Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 abril, 2013

LIMPEZA DE ROTEIROS



Día 11 de maio de 2013
O sábado día 11 de maio,  correspondía facer roteiro e, aínda que temos o día 25 o encontró de Asociaicóns, temos que aproveitar para limpar roteiros, xa que este ano non temos axudas das Institucións para ese fin.

Daquela, os que poidan e se vexan con ánimos imos limpar o Roteiro do Val do río Tórdea.

Ás 10:00 h. non Camiño Ancho para distriburirnos

Os que non poidan traballar, poden axudar levando o coche e distribuír as persoas que participemos.

Se facedes o favor, dicídeme os que queredes ou podedes anotarvos.

Podíamos levar cada un a comida e comer ao final na Veiga do Olmo, se está bo tempo.

Saúdos.
Manolo

22 abril, 2013

ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS – 25 DE MAIO DE 2013

Plano do roteiro


O ROTEIRO

Buscando unha maior posibilidade de disfrute dos participantes no roteiro deste ano e correspondendo aos que vos organizástedes, pensamos o seguinte:


Roteiro do mar:

Un percorrido pola ría de Ferrol no que se poida disfrutar da beleza desta ría con unha persoa que fará ás veces de guía para dar unha explicación dos aspectos históricos, paisaxísticos e industriais da ría.

Para iso contamos cunha lancha con capacidade  e outra máis, lanchas que habitualmente se dedican a este tipo de actividade  para 150, sempre que sexamos máis de 150 persoas.


Pequeno refrixerio:

Unha vez que remate a viaxe por mar, no peirao de Mugardos faremos unha pequena parada para repoñer forzas e líquidos.


Roteiro po terra:

 Como complemento ao a viaxe por mar faremos un roteiro duns doce kilometros dende Mugardos ao mosteiro de Sta. Catalina.

O percorrido ten dous tramos ben diferenciados un chan que vai pola beira do mar duns 6 km. de dificultade mínima e outro duns 5 Km. de dificultade media. En estes 5 km. pásase do nivel do mar a 266 metros de altura, onde se encontra o mosteiro.


Xantar:

Nun salón do mosteiro ou fóra si fai bo tempo faremos un xantar de confraternidade servido por un catering, o mesmo que serviu na escola no Centenario.


Visita o mosteiro e vistas da ría:

Como remate imos facer unha visita ao pouco que deixaron os militares do mosteiro da man don coñecedor do tema e despois faremos un pequeno desprazamento a pé para ve la ría dende uns miradoiros naturais marabillosos.


Prezos:

Aínda sen precisar o custe final estamos traballando con 3 € por persoa a viaxe pola ría e 20 € a comida.         A isto hai que sumar entre 7 e 12 euros de bus, dependendo dos que sexamos, polo tanto contade con 30-35 euros por persoa



PROGRAMA HORARIO

Data de realización: 25 de maio

Data para pechar a inscrición: 10 de maio

Hora de chegada a Mugardos: 9:30 horas (ollo a esta hora, teremos que saír de Castro Verde ás 7:20 horas e ás 8:00 h. na Casa Grande de Nadela)

Hora de embarque: 10,00 horas

Remate do roteiro do mar: 12,00 horas

Pequeno refrixerio: 12,00-12,30

Comezo do roteiro de terra: 12,30 horas

Remate do roteiro de terra: 15,00

Xantar: 15,15 horas

Visita o Mosteiro e miradoiros da ría: 18 horas

Saída para os lugares de orixe: 20 horas


NOTAS:

- Mando adxunto un mapa do roteiro cas rutas a facer.

- Estamos abertos a considerar calquera suxerencia que teñades

- E moi importante coñecer o antes posible o número de persoas que van a vir.

Coido que teremos que pechar a inscrición na primeira semana de maio e ter un adianto da xente que se apunte a finais deste mes.      

21 abril, 2013

ROTEIRO MONTE DE SAN MARCO A SAN XOÁN DE LOIO e PORTOMARÍN

ASOCIACIÓN ARCAS DE SÁRRIA- Asociación Amigos do Patrimonio de  Castroverde


Resumo: ROTEIRO MONTE DE SAN MARCO A SAN XOÁN DE LOIO e PORTOMARÍN

   Un ano máis as Asociacións Arcas de Sárria e Amigos do Patrimonio realizamos este roteiro, o sábado, 20 de abril,  partindo da Ermida de San Marco. Lugar cunhas fermosas vistas sobre parte do territorio central da provincia de Lugo, podendo visualizar por un lado desde as Terras de Castro Verde ata  Monte Faro de Chantada, Terras de Láncara, Sárria, Paradela, O Páramo ata lugares máis afastados…, como se dixo arriba. Non imos comentar todo o que nos dixo, Xaime Félix, ( Arlindo), sobre  os lindes dos concellos de O Páramo, Sarria, Paradela, explicación de todo o territorio, xurisdicións, santos, sartegos,  etc., gradecendo as súas explicacións.

18 abril, 2013

Definición cultural e desprotección xurídica dos camiños vellos

Por

Ricardo Polín


Doutor en Filoloxía Medieval e historiador

Polo interese e respecto á verdadeira historia do Camiño Primitivo ao paso polo noso Concello de Castro Verde, publicamos este esclarecedor artigo do socio e colaborador da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.

14 abril, 2013

Rogelio Botanz, cantautor e mestre no Silbo Gomero, actuou no MPLugo



09/04/2013 Rogelio Botanz, cantautor e mestre no Silbo Gomero, actúa no MPLugo

Este venres, 12 de abril, a partir das 20:00 horas, actuou no MPLugo  Rogelio Botanz, cantautor experto en Silbo Gomero, unha linguaxe sonora da illa de La Gomera que foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidadade pola UNESCO en 2009. Promoven este acto de Encontro coa Cultura Canaraia os colectivos culturais “Fábrica de Sons. Xestión musical”, a Asociación Cultural “Cultura do País-Lugo”, Asociación Cultural Libre de Paderne "Roxín Roxal" e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, coa colaboración da Rede Museística Provincial e a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A entrada é de balde.



VER MÁIS FOTOS E SILBOS NO ÁLBUM DA ASOCIACIÖN

EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe (Exposición didáctica)

EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe

Inauguración: Luns, 15 de abril, ás 20:00 horas. A Rede Museística Provincial de Lugo acolle no refectorio do MPLugo desde o 15 de abril ao 8 de maio de 2013 o Proxecto Culturas para compartir: Xitanos hoxe, unha iniciativa da Fundación Secretariado Gitano en colaboración con outras institucións, coa intención de ofrecer un recurso máis na procura de educar as novas xeracións no coñecemento da cultura xitana.
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO (8 de abril)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo
(Do 15 de abril ao 8 de maio de 2013)
Organizan: Fundación Secretariado Gitano (FSG)
Patrocina: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Rede Museística Provincial.
VER MÁIS:
 http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=27&id=1900

09 abril, 2013

ENCONTRO COA CULTURA CANARIA




ROGELIO BOTANZ, CANTAUTOR:
Rogelio Botanz nace no País Vasco e vive nas Illas Canarias desde hai tres décadas. Conxuga unha tripla vocación como cantautor, profesor de Educación Musical e mestre de asubiar gomero. 
En 1985 é cofundador, xunto a Andrés Molina e Pedro Guerra  do “TALLER CANARIO DE CANCIÓN”. Este grupo, cos seus sete discos asina unha das páxinas indiscutibles da historia da música popular nas Illas. O TALLER supuxo unha  oportunidade para gravar xunto a artistas de proxección internacional como Silvio Rodríguez, Luís Eduardo Aute, Joaquín Sabina etc.  Trala etapa do TALLER, Rogelio leva editados catro C.D. e continúa  ofrecendo as súas cancións  tanto en solitario como á fronte  da súa banda “Puntos suspensivos”.  Con este grupo, ao longo dos últimos anos, ademais de percorrer as illas e a península actuou en Pretoria  (1998),  A Habana. (1999),  Montpelier  e Marsella 2002,  Agadir  (2005),  dentro do Festival Internacional  “Sete Sois sete Luas”  actúa en diversos escenarios de Portugal e Italia.

ROGELIO BOTANZ, MESTRO DE ASUBIAR GOMERO:

 Rogelio Botanz traballou como Coordinador do Programa Educativo “Contidos Canarios” da Consellería de Educación do Goberno Autónomo de Canarias. Desde esa responsabilidade coordinou e impulsou durante unha década o proceso de incorporación do ensino do Asubiar Gomero nas escolas da illa da Gomera. Actuou como secretario da Comisión Técnica que redactou o novo currículo, á vez que aprendía este sistema de comunicación no seu contacto permanente cos mestres asubiadores D. Isidro Ortiz e D.Lino Rodríguez. Desde hai dez cursos, desde a súa posición como Profesor Especialista de Música, no  Colexio Público ACENTEJO (Tenerife) exerce como mestre asubiador (silbador) na  primeira experiencia de ensino sistemático de asubiar fóra da illa da Gomera, Na actualidade e a petición de Cabildo da Gomera. é membro da Comisión Técnica responsable da Escola Insular de Asubiar da Gomera.

O ASUBIAR GOMERO:

 É un sistema de comunicación a distancia que pervive na Illa da Gomera desde o tempo dos primeiros gomeros. Este sistema de comunicación foi operativo durante miles de anos, foi capaz de adaptarse e substituír a lingua asubiada orixinal tamazigh, pola nova lingua que traían os conquistadores europeos, pero estivo a piques de desaparecer hai unhas décadas. Parecía que as novas tecnoloxías da comunicación, o teléfono, as estradas, convertían ao asubiar en algo inútil. Pero decidiuse ofrecer aos nenos e nenas da Gomera a oportunidade de aprendelo desde as escolas e este feito revolucionario supuxo a súa recuperación e recientemente a súa declaración pola UNESCO, como  patrimonio da Humanidade.
O asubiar gomero, cando emite un “texto asubiado”, pola súa propia natureza crea unha liña melódica determinada directamente polas palabras concretas da mensaxe que se está asubiando. Para un asubiador (silbador) experimentado chega claramente unha mensaxe verbal, palabra por palabra, pero para quen non está educado no  seu escoita, é simplemente unha liña melódica que lle recorda de forma difusa ao  canto ou á linguaxe dalgumha estrana ave tropical.

08 abril, 2013

Dúas Asociacións visitaron lugares emblemáticos da parroquia de Bolaño e Castroverde

A continuación deixamos constancia gráfica da visita de dúas asociaicóns que visitaraon hoxe domingo A Cova da Valiña, Forno do cal, As lagas e O Quiosco da música. Pola tarde visitaron a Torre da Fortaleza.




No palco da música de Bolaño

No camiño do Forno da Cal

Preto da ponte de Bolaño

Diante do Forno do Cal en Bolaño





07 abril, 2013

ASOCIACIÓN CULTURAL O FORNO DA VELLA ESPASANDE Viaxes propostas para 2013:




PAÍS VASCO: Vitoria, San Sebastián, San Juan de Luz, Bayona, Pamplona
Días 27, 28 e 29 de abril
Ültimo día para anotarse: 15 de abril
Precio 195 euros. (Achégase o programa)

OS OSCOS: Grandas de Salime, Santa Eulalia de Oscos, San Martín de Oscos e Taramundi
Día 22 de xuño.
Último día para apuntarse: 15 de xuño
Precio: 10 euros + comida

COMARCA DA ULLOA E DO DEZA: Monterroso, Lalín, A Golada, Cataratas do río Toxa, Monasterio de Carboeiro,Serra do Candán…
Día 20 de xullo.
Último día para apuntarse: 13 de xullo
Precio: 10 euros + comida

DÍA DE PRAIA: (costa de Lugo)
Seguramente o 15 de agosto

Precio: o da comida
Ültimo día para apuntarse: 8 de agosto

ÁVILA, SEGOVIA E O ESCORIAL
(achego o programa)
Dias 18,19 e 20 de outubro

Apuntarse antes do 5 de outubro

A PULPADA DE AGOSTO SERÁ O DÍA 10
Imprescindible anotarse antes do día 5.