Foro de divulgación e defensa do Patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental, e das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
Mostrando entradas con la etiqueta Roteiros 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roteiros 2014. Mostrar todas las entradas
04 agosto, 2014
VIAXE ÁS FRAGAS DO EUME, MOSTEIRO DE CAAVEIRO, CASTELO DE ANDRADE
Esta viaxe que en principio estaba proxectada á península de Bezoucos tivo que variar de percorrido debido á choiva, realizando as visitas ás que aludimos.
Comenzamos pola visita ao Mosteiro de Caaveiro situado na parroquia da Capela, no concello do mesmo nome na comarca do Eume.
O mosteiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías, eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiado de Compostela.
Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do século XVIII.
Comezamos a visita pola capela de Santa Isabel de orixe románica para continuar visitando as diferentes estancias, cociña, sala capitular, etc.
Salientar o fermoso enclave do mosteiro, situado entre os ríos Eume e Sesín, pola ponte da Estrela, sobre o río Sesín accedíase antigamente ao mosteiro.
Logo da visita ao mosteiro, visita ao centro de interpretación e visualización dun vídeo que nos falaba da vexetación e fauna das fragas.
Pola tarde; visita ao Castelo dos Andrade que garda moitas similitudes coa torre de Castro Verde, segundo observamos varios, tendo unhas medidas mesmo similares na altura, 20 m. Algo similar podiamos facer na nosa Torre - Fortaleza, ao menos sería un bo motivo para atraer visitantes, convidamos a todos e todas que non o coñezan que realicen unha visita para ver o que se pode facer coa nosa Torre.
A seguir visita ao Mosteiro de Monfero que é de orixe medieval situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso.
A igrexa lémbranos a dos mosteiros de Sobrado ou de Samos, aínda que todas elas diferentes.
Agradecemos a Quique que nos organizara estas interesantes viaxes ás terras eumesas.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER ALGUNHAS IMAXES:
Etiquetas:
Roteiros,
Roteiros 2014
23 febrero, 2014
RESUME - ROTEIRO POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de 2014
Hórreo de Berlán |
Neste sábado algo frío e húmido, á primeira hora da mañá que, ao longo do día foi mellorando, realizamos o percorrido por varios lugares da parroquia de Monte Cubeiro; a saber; Cubula/Cugula - Sarceda - Castelo - Foxo – A Valiña – A Veiga – Maxide - Berlán - O Escouredo- para voltar a San Cibrao. Nomes todos eles suxestivos e que nos remontan a épocas castrexas, visigóticas e / ou xermánicas e que non nos imos deter no seu significado porque teriamos para un pouco.
![]() |
Moisés na entrada de Maxide |
Achegaremos algunha foto e poderedes ver máis no blog.
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo
VER REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/ROTEIROPORDIVERSOSLUGARESDAPARROQUIADEMONTECUBEIRO?authuser=0&feat=directlink
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/ROTEIROPORDIVERSOSLUGARESDAPARROQUIADEMONTECUBEIRO?authuser=0&feat=directlink
Etiquetas:
Muiños,
Patrimonio de natureza,
Roteiros,
Roteiros 2014
02 febrero, 2014
ROTEIRO POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de 2014
ROTEIRO
POR DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE MONTE CUBEIRO, sábado, 22 de febreiro de
2014
Ás 9:30 h.: En Castroverde ao lado do Pereira.
Ás 10:00 h.: Comenzo da camiñada Monte Cubeiro ou Cugula.
Percorrido: por lugares de Monte Cubeiro – Cubula/Cugula - Sarceda - Castelo - Foxos – A Valiña –Báscuas ou A Veiga-Maxide-Berlán- O Escouredo- Percorrido aproximado duns 14 Km., mais podemos adaptarnos ao que decidamos.
Ás 14:00 h.-14:30 h. Xantar
Comunicalo antes do día 19 de febreiro, no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.
Prezo, aproximado, da viaxe (5 €) + xantar (15 €) aproximdamente.
Saúdos.
Manolo Muñiz
Etiquetas:
Comunicados,
Patrimonio de natureza,
Roteiros 2014
08 enero, 2014
VISITA Á CIDADE DE A CORUÑA: SÁBADO, 18 DE XANEIRO DE 2014 - MUSEOS MACUF e MUNCYT
Ás 8:45 h.: En Castroverde ao lado do Pereira.
Ás 9:15 h.: Ronda da Muralla, Edificio de Sindicatos,
Ás 9:30 h. : Derradeira recollida na Avda. de A Coruña (Gasolineira San Rafael)
Ás 11:00 h. : Visita ao MACUF (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural
Fenosa)
Ao remate visita á zona vella de A Coruña, se se pode visitaremos A Casa do Concello de A Coruña
Ás 13:00 h., visita guiadada; ou ben ás 17:00 h. Visita libre, ao MUNCYT – (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología)
Arredor das 14:30 h. Xantar
Pola tarde: Se queda tempo, visita á zona da Torre de Hércules e Monte de S. Pedro
Ás 19:00 h. Regreso.
Comunicalo antes do día 11 de xaneiro, no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.
Prezo, aproximado, da viaxe (5 €) + xantar (15-20 €, arproximadamente)
Bo Ano 2014!
Saúdos.
Manolo Muñiz
NOTA ACLARATORIA: SE NON HAI, MÍNIMO, VINTE PERSOAS, NON HAI VIAXE.
Información para chegar aos museus:
Museo de Arte Contemporáneo
Avda. de Arteixo 171
15007 A Coruña
www.mac.gasnaturalfenosa.es
MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Tlf.: 900 100 134
Plaza del Museo Nacional nº1, 15011 A Coruña
Horario de invierno: Martes a Viernes de 10 a 17h, Sabados de 11 a 15h y de 17 a 19h y Domingos de 11 a 15h

Rotas entre museos en autobus
Rotas entre museos a pe
Museo de Arte Contemporáneo
Avda. de Arteixo 171
15007 A Coruña
www.mac.gasnaturalfenosa.es
MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Tlf.: 900 100 134
Plaza del Museo Nacional nº1, 15011 A Coruña
Horario de invierno: Martes a Viernes de 10 a 17h, Sabados de 11 a 15h y de 17 a 19h y Domingos de 11 a 15h
Etiquetas:
Comunicados,
Eventos_congresos...,
Patrimonio_cultural,
Roteiros 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)