Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 septiembre, 2012

A MALLEGA DE BECERREÁ

23 septiembre, 2012

Primeiras xornadas de xeoloxía na Ribeira Sacra. Casa da Cultura do Concello de Quiroga. 21 e 22 de setembro



Onte, sábado, estabamos convidados a participar en tres Actividades, finalmente puidemos ditribuirnos e asistimos uns, ao  VI encontro de sendeirismo río Ouro e praias de Foz, outros á Mallega en Becerreá e algúns outros ás Primeiras xornadas de xeoloxía. Estas, comenzaron, o venres pola tarde, mais non puidemos asistir, polo que non podemos opinar, o sábado, o profesor, Juan R. Vidal Romaní, falounos de: “Variación do clima durante o Cuaternario na serra do courel a partir dos datos xeolóxicos” Comezou aludindo á formación dos continentes para centrarse na formación desta grande serra e, entre as muitas outras cuestións o que máis nos chamou a atención é que o río Miño é un dous máis recente formación en Galiza, apenas ten uns 15.000 anos, mentres que o río Sil, é dos máis antigos.
A profesora, Aurora Grandal, falou da: “Fauna cuaternaria na Serra do Courel”, entre as presentacións das zonas calizas, aparecía unha pequena referencia á Cova da Valiña, chámame poderosamente a atención como, o concello de Quiroga ten tantos estudos, museo xeolóxico, … certo é que a serra do Courel ten potencial abondo, mais tamén é certo que nós temos potencial xeolóxico e de covas, xa que temos a franxa que vén de Furís e sove ata Pena que é caliza, de aí que teñamos a cova, e aínda que a da Valiña, e bastante recente, o certo é que o noso concello non se preocupa en absoluto destes temas, aínda que saía, indirectamente, e é coñecido e citado por diversos expertos, como no caso da cova. Estamos no cincuentenario  do decubrimento da cova da Valiña, a Asociación, aproveito para dicilo, non quere que remate o ano, sen polo menos, sinalar a cova que, nun futuro, podería e debería formar parte dun roteiro. Ben, dito isto a profesora falounos de aspectos que nós coñeciamos por medio do socio e amigo, César Llana, aínda que salientaría o feito a que aludiu a profesora, comenatando que onde está a fábrica de cementos Oural, apareceu o resto dun Mamut.
O arqueólogo, Iván A. Álvarez, falounos de: “ A minería aurífera no contexto da Ribeira Sacra: sistemas de explotación” Toda unha lección das explotacións que fixeron de toda a serra os romanos, aínda que o máis coñecido sexa o desvío do Sil e Montefurado ou as Médulas, son moitísimas as explotacións por toda a serra, sistemas que tiñan, etc.,  chegaban a levarn máis de seis mil quilos de ouro anuais.
O profesor Roberto Vila falou dos:  “Instrumentos para o desenvolvemento endóxeno na Ribeira Sacra: O Miradoiro Panorámico Xeolóxico d Monte Cerengo e o Miradoiro interpretativo do Meandro Encaixado de A Tapada” Potencialidades e importancia do Miradoiro do monte Cerengo con vistas a un amplísimo territorio e a importancia deste meandro de A Tapada.
Pola tarde, breve visita ao museo Xeolóxico, que xa coñeciamos, para subirmos en autobús ata o Alto do Boi, con breve parada para ver o Sinclinal de Campodola-Leixazós, desde non puido o autobús e todoterreos fomos ata o pé do Pía Paxaro, para ir camiñando desde aquí por toda a divisoría puidemos conteplar todas as aldeas e lugares do Courel ata o Cebreiro polo nor-noroeste e polo sur-sureste, os vales de Vilarbacú, Murelos, val da Seara coa Lagoa da Lucenza, para descender ata a aldea de A Seara. Fermoso percorrido, que á parte da paisaxe e diferentes especies, puidemos contemplar, parte do que se explicou pola mañá nas conferencias, tanto nas formacións xeolóxicas, coma nas explotacións mineiras, formación de morrenas, lagoas, etc.
Dar as grazas a toda á organización destas xornadas, especialmente, ao GCR8 e ao concello de Quiroga.


Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz


Galería de imaxes:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PrimeirasXornadasDeXeoloxiaNaRibeiraSacra2122092012?authuser=0&feat=directlink

22 septiembre, 2012

Castroverde, no Camiño Primitivo, xa ten albergue

Autor: 
Tradución do castelán: Amigos do Patrimonio de Castroverde
Vista exterior

 O albergue público de Castroverde, no Camiño Primitivo e antes de Lugo, abriu o luns as súas portas sen acto oficial (en Galicia hai comicios autonómicos o próximo mes e a lei prohíbeo).  Perténce á Rede de Albergues Públicos para Peregrinos da S. a. de Xestión do  Plan Xacobeo.  O  albergue  achega 34  prazas, dúas delas nun dormitorio adaptado para persoas de mobilidade reducida, ás 137 xa existentes nos cinco  albergues públicos cos que conta o Camiño Primitivo. Os máis próximos son os de O Cádavo (antes) e o de Lugo (despois). Este albergue foi proxectado en xaneiro do 2009 polo  arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila ocupouse da  dirección facultativa, e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo á cargo da dirección da execución das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.

O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde desde O Cádavo,  fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan forma ao arroio de Tarrío, o cal debuxa un  meandro que bordea o solar polo Leste. Para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. No edificio destaca  o uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen  voladizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo.
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa Compostelana en Santiago, tras percorrer o Camiño Primitivo.
Fotografías:
Sala de entrada

Cuarto para os peregrinos con mobilidade reducida

Galería

Vista do dormitorio

Vistas do ormitorio

A cociña

17 septiembre, 2012

I ENCONTRO SENDEIRISTA E CULTURAL



Partcipantes diante do atrio da Catedral e subindo á porta de acceso á Muralla


LUCUS A PÉ  
Convidados pola Asoc. Micolóxica LUCUS

 Como estaba previsto, pasadas as 10:00 h., logo da acollida do Grupo Arrincadeira, membros da Asoc. Micolóxica e autoridades do Concello e Deputación de Lugo, seguidamente,  partimos desde a Praza Maior para pasarmos pola Praza de Santa María e subir á muralla pola rampa da Porta de Santiago, logo de que a lexión de “Terra Copora” dera o permiso correspondente para subir e poder camiñar pola cidade. Pequeno percorrido pola muralla, descenso pola Praza do Cantiño, Porta de San Pedro, Ramón Montenegro, baixar a Fontiñas, parque dos Paxariños, paseo do río Rato, paseo do río Miño, Termas Romanas, Ponte Romana, subida ata a depuradora e volta pola outra marxe do Miño, ata San Lázaro, cruzar o Miño pola pasarela peonil, para rematar coas gaitas do Grupo Arrincadeira.

Comentar que había Asociacións de Navia de Asturias, León, Foz, Burela… e tamén algúns membros da Asoc. Amigos do Patrimonio.

Moitas grazas á Asoc. Micolóxica polo traballo e organización.

Saúde, Terra e Lingua
 Manolo Muñiz

Visita o álbume:

Teatro no Auditorio C.S. FINGOI


15 septiembre, 2012

Convite



13 septiembre, 2012

11 septiembre, 2012

Convite á malla. Becerreá. 22/09/2012


Brevísimo resume XXXV Romaxe




Esta XXXV Romaxe que levaba por lema, “Seguimos facendo camiño”, tivo lugar na Veiga do Olmo no noso Castro Verde.

O acto consistiu na acollida das persoas que ían chegando das diferentes partes de Galicia co acompañamento musical de Zuncurrundullo.

Os momentos máis importantes do acto consistiron en:
1.- Referencias a Castro Verde, especialmente ao Camiño, Persoeiros e Lugares do noso Castro.
2.- O Camiñante Xesús que nos acompaña e alimenta.
3.- A lenda do reino do Amor.
4.- O Berro Seco.
5.- Entrega do Ramo. A vindeira romaxe será na Magdalena, en Ourense.
6.- Despedida co Himno Galego.
Comentar que en xeral foi un acto moi reivindicativo, cargado con referencias ao Amor, Sinceridade, Fraternidade… Acompañado polas interpretacións do Grupo A Quenlla.
Todo coordinado ou dirixido por Xabier Blanco a que agradecemos desde aquí o seu esforzo.
Logo pola tarde actuación de Penabade, A Quenlla e Zuncurrundullo.
Para rematar a oración da tarde que ía ser ao pé da Torre da Fortaleza, tivo lugar no mesmo lugar da Veiga do Olmo. Acto dirixido por Valentín e Marisé da Milagrosa de Lugo.
Agradecer o traballo de todos/as os que particparon no acto e salientar a presenza de representantes do Concello e da Deputción Provincial.


Convite para a Exposición "PANO DE FONDO"


06 septiembre, 2012

IV Ruta da Fraga de Romeor RIOXOÁN (POL)


02 septiembre, 2012

XXXV ROMAXE DE CRENTES GALEGOS : MAPAS PARA ACHEGARSE A CASTROVERDE




Pallasos en Rebeldía inician un nuevo viaje hacia el Festiclown Palestina 2013


Se non podes ver o boletín, preme aquí
Si no puedes ver el boletín, pincha aquí


*Pallasos en Rebeldía inician un nuevo viaje hacia el Festiclown Palestina 2013

*Mañana jueves 30 de agosto Iván Prado, director del Festiclown Palestina, viajará a LOS TERRITORIOS PALESTINOS para proseguir con las gestiones necesarias QUE PERMITAN REALIZAR una nueva edición.
*El éxito cosechado por el I Festiclown Palestina  (Septiembre 2011) han generado increibles espectativas y enormes ilusiones para una nueva edición en 2013.

Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía (colectivo organizador del Festiclown Palestina 2011) y director del evento, parte mañana jueves 30 de agosto hacia tierras palestinas.
El viaje que Iván Prado comienza mañana tiene por objetivo continuar el trabajo de organización y preparación de una nueva edición del Festiclown Palestina para el próximo año 2013: entrevistas con la Agencia Española de Cooperación Internacional y Desarrollo (AECID) así como con autoridades del Ministerio de Cultura de la Autoridad Palestina son el motivo principal del viaje de Iván Prado y su acompañante, que esperan fructifiquen y permitan la reedición del que es, posiblemente, el festival de payasos más comprometido del mundo.
LA I EDICIÓN DEL FESTICLOWN PALESTINA:
El 1 de Septiembre del 2011 daba comienzo la 1ª edición del Festiclown Palestina con la participación de 40 artistas internacionales de la talla del italo-americano Leo Bassi o del estadounidense Patch Adams, así como otros muchos artistas y compañías de 10 nacionalidades diferentes.
El paso del Festiclown por Nablus, Jerusalén y Ramallah durante los 15 días de festival fueron una experiencia única tanto para el equipo humano del Festiclown como para los miles de personas que asistieron a infinidad de actuaciones, galas, talleres de formación, pasacalles, etc. Hospitales, teatros y auditorios, campos de refugiados, escuelas, plazas y calles han sido los escenarios donde se ha llevado a cabo el 1º festival de payasos que ha tenido lugar en los territorios ocupados palestinos y, más aún, el 1º festival de payasos que se ha realizado en un país árabe.
ENLACES DE INTERÉS
Cápsulas de video del Festiclown Palestina:

CONTACTO PRENSA (España)
Manuel // Claudia |
info@pallasosenrebeldia.org
00 34 981 582 836
Se non desexas seguir recibindo este boletín, pincha este enlace
Si no deseas seguir recibiendo este boletín, pincha en este enlace
Para actualizar ou dares de baixa os teus datos, clica este enlace
Para actualizar o dar de baja tus datos, clica en este enlace