Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

AXENDA de ACTIVIDADES, EVENTOS e CULTURA


Presentación do libro gañador do XIII Fiz Vergara Vilariño
___________________




________________________


RESERVA DA BIOSFERA: OS ANCARES LUCENSES

Estimados Señores:

Les informamos que el próximo jueves 26 de septiembre, a las 19:00 horas, tendrá lugar una nueva conferencia dentro de la programación de actividades que se están desarrollando en el Centro de Interpretación Terras do Miño, en el Paseo do Rato s/n.
Esta llevará por título “VALORES E POTENCIALIDADES DA RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES”, siendo la misma a cargo de Noelia Aira Touzón, Ana Isabel Fernández Pérez, Fernando García Fernández y Efrén Santín Castro, todos ellos formados como monitores-guía de la RB de Ancares, actuación contemplada en el Convenio de Colaboración que la Diputación de Lugo suscribió con el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente para apoyar el desenvolvimiento sostenible en las Reservas de la Biosfera.
El propósito de la conferencia es difundir los principales atractivos de la Reserva de los Ancares Lucenses al gran público, y subrayar que se trata de una región todavía por descubrir. La primera parte incluirá una presentación acerca de los monitores guía, seguida de una introducción basada en dar a conocer el significado de la figura Reserva de la Biosfera y por qué Ancares ha sido designada como tal. La segunda parte versará sobre el rico patrimonio natural y cultural presente en la región, haciendo especial hincapié sobre las interacciones hombre – entorno. Por último, una tercera parte más extensa, abordará una visión respecto a las potencialidades y oportunidades de futuro que tiene la zona, bajo la perspectiva de que un adecuado fomento y diversificación del turismo sostenible y la puesta en valor de sus recursos, contribuirían a dinamizar la economía local al mismo tiempo que a conservar su rico patrimonio.
Sin otro particular, y a la espera de que esta información sea de su interés, reciba un cordial saludo.

Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo

_______________





__________________________




Diálogos na Rede coa obra de Enrique Tenreiro no MPLugo e no Pazo de Tor


Inauguración. 18 de setembro de 2013, ás 20:00 horas, nos Xardíns do MPLugo.
Diálogo “vivo”
Quero propoñer unha intervención na que relaciono a miña obra escultórica e a miña faceta reivindicativa de problemas sociais para o proxecto Diálogos na Rede. Para o que poño en valor o labirinto do Museo Pazo de Tor con algúns obxectos museísticos de grande importancia que se encontran nos xardíns do Museo Provincial de Lugo que levan o nome da praza dos Fillos de Antón de Marcos.
Pretendo trasladar o espírito máxico do labirinto do Pazo de Tor aos xardíns do Museo Provincial do MPLugo. Unha instalación con un diálogo escultórico reivindicando a loita contra a violencia de xénero...

[Enrique Tenreiro]


______________





ACTIVIDADES PARA ESCOLARES NO CASTRO DE VILADONGA PARA CELEBRAR O DÍA DOS MUSEOS

  
Con motivo do Día Internacional dos Museos o sábado 18 de maio, ademais de celebrar de novo a Noite dos Museos co programa detallado que se acompaña, o Museo do Castro de Viladonga vén desenvolvendo unha serie de actividades para nenos de ensino infantil e primario que complementan a difusión e acción didáctica do centro.
Entre o 13 e o 16 de maio e os días 20 e 21 deste mes, teñen lugar oito sesións de monicreques e catro sesións de ilusionismo. As primeiras son postas en escena por  Titirimaña Teatro, de Pontevedra (Cuca Fernández e Isabel Gil), coa representación de “Perico o cangrexo”,  adaptación do conto da autora Amparo Gómez Cuerpo. O espectáculo de ilusionismo e maxia especificamente para o público infantil corren a cargo do coñecido Mago Rafa, de Lugo.
Igualmente, lémbrase que mentres duren os traballos de consolidación arqueolóxica que se levan a cabo no Castro, pódense realizar visitas guiadas para escolares nas áreas de intervención. Para facelo deberán concertar a visita con antelación nos teléfonos do Museo 982 314 255 ou 982 314 194 ou ben nos correos electrónicos museo.viladonga@xunta.es ou museo@aaviladonga.es. O material didáctico do Museo pódese descargar tamén no sitio web www.aaviladonga.es accedendo ás diferentes unidades de traballo a través dos apartados de Actividades e Acción Didáctica.


___________




EDITORIAL: Edicións Xerais
COLECCIÓN: Merliño
ILUSTRADORA: Marta Álvarez Miguéns


Por se podedes, este venres17 de maio (Día das Letras Galegas), presentaremos, ás 19:30 horas, na Feira do libro de Lugo (casetas na Praza Maior) este libro: O aprendiz de home do saco.
Acompañarame Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia.


→Se vos apetece, podedes ler algunhas críticas do libro aquí
Unha grande aperta:
                        Antonio Reigosa
                         http://www.galiciaencantada.com
                         tfno.. 655432511 

___________________

SEMANA DOS MUSEOS 2013 na REDE MUSEÍSTICA
Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a coñecer os programas de actividades rpevisas para aSEMANA DOS MUSESO 2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial.
Saúdos
      Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
        Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info@museolugo.org
             Museo Provincial de Lugo
             Praza da Soidade s/n
             27001 Lugo
             http://www.museolugo.org/
COR vicepresidenciacid:image003.png@01CD5466.DC860360

_____________________



____________________

 Día de Rosalía 
Acto organizado pola Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, o departamento de galego e a bilbioteca Fiz Vergara Vilariño




_______________________
_________________________________



_____________________



_________________________ 



 
 
09/01/2013
PRÓXIMA EXPOSICIÓN: Antonio Casares, investigador e reitor da modernidade no 200 aniversario do seu nacemento

Inauguración: mércores, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(desde o 16 de xaneiro ao 15 de marzo de 2013)
Entrada gratuíta
Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
27001 Lugo
Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
Científico e investigador nos máis diversos campos, docente reputado, escritor e tradutor de libros científicos de grande importancia e repercusión, divulgador, decano, reitor, cidadán comprometido coa súa terra... todas estas cousas foi o químico Antonio Casares Rodríguez, unha das figuras claves do século XIX galego.
Esta exposición pretende amosar e descubrir aos e ás visitantes unha figura aínda non moi ben coñecida. Centrándose na súa importancia capital como científico, a exposición mostra tamén o periplo vital daquel cidadán no contexto dunha Compostela e unha Universidade que el contribuíu activamente a modernizar.
___________________


________________

Programa deste mes


Fotos das xornadas de setembro






___________________



_____________________



_____________________________




_________________________


Celebración do centenario
do nacemento do
poeta Francisco de Fientosa




______________________


XII Premio de Poesía 
FIZ VERGARA VILARIÑO
2012

 

_____________________________________
Presentación do libro
“Assur”
de Francisco Narla




________________________________

Curso de Cine Social
Concello de Padrón


____________________________________________

 
III Andaina polo Concello de Manzaneda
Río San Miguel   A Medorra






__________________________________________


Actividades complementarias da exposición temporal “Os Castros Lucenses. 
Investigación e posta en valor”

  
Que terán lugar entre os días 6 e 12 de xuño de 2012 e que consisten na realización de 4 conferencias sobre varios xacementos castrexos lucenses representados na exposición, así como unha mesa redonda sobre actuacións arqueolóxicas similares levadas a cabo nas outras provincias galegas.
Todas as conferencias e a mesa redonda terán lugar na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo) ás 19’45 h.

Conferencias:
Mércores 6 de xuño
Yolanda Álvarez e Luis F. López  “Os castros de Castromaior (Portomarín) e Santa María do Castro (Cervantes)”.
Xoves 7 de xuño
Emilio Ramil González: “Os castros costeiros da Atalaia de San Cibrao (Cervo) e As Grobas (Ribadeo)”.
Venres 8 de xuño
Enrique Montenegro Rúa “O Castro de Corvazal e o monumento de Santa Eulalia de Bóveda: unha ocupación antiga do territorio”
Luns 11 de xuño
Gonzalo Meijide Cameselle: “O Castro de Formigueiros (Samos) e a singularidade dos seus achados”.
Martes 12 de xuño
Mesa redonda, moderada por Felipe Arias Vilas, coa participación de:
Xulio Rodríguez González: “O Castro e a vila romana de Santomé (Ourense)”.
Xosé Suárez Otero: “O Castro e santuario galaico-.romano do Facho de Donón (Cangas do Morrazo)”.
Nina Alvela Fernández: “Os castros de Rois: patrimonio e valorización social”.

________________________

V XORNADAS DO PEREGRINO- HOMENAXE A 
MANUEL LEIRAS PULPEIRO
Co motivo do 100 aniversario do seu pasamento.

RUTA TURISTICO- CULTURAL- ETNOGRAFICA 
“LEIRAS PULPEIRO”


As  Xornadas do Peregrino,  xurdiron a raíz da  visita da asociación “Abrindo Camiño”  a cidade do Vaticano e a  Roma fai cinco anos, organizada pola Agrupación Caminos de Europa.  Téñense celebrado en distintos concellos das Comarcas de A Mariña e a Terra Chá ( xa que na nosa asociación hai directivos de concellos desas comarcas).
Neste ano facemoslles coincidir coa celebración da XXII Romaría na Area Recreativa de A Fervenza de Viloalle, festa que organizaba a antiga Aso. Leiras Pulpeiro e que  xurdiu a raiz da recuperación desa zona, e que a actual aso. Abrindo Camiño (refundación da antiga aso. Leiras Pulpeiro) seguimos celebrando todolos anos en colaboración co Concello de Mondoñedo,  para tratar de  mantela nas mellores condicións posibles sobre todo na época de verán. No programa das V Xornadas, tratamos de facer un recordatorio homenaxe a Manuel Leiras Pulpeiro co gallo do  centenario do seu  pasamento e adicala como tódolos anos a unha aso. do Camiño Norte (niste ano a aso de Güemes-Cantabria e en especial o seu presidente Ernesto Bustio. Medalla de ouro do traballo na modalidade de cooperación Internacional e Premio Elías Valiña 2012 da Xunta de Galicia) e que ademais nos sirva para seguir reivindicando a Variante Marítima do Camiño Norte que discorre polas parroquias de Oiran , Masma e Viloalle no termo de Mondoñedo.

A Ruta Turistico-Cultural- Etnográfica “Leiras Pulpeiro”é un proxecto co obxetivo de axudar a dinamizar a cultura e o turismo en Mondoñedo e para poñer en valor unha serie de recursos etnográficos e paisaxísticos do barrio do Coto da Recadieira que tamén redundará en beneficio de tódolos mindonienses e visitantes que se poidan achegar a estes lugares (a ponte colgante sobre o río Tronceda, as antigas fábricas de electricidade “A Mindoniense” e os seus elementos ubicados na area recreativa de A Fervenza, a fonte de augas medicinais sulfurosas e o Castro da Pena do Unto). 




 RUTA  TURISTICO-CULTURAL-ETNOGRAFICA “LEIRAS PULPEIRO”
PROPOSTA DE ITINERARIO DA RUTA “LEIRAS PULPEIRO”

SAIDA DESDE  a Oficina de Turismo na Praza da Catedral- Rúa Progreso- Praza do Concello- Rúa Concepción- Rúa Pacheco- Rúa Leiras Pulpeiro (Casa Vital)- Praza de Jaime Cabot (Centro cultural do escritor)- Rúa Marina Mayoral- Avda San Lucas- Rúa Bispo Sarmiento- Rúa Bispo Guevara- Rúa Julia Pardo (Cemiterio Vello- panteón de Leiras Pulpeiro)- Avda Eladio Lorenzo- Barrio de San Lázaro- Coto da Recadieira
( Ponte Colgante sobre o río Tronceda- Area Recreativa de A Fervenza- Fonte de Augas Mediciñais-Castro da Pena do Unto)
VOLTA A MONDOÑEDO  por San Lazaro- Rúa do Camiño Norte- Rúa Pardo de Cela e Praza da Catedral

NECESIDADES DA RUTA:
 Confección de Tripticos divulgativos
Señalización da Ruta
Confección de Cartel  con deseño do croquis e fotografias mais relevantes:
Panel fotográfico na entrada da Ponte Colgante sobre o río Tronceda
Panel informativo na Fonte de Augas Mediciñais
Panel informativo no Castro de Pena do Unto
Carteis señalizadores o longo da Ruta…

Actuacións. Obras na Ruta Leiras Pulpeiro.

No entorno da Ponte colgante sobre o río Tronceda  e na Area Recreativa de A Fervenza:
 Limpeza e confección de escalóns de comunicación entre a Ponte colgante e a Area de A Fervenza. Colocación de barandillas e quitamedos.
Limpeza da Piscina Fluvial. Repaso de pinturas da barandilla e colocación dun tobogán. Posible colocación doutros elementos: columbios para os nenos, aparatos ximnásticos…etc
Amaño dos baños dos vestuarios e pintura antióxido dos ferros do merendeiro.
¿Posible posta en valor etnográfico da antiga fábrica de luz  “A Mindoniense”?

Fonte de Augas Mediciñais:
Limpeza do entorno e amaño da baixada a fonte. Adecentamento dos asentos entorno a fonte. Posible colocación de verxa ornamental.

Castro da Pena do Unto:
Limpeza do entorno con posible corta de eucaliptos e replantación doutros árbores ornamentais. Recuperación da cova de entrada o castro. Amaño e limpeza do camiño de comunicación da Fonte Mediciñal co Castro de Pena do Unto.

Avance de Programa V XORNADAS DO PEREGRINO

Datas de celebración 6, 7 e 8 de xullo de 2012.

Venres 6 de xullo. Mesa  Redonda:   “Manuel Leiras Pulpeiro”: A persoa, O médico dos pobres. O poeta. O Cantor de Galicia. O remate actuación da Coral Mestre Pacheco.

Sábado 7 de xullo.O Albergue do “Abuelo Peuto” en Güemes-Cantabria, un faro no Camiño Norte de Santiago.Recoñecemento-homenaxe a Ernesto Bustio Crespo.
Disertación sobre a sua labor en Güemes . Proxección audiovisual das suas vivencias e actuacións en distintos países do mundo.
O remate actuación musical.

Domingo 8 de xullo.
Inauguración e recorrido da Ruta Turistico Cultural e Etnográfica “Leiras Pulpeiro”.
O remate celebración da XXII Romaría na Area Recreativa de A Fervenza de Viloalle a carón do camiño Norte de Santiago.
 Misa na Capela da Ferrería de Viloalle na honra de Nosa Sra do Camiño oficiada por Ernesto Bustio.
O mediodia Xantar campestre amenizado por grupos de gaitas e celebración de Xogos Populares: Torneo da Chave por parellas e Xogos Acuáticos na Piscina Fluvial.


Luis Fernandez Ansedes     
Presidente da Aso. Abrindo Camiño de Amigos do Camiño Norte de Santiago. 

_______________________

VOARES DE ESPERANZA



Por 

Agustín Fernández Paz


Don Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de esperanza». Pombeiro de voares de esperanza!  A frase era o tal, pois desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós.
Nesas persoas están as nosas raíces, somos elos dunha cadea que vén de lonxe. Rosalía de Castro e tanta outra xente que traballou pola recuperación e o prestixio da lingua e da cultura conforman o ADN onde nos debemos recoñecer. Un ADN que ten algúns tramos da dobre hélice especialmente fértiles, coma o das Irmandades, semente das ideas que hoxe constitúen a nosa cerna: Galiza, célula de universalidade. A vontade de sermos unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas.
Non foron fáciles as épocas pasadas e tampouco non o son os tempos que nos toca vivir. Non é preciso reiterarmos aquí as agresións destes últimos anos, cunha boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas obsesionadas por esborrallar os avances que traballosamente foramos acadando. O seu obxectivo: facer do galego unha lingua socialmente invisible, que permaneza recluída no gueto e non acade un uso normalizado. Que o castelán sexa a lingua por defecto e o galego, a rareza, a lingua oculta. Tratala coma un bonsai ao que cómpre retallarlle as pólas que se obstinan en medrar máis do permitido.
           
 Que ilusos! Non coñecen as palabras do sociolingüista Colin Baker: «A substitución dunha lingua non é un proceso evolutivo natural. Alí onde a xente está determinada a manter viva unha lingua, parece imposible destruíla.» Non saben que as agresións nos fan máis fortes, que nos impulsan a ampliar o tamaño da nosa esperanza, que medra en nós a vontade de construírmos espazos de encontro e mais de unión.

Na súa novela 1984, George Orwell describe unha sociedade oprimida por unha minoría, onde a neolingua é o instrumento utilizado para construír a realidade deformada que lle interesa ao poder: baléiranse de significado as vellas palabras e énchense con outros que mellor conveñan. Como non lembrar a Orwell cando vemos como se retorce o significado de palabras como imposición, liberdade, bilingüe, normalización  ou, ultimamente, plurilingüe? Do mesmo xeito que a Policía do Pensamento obrigaba o protagonista da distopía de Orwell a aceptar que 2 + 2 = 5, a quen controlan os fíos do poder válelles todo para ofreceren unha falsa visión da realidade.

Contra as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración.

Do mesmo xeito que unha planta precisa dunhas condicións ambientais determinadas para medrar, tamén as necesita unha lingua que se encontre nunha situación minorizada, como lle ocorre ao galego. Por iso urxe crear as medidas precisas facer realidade un "nicho ecolóxico" favorable á lingua. Unhas medidas nas que nunca deben faltar dúas constantes: o exemplo práctico de que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións e a vontade de crear actitudes positivas cara á lingua. Para que na sociedade non haxa cidadáns de primeira e de segunda, deben crearse as condicións para que se poida vivir en galego con normalidade. Cousa que hoxe non ocorre, como constatamos día tras día.

Como ten reiterado Xabier Do Campo, «nós non mentimos». Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas. Con alegría, desmontando na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego. Porque amamos e defendemos a pluralidade lingüística, xaora que si, mais non a costa de deixar arrombada a nosa lingua no faiado.

Somos conscientes do labor que nos agarda. Mais tamén sabemos que paga a pena empregar todas as nosas enerxías nel, e que non hai lugar para o desánimo. Como escribiu Bertolt Brecht, nos anos da longa noite de pedra que asolagaba Europa: «Quen aínda estea vivo non diga “xamais”. / De quen depende que siga a opresión? De nós. / De quen que remate? De nós tamén. / Pois os vencidos de hoxe son os vencedores de mañá / e o xamais convértese en hoxe mesmo.»

Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une.


__________________________________________


DÍA DA DIVERSIDADE NATURAL E CULTURAL







______________________________________________



II CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO





__________________________________________________

 


II CONCURSO DE RELATOS CURTOS



 
____________________________________________


A NOITE DOS MUSEOS



 
_________________________________________


Con esta iniciativa preténdese recadar apoio popular para conseguir que Google adique o seu logo do 17 de maio de 2012 a Valentín Paz Andrade


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalía llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), lembra deste xeito aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente”.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Este ano 2012 vai estar adicado a Valentín Paz Andrade, avogado, empresario, político, poeta e xornalista.
Nacido en Lérez (Pontevedra) no ano 1898, Paz Andrade escribiu en galego e castelán ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. Como poeta pertenceu á Xeración de 1925.
Para facerlle ver a Google o apoio popular a esta iniciativa, pedimos a vosa firma.
Gracias de antemán.
Al firmar la petición estarás enviando esta carta
Destinatario: Google España



______________________________________________________________



________________________________________________________

__________________________________________________


________________________________________________


___________________________________________________

Festa en Castroverde



Os avós de Castroverde celebraron odía 29 do pasado mes de Abril a súa comida anual no pavillón polideportivo. Estes actos sempre son bos lugares para o reencontro e para gozar de agradable compañía. Houbo unha nutridísima concorrencia.

 
______________________________________
 
Escritor de Castro Verde, de Portugal,
 publica duas novelas
Napoleão Mira, de Entradas, Castro Verde de Portugal é o autor de duas novelas que levan por título "O sul" e "Fado". Este amigo, que veu o ano pasado en agosto aos actos dos IRMANDAMENTOS, fala na primeira novela das xentes de Castro Verde, que ben podía ser o noso. Recollemos aquí neste vídeo algúns momentos do acto de presentación dese libro Ao Sul ( o que fala é o amigo Mira).





A mediados de abril,  o amigo Napoleão Mira  volveu  publicar un libro máis; "Fado". Nel,  fai unha referencia á  persoa do noso Presidente, aínda que fala dun Manuel Besteiros Pereira, como pódese ver na páxina 172,  inda que o Presidente chámese Manuel Muñiz Besteiro.
É unha homenaxe, ao fado, canto típico portugués, unha homenaxe a Amalia Rodrigues, unha homenaxe aoso homes que tiveran que emigrar e / ou fuxir da miseria de Portugal e, podiamos dicir o mesmo de Galiza e de España, unha homenaxe á revolución dos cravos da que cumpríronse este ano 38 anos.
____________________

Recital de Poesía
"Amores e clamores con Isaac Díaz Pardo", 
Galería Sargadelos de Lugo. 
3 de maio ás 20:00h



No hay comentarios: