Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

26 enero, 2014

Actividades que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño durante os tres primeiros meses deste ano

Estimados amig@s:

Informámoslles que onte día 22 de xaneiro, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, anunciou as actividades que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño durante os tres primeiros meses deste ano. Trátase dunha programación gratuíta e aberta á participación de persoas de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer a todos os lucenses.
Podemos destacar que esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o pasado ano, ás que hai que sumar as preto de 400 que se achegaron a coñecer as instalacións do Centro de Interpretación. A Deputada salientou que a intención é continuar traballando “nesta mesma liña, facendo de Terras do Miño un centro de referencia en educación e concienciación ambiental, difundindo os valores medio ambientais da provincia dun xeito divertido e para todos os públicos”.

O calendario das actividades programadas é o seguinte:

Conferencias:

- O día 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia “Fungos medicinais: usos ancestrais e novas perspectivas” a cargo do Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso.
- O 20 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Experiencias de participación social na xestión territorial”, a cargo de Antonio Ventura Figueroa.
- O 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Andrea Macho Benito falará acerca do “Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.

Actividades para adultos:

- O 8 de febreiro desenvolverase unha xornada fabricación de niños, a partir de simples caixas, en horario de 10:00 a 14:00 horas no Centro de interpretación Terras do Miño. O 7 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño celebrarase “Conservación dos valores naturais e paisaxísticos na Reserva da Biosfera Terras do Miño, mediante a promoción dos sistemas alimentarios locais”.
- O 8 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, desenvolverase o “Curso introdutorio de agricultura ecolóxica nas labores invernais”.

Actividades para familias:

- O 22 de febreiro desenvolverase unha ruta de integración na flora e na fauna do Paseo do Río Rato, e o 22 de marzo celebrarase outra ruta esta vez no entorno lucense da Reserva da Biosfera.
Todas as actividades son gratuítas, malia que as prazas son limitadas por cuestións de aforo, polo que para participar será necesario inscribirse previamente.

Máis información e inscricións na web www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982-22-78-12.
 Desexando que esta información sexa do seu interese, reciba un cordial saúdo.
 Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables.
Deputación de Lugo.

Exposición Olería Tradicional de España: Medidas do viño

Mércores, 15/01/2014 - Sábado, 15/03/2014
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) De martes a sábado de 16:30 a 20:30 horas 


O día 15 de xaneiro ás 19:00 inaugúrase a exposición Olería tradicional de España - Medidas do viño, que estará aberta ata o 15 de marzo no horario habitual do MIHL.

Trátase dunha exposición singular que está composta por un cento de pezas orixinais, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño. Esta é a única colección destas características que existe en España e que é propiedade do Equipo Adobe, importantes coleccionistas de oleria tradicional, que no 2013 foron finalistas na modalidade de investigacion dentro dos Premios Nacionais de Cerámica e que nas últimas décadas levan inventariadas máis de 5.000 pezas de olería.

http://www.lugo.es/ws/documentos/2014/Exposicion_Oleria_tradicional.pdf

19 enero, 2014

RESUME DA VISITA AOS MUSEOS DA CIDADE DE A CORUÑA E PRESENTACIÓN DO GUÍA DA VISITA X.Mª GÓMEZ VILABELLA , SÁBADO, 18 DE XANEIRO DE 2014

Asistentes ás visitas aos museos da Coruña

Presentación

Polos seus froitos coñecerédelos! ¿E qué mellores froitos cós derivados de coidar do seu Patrimonio, do local, e por engado, estudar o do próximo, estea próximo ou non! Dos veciños tamén se aprende…, dicíase naquelas escolas antigas, nas que tan pouco material había para aprender, para estudar, para saber!

 Aquí os tedes, aquí os temos, no MACUF da Coruña, nada menos que diante dunha escultura de Paco Pestana. ¡A onde non cheguen os de Castroverde! Aínda así faltaban moitos, tal que o noso “Gaiteiro” titular, Pablo Castedo; e tamén, o que falta sempre non faltando nunca, José Enrique Villarino, ese home invisible que nos fai visibles, desde tempo inmemorial, no magnífico blog desta Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde. ¿Qué foi de Muñiz Besteiro, noso insigne, incansable, Presidente? ¡Outro invisible, pois as cámaras, aínda que tamén se poden manexar de programadas, non é igual!

O día era malo, invernío, pero esta Asociación non envellece: ¡é patrimonial, e por ende, patriarcal, dura e madura!

Patrimonio = Patrimonium = res patria = res familiaris = ¡O noso, lexitimamente herdado, lexitimamente adquirido, e por ende, conservado!

Coruña dinos moito aos de Castroverde, e non só nestas cuestións museísticas, actuais, da Arte Contemporánea. Arte, sumada con audacia, decisión, xenerosidade, tamén o foi, ¡in excelsis!, a daqueles artistas, nosos avós, que, abandonando as nosas, verdes, praderías, ata aquí viñeron, e non precisamente en cómodos buses, senón de mil maneiras, cada quen segundo puido, para embarcarse, pola Mar Tenebrorum adiante, dispostos a descubrir América, que para eles seguía inédita, sospeitada pero descoñecida, coa ilusión, co propósito, de volver ricos…, ou non volver! Aquilo tamén foi patrimonial pois a eles lles debemos, entre outros bens, a redención dos foros, que veu a ser a nosa liberación, fuxir do feudalismo para asomarnos ao modernismo actual. ¿Arte moderna? ¡Si, pero grazas aos artistas vellos, que souberon converter suor e bágoas en divisas, nesas divisas que nos levaron aos tractores actuais!

Xosé María Gómez Vilabella



Resume da visita

MUSEOS MACUF, MUNCIT e MUSEO DE BELAS ARTES

Boa noite! 

Neste sábado chuvioso visitamos estes tres museos.
Arredor das 11:00 h. comezamos visitando o MACUF (Museo de Arte Contemporánea) da man de Carmen, comenzando pola fotografía e escultura contemporánea onde salientarmos algunhas das obras, como poden ser as ondas do mar achegándonos diferentes pinturas de cadros, a fotografía dun parque ou a fotografía de Joan Fontcuberta que sobre un cadro de Munch realiza unha impresión cromoxénica sobre papel, e o que nos parece unha foto dunha paisaxe non tiña nada que ver  ou pouco coa realidade. Nesta primeira e ampla sala onde non aparecen persoas, senón sempre paisaxes diferentes. Nesta mesma sala mirando a un xardín aparecen tres ou catro esculturas de artistas contemporáneos onde salientaremos a do noso artista, socio e membro da xunta directiva, Paco Pestana, unha homenaxe á terra, concretamente ao cultivo da vide. Seguidamente pasamos á sala de pintura onde varios artistas por medio dos cambios de tonalidades das diferentes cores conseguen obras de arte, sexa sobre papel, madeira, ou coa pintura mesma… Seguidamente unha grande sala dedicada ás Mitoloxías de Manuel Vilariño.

Rematada esta visita trasladámonos ao MUNCYT- (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Antes de máis nada temos que agradecer ao Sr. Vilabella, Socio de Honor da asociación,  que nos acompañara na visita a estes dous museos e que tivese a amabilidade de convidarnos a un café ou viño e,  que nos serviu para coller forzas para a nova visita, grazas de verdade Xosé María. Como diciamos, ás 13:00 h. visitamos este interesante museo, con sete salas de exposición, e onde se pon en valor o noso patrimonio histórico, onde nos despertan o  noso interese polas ferramentas do progreso e futuro.Sala miscelánea, dous robots, dannos a benvida á sala “Nos esse quasi nanos, gigantium humeris insidentes”, para pasarmos á sala de pezas relevantes polas súas dimensións e importancia histórica, desde un alambique (S. XVIII), a lanterna da Torre de Hércules (mediados S. XIX), unha pianola, o primeiro acelerador de partículas en España (1957) ou o primeiro ordenador que chegou a España (1959) que ocupaba diversas plantas e que tiña menos memoria ca un teléfono móbil de hoxe en día. Sala de diversas etapas do século XX, pero sobre todo a sala Iberia, coa parte frontal do Jumbo Lope de Vega, que en 1981 trasladou, de Nova Iorque  a Madrid, o lenzo Guernica de Picasso. Visitamos o seu interior que ten 12 metros de altura, 7 de ancho e 14 de longo, repetimos, só a parte frontal. Explicación das diferentes partes dun avión, concretamente unha turbina do Boeing 747, un corte da á, un GPS, un radar, as caixas negras… Aínda que non deu tempo a ver todas as salas, recomendamos a visita, incluso con e para os escolares.

Pola tarde; no Museo de Belas Artes da Coruña  visita a varias esculturas de diferentes artistas, Acisclo Manzano, Cristino Mallo ou Paco Pestana, que nos fixo de guía e que agradecemos as súas explicacións. Visita a “Confluencias” de Xaime Quesada, pai e fillo; diversas salas con pinturas de diferentes séculos, ata a sala onde son de salientar artistas como Luís Seone, Colmeiro, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo… para rematar coa visita aos gravados de Goya.

Saúde, Terra e Lingua.

Manolo


Nota ao pe da páxina:

Grazas Xosé Mª polas túas verbas tan cheas de cariño e amistade. Tes razón. Son o home invisible, máis cheo de honra de poder traballar neste blog da Asociación para Asociación e, aínda máis, de poder traballar polas persoas que compoñen esa familia castroverdense. Traballar no blog é traballar para que as terras de Castroverde sexan visibles polo mundo adiante. Grazas a todos por deixarme facelo mentras teña forza e por poder dar conta do amor que lle teño a esa terra, aos seus paisaxes, e o mellor, ao seu paisanaxe, ás súas boas xentes. Estou lonxe en kms, más hoxe os adiantos facen que poda estar cerca de vosoutros, cerca da terra. Saúdos a Pablo Castedo, colega da mili fai xa un bo feixe de anos.

Unha forte aperta para todos,
José Enrique Villarino Valdivielso.
__________________

VER REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/ViaxeAosMuseosDaCoruna18012014?authuser=0&feat=directlink

Conferencia Internacional "Alcornocales y sector corchero" (22-23 enero)

Exemplar de Quercus suber


El Programa de la Conferencia Internacional “Alcornocales y sector corchero”, organizada por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través de la Fundación Biodiversidad, se encuentra disponible para consulta aquí

El objetivo del encuentro es generar un espacio de intercambio de conocimiento sobre las potencialidades del ecosistema del alcornocal.

El evento se desarrollará los días 22 y 23 de enero de 2014 en Madrid, en la sede del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Serrano 117.
Es aconsejable tramitar la inscripción -gratuita aunque limitada hasta completar el aforo- a través de la página web con el fin de prever los idiomas a los que se traducirá la conferencia.

Al evento está previsto que asistan más de 300 participantes entre representantes gubernamentales nacionales y europeos, científicos y expertos gestores, asociaciones empresariales y empresarios y agentes sociales involucrados en la gestión del alcornoque.

14 enero, 2014

ACTO DE HOMENAXE A BENXAMÍN CASAL. Círculo das Artes. 17 de Xaneiro ás 20 h


17 e 24 de xaneiro: XORNADAS "CARA UNHA NOVA CULTURA DA ECONOMÍA SOSTIBLE"


ADEGA organiza para os días 17 e 24 de xaneiro, ás 20 horas, as xornadas “Cara unha nova cultura da economía sostible” que terán lugar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Serán unhaconferencia e unha mesa redonda nas que se tratarán diversos aspectos sobre a relación entre a Economía e o medio ambiente e as novas formas de xestión que se están a promover na dirección da sostibilidade.
A Economía do Ben Común

O venres 17 de xaneiro, exporá a idea deste novo movemento Javier Goikoetxea, vogal de empresas da Federación española para o fomento da Economía de Ben Común. A iniciativa está a espallar un modelo económico no que as mesmas empresas se corresponsabilizan das súas accións, e non unicamente en base aos beneficios económicos para os seus accionistas, senón tamén con miras ao beneficio que achegan á sociedade. Actualmente xa forman parte deste proxecto numerosas empresas europeas.

O sistema eléctrico, a tarifa eléctrica
A tan odiada tarifa eléctrica e o seu sistema de fixación de prezos  e as posibles solucións para o consumidor de enerxía serán abordadas o venres 24 de xaneiropor unha mesa redonda composta por:

-Adrián Dios, autor dunha tese sobre o sistema eléctrico;
-Iria Aguete, voceira da asociación de consumidores ADICAE;
-Pablo Álvarez, presidente da cooperativa verde de consumo enerxético,  “A Nosa Enerxía”.

As súas intervencións e as do público asistente serán moderadas por Manuel Soto, profesor da Universidade da Coruña e membro de ADEGA, co obxectivo de tentar comprender o actual panorama enerxético e atopar solucións.

08 enero, 2014

Actividades na Casa das Insuas en Rábade os vindeiros 10 e 11 de xaneiro

El Martes 7 de enero de 2014 14:12, RB Terras do Miño escribió:
Estimados amig@s,
Como continuación o ciclo de actividades de inverno organizadas pola Deputación Provincial de Lugo coa colaboración da Casa das Insuas, AGCT, Numenius e Concello de Rábade, os vindeiros 10 e 11 de xaneiro no C.E.N Casa das Insuas en Rábade, seguiremos a desenvolver as xornadas "CONSERVACIÓN E  XESTIÓN DOS VALORES NATURAIS NA  R.B DE TERRAS DO MIÑO: O PAPEL DA CUSTODIA DO TERRITORIO" a través de dúas quendas que tratarán respectivamente sobre a conservación e xestión da flora e fauna e sobre producción láctea e conservación da natureza.
O programa a desenvolver será o seguinte:
 
Venres, 10 de Xaneiro de 2014
CONSERVACIÓN E XESTIÓN DA FLORA E FAUNA NA R.B. DE TERRAS DO MIÑO
17:00 h. A flora ameazada na RB de Terras do Miño. G. Botánica-IBADER/USC
17:30 h. As aves dos medios agrarios na RB de Terras do Miño. AGCT-Numenius
18:00 h. Situación do mazarico real na RB de Terras do Miño. Asoc. Numenius
18:30 h. Pausa café
19:00 h. Debate: ¿Pode axudar a custodia do territorio a conservar a flora e fauna ameazada da RB de Terras do Miño?. G. Botánica-IBADER/USC, Asoc. Numenius, Dir. Xeral Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.
 
Sábado, 11 de Xaneiro de 2014
PRODUCCIÓN LÁCTEA E CONSERVACIÓN DA NATUREZA NA TERRA CHÁ
10:00 h. Cambios no uso do solo nas últimas décadas na Terra Chá. Laborate-IBADER/USC
10:45 h. Principais efectos negativos da producción láctea intensiva sobre as aves: O caso da Terra Chá. AGCT, Numenius
11:30 h. Pausa café
12:00 h. Producción láctea sostible. CIAM
12:45 h. PDR, producción láctea e conservación da natureza. Direc. Xeral de Desenvolvemento Rural
13:30 h. Xantar
16:00 h. A visión das ganderías ecolóxicas. Arqueixal, Gandeiría Codesal e Granxa Bértolo
17:30 h. Documental “Tetas caídas”. VSF-euskadi
17:30 h. Debate: Producción láctea compatible coa conservación, é posible?
A inscrición para as mesmas farase a través do enlace: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/casadasinsuas2013.html
Un saúdo.
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo

Curso construción de caixas niño


O sábado 18 de xaneiro realizaremos unha xornada de construción de caixas niño para aves e refuxios para morcegos.

10:00. Aves e caixas niño. Óscar Rivas - AGCT-Numenius
10:30. Morcegos e refuxios artificiais. Roberto Hermida - AGCT-Drosera
11:00-14:00. Construción e instalación de caixas. Martiño Cabana - AGCT

C.E.N. Casa das Insuas, Rábade
Inscricións en www.deputacionlugo.org (http://goo.gl/KaECU6)
Máis formación en: custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfn: 630948293

Unha aperta,
A Xunta Directiva da AGCT
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
________________________________________

VISITA Á CIDADE DE A CORUÑA: SÁBADO, 18 DE XANEIRO DE 2014 - MUSEOS MACUF e MUNCYT

Ás 8:45 h.: En  Castroverde ao lado do Pereira.

Ás 9:15 h.:   Ronda da Muralla, Edificio de Sindicatos,
Ás 9:30 h. : Derradeira recollida na Avda. de A Coruña (Gasolineira San Rafael)
Ás 11:00 h. : Visita ao MACUF (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural
                      Fenosa)
Ao remate visita á zona vella de A Coruña, se se pode visitaremos A Casa do Concello de A Coruña

Ás 13:00 h., visita guiadada;  ou ben ás 17:00 h. Visita libre,  ao  MUNCYT – (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología)

Arredor das 14:30 h. Xantar

Pola tarde: Se queda tempo, visita á zona da Torre de Hércules e Monte de S. Pedro

Ás 19:00 h. Regreso.

Comunicalo antes do día 11 de xaneiro,  no teléfono: 659523960 ou no correo electrónico, por motivos de organización e xantar.

Prezo, aproximado, da viaxe (5 €) + xantar (15-20 €, arproximadamente)

Bo Ano 2014!
Saúdos.
Manolo Muñiz

NOTA ACLARATORIA: SE NON HAI, MÍNIMO, VINTE PERSOAS, NON HAI VIAXE.


Información para chegar aos museus:


Rotas entre museos en autobus



Rotas entre museos a pe


Museo de Arte Contemporáneo
Avda. de Arteixo 171
15007 A Coruña
www.mac.gasnaturalfenosa.es

MUNCYT,  Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Tlf.: 900 100 134
Plaza del Museo Nacional nº1, 15011 A Coruña
Horario de invierno: Martes a Viernes de 10 a 17h, Sabados de 11 a 15h y de 17 a 19h y Domingos de 11 a 15h