

c) Intercambios internacionais (culturais, sociais, técnicos, educativos, deportivos, turísticos etc.)

d) Educación bilingüe.

e) Promoción da información.

f) Acceso das mulleres ás responsabilidades públicas

g) Participación dos mozos.

h) Protección do medio e da calidade de vida.

i) Urbanismo ao servizo do ser humano.


PRESUPOSTOS QUE TEÑEN QUE ACOLLER OS CONCELLOS

a) Cultura

b) Non inxerencia

c) Non discriminación

d) Educación bilingüe

e) Solidariedade

IRMANDAMENTOS

1.- Irmandamentos “reconciliación”

2.- Irmandamentos “comprensións”

3.- Irmandamentos “europeistas” (Fondo Europeo de Irmandamentos)

4.- Irmandamento “cooperación”

5.-Irmandamentos “triangulares”: Norte- Norte- Sur.

Maís de 12.000 cidades europeas participan en programas de irmandamento. Arredor de 550 comunidades locais españolas teñen programas de irmandamento. 36 concellos galegos teñen relacións con 46 concellos de España e doutros países.


OS IRMANDAMENTOS EN ESPÑA

-Proceso expansivo.

-Concentración en: País Valenciá, Catalunya e Andalucía.

-Cidades: Barcelona, Valencia e Madrid.

-Selectividade na elección

2/3 na Unión Europea

Prefercias: Francia, Portugal, e Italia.

Outros continentes: Nicaragua, México, Arxentina, Venezuela...

Razóns de escolla:

-Similitudes das poboacións

-Identidade toponímica (sería o caso do/s noso/s Concellos de Castroverdes/ CastroVerde)

-Vínculos históricos ou xeográficos.

-Relacións simbólicas

-Lazos culturais.

-Respaldo de acordos de paz...

Logo seguiría:

-PROTOCOLO DE IRMANDAMENTO

-FUNCIONAMENTO DOS IRMANDAMENTOS, PROBLEMAS, COMITÉS DE IRMANDAMENTOS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

-COMITÉS DE IRMANDAMENTO E PARTICIPACIÓN CIDADÁN.

06 noviembre, 2006

Firma invitada


Benqueridos Bosques (*)

A autora, ligada por lazos familiares ao concello de Castroverde, desenvolve neste artigo unha visión humanística do problema do lume nos bosques, mais próxima a necesidade de educar desde a escola ós cativos no respeto aos arbores e a natureza ó tempo que afonda na riqueza que ístes supoñen non soamente na economía senon na conservación do Meio Ambiente. Advirte dos perigos da sua progresiva desaparición e dos efectos como a desertización e o cambio do clima.

Por

Mª Teresa Villarino Valdivielso
Dra. Enxeñeira de Montes
Membro do Comité de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible
do Instituto de Enxeñería de España

_____________________________________________________________

“Care silva”, benqueridos bosques, así comeza Häendel unha aria da súa preciosa ópera Atalanta; tamén moitos contos tradicionais comezaban: “Era unha vez un bosque encantado...” e iso enganchábanos á súa lectura, e facíanos os seus cómplices. Na pasada sociedade rural ao monte debíanlle, entre outras moitas cousas, a calor do inverno, o fresco do verán e o pracer dos sentidos. A xente quería ao bosque e o bosque non ardía tanto.

Agora cada día hai un lume, hoxe ducias. Facemos que nos anoxemos, pero fóra da barbarie da noticia, non nos importa máis nada. E tense repetido moitas veces, os millóns de hectáreas queimadas, as pérdidas económicas, as ecolóxicas, o número de mortos, e como se nada fose con nós. Soamente nos laiamos, sen pensar que o 95% dos lumes son, directa ou indirectamente, provocados polo home. Téñense buscado causas, solucións, culpábeis, mais tranquilizámonos facendo campañas e bontándonos a culpa uns “colectivos” aos outros, ou “buscando” ao pirómano.

E se probasemos outra terapia, outra cura? Por exemplo, a do coñecemento e a do amor. Pregúntome, facemos por apreciar as nosas carballeiras, soutos...? ensinamos aos nosos fillos, así en xeral, a amar as árbores?

As árbores non son queridas e en moitos lugares só se lembran polo toponimo. En Castela, que xa leva tempo perdéndoas, ata a concentración parcelaria, non sempre benefciosa, acabou con rigleiras, moreas e incluso exemplares illados que eran un fito nesa fermosa paisaxe de escasas e puras liñas. Noutros lugares son as anciñeiras que se araron para sementar, as oliveiras que haberá que arrincar porque sobra aceite, e quedarémonos sen a cor morada das viñas, porque sobra viño.

Veño de perder unha batalla no pobo dun familiar, situado na dura e seca meseta. Na porta da casa, non hai moito tempo, plantaramos unha acacia, creo que a única sombra do pobo, desde que morrera o olmeiro da praza e cortáronlle a un alcalde os chopos da fonte; e medraba rápida. Logo de varios intentos dos veciños para convencernos de que debiamos cortala porque: quitaba o aire, a vista, a alegria do sol, non estaba ben formada, levantaba os cimentos e outras sen razóns, o signo dos tempos puido con ela.

Cando asfaltaron as rúas, antes fermosas rúas empedradas fixéronnos o favor de asfaltar o sito onde estaba a árbore, polo que foi necesaria cortala.

Por que conto todo isto? Porque se seguimos descoñecendo, despreciando e maltratando os nosos bosques teremos moito perdido. Quero dedicar o espazo que me queda ao que debemos facer os que non podemos facer nada, é dicir, os que nos duchamos coa billa pechada, ou nos cabreamos por cada queima. Podemos facer algo, fácil e moi barato: podemos contar, sensibilizar a outros, dar a coñecer cada un o que saiba, porque á fin e ao cabo, case sempre, a estupidez e a barbarie teñen a súa base na incultura e na falta de formación, por non citar o egoismo; “ pensar globalmente, actuar individualmente”, é un principio de difícil aplicación. Por iso, e aínda que pareza obvio, quero chamar a atención sobre os valores do monte: valor produtor, protector e social.

Por encima de todo o bosque é vida, millóns de vidas, harmonía e beleza, non estaría mal recordar que son moitas as rendas directas que producen os montes: madeira (se son arborados), leña, resina, gandeiría, caza, plantas aromáticas, medicinais, culinarias, pero tamén proporcionan bens intanxibles, como son o confort climático, lecer, benestar, limpeza, limpezas de contaminacións, reserva xenética e paisaxe, esa incomparable paisaxe que se percibe con todos os sentidos. Non se dan todas sempre, pero si unha que estimo a máis importante: a produción de auga, cara a atmosfera e cara os acuíferos, papel que hai que recoñecer aos propietarios.

Como estamos en España, territorio que fomos desertizando, a función protectora do monte supera, en xeral a social, mesmo a de produción , xa que cumpre un papel singualar na loita contra erosión e o control de risco. A masa vexetal e capaz de manter por adherencia grande cantidade de auga e, se non existe, a auga escorrega rapidamete, arrastrado materiais e pode asolagar vales, destrozar cultivos, provocar danos á comunicade piscícula, ás vías de comunicación, ao home e acabar no mar ou, o que é peor, aterrando os encoros, que si é verdade que hai algún ao 1% da súa capacidade, tamén o é que outros, en pouco tempo, nin siquera terán esa cabida útil.

Para respetar e manter este espazo-case o 50% do territorio é forestal- convén empezar desde pequenos e para iso deberíamos contar aos nenos, como antes, contos que se desnvolvan en bosques de faias, en ríos cantareiros, e algúns menos en naves espaciais ou en territorios calcinados pola guerra, con entes todopoderosos que destrúen con só extender o brazo. Facerlles oír ademais de “Non me tires a la calle que llevo chanclas”, ou o “zun zun “ do “bacalao”, algunha música que estimule a súa sensibilidade, cara a Natureza. Ensinarlles o pracer de debuxar un frondoso castiñeiro, un potente carballo ou campo de amapoulas, asdemais dos consabidos robts, guerreiros etc. E levalos a pasear, ademais da vista por ordenador, polo campo, pola paisaxe.

Despois, de maiores, faremoslles ver que se van de excursión, é máis satisfactorio levar un bocadillo de queixo e unhas améndoas, que facer unha parrillada de chuletas; e menos agresivo e máis pracenteiro escoitar, desde o silencio, o cantar do vento ou dunha fervenza, có ruxido dunha moto, monte arriba.

E finalmente, habería que convencer aos propietarios e conseguir da administración que, en lugar dunha ínfima parte das rendas directas, que lles van chegar outras polo mero feito de manter o bosque. Se se quere algo menos altruista por que non poñemos menos aeroxeneradores, que tamén agreden o bosque, e mais biomasa, que o limpa?

Quizais dese xeito evitemos que moita xente vexa o bosque como algo hostil, do que hai que fuxir, ou algo inútil que hai que queimar.

E vai sendo hora de que o sabíamos: o bosque non existe porque si, é preciso un decidido propósito de conservalo, incluso por parte de “ os que non podemos facer nada”, porque sea de quen sexa a culpa, a todos nos teria que avergoñar o que está a pasar. Sería triste que aos poboadores deste principio de século, con tantas fazañas ás nosas costas, nos teivesen que lembrar como “ os pirómanos, os incendiarios do bosque”

______________________________________________________

(*) Artigo remitido polo noso colaborador Xosé Mª Gómez Vilabella. Foi publicado no xornal El Mundo en agosto de 2006.
Traducido a finais de outubro á lingua galega por Manuel Muñiz.
Texto lido no CPI de Castroverde, o día 3 de novembro, na Conferencia que impartiu sobre cogumelos, o Doutor Enxeñeiro de Montes e Catedrático da USC Antonio Rigueiro Rodríguez

O enderezo para baixar en castelán, no formato pdf:
http://www.box.net/public/a3svoqe303

05 noviembre, 2006

PRIMEIRO ENCONTRO DE IRMANDAMENTOS CON SEDE NO CONCELLO

O día 3-11-2006
Comenzaron os actos previstos pola Asociación para o mes de Novembro: cultura e irmandamentos

Antonio Rigueiro, catedrático da USC e enxeñeiro de montes inaugurou o programa cunha conferecia no CPI sobre cogumelos

Na conferencia cos alumnos do CPI do Concello

Os actos previstos pola Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde iniciáronse o día 3 de Novembro coa Conferencia de Antonio Rigueiro no CPI de Castroverde, sobre cogumelos. O conferenciante detívose nas explicacións das diferencias entre fungos e cogumelos, as partes dos cogumelos, as súas clases e unha longa disertación que fixou a atención dos cativos. Disertou sobre as clasificacións déles e mostrou insitencia e claridade á hora de distinguir entre as comestibles e non comestibles. Rematou a sua disertación coas referencias históricas e mais os lugares onde se dan cada clase de setas ou cogumelos, etc.

Estas foron algunhas das principais ideas sobre o que versaron as dúas conferencias. Unha impartida ás 11:50 h. para os cursos máis altos de primaria. E a outra para os cusos da ESO, ás 12:40 h.


O día 4-11-2006
Breve resume dos actos do día 4-11-2006, o pri
meiro encontro dos Castroverde da Península Ibérica, no Castroverde de Lugo.






Como estaba previsto, arredor das 12:00 h. encontrámonos na praza do Concello os representantes do Concello de Castroverde de Campos -Zamora-, os representantes da Asociación Castrum Viride do mesmo Concello, o representantes do Concello de Castroverde de Cerrato - Valladolid-, os representantes do Concello de Castroverde de Lugo, e os socios da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde. Tendo que lamentar a ausencia dos represetantes de Castro Verde de Portugal, e os da Asociación Cortiçol de Portugal.

Logo dunhas palabras de benvida e agradecemento a todos eles, por parte da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, dirixímonos a Vilabade, para explicar aos que viñan de fóra, algo do Camiño Primitivo.

Visitando o Pazo, e desde aquí dámoslle as grazas a dona Teresa, pola súa amabilidade. Nesta visita tivemos de anfitrión a Xosé María Gómez Vilabella, que fixo un resume da historia do pazo.

A seguir visitamos a igrexa de Santa María de Vilabade coa correspondente explicación de Gómez Vilabella, sobre a súa construción, de planta rectangular e de feitura gótica, con resetón, e con retábulo importante de castiñeiro, do escultor Moure. Sendo a única igrexa, que se saiba, que ten “caixa forte”. Isto por non entrar en máis detalles. Logo subimos á capela do Carme, que está ao pé do Camiño Primitivo. Dicir que desde aquí o Concello de Castroverde ten unha fermosa vista.

Pola tarde, estaba prevista a visita a Lugo, pero os nosos convidados preferiron visitar Castroverde: A Veiga do Olmo, o Campo da feira, e o Castelo de Castroverde, o que en realidade queda e a Torre de Homenaxe. Aquí as explicacións estiveron a cargo de Pedro Paulo Gómez Rielo. En palabras del o Castelo remontaríase a unhas orixes que serían anteriores ao século XIV-XV, remontaríanse máis ben, aos séculos IX- X. O Castelo está sobre o Castro que lle dá nome á vila, pertenceu á casa dos Lemos. Destes pasou á casa de Altarmira, que Lope Osorio de Moscoso o mercou por 5.500.00 maravedis.

Manuel Muñiz. Presidente

Nas fotografías: O grupo diante da igrexa de Vilabade e coa torre do homenaxe do Castelo ao fondo.

04 noviembre, 2006

Duas novas andanzas ... de Gómez Vilabella


Traemos á sección "Andanzas......" de Xosé María Gómez Vilabella duas colaboracións que nos fixo chegar datas atrás e que por razóns das meigas que gobernan a informática, que habélas haílas nesta nova especialidade, non poidemos publicar hata hoxe. Pódese dicir que son axeitadas polo tempo en que estamos. A primeira délas leva por nome A novena das Ánimas que baixo a descolpa do título desenvolve toda unha descripción antropolóxica e xeográfica polo concello.

A segunda, mais curta, nomeada Patrimonios exentos refírese ao que hoxe, de moda na literatura económica e nos manuais de xestión, coñécense coma os bens intanxibles. Nos meus tempos, no libro de contabilidade do meu mestre Fernández Pirla, non pasaba de ser o chamado "fondo de comercio". A teoría do autor, ben traida da economía, e mais concretamente da disciplina da Facenda Pública, é considerar bens exentos, todo-los coñecementos transmitidos polos ancestros, o coñecemento e a sabiduría popular toda. ¡Canto diñeiro tiña que ter devolto a facenda se iso fose deste xeito!. Boa idea para darlle ao meu emérito profesor Fuentes Quintana.
¡Cantos bens exentos tería a miña tía Estrela da que canta manciñería, farmacopea, e botánica lle sentín! Mais pásame coma ao autor, non tiña un boli a man para anotála. Tampouco tiña anos para facélo. Non sabédes canto o sinto.
______________________________________________________________

Enderezo para baixar en pdf "A novena das Ánimas:

http://www.box.net/public/ct8t7x33r9
Enderezo para baixar en pdf "Patrimonios exentos" :
http://www.box.net/public/nx3u33gnps