Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 mayo, 2013

VI Encontro de Asociacións – 25 de maio de 2013 Paseo pola ría de Ferrol – Mugardos – Monte de Sta. Catalina Concello de Ares

No barco, pola fermosa ría ferrolana

Este sexto encontro de asociacións onde participaron: Agrupación Instrutiva Redes e Caamouco, Arcas de Sárria, Arumes do Corgo, Roteiros de Pol (repesentación), Amigos do Patrimonio de Castro Verde e acompañáronnos socios de A Canteira de Neda que, se queren incorporan a estes encontros, sexan benvidos. 

Arredor das 10:00 h. comenzamos cun percorrido pola ría de Ferrol, onde nos amosaron a súa contorna, son de salientar entre outras cousas; a construción de grandes buques, o porto de mercadurías e os castelos de San Felipe e A Palma entre outras cuestións. Non podemos deixar de falar do novo Porto Exterior que, nos parece un despropósito, se hai necesidade haberá que construír portos, mais termos dous portos tan perto, o de A Coruña e Ferrol, non se entende. Non sería mellor facer un bo a medio camiño e mellor comunicado coas vías terrestres?, mais este País noso, xa non sei se ten solución. No de Ferrol, deixando á parte o impacto visual, cortaron, penso que a metade da entrada da Ría, o que provoca que non haxa o suficiente fluxo das correntes mariñas para que se poida dar a debida osixenación á vida maríña desta fermosa, protexida e longa ría que se aproxima aos 16 ou 17 Km.

Logo do percorrido da ría, marchamos desde Mugardos, cruzando a vila para ir bordeando a ría pola enseada do Baño, facendo unha pequena parada entre Punta Redonda e o Castelo da Palma que, parece que mercaron para convertelo en hotel. Seguimos pola Enseada de Nande ata perto de Punta Moa para ascender ata o Mosteiro de Santa Catalina no Monte Faro. Segundo iamos ascendendo puidemos ver A rías de Ares, Betanzos e ao fondo A Coruña.

Logo do percorrido, Carlos explicounos o mosteiro, comentar que é un edificio levantado en 1393, fundado por Fernán Pérez O Bo señor feudal da comarca, cun estilo románico cando xa se impoñían os cánones do gótico. Ten dous claustros, o mellor conservado é de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no século XVIII, en que pasou de planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos. Retablo de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca. No interior do mosteiro pódense observar restos de capiteis, estatuas e lápidas de sepulcros.
Coa desamortización de Mendizábal 1837 os franciscanos víronse obrigados a abandonar o mosteiro pasando a propiedade e a xestión do edificio a mans do exército ata o ano 2000. Actualmente a xestión lévaa o concello de Ares.
Logo do xantar tivemos a actuación da “A. C. Rondalla sonidos del Alba” de Ferrol, que é o seu presidente J. Luís Cacabelos, agradecemos desde aquí á Rondalla, especialmente a Cacabelos, a toda a Xunta Directiva da Agrupación Redes e Caamouco e ao Concello de Ares a organización e bo facer ao longo de toda a xornada. A Rondalla interpretou diversas pezas populares; Nabucco de Verdi, María la portuguesa, Un beso y una flor de Nino Bravo, Quizás Quizás Quizás de Nat King Cole, … para rematar coa peza galega; “ Que noite tan bela…”

Rematou o encontró coa desgustación da “bola larpeira” e unha queimada.

Grazas por todo.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz

AVISO:
Aproveitamos para lembrar que, na fin de semana do 7,8 e 9 de xuño terá lugar a Iª Feira Medieval, os/as que queiran participar no xantar do día 9, domingo, teñen que comunicalo antes do día 4 de xuño.

VER O ÁLBUM de FOTOS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIENCONTRODEASOCIACIONS2013?authuser=0&feat=directlink

24 mayo, 2013

Xornadas do proxecto "Nuevos Horizontes"


IX Xornadas Interxeracionais Rurais


En defensa do IES As Mercedes


Manifestación contra a minaría salvaxe


Paremos a megaminaría destrutiva en Galiza! 
Por favor, mira este vídeo:

Se non te deixou indiferente, comparte o vídeo e asina esta peticiónhttp://change.org/salvemosgalicia
Cres que podes facer algo máis? Pois infórmate sobre o problema da minería en Galiza e colabora con ContraMINAcción:http://www.mineriagalicia.org/
 E si de verdade queres parar isto,
 acode á manifestación convocada en Compostela para o 2 de xuño ás 12:00 dende a Alameda.

Concentración por unha sanidade digna


17 mayo, 2013

NOITE DOS MUSEOS NO CASTRO DE VILADONGA

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e NOITE DOS MUSEOS
MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA


Sábado 18 de maio de 2013
PROGRAMA
A partir das 18 h., na Sala de Actos do Museo:
Apertura da exposición fotográfica sobre a Noite dos Museos (2005-2012) e
proxección de documentais de tema arqueolóxico.
No xardín do Museo: Demostración de xogos populares a cargo do Club de Bolos  O Cadaval (Pacios, Castro de Rei) e actuación do grupo de música tradicional Os Valuros, de Castro de Rei.
No Castro: Actividades de recreación histórica, con participación do público, a cargo de Caetra Lucensium e as asociacións do castra (campamento) do Arde Lucus.
Ás 19’30 h. na Sala de Actos do Museo:
Conferencia-concerto sobre música galega de tradición oral a cargo de Mini e Mero.
A partir das 21 h., no xardín do Museo:
Refrixerio con petiscos, bebidas e queimada
Ás 22’45 h:
Visita nocturna ao Castro, onde finalizarán as actividades
N.B.- Os horarios da Noite dos Museos indícanse de xeito aproximado. No caso de que ascondicións meteorolóxicas non permitiran as actividades previstas no exterior, faranse uns actos alternativos nas salas e nos pórticos do Museo.
Coa colaboración da ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CASTRO DE VILADONGA

Centro de Interpretación Terras do Miño



O Centro de Interpretación Terras do Miño ofrece actividades formativas e lúdicas para lucenses de todas as idades

Dentro desta programación gratuíta haberá actividades de todo tipo e para todos os gustos, tales coma conferencias, exposicións e obradoiros, dirixidas a públicos de todas as idades. En canto as conferencias, todas elas estarán a cargo de reputados expertos de prestixio, celebrarasne as seguintes:
9 de maio: Os bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ofrecida polo Enxeñeiro de Montes Antonio Rigueiro Rodríguez, membro da Real Academia Galega de Ciencias
13 de xuño: Xestión de espazos naturais, impartida polo biólogo e Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago Pablo Ramil Rego
28 de xuño: Caracterización do vóo forestal no parque do río Rato, a cargo do Enxeñeiro Técnico Forestal Luis Fernández Reija.
Tamén están previstos obradoiros para adultos e nenos. En particular, estes son os dirixidos a adultos:
11 e 12 de maio: Curso de micoloxía, organizado en colaboración coa Asociación Micolóxica Lucus. Este curso inclúe unha saída de campo e exposición.
25 de maio: Botánica doméstica: prantas medicinais e prantas das nosas hortas e campos.
Tamén os máis novos contarán con actividades organizadas tendo en conta as súas idades e capacidades, de xeito que cada un deles poida obter o máximo rendemento e gozar dun tempo de ocio diferente:
2 e 3 de maio: A miña amiga a auga. Neste obradoiro os nenos aprenderán, con divertidas actividades, a importancia do ciclo do auga, así coma a racionalizar o uso da mesma e como afecta a contaminación ambiental á calidade do auga.
1 e 2 de xuño: Ruta etnográfica polo río Rato. Os rapaces aprenderán sobre diferentes aspectos medioambientais, culturais e etnográficos desta zona.
8 de xuño e 29 de xuño: Descubrimento da natureza. Neste obradoiro haberá xogos e traballos manuais.
22 e 23 de xuño: Aprendendo a reciclar. Os nenos participantes farán traballos con materiais de refugallo e xogos.
Outra das actividades programadas é a singular exposición Proxecto Land Art, organizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” e que se celebrará o vindeiro 30 de maio. Estas son só algunhas das posibilidades coas que os lucenses contarán para coñecer máis do medio natural da provincia en xeral, e das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares.
Os interesados en acudir a esta ou a calquera outra actividade, poden inscribirse a través de www.deputacionlugo.org. Estas actividades gratuítas celebraranse no Centro de Interpretación, que ademais amplía o seu horario operativo. Deste xeito, de luns a xoves, abrirá as súas portas de 9:30 a 14:30 horas; os venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. As fins de semana o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados e de 11:00

05 mayo, 2013

Queremos Galego convoca manifestación nacional o 17 de maio

A manifestación nacional pola lingua sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12.00, e nesta mesma páxina web iremos informando dos pontos de saída de autobuses e medios de transporte.
Se desexares colaborar connosco, podes acceder ao evento e difundires e convidares a quen quixeres en
Podes acceder ao evento e difundires e convidares a quen quixeres en
http://www.facebook.com/events/347733998662262/
http://www.facebook.com/events/347733998662262/

Exposición de fotografías e presentación do catálogo