Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 diciembre, 2011

Do 28 de decembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012 Sala de exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) Rúa San Marcos, 8, Lugo



XOSÉ REIGOSA
Entre Marbella e Torremolinos
[imaxes de manicomio]


INAUGURACIÓN: Mércores, 28 de decembro, ás 19:00 horas.

Consulte os horarios de visita e o amplo programa de actividades complementarias arredor desta mostra fotográfica sobre o Manicomio de Castro (conferencias, mesas redondas, proxeccións, obradoiros, visitas guiadas…) na web www.museolugo.org


 
Saúdos
        Antonio  Reigosa Carreiras
        Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
        Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org

             Museo Provincial de Lugo
             Praza da Soidade s/n
             27001 Lugo
             http://www.museolugo.org/


21 diciembre, 2011

ACTIVIDADES CORAIS DO CONCELLO DE LUGO


      XOVES                                                VENRES                         SÁBADO
22
CENTRO 20:00 - 2 CORAIS
Praza Maior
Scholla Gregoriana
San Marcos
San Antonio


                              BARRIOS
Pza do Castiñeiro – 20:00
Amigos Camiño de Santiago

23
CENTRO 20:00 - 3 CORAIS
Praza Maior
Ecos do Miño
San Marcos
Xeral Calde
Praza do Campo
Orfeón Xoán Montes
                              BARRIOS

24
CENTRO 12:00 - 1 CORAL
Praza da Soedade:
Novo Amencer

                              BARRIOS
Horta do Seminario – 12:00
Xolda

29
CENTRO 20:00 - 2 CORAIS
Praza Maior
Cantar delas
San Marcos
Amigos Camiño de Santiago
                              BARRIOS
Pza de Fontiñas – 18:00
Coral Hospital Xeral - Calde
Pza do Castiñeiro – 20:00
Coral de San Antonio
Pza da Milagrosa– 20:00
Schola Gregoriana
29
CENTRO 20:00 - 2 CORAIS
Praza Maior
Cantar delas
San Marcos
Amigos Camiño de Santiago
                              BARRIOS
Pza de Fontiñas – 18:00
Coral Hospital Xeral - Calde
Pza do Castiñeiro – 20:00
Coral de San Antonio
Pza da Milagrosa– 20:00
Schola Gregoriana
31
CENTRO 12:00 - 1 CORAL
Praza da Soedade:
Ecos do Miño
                              BARRIOS
Horta do Seminario – 12:00
Novo Amencer

Presentados os programas de actividades de Nadal 2011 nos museos da Rede da Deputación

20/12/2011

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron os programas de actividades para todas as ideas nos catro museos dependentes da área. Unha ampla oferta de actividades, exposicións, obradoiros... para todos os públicos
-(… Consulte programas e información complementaria)

PROGRAMAS (enlaces para consulta e descargas dos programas correspontes a cada un dos museos)
-(Programa de Nadal 2011 do Museo Provincial de Lugo)
(descarga PDF)

-(Programa de Nadal 2011 do Museo Provincial do Mar, San Cibrao)
(descarga PDF)

-(Programa de Nadal 2011 do Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Friol)
(descarga PDF)

-(Programa de Nadal 2011 do Pazo de Tor)
(descarga PDF)

____
+ info

Museo Provincial de Lugo
Tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org

Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Friol
Tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org

Museo Provincial do Mar
San Cibrao, Cervo
Tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org

Museo Pazo de Tor
Monforte de Lemos
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Xerencia da Rede Museística: Tfno.: 620 280 203 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística: Tfno.: 982 24 21 12 / info@museolugo.org


FELICITACIÓN DO NADAL DO MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO NADAL 2011

FELICITACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO

18 diciembre, 2011

SOLSTICIO DE INVERNO

36 ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE ADEGA



O vindeiro día 17 de decembro, sábado, ADEGA vai celebrar a súa 36ª Asemblea Xeral Ordinaria. Dende 1976, van xa máis de 35 anos de loita ecoloxista e compromiso co país.
Con este motivo queriamos contar coa vosa presenza nos actos públicos da Asemblea, que terán lugar este sábado 17 en Arzúa. Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.
Actos públicos da Asemblea. Sábado 17 de decembro.
17.30h: Peche da 36 Asemblea. Recinto feiral de Arzúa (Feira Terractiva)
21.30h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011. Será no restaurante Casa Teodora, tamén en Arzúa. Prezo 15€. Confirmade a asistenza denantes do día 16.
Agardamos contar coa vosa presenza (prégase confirmación no 981570099 ou no correo adega@adega.info) denantes do venres 16 de decembro.
 
Recibide unha aperta ecoloxista,
Virginia Rodríguez Álvarez, Presidenta de ADEGA


12 diciembre, 2011

Un macaco galegofalante (narración)

Sonvos un macaco galegofalante. Como non son aquí da terra e veño de moi moi lonxe, doutro confín de Europa, dirían algúns especialistas en xeopolítica, pois ao instalarme aquí en Compostela debería poñerme a estudar o castelán e comunicarme coa xente como deus manda. Pero eu son rara, moi moi rara e polo visto quixen chamar atención como aqueles macacos no xardín zoolóxico que aprenden a imitar os comportamentos humanos e deciden facer algo que atraia o público. Pois eu fixen tamén algo así de raro: aprendín o galego. 

RESUME ROTEIRO SERÉS-BARREDO




Neste día de comenzos de decembro, sábado día dez, tivo lugar o último roteiro deste ano que remata.
O pasado día 12 de novembro comenzabamos o roteiro que temos pensado sinalar: San Cibrao-Barredo. Hoxe nun día que contabamos ameazante de choiva temos que dicir que  foi un día case primaveral. Paraugas levabamos, mais non tivemos que empregalos, mesmo luciu o sol nalgúns momentos.
Saímos arredor das dez da mañá de Serés camiño da Serra de Monciro polo lugar de Fornelos e ao atravesarmos a Serra polo camiño que era da feira. Deixamos a Lagoa Grande sen vistar que se encontra a uns 812 m. de altitude, desde esta zona fomos descendo polo Monte dos Seixos ata o lugar de Córneas que pertence á parroquia da Meda. Desde esta Serra pódese ver as zona sureste de Castro Verde ata as terras do concello do Páramo. Ao descender para Córneas temos vistas sobre zonas de Outerio de Rei, Rábade e Pol;  dicir que desde a Serra de Monciro imos camiñando por lugares limítrofes cos concellos de Pol, en primeiro lugar e despois co de Lugo.
Desde Córneas polos Curutos e Tras Cabana, Agra de Monte Cabana, Amorín, O Cobillón ascendemos polas Tres Penas para irmos por Pena do Campanario e O Pico para chegarmos a Pena Branca. Comentar que desde estes lugares voltamos a ter vistas da Serras de Monciro,  do  Miradoiro, Vilabade, A Meda, Vilafrío, O Sabugueiro, Soutomerille, Vilar e aos nosos pés; Vilaxurxo e  Barredo con vistas sobre as Terras do Chamoso.
Desde Pena Branca tiñamos pensado ir a Vilar dos Naraos, mais o tempo apremiaba e baixamos directos a Barredo para xantar na escola de Santo André de Barredo.
Deixamos para outro día facermos atravesía da Serra de Monciro desde Carballedo a Córneas e, desde o alto do Cruceio vir a Vilaxurxo e de Vilaxurxo a Vilar dos Naraos e voltar a Barrdedo.
Dar as grazas aos veciños de Barredo por facilitarnos o local para xantar. Logo de comer visita á queixería Santo André de Barredo. Dar as grazas á familia Reixa polas súas atencións e ensinarnos a queixería. Aledámonos de que haxa xente que se anime a seguir traballando elaborando e transformando a súa propia produción. Parabéns e moito ánimo a estes de emprendedores.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz


08 diciembre, 2011

anfiteatrogzradio: un proxecto de nova emisora galega


 
AnfiteatroGZradio é un proxecto de radio online en Idioma Galego. Pretendemos, a curto prazo, encher as 24 horas do día con programación de diversos contidos. O obxectivo é crear unha emisora no noso idioma, que fomente os grupos musicais galegos, a literatura do noso País... e todo canto teña cabida no mundo da cultura. Asimesmo queremos darlle cobertura a todos os blogs do blogomillo por medio do noso "player".

Precisamos dunha media diaria de 130 horas de audiencia (entre todos os oíntes)... se é que queremos seguir mantendo o dominio. Axúdanos a que este proxecto de radio en Galego vaia adiante. Ter aberto o reproductor da emisora (en play), o maior tempo posíbel, fai que contabilice, a prol nosa, minutos ou horas de audiencia. Bótanos unha man. Escóitanos!!
Primeiro, clica en baixo, e logo no play para escoitar a emisión
http://www.anfiteatrogzradio.blogspot.com/