Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

31 mayo, 2010

Catro Asociacións participaron no roteiro o 29/05/2010

Diante do Mosteiro de Samos

Agrupación Instrutiva Caamouco (Redes), Arumes do Corgo, Arcas de Sárria e Amigos do Patrimonio

BREVE RESUME ROTEIRO

TRIACASTELA – SAMOS E VISITA A SARRIA.

O sábado, 29 de maio, tivo lugar o encontro anual, das Asociacións; Agrupación Instrutiva Caamouco (Redes), Arumes do Corgo, Arcas de Sárria e Amigos do Patrimonio.

Este ano correspondíalle organizar o encontro destas asociacións a Arcas de Sárria, o encontro tivo lugar en Samos e, seguidamente, de camiño a Triacastela, visita ao pazo de Lusío, coa explicación, de Xaime Félix, a quen lle damos as grazas por todas as súas explicacións e preocupacións ao logo do día e, que non imos comentar aquí, simplemente aludir á importancia deste enclave, berce de matemáticos, entre outros, salientar ao matemático Vázquez Queipo.

Desde aquí a Triacastela, comenzando a visita pola igrexa de Santiago, foto de grupo frente ao monumento a Santiago e comenzo do camiño que, entre Triacastela e San Cristovo do Real vai paralelo á estrada de Pedrafita do Cebreiro a Palas de Rei, polo que nese primeiro treito houbo que camiñar en ringleira, pois é estrada moi transitada polos camións que van para a cementeira do Oural, e por numerosos peregrinos. Dicir que levamos á esquerda o río Sárria pasamos pola PENA PARTIDA e a PONTE DE ALMIRÓN para volver a cruzar o río na fermosa aldea de SAN CRISTOVO, e xa na marxe dereita do río seguiremos por unha corredoira ata perto do Muiño de RENCHE. Despois de subir unha pequena costa chegamos á igrexa de Santiago de Renche, seguen uns metros pola estrada, e collemos outra baixada cara o río , que se atravesa na Ponte de LASTRES. Pasamos por esta aldea e por zona de fermosos prados chegando ao lugar de FREITUXE REAL, e cruzando de novo o río na Ponte de San Martiño do Real, subida ata a estrada , que se atravesa por un paso soterraño, e polas cortiñas de fóra da "Chousura", deixando á dereita a alta cerca do Mosteiro, desde aquí temos unha fermosa vista do MOSTEIRO DE SAMOS, chegamos a Samos por Outeiro e o barrio do Fontao e, desde aquí visita a capela do ciprés, onde nos valeu para xuntarnos, explicación de Xaime Félix do nacemento deste enclave e da vila de Samos e, seguidamente, foto de grupo nas escaleiras do Mosteiro e xantar.

Logo de comer intercambio de agasallos entre as Asociacións e a seguir unhas palabras de Xurxo, presidente de Arumes, onde comentou que para o vindeiro ano, serán eles os que asumen a organización, tamén Cacabelos, da Asoc. Instrutiva de Caamouco fixo referencia ao centenario (case nada, cen anos) que esta agrupación vai celebrar.

Pola tarde, visita ao Mosteiro de Samos e ao Mosteiro da Madalena de Sárria, despedida aos de Caamouco (Redes) e, a seguir vista á zona vella e Malecón Sárria.

Comentar que mentres se realizaron estas visitas, unha representación de Arcas, Arumes e Amigos do Patrimonio subimos á Parroquia do Hospital do Cebreiro, onde se estaba a render unha Homenaxe ao Padre Mato, facendo a entrega duns agasallos, dirixíndolle unhas palabras con motivo da celebración dos seus 27 anos de cura na montaña. Non imos facer aquí referencia ao acto, porque non era o noso compromiso de hoxe, simplemte, sumarnos á Homenaxe que, por outra parte podemos ver hoxe referencia na prensa.

Saúde. Manolo Muñiz


O VENRES, 28 DE MAIO EN CASTROVERDE.

XORNADA DE TECNOLOXÍA,
AXENDA 21


ENTRE OS ACTOS DA MAÑÁ, SALIENTAR UN ROBOT, COMO ATRACIÓN PRINCIPAL.
POLA TARDE, DESPOIS DE COMER, ENTREGA DE PREMIOS E ACTUACIÓN DO MAGO CRISTIAN... E FINALMENTE PERCORRIDO POLO CAMIÑO PARALELO AO CAMIÑO PRIMITIVO DESDE VILABADE, E VISITAR A IGREXA - O CODESAL- A TORRE DA FORTALEZA. A NOSA PRESENZA, DE AMIGOS DO PATRIMONIO, FOI A FACER REFERENCIA AO CAMIÑO PRIMITIVO E DICIR AS EXPLICACIÓNS SOBRE A TORRE.

MAÑÁ TEMOS ROTEIRO POR TERRAS D E TRIACASTELA, SAMOS, SARRIA

SAÚDOS. MANOLO










21 mayo, 2010

A ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO PARTICIPOU NA "NOITE DOS MUSEOS" NOS ACTOS ORGANIZADOS POLO MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

Felipe Arias presentando ao zanfonista Óscar Fernández

Con motivo da Noite dos Museos o Museo do Castro de Viladonga desenvolveu diferentes actividades que comezaron ás 18.00 horas, coa apertura dunha exposición fotográfica sobre a celebración desta cita entre os anos 2005 e 2009, e a proxección de varios documentais arqueolóxicos. Ás 18.30 houbo unha demostración e práctica de xogos populares a cargo da asociación O Cadaval, de Pacios, en Castro de Rei. Destacaron as actuacións do grupo Os Valuros, de Castro de Rei; o zanfoneiro santiagués Óscar Fernández e o grupo Cantar das Eiras, de Lugo. Ás 21.00 horas servíuse un refrixerio con petiscos, bebidas e queimada final conducida por Xosé Manuel Carballo. Ás 22.30 horas, comezou unha interesante visita nocturna polas construcións do castro cos fachos como única iluminación. Asistiron aos actos varios socios da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde que estiveron acompañados polo director do Museo, D. Felipe Arias, e a súa muller, socios desta Asociación. ( A partir da información publicada na Voz de Galicia)






16 mayo, 2010

REVISADA A COLECCIÓN "SENTENZAS, FÍAS E RUADAS" DE GÓMEZ VILABELLA


Os 20 capítulos da colección "SENTENZAS, FÍAS E RUADAS", do escritor e colaborador Xosé María Gómez Vilabella, publicados neste blog, poden lerse revisados e actualizados, en edición conxunta, no blog do propio autor.
A finalidade desta revisión segundo Gómez Vilabella é "perfeccionar no posible este traballo para que, polo menos virtualmente, quede constancia da existencia histórica do saber e facer das xentes destas terras, así como da sabedoría e costumes populares". Con esa idea, di o escritor castroverdense, "corrixín algo, maticei, engadín fotografías, etc., dando como resultado a incorporación do texto renovado ao meu "blog".
Agrupados en dúas seccións, pódense consultar e ler nos seguintes enderezos:

picar para ve-la primeira sección
picar para ve-la segunda sección

14 mayo, 2010

Inauguración do roteiro polo val do ríoTórdea


UNHAS PALABRAS

Moi bo día, amigas, amigos, representantes das diferentes instituciósns, todas foron e son moi importantes para nós, aínda que temos que ter unha ESPECIAL LEMBRANZA PARA A DEPUTACIÓN, ÁREA DE CULTURA E PARA O XACOBEO, TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER O TRABALLO DE MOITAS PERSOAS, QUE NON IMOS NOMEAR AQUÍ, MAIS MOI IMPORTANTES PARA QUE ESTE PROXECTO SE CONVERTERA EN REALIDADE. PERMÍTANME QUE NOME ESPECIALMENTE E, UNHA VEZ MÁIS A ENRIQUE RIOBÓ, A FELIPE ARIAS E NESTA OCASIÓN TAMÉN AO PRESIDENTE E XERENTE DA ASOC. TERRAS DE LUGO, POLOS ÁNIMOS QUE ME DERERON.

DITO ISTO, QUIXERA QUE SE SITUARAN.

CASTROVERDE NAS ESTRIBACIÓNS DOS CORDAIS / SERRAS DO RAÑADOIRO E DA VACARIZA, DAQUÍ ARRINCAN AS FONTES DOS RÍOS DUNHA BOA PARTE DE GALICIA, PENSEMOS QUE DESDE OS ANCARES – CEBREIRO VAN DESCENDENDO ATA QUE DESTAS SERRAS NACEN OS RÍOS; NEIRA, VAL DO NEIRA (BALEIRA) PARA IR AO MIÑO, TÓRDEA, NO QUE ESTAMOS, UNHAS FONTES SAEN DO RAÑADOIRO, PARROQUIAS DE FURÍS, MIRANDELA, MIRANDA, PÁRAMO, AGUSTÍN E OUTRAS DA VACARIZA, RODINSO, VILABADE, TARRÍO,....PARA IREN AS SÚAS AUGAS AO RÍO NEIRA E ESTE, AO RÍO MIÑO, E O MIÑO AO ATLÁNTICO, ESTAMOS NAS TERRAS DO MIÑO, MAIS CONTINUANDO COAS ESTRIBACIÓNS, TEMOS O CORDDAL / A SERRA DE MEIRA, DE ONDE ARRINCA O PAI MIÑO.

O TÓRDEA É UN DOS AFLUENTES IMPORTANTES DO NEIRA QUE, XUNTO CO RÍO CHAMOSO, PODEMOS DICIR QUE CONFORMAN AS TERRAS DE CASTROVERDE E O CORGO, O ANTIGO CONDADO FLAMMOSUS.

ARREDOR DESTA, CREMALLEIRA DE AUGA, COMO DI XOSÉ OTERO CANTO, NO SEU LIBRO MIÑO, RÍO PAI E AMIGO, CONFÓRMANSE UNHA SERIE DE ASENTAMENTOS DESDE OS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS, CASTROS, , SARTEGOS, FONTES, MUÍÑOS, IGREXAS, PARROQUIAS ONDE SE FORON ASENTANDO OS NOSOS ANTEPASADOS E CONFORMARON, MODELANDO ESTA TERRA, ESTE VAL DO TÓRDEA

E PERMÍTIDEME DICIR UNHAS PALABRAS QUE ALGÚNS XA COÑECEDES.

PARECE UN SOÑO, MAIS MALO DO QUE NON SOÑA. UN SOÑO QUE NACEU CONFORME SE ÍA FORMANDO ESTA ASOCIACIÓN.

SOÑAR É CREAR E FACER O PROPIO FUTURO E AÍNDA O FUTURO COMÚN.

SOÑAR É DESCUBRIR.

HAI QUE SOÑAR O AMOR,

HAI QUE SOÑAR A VIDA,

HAI QUE SOÑAR A TERRA,

HAI QUE SOÑAR O FUTURO

PARA QUE LOGO NON O DESCOÑEZAMOS.

E HAI QUE SOÑAR PARA DESPERTAR.

HAI DO QUE XA NACEU DESPERTO!

HAI QUE SOÑAR PARA MERECER SER DA TERRA, DA TERRA DE TODOS, DA TERRA DE CADA UN DE NÓS.

ESTAMOS EN MAIO, É PRIMAVERA.


E ACONTINUACIÓN PERMÍTIDEME LER ESTE POEMA UN CHISCO ADAPTADO DE XOSÉ OTERO CANTO, DO LIBRO ARRIBA CITADO.


AUGA, SANGUE GALEGA”.


Sangue galega

que corre polo corpo do val do Tórdea embruxada

de ríos e regatos en veas.


Maxia da auga na escorrentía agarimosa

de queixumes que e perden.

Maxia das quenllas ruxentes

de balbordos confusos.


Maxia do regueiros murmurantes

de beatería en sons de penitencia.

Maxia das canles das leiras

en soños paralelos de luces.


Maxia da fereza da tormenteira

que se bota enriba da penedía

escachizada de risa,

rebrincando curvas

de vida e xuventude

e morre no Neira,

doce, humildosa e meiga.


Breve resume da inauguración do roteiro polo val do ríoTórdea.

No día de hoxe, sábado, 8 de maio, día chuvioso, tivo lugar a inauguración deste segundo roteiro que vén de sinalizar a Asoc. Amigos do Patrimonio, lembremos que o anterior fora pola contorna de Soutomerille.

Agradecer en primeiro lugar a todas as persoas que nos acompañaron, mais debemos salientar, ao Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, D. Ramón Carballo e ao portavoz do BNG no Concello de Castroverde, D. Paulo Ferreiro, tamén agradecer a presenza en todo o percorrido ao presidente e xerente da Asoc. Terras de Lugo, Mario Outeiro e Antonio Vázquez, grazas tamén ao sr cura das parroquias de Espasande, Goi e Tórdea por todas as explicacións que nos deu e por ternos acompañado durante toda a xornada, D. Abel Quiroga.

O roteiro comezámolo despois da inauguración, arredor das once da mañá, para baixarmos a San Xulián de Pereiramá para seguir ata Espasande, onde visitamos a súa igrexa moi ben restaurada e conservada, non imos falar aquí de todo o que se comentou arredor da súa imaxinería, simplementes salientar a creación dun “pequeño museo” dentro da sacristía, desde aquí marchamos á parroquia de Goi onde visitamos o castro, cos sartegos, igrexa e a seguir visita ao muíño, temos que salientar que o indicador do mazo de Goi, foi arrincado do lugar onde fora colocado a semana pasada, é a segunda vez que pasa isto nesta parroquia, xa cando sinlaramos os sartegos, tirárannos o sinal e tivemos que colocar outro, non sei o que faremos aquí, en principio, púxose en coñecemento das autoridades.

Desde Goi fomos a Tórdea, pasando pola fonte da Torre e polo imponente carballo onde a parroquia quere situar os miliarios que se encontraron da Vía XIX. A igrexa de Tórdea é un mini-museo, en palabras de D. Xaime Delgado temos mostras desde o estilo prerrománico, románico, séculos XV e XVI ata as épocas máis recentes, son de salientar as pinturas e ventá ou fiestra lobulada, esta fiestra figura como fondo en todos os paneis que se colocaron no percorrido do roteiro. Felicitar á parroquia pola restauración e conservación desta igrexa.

Pola mañá rematamos na igrexa de Uriz, outro exemplo do románico popular, onde temos que salientar a súa pía bautismal.

Pola tarde continuamos o roteiro, desde Uriz ata Cellán de Mosteiro, onde son de salientar o pazo, pombal e árbores senlleiras; carballo de Pociña, sobreira do pazo e castiñeiro de Tamaredo, a Fonte do Ouro, a igrexa, tamén de orixe románica, case totalmente en ruínas, só quedan os muros de pé. Desde Cellán subimos á Pumarega para visitar a casa ou pazo de Fornos e a igrexa parroquial.

Desde a Pumarega ata Cellán de Calvos, pasando ao pé do Campairo, Penalada, O Vilar, o castro do Vilar e o fermoso souto que hai entre O Vilar e Cellán de Calvos, salientar as fermosas vistas que hai desde aquí sobre o Val e os abundantes regos de auga.

En Cellán de Calvos destacar a súa pequena igrexa e, desde Cellán de Calvos ás croas de San Xulián que, xunto cos asentamentos – castros de Espasande e Goi, son os que están máis cerca do río.

En San Xulián de Pereiramá, son de salientar a igrexa e o cruceiro e, desde San Xulián ao Camiño Ancho.

Dicir que no percorrido participamos entre corenta e cincuenta persoas e, aínda que o fixemos en dúas etapas, podemos dicir que se fai entre catro ou cinco horas.

Saúde, Terra e Lingua. Manolo Muñiz

CONVOCATORIA DA A. C. ERGUEITOS



X Fiz Vergara Vilariño
Sárria 22 de maio de 2010
Hotel NH Alfonso IX
19:30 horas

Entrega do X Fiz Vergara Vilariño a
Francisco X. Fernández Naval

Coa participación dos membros do xuri:
Olalla Cociña, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo
Fernán-Vello
Intervirán as gañadoras e gañadores das anteriores edicións Pecharemos o acto co espectáculo “moita poesía, pouca diversión” de María Lado e Lucía Aldao

Agardamos a vosa presenza nesta festa da poesía, a arte e a música
Entrada ao acto libre e reservas para a cea nos tlf:
677 429 225 – 678 601 550 ou en
ergueitos@gmail.com

ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS SÁRRIA


AVANCE PROGRAMACIÓN ROTEIRO TRIACASTELA-SAMOS

Para o día 29 de maio de 2010 está prevista a realización do ROTEIRO TRIACASTELA-SAMOS. Recorremos uns 12 km, entre as vilas de Triacastela e Samos. O camiño entre Triacastela e San Cristovo do Real ( 4 km) vai paralelo á estrada de Pedrafita do Cebreiro a Palas de Rei, polo que nese primeiro treito hai que estremar a precaución e camiñar en ringleira, pois é estrada moi transitada polos camións que van para a cementeira do Oural, e por numerosos peregrinos.

Levando á esquerda o río Sárria pasaremos pola PENA PARTIDA e a PONTE DE ALMIRÓN para volver a cruzar o río na fermosa aldea de SAN CRISTOVO, e xa na marxe dereita do río seguiremos unha "corga" ( carreira) ata perto do Muiño de RENCHE. Despois de subir unha pequena costa chégase á igrexa de Santiago de Renche, seguen uns metros pola estrada, e cóllese outra baixada cara o río , que se atravesa na Ponte de LASTRES. Pásase por esta aldea e por zona de fermosos prados alcánzase o lugar de FREITUXE REAL ( o medieval FREITUXE DE SÁRRIA), e cruzando de novo o río na Ponte de San Martiño do Real, sóbese ata a estrada , que se atravesa por un paso soterraño, e polas cortiñas de fora da "Chousura", deixando á dereita a alta cerca do Mosteiro, por Outeiro e o barrio do Fontao , éntrase en SAMOS, pola Ponte de a carón da Casa do Concello, tendo á vista á man dereita o conxunto do MOSTEIRO DE SAMOS.

HORARIOS:
============================
9:00.- Punto de reunión dos participantes: No MOSTEIRO DE SAMOS, para partir xuntos cara a CASA FORTE DE LUSIO ( Lugar de nacemento do matemático Vicente Vázquez Queipo) , recentemente restaurada pola Xunta para Albergue de Peregrinos e Centro Cultural.

10:00.- Saída do Campo da Feira de Triacastela, logo de facer a "foto de familia" baixo do Monumento ao Peregrino.
En SAN CRISTOVO DO REAL, RENCHE e SAN MARTIÑO DO REAL o camiño de andar e a estrada conciden, e por iso as persoas que non completen a andadura poderán subir aos autobuses. De todas maneiras en Lastres e en Freituxe tamén estarán coches para recoller a aquelas persoas que non se sintan con forzas para seguir o camiño, de maneira que cada 2 km/2,5 km haberá a posibilidade de ser recollidos.

O camiño é maiormente en descenso, agás ás subidas de Renche e San Martiño, que son levadeiras.

En Samos , pola mañán, podemos visitar a CAPELA DE SAN SALVADOR ou do CIPRÉS, e o Paseo da beira do Río Sárria.

O xantar será en Samos, no Restaurante A Veiga.

Haberá visitas ao MOSTEIRO DE SAMOS, que pola súa duración deberemos facela pola TARDE , despois do xantar. A hora de comenzo sería a das 5 . A visita permite coñecer o Claustro Grande, o Claustro Gótico, a Fonte das Nereidas, o prrimeiro andar do Claustro Grande e as súas pinturas murais, a Sacristía, O Sino e a Igrexa mosteiral.

Ademáis , xa de volta a Sárria, poderase facer unha visita guiada na zona histórica ( A Vila ), e ao Mosteiro da Madalena. Tamén nese día se poderá ver unha mostra activa de rendas ( labor de palilleiras) que reunirá a máis de 300 participantes nun dos Pavilóns de Deportes.

Para confirmar reservas para o xantar agradecemos que, por suposto como dato provisorio, nos indiquedes o número de persoas de cada Asociación que supoñedes participará na programación.

Se tedes suxestiòns que facer para o mellor desenvolvemento das actividades do día non dubidedes en facelas.

O treito que recorreremos forma parte dunha Rota que comenza en Viduedo-Triacastela , e que tendo por eixo o Río Sárria, alcanza Sárria por Samos- Pascais- Perros-Lier-Frollais de Abaixo-Pedrachantada-Rota das Aceas e O Chanto.

Ampliaremos a información.

Agardando que esta programación sexa da vosa aceptación, recibide os nosos saúdos

Xaime F. López Arias