Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

Mostrando entradas con la etiqueta Muiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muiños. Mostrar todas las entradas

23 febrero, 2014

RESUME - ROTEIRO POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de 2014

Hórreo de Berlán

   Neste sábado algo frío e húmido, á primeira hora da mañá que, ao longo do día foi mellorando, realizamos o percorrido por varios lugares da parroquia de Monte Cubeiro; a saber; Cubula/Cugula -  Sarceda - Castelo - Foxo – A Valiña – A Veiga – Maxide - Berlán - O Escouredo-  para voltar a San Cibrao. Nomes todos eles  suxestivos e que nos remontan a épocas castrexas, visigóticas e / ou xermánicas e que non nos imos deter no seu significado porque teriamos para un pouco.
Moisés na entrada de Maxide
Salientar que a pesar dos desastres que puido causar a concentración parcelaria, conservan todos estes lugares fermosos recantos de bosque autóctono, desde bidueiras, castiñeiros, carballos, abeneiros, etc. Mágoa que aflore, sobre todo nalgunhas zonas, o eucaliptal.
Achegaremos algunha foto e poderedes ver máis no blog.

http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo

25 enero, 2012

RESUME ROTEIRO DOS MUÍÑOS. RODINSO-ACEÑA DE LAXE-MOSTEIRO DOMINGO, 22 DE XANEIRO DE 2012



Neste domingo, algo frío de maña e, sobre todo con néboa que nos impediu visualizar as parroquias e aldeas de Castro Verde e Terras de Lugo, fixemos o percorrido do  roteiro dos muíños do poñente acompañados polos vecinos da Asociación Roteiros de Pol. Encotámonos en Castro Verde, vistamos, brevemene a igrexa de Vilabade, saíndo de Rodinso e, polo Grandón subimos en dirección a Pereira para subir a Nabeda e, se tivésemos un día luminoso poderiamos disfrutar de vistas sobre todo o val de Castro Verde, con Lugo ao fondo, ata as terras do Páramo,  O Corgo, Láncara... desde Nabeda a Teixeda, desde aquí por baixo de Teixeda ata o Campo de Eiladrán. Breve parada no Campo de Eiladrán; para baixarmos por debaixo do Gruñedo, subir ata Maceda. Desde Maceda a Vilarín podendo ver San Cibrao e de frente toda a Terra Chá, con Vilalba ao fondo. Desde O Vilarín baixamos novamente ao val do río Azúmara temos,  dicir que cruzamos varias veces diversas regos e fontes do comenzo deste río, para volvermolo encontrar á nosa esquerda, podendo ver de frente, A Cernada para irmos por debaixo do Escouredo ata as Cavozas e desde aquí por baixo de Berlán chegar á aceña da Laxe. Desde  A Acea de Laxe ao muíño do mazo, xa do concello de Pol e finalmente ata Mosteiro.

Saúde, Terra e Lingua
 
Manolo Muñiz

06 marzo, 2011

RESUME ROTEIRO MUÍÑOS DO POÑENTE: RODINSO-ACEÑA DA LAXE

Muiño de Luaces


Os asistentes ao roteiro ........
........e no muiño da Laxe
Neste sábado, algo frío de mañá, mais luminoso e agradable, fixemos o percorrido do derradeiro roteiro dos muíños acompañados polos amigos da Asoc. Arcas de Sarria, dicir que,  se o ano pasado comenzabamos por estas datas facendo os roteiros dos muíños,  este ano completamos o percorrdo. Saímos de Rodinso e polo Grandón subimos en dirección a Pereira para subir a Nabeda, pasado o Grandón xa puidemos disfrutar de vistas sobre todo o val de Castroverde podendo ver moitos lugares, con Lugo ao fondo, ata as terras do Páramo,  O Corgo, Láncara... desde Nabeda a Teixeda, facendo unha parada no cruceiro, desde aquí por baixo de Teixeda ata o Campo de Eiladrán, para baixarmos por debaixo do Gruñedo, subir ata Maceda. Breve parada en Maceda, desde Maceda a Vilarín podendo ver San Cibrao e de frente toda a Terra Chá, con Vilalba ao fondo. Desde O Vilarín baixamos novamente ao val do río Azúmara temos, que dicir que cruzamos varias veces diversas regos e fontes do comenzo deste río, para volvermolo encontrar á nosa esquerda, podendo ver de frente, A Cernada para irmos por debaixo do Escouredo ata as Cavozas e desde aquí por baixo de Berlán chegar á aceña da Laxe.
Dar as grazas aos de Arcas por ternos acompañado un ano máis e ata que nós lles poidamos volver a visita.

Castroverde, 5 de Marzo de 2011
Saúde, Terra e Lingua

Manolo Muñiz