Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 diciembre, 2013

Feireando 2013

Bo día:

Comprácenos convidarvos á xornada Feireando 2013. Este venres 27 de decembro ás 19:00 horas, no local sociocultural de Zolle, concello de Guntín de Pallares. Presentaremos as novidades e os avances do proxecto A Ruta das Feiras neste ano 2013. Tras a exposición dos traballos poderemos desfrutar dun espectáculo do mago David Méndez.  Como remate,  poderemos cear no Mesón de Pallares, en Guntín.

Se desexas quedar a cear, deberás comunicalo ao equipo técnico da Asociación Terras de Lugo por teléfono ou correo electrónico. O prezo do menú todavía está por definir.

Agardámos que resulte do voso interese.

 Local sociocultural de Zolle
 Mesón de Pallares

 Un saúdo.
Asociación Terras de Lugo

Correo-e: terrasdelugo@terrasdelugo.com
Torre nº1, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)
Teléfono fixo: 982.22.89.22
Teléfono móbil: 626.01.41.05

O ACTO:
Onte pola tarde - noite asistimos, algúns da Asoc. Amigos do Patrimonio, ao derradeiro acto deste ano, Feireando 2013 da Asoc. Terras de Lugo. Á parte do que di o xornal El Progreso, eu salientaría as palabras de Álvaro Santos, presidente de Terras de Lugo, que á parte de  agradecer o traballo de Antonio e Pablo (traballadores da Asoc.), agradeceu a posta en marcha do GDR 4 e Terras de Lugo a Mario Outeiro o seu antecesor, e a varios dos que formamos parte da Xunta Directiva de Terras de Lugo.
Comentar, que saibades que a nosa querida Xunta de Galicia, ( non acumulou  para o programa, é dicir, non puxo a parte que lle correspondía cofinanciar xunto co Estado e Europa, pero os cartos tiñan que telos.... ), isto vai crear unhas dificultades moi, pero que moi severas e, o peor é que proxectos que estaban agardando por axudas van quedar sen elas, postos de traballo que se poderían crear, quedarán sen posibilidades de poder crearse.  Onde van eses euros? a resposta teríanola que dar AGADER - A Xunta de Galicia....
En fin, eu pregúntome que podemos facer nesta cuestión como en tantas outras? Cadaquén que tire e aplique as súas conclusións.


FOTOGRAFÍAS DO ACTO:







Felicitación de COGAMI CRD- FINGOI (Lugo)


22 diciembre, 2013

Outras duas Felicitacións



Felicitación da Asociación Peña Furada de Navia:

Igualmente Manolo, de todo corazón desde Navia y en nombre de nuestra Asociación, os deseamos a todo ese colectivo lo mejor en el próximo año 2014. Que disfrutéis y que siempre os acompañe la esperanza y felicidad, compartida entre aquellos seres queridos a vuestro alrededor. Que aquel camino que vayáis a recorrer con la mochila, con la sombra, con el silencio y soledad, con los pies destrozados, con la cabeza alta, con el corazón contento y alegre el alma, que las etapas recorridas se vayan haciendo camino con vuestros pasos, que el viento sople siempre de espalda, que el Sol brille cálido alrededor de vuestra cara, que la lluvia caiga suave entre los campos, que con el esfuerzo lleguéis felices al final del año 2014.
Espero nos acompañéis en la Naviega el 22 de Junio.

Un abrazo
Santos
Presidente Peña Furada-Navia.

15 diciembre, 2013

A Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde" desexa a todolos lectores e amigos un BO NADAL e Ano 2014


Convite


Convite


Roteiro MONTE DE BIDUEIROS e outros lugares


Parte dos camiñantes diante da casa de Fidalgo


Arredor das 10:00 h. saímos de Queizán de Arriba onde visitamos a igrexa e ás tumbas antropomórficas pegadas ao cemiterio, supoñemos que este lugar, pola súa situación foi un castro. Polo lugar de O Fontao camiñamos polo Monte de Bidueiros en dirección á Pena do Picato, mais non chegamos a subir e baixamos a Queizán de Abaixo, pasando polo fermoso lugar de Caxín, en estado de semiabandono, temos que chamar a atención do lixo que encontramos antes de entrar no lugar, cuestión coa que nos encontramos  nos diferentes roteiros que facemos.

De Queizán de Abaixo  pasarmos das Terras do Corgo ás de Castro Verde, con todo, non esquezamos que estamos en Terras do Chamoso. De Queizán de Abaixo en dirección a Gracián, visitamos o muíño e mazo de Andrés, mágoa que este conxunto estea en situación de abandono, desde o muíño fomos  ao lugar de Liñar Longo, onde se enlagaba o liño e se afiaban os fouciños da sega e outras ferramentas de traballo que se facía na ferrería do mazo.

Desde aquí voltarmos ao camiño de Gracián, onde visitamos a casa do Fidalgo, capela e hórreo en ruínas e Fonte das Ninfelas. De Gracián tiñamos pensado ir a Santa Xuliana e continuar camiñando  ao pé do Monte Canteira dos Bidueiros, pero os tiros dunha cacería fixéronnos cambiar de ”ruta”, tendo pensado achegármonos a Arcos (San Paio), polo camiño do Lóngaro; de novo as descargas e avistamento de cazadores fíxonos retroceder tendo que camiñar pola estrada de Gracián-San Paio, polo lugar do Canteiro, o que nos evidencia que estamos en terra de canteiros.

O cambio de “ruta” serviunos para visitar as cruces e cruceiros desta parroquia que ten un total de trece, o que nos fai pensar nun Viacrucis. Chamamos á atención desde aquí  que estas cacerías deberían estar anunciadas e sinaladas dalgún xeito. Rematando deste xeito o roteiro e percorridos deste ano que está a piques de rematar. Agradecer as explicacións de Ánxela Gracián, socia e vogal da Directiva da Asociación.

Boas Festas
Saúde, Terra e Lingua.

Manolo Muñiz

Unha aplicación para interactuar cos organismos públicos

Bos días,
Tal e como comentamos onte na mesa sectorial do Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño, remitímosvos información sobre a aplicación Dep. Lugo, un paso máis para acercar aos cidadáns a posibilidade de interactuar cos organismos públicos. Mediante un dispositivo móbil, calquera persoa pode dispoñer dunha ferramenta práctica coa posibilidade de dar de alta unha incidencia que estea a ocorrer na súa cidade.
O sistema Dep. Lugo está pensado para que sexan os usuarios os que dean de alta as incidencias do seu terminal móbil. Estas poden ir acompañadas da localización e de imaxes descritivas do problema, desta forma a xestión e control por parte da administración pública das mesmas realizarase no menor tempo posible sen necesidade de información adicional.
No seguinte enlace atoparedes máis información sobre esta aplicación e teredes a posibilidade de desacargala:
http://xestionincidencias.deputacionlugo.org/
Un saúdo,
Manuel Muñiz
Reserva da Biosfera Terras do Miño

06 diciembre, 2013

Galiza nun tempo de seu


 
D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome

D. Mario Outeiro Iglesias,
deputado delegado da Área de Cultura e Turismo,
teñen o pracer de invitalo/a á inauguración de
GALIZA NUN TEMPO DE SEU

que terá lugar o vindeiro xoves, 5 de decembro de 2013,
ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo.
 
 
Praza da Soidade s/n
Tel.: 982 242 112
difusion@museolugo.org

Máis información:
Twitter Facebook Blog Vimeo
e na web: www.museolugo.org
 
 
LogotiposLogotipos

Principais propostas de actividades a desenvolver en 2014


Resuno de actividades de Xaneiro-Decembro 2013

a


ROTEIRO: SÁBADO, 14 DE DECEMBRO DE 2013


Roteiro MONTE DE BIDUEIROS para despedir este ano.

Ás 9:30 h.: En  Castroverde ao lado do Pereira.

Áss 10:00 h.:  Queizán de Arriba, visita ás tumbas antropomórficas do cemiterio, de alí a Caxín, aldea de tres casas semiabandonada, Queizán de Abaixo, As Agras, subida ao monte A Canteira de Bidueiros, visita aos penedos, Penas do Zorro, Penedo Redondo, polo cume do monte cara á Santa Xuliana (se o camiño que baixa ata Gracián está moi enchoupado), e volta dende a Santa Xuliana aos Muíños, de aí a Gracián (casa do Fidalgo, capela e hórreo en ruínas, Fonte das Ninfelas.

Ás 13:30 h.-14:00 h. Remate da camiñata en Gracián.

Ao rematar xantar nun restaurante da vila  para os que poidan e queiran.

Dificultade do roteiro, baixa cunha lonxitude de 8-9 quiómetros., aprox.

Comunicalo antes do día 12 de decembro,  no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.

Saúdos. Manolo Muñiz