Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 abril, 2008

Reunións AGADER

Breve resume das actividades celebradas os días 19 e 26 de abril:


O pasado día 19 de abril, celebrouse no Concello de Castroverde, convocada por AGADER, unha reunión para o asociacionismo de Castroverde, e nela participaron representantes da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Falouse entre outras cousas de:

- O Plan Leader 2007-2013 para Galiza e liñas de axuda.

- Constitución dos GDR

-Preguntas dos asistentes.

- Convocaríase outra reunión para a elección dos representates das asociacións para a constitución do GDR e poñerse en contacto con asociacións e concellos do mesmo territorio

Os días 19 e 26 de abril, desenvolvéronse no Centro Comarcal de Terra de Lemos, convocados tamén por AGADER, dous seminarios dirixidos ás xuntas directivas de asociacións que trataron sobre a responsabilidade da elaboración de proxectos e da xestión de subvencións. Nestes seminarios tamén participaron representantes da xunta directiva da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde

Tratando estes seminarios, sobre a xestión dun proxecto, tratando os seguintes aspectos:

Ánalise da realidade.

Definición do Plan de Acción

Actividades e tarefas

Avaliación e Memoria.

Centrándose fundamentalmente; na análise da realidade, nas actividades, nos recursos humanos, recursos económicos e orzamentos.

Un saúdo. Manolo Muñiz NOTA. Acompañamos fotos dos actos.


24 abril, 2008

Una marcha entre Lugo y Torea(*) de Castroverde conmemora la recuperación de esta Vía del XIX(**)

patrimonio-vias romanas

19-04-2008

Terra-EFE

Una marcha entre de Lugo, donde está el miliario cero de la 'Vía romana XIX', y el lugar de Tórdea en Castroverde servirá hoy para conmemorar la recuperación de esta vía de comunicación, que con sus 90 kilómetros figura como la más larga recogida en el Código Antonino.
El alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco (en la imagen), ha presentado esta iniciativa.
Alcalde de Lugo


Recuperada recientemente a través de un programa interregional de la Unión Europea para la recuperación de vías atlánticas, los participantes en el recorrido inicial cubrirán la distancia entre Lugo y Torea(*) de Castroverde, la primera de las 5 etapas en que se divide este itinerario cultural.


El alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, y la vicepresidenta segunda de la Diputación, Lara Méndez, presentaron esta iniciativa vinculada a la vía más larga recogida en el código Antonino, con unos 90 kilómetros que unen la ciudad de Lugo con la sierra de Ancares, ya en el límite con la provincia de León.

Un recorrido a pie y en autobús conmemorará la recuperación de esta antigua vía romana en la que se ha realizado un trabajo 'riguroso y científico' que se realizó para la recuperación de esta vía, lo que servirá, para 'potenciar el turismo cultural y medioambiental'

De los 90 kilómetros, 3 o 4 todavía conservan las mismas características que cuando fueron construidos ente los siglos I y IV durante la época romana, ya que se encuentra en fincas particulares, especialmente robledales.

También se conservan media docena de miliarios o marcadores de millas de la época.

(*) Error. Debe decir Tórdea, localidad del Concello de Castroverde
(**) Error. No es una vía del siglo XIX, sino debe decir la "Vía Romana XIX" del itinerario de Antonino que va de Lugo a Braga (Portugal)

18 abril, 2008

Denuncia: desfeitas no Camiño Primitivo, ou unha "longa noite de pedra"

Reflexións dun peregrino


Quen camiña só facendo a ruta Primitiva e chega ao Concello de Lugo, en concreto á parroquia de Santa María de Bascuas, a oito Km da capital.

Canso, tamén embelesado, despois de tantos días atravesando belos paraxes, aldeas medio abandonadas, camiños misteriosos entre castiñeiros e carballos, soles, néboas...


O peregrino cre sufrir un espellismo, cal non sería a súa sorpresa? Non está en Lugo, isto polo menos é o Gran Canón de Colorado, cando aparece perante si a gran canteira de pedra, cal tremenda dentada á terra, xigantesco socavón separado do Camiño por unha leve “cadenita” onde reza un cartel; prohibido pasar, non me estraña que o poñan, debería haber outro, prohibido mirar. Pero é imposible non velo, vese a moitos km, é como un feroz cantil e hai ruído, moito ruído contínuo que te taladra, porque non cede. É coma se triturasen as entrañas da aldea, pedazos de monte que van amputando con total impunidade pois a ninguén parece importarlle tremenda desfeita. E esa xente como pode traballar así? non existen unhas normas para todas as actividades industriais que limitan a emisión de ruídos? ou no monte iso non rexe?

E os veciños da aldea quen os condenou a semellante penitencia? Cal é a súa culpa?

Chatarra de grandes dimensións acumúlase ás beiras do Camiño que pretendente se
r Patrimonio da Humanidade. Cacharros, camións vellos, cachivaches, tuberías, restos de non sei que dominan unha fermosa paisaxe que xa non é fermosa, nin sequera é paisaxe e a ninguén parece importarlle pois ninguén toma medidas para que dalgún modo se poñan os medios necesarios para rexerar medioambientalmente a zona.

As sorpresas non acaban, unha especie de ponte colgante atravesa a estrada e, en toda a súa contorna amoréanse restos de cemento e formigón, cal estalactitas delimitando a vella corredoira.

Din que o Camiño está protexido e, que nin tocalo, baixo ameaza de sanción, por se a algún ousado se lle ocorre, será por iso?

E polo regat
o corre auga oxidada e graxenta que chegará ao río e a outro e a outro e, todo se dilúe, igual que as responsabilidades. Pero a quen lle importa?, como di a canción.

E digo eu, quen sería o listo que se lle ocorreu que este camiño podería ser Patr
imonio da Humanidade?. Eu, se son a humanidade por suposto que non quero semellante patrimonio. Que desvíen o camiño por deus!, senón o listo será o choqueiro da UNESCO.

Impactado e apaiolado con todo o que ven os meus ollos descendo a angosta e m
arabillosa corredoira sen mirar atrás, afastándome de semellante atentado á natureza. Poderíano vallar sequera, unha sebe verde, un muro vexetal que oculte todo iso. Debería haber normas ao respecto. Hainas, non? Só se precisa a vontade de cumprilas ou que algunha Administración as lembre. A admón. Local de Lugo está xorda e cega? Non creo, ou tal vez si.

A pista local que conduce á igrexa atravesa o Camiño e busco o marco que me indique o enderezo a seguir, e se, alí está, ao lado dun arrogante castiñeiro centenario como tantos outros que encontro neste interesante traxecto, pero tamén hai alí (ao lado do marco e o castiñeiro) o que os nosos políticos chaman un punto limpo de recollida selectiva de lixo, ao que calquera con dous dedos de fronte chamaría punto guarro, como mínimo. Alí, entre contedores colocados ao seu libre albedrío aparecen moreas de botellas que os veciños separan, clasifican e trasladan ao que probablemente sexa o único punto limpo dunha parroquia dispersa.

Pero o
pobre contedor de vidro fai tempo que xa faleceu e seus restos seguen alí sen que ninguén lles dea sepultura, coas súas vísceras desparramadas (xunto ao marco e ao castiñeiro). Os outros sobreviven heroicamente bastante despanzurrados, iso se polo seu exceso de contido, pero resisten posteados por lixo de hai tempo, que se espalla polas inmediacións.

Para que se van poñer indicadores de madeira, por exemplo, como fan en Asturias, tan
cerquiña e tamén ao bordo do camiño para diminuír o impacto?

Non, aquí non, peito de lobo, coa verdade por diante.

E xa como
telón de fondo e para rematar, atopamos unha construción de bloques de cemento onde antigamente inseminaban as vacas e xa totalmente en desuso pois ata as pobres vacas se marcharon co medo que colleron.

Alí, nes
e tristeira parede, alguén, malamente pintou: CAMIÑO DE SANTIAGO, e eu, solitario peregrino dubido se continuar ou volver por onde vin.

Santiago pode esperar.

Outras fotografías:

A Universidade Rural Galega

Un bo proxecto: A Universidade Rural Galega


É un feito amplamente aceptado a enorme aportación que o mundo rural ten feito á cultura e a vida en xeral ; non é menos evidente que unha parte desa aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente. Somos moit@s @s que sentimos un fondo pesar desa desfeita e a cotío compartimos a impotencia que sentimos .

Hai bastantes persoas e asociacións que están apurando con moita creatividade e teimosía a recollida, coidado e/ou preservación de todo o patrimonio etnográfico galego, así como levando a cabo proxectos reais e innovadores, creadores de futuro para un mundo rural vivo.

A U.R.G. nace coa idea de intentar facer visible todo o anterior e gustaríanos servir de altofalante de toda esa realidade.

Polo de agora integramos a U.R.G.: Incodega, Euroeume, Xermolos,C.D.R. Ancares, Movemento Rural Cristián, Colectivo Pedagóxico Estiño, Sindicato Labrego, Preescolar Na Casa, C.D.R. “O Viso”,”Bicis pola Paz”, labreg@s, técnicos, profesorado da Universidade...

Se queredes máis información:

- Tfnos:
981102662 – 672087656 - 664389149

- Correo: universidaderuralgalega@gmail.com

- Páxina web ( en elaboración).

- Inscrición : 25 € anuais.

FAITE SOCI@!


Obras sobre a guerra de IFNI

Autobombo


Xosé María Gómez Vilabella



¡Xa que a montaña non baixa a Mahoma, terá que ser Mahoma quen suba á montaña! Vén isto a conto de que, como modesta achega, como homenaxe aos 200 mortos, 100 desaparecidos (mortos non atopados, e por tanto non recollidos, non apuntados no libro dos ídem), amén duns 500 feridos, que nos custou aquela Guerra de Ifni, do 1.957/58, CINCUENTENARIO por conseguinte, deume por sacar tres libros sobre a mesma, que os atopará o internauta embarcándose no foguete

http://josemariagomezvilabella.blogspot.com


Estes libros, por orden de aparición en escena, son:


CACERÍA DE CICLÓSTOMOS EN IFNI

(Os “ciclóstomos” son peixes, tipo lamprea, así que, o de cazalos, xa pode darlle ao lector unha idea aproximada de cómo era, de cómo sufría e gozaba, o noso mundo colonial)


OPERACIÓN: CUÑADA

(Dado o illamento, e co illamento a masculinización do Territorio, o mercado das “cuñadas” era máis evidente có das “hurís”, así que nin case preciso explicalo)


IFNADA

(Ante o Tribunal da Historia, con 50 anos de perspectiva, xúlganse/ preténdense xulgar, as trapisondas daquela descolonización tan trapalleira)

Encabecei con iso do “Autobombo”, pero a verdade absoluta é que se trata dunha penitencia: ¡Unha penitencia que dedico aos mortos, e tamén aos feridos, pois, grazas a eles, eu quedei vivo para contar, para relatar, esta síntese histórica! Certo é que algo axudei/axudamos, que aquí tedes o gallardete daquel “Somatén” formado por civís, que contribuímos á defensa da cidade de Sidi Ifni, pero todo fixo falta, pois o paternalismo do noso paisano, a súa confianza e maila súa, suposta, astucia, tivéronos co cu ao ar. Non nos chegou a experiencia de Filipinas, Cuba, Annual, etcétera, que seguimos de quijotes pola vida, ¡meténdonos en aventuras para as que non estabamos preparados!

Por último, pido perdón por ter que pasar estes tres libros ao castelán, con todo ser un infante ao lado do noso galego, ¡que nós fomos reino desde os tempos de Hermerico, no ano 410, se mal non me lembro!, pero nesta homenaxe aos ¿caídos? (¡caídos, non, tiroteados, paqueados, con metralletas Thompson nada menos!), era preciso usar unha lingua ampla, xeral, para que podan entende-lo follón de Ifni os fillos, os sobriños, os netos, os veciños, etcétera, daqueles heroes aos que lles debo a vida, xa que procedían dos catro puntos cardinais das Españas.

O que sinto é que xa non viva o Padre Pais (un franciscano que morreu en Lugo, de Parkinson), que tanto fixo pola miña dona e polo meu fillo cando nos atacaron, cando nos feriron, cando arremeteron contra o meu De Soto co seu camión Berliet, aqueles exaltados do Istiqlal, na recta de Safí (antigo Marrocos francés).

Isto do gato na azotea merece unha explicación: Un compañeiro do Somatén sentiu saltos? na azotea da súa casa, e coidando que eran os do Istiqlal lanzándose en paracaídas, tirou de pistola…, pero o gato escapou! ¡Meu pobre, o único que pretendía aquel felino era alcanzar unha pella de bacallau posta a secar na corda de tende-la roupa!

Como vedes, isto do “autobombo” foi un simple reclamo publicitario. ¡Perdón, pois, pola chanza, polo abuso de confianza! Saúdos de Xosé María


16 abril, 2008

Lido no xornal O PROGRESO de LUGO

Política Territorial aprueba el PGOM de Castroverde, tras corregir algunas deficiencias


Etiquetas: Castroverde, urbanismo, PGOM

Agencias (Lugo).

La Conselleria de Política Territorial aprobó definitivamente el Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) del ayuntamiento lucense de Castroverde, después de que los técnicos de la localidad introdujeran las modificaciones exigidas por la Xunta para corregir algunas "deficiencias".

Foto: Xesús Ponte

Ver a nova


15 abril, 2008

Convite da Cámara Municipal ao Concello para visitar Castro Verde de Portugal

Ex.mo Senhor Presidente do Concello de Castroverde (Lugo)


Na perspectiva de aprofundar os laços e as relações de colaboração e amizade nascidas do processo de geminação entre os nossos municípios, vimos por este meio convidar Vossa Excelência, juntamente com uma delegação do Vosso município, a visitar o concelho de Castro Verde, entre 1 e 4 de Maio.

Na certeza de que contaremos com a sua presença, solicito que nos indique, com a maior brevidade possível, o número de pessoas que constituem a comitiva do Vosso município, assim como as datas previsiveis para a estadia em Castro Verde.

Junto enviamos o programa provisório da visita, que terá início no dia 1 de Maio, pelas 18 horas.

Com os melhores cumprimentos


O Presidente da Câmara Municipal de Castro Verde

Fernando Sousa Caeiros

Venres 18 de Abril ás 20:00 h no Hotel NH Alfonso IX de Sárria

asociación cultural ergueitos
de sárria

Entrega do VIII Premio de Poesía
Fiz Vergara Vilariño



Prezada/o amiga/o

Un ano máis, unha nova edición do Fiz Vergara: unha nova entrega de Premio.

Gostarianos contar coa túa asistencia na entrega da 8ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que nesta edición gañou a poeta

Olalla Cociña.

Os actos comezarán ás 20:00 o venres 18 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sárria.

Haberá unha actuación de danza contemporánea (un solo da bailarina Carmela García - Premio á mellor bailarina no Cértame de danza de Madrid) e unha actuación musical.

Na entrega do premio intervirán Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño e Martín Veiga (xuris desta edición), Eduardo Valiña (artista plástico que cede a obra desta edición), o concelleiro de Cultura do Concello de Sárria, Xermán Arias, e eu mesma. O mantedor do acto será X.A. Neira Cruz.

Ao rematar o acto haberá unha cea no mesmo hotel (o prezo das tarxetas é 25 € )

Nesta ocasión tamén nos sería moi grato poder terte neste acto que anova en cada edición o noso labor de manter viva a memoria do Fiz e de facer medrar a árbore da poesía cun novo poemario anainado na casa da Espiral Maior.

Un saúdo.
María Casar.
Presidenta da A.C. ERGUEITOS


PS: Para confirmar a asistencia á cea podedes facelo mediante este enderezo de correo electrónico ou aos tlfs.: 678601550 (Maria) 667429225 (Xerardo)

Olalla Cociña Lozano naceu en 1979 en Viveiro. No 2000 obtivo o premio de poesía ‘O Facho’ outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome e no 2004 acadou o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Ten publicado os libros As cervicais da memoria (Premio de poesía ‘Avelina Valladares’ 2004) e aquí (intemperies) (colección 'Poeta en Compostela' Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG 2006). Tamén participou na antoloxía bilingüe Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005). Actualmente, mantén o blog www.reveladora.blogspot.com.


Amigos do Patrimonio de Castroverde apoia esta iniciativa


PREMIO HOME GALEGO POLA IGUALDADE

Estimadas/os amigas/os.

A Asociación Homes Galegos pola Igualdade quere outorgar o

“Primeiro Premio Home Galego pola Igualdade”

a un home

galego comprometido coa causa da igualdade.

Con esta finalidade estamos realizando un pequeno mostreo con

asociacións, entidades... comprometidas nesta loita pola igualdade,

como é a súa. Agradeceriámoslles neste sentido que nos remitiran

un correo coa seguinte información:

Con carácter histórico: Un home galego que merecera este

premio por ser pioneiro nesta loita.

Con respecto o 2007: Un home galego que mereza este premio

polo seu traballo nese ano e pequena xustificación da elección.

Sen dúbida a súa información nos axudará a conceder este premio

da maneira mais consesuada posible.

Moitas gracias e un saúdo moi cordial

Homes Galegos pola Igualdade

(*) Prégase enviar a información ao seguinte enderezo electrónico:
info@homesgalegospolaigualdade.org
antes do venres 16 de maio de 2008.


14 abril, 2008

Por terras Buronesas

Resume do roteiro desde: O Acebo-A Fonsagrada-
A Póboa de Burón- Córneas

Onte, sábado, día 12 de abril, fixemos parte do Roteiro polo Camiño Primitivo e outros lugares, que pasamos a resumir.

Comezamos visitando as seimeiras de Queixoiro, dúas seimeira ou fervenzas (cascadas, ou cataratas), que paga a pena visitar.

Logo fomos ata o Acebo, onde recentemente foron descubertos os restos do Comandante Moreno e outros fusilados. A seguir baixamos a Cabreira e, desde aquí fomos a Barbeitos. Neste percorrido, temos que salientar algunhas cuestións; puidemos percibir que as obras de remodelación da estrada (Lu-530), actual (630) están a afectar ao Camiño Primitivo. Pedimos desde aquí, a máxima prudencia para este Camiño. Outra cuestión que nos chamou a atención, entre Fonfría e Barbeitos, foi a limpeza que está a facer a compañía eléctrica que, nalgún punto afectou ao Camiño. Máis grave vemos a agresión dunha canteira ou areira, que está entre Barbeitos e Paradanova na marxe esquerda e, que recentemente, unha das “balsas”, por mor dunha fuga, afectou a un dos afluentes do río Lamas, en San Martín de Suarna, que é afluente do Navia. Chamamos á atención destas agresións.

Na Fonsagrada, guiados polo noso amigo Tino, a quen dámos as grazas desde aquí, que xa fixo de guía durante a mañá, visitamsos, novamente, o museo da Fonsagrada, que nesta ocasión á parte do que xa tiña de fondos, contaba nesta ocasión, coa exposición de Manuel Monteserín, un pintor que naceu na Allonquiña. Deste autor, chamounos a atención os seus autorretratos, bodegóns e paisaxes. Salientar deste museo o feito de recoller o máis significativo da súa historia, quen nos dera en Castroverde, contar con algo parecido.

Logo baixamos á Póboa de Burón, a antiga capitalidade da Fonsagrada, por onde ía e vai o Camiño Primitivo, dicir que a Póboa foi concello ata 1835.

De volta a Castroverde, algúns queriamso coñecer o teixo de Córneas do Concello de Baleira. Desde A Lastra baixamos a Córneas, pasando por Freixo, que aínda é da Fonsagrada, chamounos a atención a súa igrexa e este lugar que é a cabeceira doutros 16 núcleos, pequenos, de poboación. Son de salientar a cantidade de hórreos ,que aínda se conservan nestas parroquias, e en xeral, en toda a Comarca. Seguimos ata Córneas, parroquia esta, xa de Baleira, que conta cuns vintedous núcleos de poboación, nalgún deles con pallozas ata hai pouco. Salientar de Córneas a igrexa e un dos teixos máis valiosos de Galicia. (Ver fotos)

Nestes días de chuvia, do mes de abril de 2008.
Saúde e terra

Manolo Muñiz

VER IMAXES


"Escarabajo verde": Video-denuncia sobre O Courel en Internet

"O COUREL,
LA JOYA DE LA BIODIVERSIDAD GALLEGA"

Amigos do Patrimonio de Castroverde

apoia, como xa fixo noutras ocasións, a defensa do Courel frente as desfeitas das pizarreiras e a pasividade das autoridades, e de maior xeito das medioambientais.

Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.

Vídeo completo de "El escarabajo Verde" en internet:

Ollo !!!
Despois de premer en " Vídeo", busca debaixo da pantalla do visor :
"parte 1 - parte 2", e preme en calquera delas

Vídeo


Algunhas aclaracións ao Sr Conselleiro de Medio Ambiente:


- No Courel hai varias canteiras activas na Rede Natura.
- No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar na Rede Natura.
- Non sabemos de ningunha concesión anulada por a Xunta, dígannos cales.
- Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acaban de "regalarlle" unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e de 22 quilómetros, coa que están desfacendo metade da Serra.
- Mentres, a estrada dos veciños cara a Autovía, leva 5 anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado, de un total de 14, e case sempre está cortada.
- Están vostedes cometendo un erro histórico gravísimo, fíxense que falamos só de salvar un tercio do Courel.

Se queres gravar ou ver o vídeo con máis definición,

emítese os próximos días na en televisión:
Canal 24 Horas. VENRNES 11 de abril, ás 15h00 Internet
Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 12h30 Internet
Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 18h30 Internet
TVE Internacional (Europa/Asia). SÁBADO 12 de abril, ás 17h30 Satélite HorarioUTC + 1 TVE Internacional (America). LUNES 14 de abril, ás 00h30 Satélite. HorarioUTC + 1 TVE Internacional (América II). LUNES 14 abril, ás 02h30 Satélite. HorarioUTC + 1

Campaña de recadación de fondos para facer fronte a defensa legal do Courel:

-Agradecemos o esforzo económico e a molestia da xente que xa ingresou a súa apartación na conta de SOS Courel en "La Caixa" .
Para ver o nº de conta en
http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89

- Gracias a estas apartacións xa podemos facer fronte ao primeiro dos recursos en contra da Licencia Municipal de Actividade da canteira " La Campa".
- Os fondos recadados serán empregados unicamente na defensa legal do Courel.

- Tamén podes colaborar economicamente mercando o documental "Unha lousa sobre o Courel", producido por Mabel Rivera e dirixido por Enrique Banet, informarte en http://www.namchefilms.es/namchefilms_000022.html

Vídeo de mostra de
"Unha lousa sobre o Courel" :
http://es.youtube.com/watch?v=K9JWX48bzGU

Difunde e visita o vídeo de música e imaxes do Courel en Youtube,
o vídeo galego máis visto, con máis de 700.000 visitas
http://es.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

Saúdos
SOS Courel, 4 de abril de 2008 soscourel@mundo-r.com
Teléfono 607 22 58 87

09 abril, 2008

Solicitude de Amigos do Patrimonio de Castroverde para AGADER

AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE

solicitou

para estar en

AGADER

PROGRAMA LEADER DE GALIZA

2007-2013

da Consellería de Medio Rural.

Puxar aquí para ver O Programa AGADER


Uxío Novoneyra patrimonio de Galicia. Amigos do Patrimonio de Castroverde súmase a esta proposta

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010
PARA
UXÍO NOVONEYRA

(1930-1999)

[]

Varios amigos do poeta Uxío Novoneyra decidimos facer honra a seu legado literario e humanista reivindicando ante a Real Academia da Lingua Galega o
Día das Letras Galegas de 2010.
Con este fin, apelamos á cidadanía galega, e non só, que recoñece a súa obra e o seu pensamento como algo fundamental para abrir un debate ao redor deste inmenso escritor galego que foi Uxío Novoneyra. Pedimos a túa adhesión para que o 17 de maio de 2010 sexa homenaxeado dedicándolle o grande Día das Letras Galegas. Grazas.


Entra aquí para asinar en apoio á candidatura a prol de Uxío Novoneyra

04 abril, 2008

ROTEIRO Sábado, 12 de abril

O Acebo – A Fonsagrada ou A Póboa de Burón








Ás 9:00 h. Na praza do Concello de Castroverde. Desde aquí en autobús ata o Porto do Acebo. (Dependendo dos que se apunten)

Ás 10:00 h. (Aproximdamente) No Acebo

Percorrido: Porto do Acebo- Fonfría-Silvela-Paradanova e A Póboa de Burón ou Fonsagrada.

14:00 h.-14:30 h. Xantar. Nun restaurante da zona.

Para facilitar a organización:

Avisar antes do día 10 de abril, xoves.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Castroverde -Lugo-, a 3 de abril 2008

Asdo.: Manolo Muñiz

NOTA:

1.- Non sei como estará o camiño.

2.- Se non somos como mínimo entre 12 e 15 persoas, non levamos autobús, imos en coches particulares. Un terá que ir indo no cohe para recoller aos que non dean camiñado.


Breve historia dás terras de Burón e A Fonsagrada

Os abundantes e diversos testemuños arqueolóxicos localizados ata o presente nas terras do municipio dan fe da antigüidade da ocupación da zona e, talvez, da intensidade desta temperá ocupación. Testemúñano mámoas, un dolmen neolítico e numerosos asentamentos castrexos.
Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo.
A súa historia vira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acivro atravesando a vila da Fonsagrada, centro de devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nomee (Fons Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do municipio polo pobo de Paradavella. A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción dun hospital de peregrinos na aldea de Montouto a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto. O municipio da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formaron parte ata 1.835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentábaa a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1.200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1.480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.
Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1.833 e 1.847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.