Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 abril, 2012

Selección de 12 monitores-guías para a RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO

Foto: Terras do Miño


Remitímoslle información relativa á selección de 12 monitores-guías para a RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO, para o cal abriuse o prazo onte, 23 de abril de 2012, ata o vindeiro domingo 29 de abril.

Pregámoslle disculpe que non puidésemos realizar o envío da información con anterioridad, dado que seguro é do seu interese, polo que lamentamos o retraso.


O contido dos programas estará estruturado en dúas fases: unha teórica e outra práctica.

A FASE DE FORMACIÓN gratuíta, que terá unha duración de 145 horas. Constará dunha programación teórica xeral medioambiental. Os obxectivos xerais da parte teórica son favorecer a conciencia ambiental dos habitantes e visitantes, aproveitar o valor dos recursos naturais para o desenvolvemento autónomo, fomentar o turismo sostible, favorecer a difusión de patrimonio cultural, natural e etnográfico e mellorar a oferta de servizos dirixidos ó turismo especializado.

A FASE PRÁCTICA terá unha duración de catro meses, na cal os participantes pasarán a ser bolseiros en prácticas das empresas formativas, durante a que recibirán unha remuneración neta de 700 euros mensuais, non habendo dietas. Levarase a cabo en organismos representativos dos territorios da RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO, e valorarase a dispoñibilidade de vehículo propio. Nesta parte os alumnos desenvolverán as súas destrezas coma monitores-guías especializados no medioambiente e o turismo ambiental. Ademais, toda a información relevante que recompilen
será incorporada ó SISTEMA DE INFORMACIN XEOGRFICA www.delugo.org [1].
Deste xeito, desenvolverán unha formación final que capacite a cada un dos bolseiros para o seu traballo en calquera das dúas RESERVAS DA BIOSFERA.

Establécense como criterios de admisión:
Ter un perfil académico compatible coas funcións de guía medioambiental (como mínimo, certificado de escolaridade).

Currículum Vitae acreditado
. Valorarase tendo en conta a adecuación do currículo ó desenvolvemento das tarefas a desempeñar dentro deste espazo natural.

Entrevista acreditativa de actitudes e aptitudes para o desempeño da bolsa
. A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos e formación acreditada no currículo, en relación coas prácticas a realizar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica, na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para as prácticas convocadas. Ademáis, na
entrevista podesare ampliar a información sobre o currículo e os méritos.

Os aspirantes seleccionados serán contratados pola empresa formativa en calidade de bolseiros en prácticas. O tempo formativo non será remunerado e durante o período de 4 meses de práctica obterán unha bolsa neta de 700 euros ó mes por bolseiro.

A selección do persoal levarase a cabo pola empresa adxudicatarias da contratación do servizo de capacitación de monitores-guías da RESERVADA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO (DIOPTRA S.L.). Cada interesado poderá optar soamente ó proceso de selección dunha das Reservas.

O prazo de presentación de solicitudes COMEZA O LUNS 23 DE ABRIL E REMATA O DOMINGO 29 DE ABRIL (INCLUDOS). O modelo de solicitude está colgado na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org [2]. Os interesados deberán cubrilo e adxuntar a documentación relativa ó currículo e ós méritos; despois terán que premer o botón "enviar", que xa realiza o envío directo da solicitude á dirección de correo electrónico terrasdomino@deputacionlugo.org [3] ou ancareslucenses@deputacionlugo.org [4] en función da Reserva na que desexen desenvolver estas accións formativas e prácticas. O solicitante recibirá confirmación da recepción da solicitude no seu correo electrónico.


Para acadar máis información pode chamar ós teléfonos 982 26 00 46 - 982 26 01 47 ou escribir ó correo electrónico terrasdomino@deputacionlugo.org [5].

Reciba un cordial saúdo,

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo


Links:

------
[1] http://www.delugo.org/
[2] http://www.deputacionlugo.org/
[3] mailto:terrasdomino@deputacionlugo.org
[4] mailto:ancareslucenses@deputacionlugo.org
[5] mailto:terrasdomino@deputacionlugo.org

19 abril, 2012

Salvemos as abellas de Galicia, salvemos o noso futuro




SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte

PDF Imprimir Correo-e
Envia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a FaceBookEnvia SOS abellas: a Xunta, valedora da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte a Twitter
ADEGA. 17 de abril de 2012. Diante da inmediata prohibición por parte da UE de pesticidas con flufenoxuron (1 de agosto de 2012) e das fumigacións aéreas (deber de incorporala na lexislación estatal en decembro de 2011, e de adoptar planos de acción denantes de decembro deste ano) a industria química (BASF) e a patronal pasteira (ASPAPEL) están tentando colocar aceleradamente os "stocks" deste veleno (presentación comercial "Cascade"). Unha estratexia que en Galiza pasa pola fumigación masiva con "Cascade" dos eucaliptais galegos contra o gorgullo do eucalipto. Como xa denunciamos ecoloxistas, abelleiros e sindicatos agrarios, este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. O que resulta lamentábel é que a Xunta esté actuando como axente comercial do lobby químico e pasteiro, "avalando" as fumigacións masivas nos nosos montes co lixo tóxico que dentro de poucos meses BASF só poderá colocar no terceiro mundo. Asina esta petición para salvar as abellas galegas!
logo-fumigacions-NON 

A fumigación con medios aéreos, en breve prohibida pola UE provocan que unha media do 40% dos produtos dispersados non acaden a área obxectivo e que os seus velenos fiquen espallados en quilómetros arredor do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode chegar a espazos naturais (afectando a especies protexidas), cultivos (derramando a produción ecolóxica) e zonas habitadas, incorporándose nos nosos organismos.
Dase a circunstancia ademais de que a aplicación masiva deste veleno, xenerosamente promovido pola patronal pasteira "sen custo algún para os propietarios dos montes" e avalado pola Xunta, vai coincidir co periodo de máxima floración e actividade das abellas, co que o dano ecolóxico e a perda de colmeas e colleitas será máximo. carta-promafozCuriosamente co pacote do biocida, a Xunta ofrece tamén a posibilidade de aplicar un tratamento biolóxico cunha avispa australiana (Anaphes nitens). Trátase dunha burda estratexia de camuflaxe para disimular o entreguismo de Medio Rural ao lobby do eucalipto: o "Cascade", matará tamén á Anaphes e a todo artrópodo nun radio de quilómetros.
ADEGA esixe á Xunta de Galiza que mire polas abellas galegas e pola saúde ambiental e cidadá e prohiba estas malas prácticas forestais, en troques de seguir facéndole o xogo ás empresas que se lucran inzando o país de eucaliptos e envelenando o ambiente con agrotóxicos prohibidos. As alternativas para combater as pragas forestais pasan por promover o uso dos  métodos biolóxicos e sobre todo por unha política forestal que abandone o eucalipto e fomente a multifuncionaliedade do monte. Animamos a propietarios forestais, comuneiros e concellos a negarse a autorizar as fumigacións nos seus montes e denunciar estas prácticas.
Máis información:


Xa van mais de mil firmas enviadas!


Sala de exposicións do Museo Provincial. EXPOSICIÓN: Blas Lourés

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 

Táboa redonda
Blas Lourés na arte galega contemporánea
Xoves, 15 de maio de 2012, ás 20:00 horas
Interveñen: Juan Puchades Quilis, Miguel Anxo Macía, Jesús López e Jorge Espiral. Modera: Aurelia Balseiro, comisaria da exposición.
Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo 

Concerto de Ensemble de corda
Mércores, 23 de maio de 2012, ás 20:00 horas
Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo 

Visitas técnicas a cargo da comisaria da exposición, Aurelia Balseiro.
-Xoves, 19 de abril de 2012, ás 19:30 horas.
-Xoves, 31 de maio de 2012, ás 19:30 horas.

Coloquio
A arte das influencias. A literatura na pintura e viceversa
Martes, 5 de xuño de 2012, ás 20:00 horas
Interveñen: Blas Lourés, Paco Martín, Camilo Gómez Torres e Antonio Reigosa. Modera: Aurelia Balseiro, comisaria da exposición.
Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo 

Visitas guiadas gratuítas
Todos os sábados, ás 12 h., desde o 31 de marzo ata o 16 de xuño de 2012, para un mínimo de 10 persoas. Os interesados deben presentarse na recepción do MPLugo á hora indicada, onde serán atendidos segundo disponibilidade por guías do departamento de Didáctica.
Enlaces de interese:

CONVITE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE ORBAZAI

15 abril, 2012

RESUME ROTEIRO: SÁRRIA- BETOTE –LOUSADELA -RONFE - CÉLTIGOS.- Sábado, 14 de abril de 2012

Na ponte de Ronfe


Neste sábado, algo  chuvioso, mais tíña que chover e, finalmente parece que algo vai chovendo. Saímos de Sárria perto das 10:00 h., subimos desde o Mazadoiro pola vella estrada de Valdeorras,  pasando ao pé da fábrica de coiros ( Casa Sarry) e desde aquí ata Betote para pasar ao pé da croa do Castro e a súa igrexa románica (San Vicenzo) que ardeu hai poucos anos. Temos que salientar os seus canzorros e fermosa ventá rómanica. Desde esta zona hai unha fermosa vista sobre a Veiga de Sarria cos montes ao fondo. Desde aquí polo Monte  do Conde ou San Cibrao, no que hai  insculturas ou como popularmente se coñecen, pedras riscadas, parece que houbo unha capela, segundo o noso amigo Arlindo,  a quen agradecemos, unha vez máis,  as súas acertadas explicacións sobre toda a zona. Polo monte do Tosal, probablemente (toxal), onde houbo tamén un castro, hoxe moi deteriorado, chegamos à fermosa igrexa de Santo Estevo de Lousadela. Bo exemplar do  románico, de ábsida cadrangular e fermosos canzorros e capiteis historiados.
De Lousadela baixamos á estrada que vén de Vilapedre a Céltigos, continuamos ata San Cosmede, atravesando por un paso elevado a vía do tren, vendo de frente (hoxe non se divisaba ben) a Pena de Castelbelo, onde houbo un Castelo..
Cruzamos o río Sárria para visitar o conxunto formado polo muíño, pesqueira e pazo de Camba e a igrexa de San Pedro de Ronfe (Láncara) na que se conserva unha lápida con inscrición medieval en latín, situada no muro sur da igrexa. Desde este lugar hai unha fermosa paisaxe fluvial. Desde aquí por Vilambrán chegamos a Céltigos que, pertence á parroquia de Santiago da Veiga, foi un antigo Balneario de augas sulfurosas, hoxe comercializadas baixo a marca Fontecelta.

Saúde, Terra e Lingua
 
Manolo Muñiz


(Ver o álbume)

 

Organiza – Asociación O Forno da Vella


Viaxe previsto a Salamanca na ponte de maio



Achégoche información sobre unha viaxe que temos prevista a Salamanca na ponte de maio, por se alguén está interesado.

Saída 28 de abril. Comida en salamanca e visita á cidade pola tarde. Cena e aloxamento en Salamanca

29 de abril: Visita a Miranda del Castañar e Mogarraz. comida na Alberca. Pola tarde visita à Alberca e á Peña de Francia. Cena no hotel e aloxamento. (probablemente     hotel esté en portugal, en Vilar Formoso, moi cerquiña de Ciudad Rodrigo)

30 de abril: visita a Ciudad Rodrigo, comida en Salamanca e regreso.

O precio está sin concretar, seguramente oscilará entre 100 e 200 euros, con todo incluido, dependendo do número de persoas que se apunten. A asociación poñerá 600 euros para o autobús.
Necesitamos saber a xente que está interesada como moi tarde o día 15, para confirmar as reservas. Unha vez que sepamos cantos somos, calcularemos e comunicaremos o precio final, por se a alguén non lle convén e quere borrarse. Só se fará se hai un mínimo de 20 persoas.

07 abril, 2012

Castroverde y sus hijos predilectos


por Flora Abraira
   

Yo que soy una chica deportista, recuerdo que se me quedó cara de tonta en aquella carrera que me ganó en la línea de meta otra atleta que se había escaqueado y que yo no había visto en toda la prueba. (Pasado el tiempo supimos que había permanecido escondida tras un seto esperando el final mientras las demás nos lo currábamos. Da igual, ella estaba fresca y yo cansada por el esfuerzo. Me superó en el sprint final. Aunque había permanecido missing, una campaña publicitaria puso a esta aprovechada en el candelero del famoseo. A las demás corredoras nos gratificaron con la "medalla" de nuestra constancia, el consuelo de los tontos de capirote).
  A este propósito y con el complejo que se me quedó, no acierto a entender bien los criterios que maneja el Ayuntamiento de Castroverde y su alcaldía para escoger a sus hijos predilectos. Por más que mi entrenadora se esforzó en explicarme la diferencia entre un paracaidista y una vida ejemplar entregada de manera solidaria al servicio de su pueblo. (Y mira que tengo predilección por la gente que comprometió su talento en favor de sus vecinos, por los emigrantes que nunca olvidaron sus raíces y levantaron escuelas y hospitales en su tierra o que donaron sus obras y protegieron su cultura). ¡Cachis, que torpe estoy!
  Aun así, puestos a escoger, sigo pensando que a estas horas nuestros viejos y nuestros muertos también deben tener cara de tontos porque alguien se les ha colado justo en la línea de meta, delante de la puerta de su casa. Claro, quién va a dirigir una campaña mediática en favor de la educadora y luchadora republicana Enriqueta Otero que puso escuela en A Pumarega y fundó "O Fungueiriño" e hizo una casa estrambótica en Miranda con sus propias manos; quién va a apadrinar al sacerdote don Rogelio Reigosa atropellado en una de nuestras carreteras luego de haber quemado la vista en docenas de pergaminos haciendo memoria de su localidad; o de aquel regidor de Castroverde llamado Miguel García Teijeiro que redactó el primer manual con su historia y que sirvió para que los alumnos alemanes aprendiesen castellano; o del ministro progresista Manuel Cordeiro; o de los mártires de Montecubeiro que pagaron con sus vidas la osadía de intentar conquistar la libertad; y de los músicos de nuestras bandas populares que traspasaron montañas a pie con sus atraqueles a la espalda; o del noble Fernando de Castro y el obispo Diego Osorio impulsores de Vilabade; o de los escritores Alonso López Pallín o Luís González "Cando", y tantas otras almas sostén de esta ilustre plaza desde la noche de los tiempos. Ahora comprendo: ellos ya no tienen abuela que los declare predilectos. Y mira que han dejado huella en su largo camino...
  Claro, no parece prudente hablar de los personajes vivos, porque son hijos y discretos, y se merecen un respeto, no vaya a ser que si los identificamos por sus grandes merecimientos en beneficio de Castroverde se les vaya a caer otro paracaidista encima que descalabre sus sueños. Por cierto, le doy vueltas en mi cabecita loca al tema de los paracaidistas que aterrizan en la meta sin sufrir la carrera y se me ocurre preguntarle a mi entrenadora si a mis propios vecinos labradores no se les habrá colado algún predilecto también a última hora. Porque mira que se lo han trabajado y que han apechugado inviernos al paso lento del arado. Ella me contesta incrédula que esas personas vulgares, antes de ser "pre-dilectas", deben procurar ser simplemente "dilectas". Me confunde con sus respuestas.
  Recuerdo que hace años una mente preclara lamentaba que estas fértiles herdades hubiesen sido enajenadas por manos impiadosas y desconsideradas, que recayesen en mandatarios que acabaron transformando en moradas villanas las tierras que en otra edad cobijaron gentes de reconocido lustre.
  Ahora, leo en el periódico que los tres grupos políticos de la corporación castroverdense han dicho amén a la propuesta del alcalde sobre lo del hijo "pródigo", perdón, quise decir "predilecto". Vaya, vaya. Veo que ya se han olvidado de consultar estas cositas a la sociedad civil que los mantiene y al mundo cultural que calla pero que no otorga. Mi entrenadora me dice que también a los políticos se las meten dobladas y que están en las berzas. Yo creo que más bien es al contrario. -¡Vaya tropa!, exclamaría el Conde de Romanones. 


Ruta de Sendeirismo FONTEO-CORTEVELLA. 15.04.2012

02 abril, 2012

ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS. GRUPO DE SENDERISMO SÁRRIA



AVANCE PROGRAMACI´ÓN : DÍA 14 DE ABRIL DE 2012
.
ROTEIRO DE SÁRRIA A CÉLTIGOS
SAÍDA DE EROSKI ( RÚA MATÍAS LÓPEZ ) ÁS 9 E MEDIA DA MAÑÁ
SEGUIMOS polas PONTES NOVAS DO MAZADOIRO e polo Camiño da Fábrica ata Treilán., pasando a carón da CASA DE SARRY ( onde se curtían peles).
Pola AGRA DE TREILÁN chegamos á Piqueira en BETOTE, e dando volta por
xunto da Croa do Castro de Betote chegaremos á IGREXA románica de San
Vicenzo de Betote ( haberá explicación).
Recorrendo un treito da C-546 ata a rotonda do corredor-acceso ao
Morelle, colleremos a pista de Vilar-Lousadela, continuando en
direción a Lousadela , por pista asfaltada. Pasado o desvío a Tosal e
deixando á dereita a Croa do Castro de Lousadela , alcanzaremos a
Igrexa románica de Santo Estevo de Lousadela ( haberá explicación).
Baixando por carballeiras e pinares chegaremos a SAN COSMEDE,
collendo á dereita en direción a Sopena e Ronfe vendo ao fondo o
Castelbelo, onde na Idade Media houbo un castelo . Unha vez pasada a
Ponte do FFCC, torceremos á dereita, levando o río Sárria á nosa
esquerda, que atravesaremos polo pontón de Ronfe, vendo o conxunto da
Igrexa de San Pedro, Ppazo de Ronfe, Muiño de Camba e Pesqueira.
Seguindo por unha estarda local polas Veigas de Ronfe e Vilambrán
chegaremos a CÉLTIGOS, á altura da factoría de FONTECELTA.


O RECORRIDO TOTAL É DE CATORCE KM.

REMATARÁ O ROTEIRO CUN XANTAR.

Saúdos

Poio (Pontevedra) venres 20 e sábado 21 de abril


Lugo, 4 de Abril ás 20:00 h no Pazo de San Marcos


Rogamos confirme a súa asistencia respondendo a este correo (lugo2@deputacionlugo.org) ou chamando ao 982.260.147.